Saltar ao contido

León XIII, papa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaLeón XIII, papa

(1878) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(la) Leo PP. XIII Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(it) Gioacchino Vincenzo Raffaele Luigi Pecci Editar o valor en Wikidata
2 de marzo de 1810 Editar o valor en Wikidata
Carpineto Romano (Primeiro Imperio Francés) Editar o valor en Wikidata
Morte20 de xullo de 1903 Editar o valor en Wikidata (93 anos)
Roma, Italia Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemorte natural Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaBasílica de San Xoán de Latrán
Tomb of Leo XIII (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
256º Papa
20 de febreiro de 1878 – 20 de xullo de 1903
← Pío IXPío X →
Camerlengo da Câmara Apostólica (pt) Traducir
21 de setembro de 1877 – 20 de febreiro de 1878
← Filippo De Angelis (pt) TraducirCamillo Di Pietro (pt) Traducir →
Cardeal
19 de decembro de 1853 – 20 de febreiro de 1878
Arcebispo católico
27 de xullo de 1846 – 21 de setembro de 1877
← Carlo Filesio Cittadini (en) Traducir
Bispo diocesano
19 de xaneiro de 1846 – 27 de febreiro de 1880
← Carlo Filesio Cittadini (en) TraducirFederico Pietro Foschi (pt) Traducir →
Apostolic nuncio to Belgium (en) Traducir
19 de febreiro de 1843 – 27 de xullo de 1846
Arcebispo titular
27 de xaneiro de 1843 –
Diocese: Damiata (en) Traducir
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
ResidenciaCidade do Vaticano (–1903)
Bruxelas (1843–1846) Editar o valor en Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
EducaciónAcademia Pontificia Eclesiástica
Pontificia Universidade Gregoriana Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Roma
Estados Pontificios Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónbispo católico (1843–), Sacerdote católico de rito romano (1837–1903), escritor, Monseñor, Arcebispo, nuncio apostólico Editar o valor en Wikidata
Membro de
Orde relixiosaOrdes franciscanas Editar o valor en Wikidata
ConsagraciónLuigi Lambruschini (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Participou en
16 de febreiro de 1878conclave de 1878
8 de decembro de 1869Concilio Vaticano Primeiro Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloConde Editar o valor en Wikidata
FamiliaHouse of Pecci (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Cónxuxesen valor Editar o valor en Wikidata
PaisDomenico Lodovico Pecci Editar o valor en Wikidata  e Anna Francesca Prosperi Buzi Editar o valor en Wikidata
IrmánsGiuseppe Pecci
Giovanni Battista Pecci Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteNordisk familjebok
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Obálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0502403 BNE: XX864381 Musicbrainz: 58485fe0-91c0-48b5-a547-c7908d2a7c9d Discogs: 2723467 WikiTree: Pecci-1 Find a Grave: 8812531 Editar o valor en Wikidata

León XIII, nado como Vincenzo Gioacchino Pecci en Carpineto Romano (provincia de Roma, Italia) o 2 de marzo de 1810 e finado en Roma o 20 de xullo de 1903), foi un eclesiástico católico latino italiano, 256º Papa da Igrexa católica dende o 20 de febreiro de 1878 até o seu pasamento.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Procedente dunha familia aristocrática do Lacio, ordenouse sacerdote en 1837. Estudou na academia da diplomacia vaticana e foi destinado como nuncio a Bruxelas (1843-46). Logo exerceu como arcebispo de Perugia, de 1846 a 1877, e Pío IX fíxoo cardeal en 1856.

Nos anos seguintes produciuse a unificación italiana (1859-70), que supuxo a liquidación dos Estados Pontificios e o enfrontamento radical entre a Igrexa católica e o Estado liberal (especialmente, o novo Reino de Italia). A postura moderada que mantivo nestes temas o cardeal Pecci converteuno nun candidato idóneo para suavizar as tensións, razón que probablemente influíu na decisión do Colexio Cardenalicio de o elixir papa ó morrer Pío IX en 1878.

O seu longo pontificado significou un achegamento da Igrexa ás realidades do mundo moderno. Fronte ó crecente problema obreiro, creou unha doutrina social da Igrexa que condenaba tanto o socialismo coma o capitalismo liberal, destacando a función social do traballo e da propiedade e propondo un ideal de harmonía entre ambos (encíclica Rerum Novarum, 1891). O realismo político e a habilidade diplomática do papa permitiron poñer fin á hostilidade do réxime imperial alemán cara ós católicos (abandono por Otto von Bismarck da Kulturkampf en 1879 e visita a Roma do emperador Guillerme II en 1888); igualmente, propugnou o fin da confrontación entre a Igrexa francesa e a Terceira República, avalando a participación dos católicos franceses no réxime republicano; pero, en cambio, mantivo o enfrontamento co Estado italiano, insistindo no boicot dos católicos italianos á vida política nacional.

Este papa expediu a Bula Deus Omnipotens o 1 de novembro de 1884[1]. Nesta bula o Pontífice ratifica o privilexio de que se celebre o ano xubilar sempre que o día do Apóstolo, o 25 de xullo, sexa Domingo[2]. O texto non só avala o achado das reliquias, senón que realiza unha confirmación xeral de toda a tradición compostelá mediante o que José Guerra Campos (1985) cualifica como unha “síntese histórica xacobea”.[3]

Reforzou os lazos coa Igrexa norteamericana, fomentando a expansión do catolicismo nos Estados Unidos. Con todo, León XIII contribuíu a dotar a Igrexa dun novo protagonismo a escala mundial, reforzado por dous tipos de iniciativas súas: por un lado, o achegamento á Igrexa anglicana e ós ortodoxos gregos, que iniciou a tendencia ecuménica dos papas do século XX; e por outro, o impulso da acción misioneira, especialmente en África.

Encíclicas

[editar | editar a fonte]
  • Ad Extremas (24 de xuño de 1893)
  • Adiutricem (5 de setembro de 1895)
  • Aeterni Patris (4 de agosto de 1879)
  • Affari Vos (8 de decembro de 1897)
  • Annum Sacrum (25 de maio de 1899)
  • Arcanum Divinae (10 de febreiro de 1880)
  • Augustissimae Virginis Mariae (12 de setembro de 1897)
  • Au Milieu des Sollicitudes (16 de febreiro de 1892)
  • Auspicato Concessum (17 de setembro de 1882)
  • Caritatis (19 de marzo de 1894)
  • Caritatis Studium (25 de xullo de 1898)
  • Catholicae Ecclesiae (20 de novembro de 1890)
  • Christi Nomen (24 de decembro de 1894)
  • Constanti Hungarorum (2 de setembro de 1893)
  • Cum Multa (8 de decembro de 1882)
  • Custodi di quella Fede (8 de decembro de 1892)
  • Dall'alto dell'Apostolico Seggio (15 de outubro de 1890)
  • Depuis le Jour (8 de setembro de 1899)
  • Diuturni temporis (5 de setembro de 1898)
  • Diuturnum (29 de xuño de 1881)
  • Divinum illud munus (9 de maio de 1897)
  • Dum Multa (24 de decembro de 1902)
  • Etsi Cunctas (21 de decembro de 1888)
  • Etsi Nos (15 de febreiro de 1882)
  • Exeunte Iam Anno (25 de decembro de 1888)
  • Fidentem Piumque Animum (20 de setembro de 1896)
  • Fin dal Principio (8 de decembro de 1902)
  • Grande Munus (30 de setembro de 1880)
  • Graves de Communi Re (18 de xaneiro de 1901)
  • Gravissimas (16 de maio de 1901)
  • Humanum Genus (20 de abril de 1884)
  • Iampridem (6 de xaneiro de 1886)
  • Immortale Dei (1 de novembro de 1885)
  • In Amplissimo (15 de abril de 1902)
  • Inimica Vis (8 de decembro de 1892)
  • In Ipso (3 de marzo de 1891)
  • In Plurimis (5 de maio de 1888)
  • Inscrutabili Dei Consilio (21 de abril de 1878)
  • Insignes (1 de maio de 1896)
  • Inter Graves (1 de maio de 1894)
  • Iucunda Semper Expectatione (8 de setembro de 1894)
  • Laetitiae Sanctae (8 de setembro de 1893)
  • Libertas (20 de xuño de 1888)
  • Licet Multa (3 de agosto de 1881)
  • Litteras a Vobis (2 de xullo de 1894)
  • Longinqua (6 de xaneiro de 1895)
  • Magnae Dei Matris (8 de setembro de 1892)
  • Magni Nobis (7 de marzo de 1889)
  • Militantis Ecclesiae (1 de agosto de 1897)
  • Mirae Caritatis (28 de maio de 1902)
  • Nobilissima Gallorum Gens (8 de febreiro de 1884)
  • Non Mediocri (25 de outubro de 1893)
  • Octobri Mense (22 de setembro de 1891)
  • Officio Sanctissimo (22 de decembro de 1887)
  • Omnibus Compertum (21 de xullo de 1900)
  • Pastoralis (25 de xullo de 1891)
  • Pastoralis Officii (12 de setembro de 1891)
  • Paternae (18 de setembro de 1899)
  • Paterna Caritas (25 de xullo de 1888)
  • Pergrata (14 de setembro de 1886)
  • Permoti Nos (10 de xullo de 1895)
  • Providentissimus Deus (18 de novembro de 1893)
  • Quae Ad Nos (22 de novembro de 1902)
  • Quam Aerumnosa (10 de decembro de 1888)
  • Quamquam Pluries (15 de agosto de 1889)
  • Quam Religiosa (16 de agosto de 1898)
  • Quarto Abeunte Saeculo (16 de xullo de 1892)
  • Quod Anniversarius (1 de abril de 1888)
  • Quod Apostolici Muneris (28 de decembro de 1878)
  • Quod Auctoritate (22 de decembro de 1885)
  • Quod Multum (22 de agosto de 1886)
  • Quod Votis (30 de abril de 1902)
  • Quum Diuturnum (25 de decembro de 1898)
  • Reputantibus (20 de agosto de 1901)
  • Rerum Novarum (15 de maio de 1891)
  • Saepe Nos (24 de xuño de 1888)
  • Sancta Dei Civitas (3 de decembro de 1880)
  • Sapientiae Christianae (10 de xaneiro de 1890)
  • Satis Cognitum (29 de xuño de 1896)
  • Spectata Fides (27 de novembro de 1885)
  • Spesse Volte (5 de agosto de 1898)
  • Superiore Anno (30 de agosto de 1884)
  • Supremi Apostolatus Officio (1 de setembro de 1883)
  • Tametsi Futura Prospicientibus (1 de novembro de 1900)
  • Urbanitatis Veteris (20 de novembro de 1901)
  • Vi è Ben Noto (20 de setembro de 1887)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

  1. López Ferreiro (1898). "Historia de la Santa Iglesia de Santiago de Compostela". Antonio. Consultado o 15/05/2023. 
  2. Yzquierdo Perrín, Ramón (2003). Los Caminos a Compostela. Ediciones Encuentro. ISBN 84-7490-693-8. 
  3. d'Ors y Pérez-Peix, Álvaro (1999). Sobre el libro de José Guerra Campos Roma y el sepulcro de Santiago: la bula "Deus omnipotens" (1884). pp. 132–133. ISBN 84-920484-9-2.