Saltar ao contido

The Full Monty

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

The Full Monty
Ficha técnica
Título orixinalThe Full Monty
DirectorPeter Cattaneo
ProdutorUberto Pasolini
GuiónSimon Beaufoy
Intérpretes
MúsicaAnne Dudley
FotografíaJohn de Borman
MontaxeDavid Freeman
Nick Moore
EstudioRedwave Films
Channel Four Films
DistribuidoraFox Searchlight Pictures
Estrea13 de agosto de 1997
Duración91 minutos[1]
OrixeReino Unido Reino Unido
XéneroComedia
Orzamento3,5 millóns de dólares[2]
Recadación257,9 millóns de dólares[2]
Na rede
IMDB: tt0119164 Filmaffinity: 852012 Allocine: 10442 Rottentomatoes: m/full_monty Mojo: fullmonty Allmovie: v158564 TCM: 451756 Metacritic: movie/the-full-monty TV.com: movies/the-full-monty Netlix: 1179080 Editar o valor en Wikidata

The Full Monty é un filme británico de comedia dirixido por Peter Cattaneo estreado en 1997. Está protagonizado por Robert Carlyle, Mark Addy, William Snape, Steve Huison, Tom Wilkinson, Paul Barber e Hugo Speer. O guión foi escrito por Simon Beaufoy. O filme está ambientado en Sheffield, no norte de Inglaterra durante a década de 1990, e conta a historia de seis homes desempregados, catro deles antigos traballadores do aceiro, que deciden formar un striptease masculino para gañar cartos e para que o personaxe principal, Gaz, poida ver o seu fillo.

O British Film Institute considerou The Full Monty o 25º mellor filme británico do século XX. O filme adaptouse nun musical en 2000, nunha obra en 2013 e nunha serie de televisión. A serie de televisión rodouse en Sheffield e Manchester[3] en 2022 e comezos de 2023. Estreouse o 14 de xuño de 2023 en Disney+ no Reino Unido e en Hulu nos Estados Unidos.

Argumento

[editar | editar a fonte]

A acción desenvóvese no norte de Inglaterra, concretamente na cidade de Sheffield, que nos anos 1970 fora o eixe da prosperidade da zona de Yorkshire. Alí residían máis de medio millón de persoas, cun importante movemento económico sustentado pola metalurxia: as fábricas de laminación, as forxas e os talleres daban emprego directo a case un 20 % da poboación total da rexión. A avanzada maquinaria da que dispoñían permitía fabricar o mellor aceiro do mundo para múltiples usos, desde trabes de gran resistencia até cubertarías de aceiro inoxidábel que se encontraban en todos os fogares. Foi unha das primeiras cidades planificadas urbanisticamente, onde os barros vitorianos fixeron sitio a fogares máis modernos. En fin, Sheffield estaba marcando a pauta do desenvolvemento económico do norte de Inglaterra.

O filme comeza facendo referencia a ese pasado glorioso de Sheffield, mediante unha curtametraxe a maneira de documental. A trama empeza a desenvolverse na cidade en tempo actual (os anos 90), con ambientes urbanos agora degradados. A reconversión industrial transformara esta rexión nun páramo onde unha gran parte da poboación non só quedara sen traballo, senón que tamén quedara sen ilusións.

A través dos diferentes personaxes preséntanse os efectos do desemprego, que afectaba á maior parte da xente. A medida que a trama comeza a tomar forma, pódese ver como desfilan ante o espectador vidas rotas, precariedade laboral, axencias de emprego, familias divididas e circunstancias familiares especialmente difíciles. Mostra diso é o que lle toca enfrontar ao protagonista, Gaz, quen, debido á súa falta de ingresos se ve impedido de manter unha relación estábel co seu pequeno fillo Nathan. A súa única alternativa é facer algo totalmente innovador.

Así, pouco a pouco, idea un plan que viña tomando corpo na medida en que as circunstancias vitais o asfixian. Gaz debe encontrar o modo de facerllle unha tregua á vida que leva nese momento. Cunha convición a proba de fracasos, proponse saír deste pozo sen fondo no que se atopan el, a súa familia e os seus amigos.

Gaz, o seu fillo Nathan e o seu amigo Dave emprenden unha desatinada idea: converterse en stripers ou, como din eles, 'striper boys'. Isto ocórreselles cando un show de stripers masculino de verdade chega á cidade, e case todas as mulleres acoden a velos en masa. Para iso conseguen a axuda de Gerald, ex-xefe deles, agora tamén desempregado, e Lomper, outro ex-obreiro que se encontraba ao bordo do suicidio.

Facendo algo parecido a un casting, a este grupo incorpóranse dous novos candidatos ao espectáculo: Cabalo (Horse) e Guy, igual de perdedores que os outros catro, pero tamén coas mesmas necesidades e o mesmo desexo de triunfar, e así comenzan a ensaiar. Desde este momento, Gaz comeza a ter unha esperanza para cambiar a súa situación. A súa vida adquire un sentido, creando un equipo que xorde coa forza da mesma necesidade.

Pero os problemas comezan a xurdir: Gaz necesita diñeiro para montar o espectáculo e para pagar a pensión á súa exmuller, porque do contrario perde a custodia do seu fillo; Dave, amargado polo seu peso e por non encontrar traballo, ten un gromo de impotencia sexual e decide abandonar o espectáculo; a muller de Gerald descobre, despois de seis meses de ocultalo, que o seu marido está sen traballo.

Durante un dos ensaios nunha planta metalúrxica abandonada, os cinco integrantes que quedan son descubertos pola policía, bailando semiespidos. Son levados á comisaría de policía xunto co menor, Nat, e posteriormente apareceron en todos os xornais, o que representou un duro golpe para a súa dignidade. Porén, a afronta tórnase ao seu favor, pois desperta o interese de todas as damas por velos bailar.

Outros acontecementos poñen a proba o seu valor e a súa coraxe que, por medio de divertidas situacións, demostrarán a súa autenticidade e tomarán decisións importantes para salvar a súa reputación. Gaz tamén deberá ensinar ao seu fillo Nathan o sentido da responsabilidade co seu propio exemplo.

Personaxes

[editar | editar a fonte]

Premios e recoñecementos

[editar | editar a fonte]

Premios Óscar de 1997

[editar | editar a fonte]
Categoría Nomeado(a) Resultado
Mellor filme Candidata
Mellor director Peter Cattaneo Candidato
Mellor guión orixinal Simon Beaufoy Candidato
Mellor banda sonora - Comedia ou música Anne Dudley Ganadora[4]

Outros premios e nomeamentos 1997

[editar | editar a fonte]

Este filme influíu e inspirou a creación de espectáculos de stripers masculinos, dos que moitos eventos deste tipo en todo o mundo foron realizados por actores, cantantes e até xente común para un público netamente feminino. En diversas cidades do planeta ditos eventos gañaron moita fama e publicidade, pois eran producións exclusivamente para as mulleres, o cal creou un efecto nos medios e inmenso en practicamente todos os países onde se realizaron estas presentacións. Así mesmo foi a fonte de inspiración do filme español Se buscan fulmontis, dirixida en 1999 por Alejandro Calvo-Sotelo.

  1. "The Full Monty (15)". Fox Searchlight Pictures. British Board of Film Classification. 19 de maio de 1997. Consultado o 21 de setembro de 2013. 
  2. 2,0 2,1 "The Full Monty (1997)". Box Office Mojo. Consultado o 3 de marzo de 2010. 
  3. "All the Yorkshire filming locations for the new Full Monty series on Disney+". Yorkshire Post. 8 de xuño de 2022. Consultado o 14 de maio de 2023. 
  4. Redacción (14 de abril de 2021). "¿QUÉ FUE DE LOS OBREROS DE 'FULL MONTY' 24 AÑOS DESPUÉS?". fotogramas.es (en castelán). Consultado o 28 de maio de 2021. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 5,6 "Full Monty". filmaffinity.com (en castelán). Consultado o 28 de maio de 2021. 
  6. "Full Monty". premiosgoya.com. Consultado o 28 de maio de 2021. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]