The Tales of Beedle the Bard
The Tales of Beedle the Bard | |
---|---|
Símbolo das reliquias da morte | |
Título orixinal | The Tales of Beedle the Bard |
Autor/a | J. K. Rowling |
Ilustrador/a | J. K. Rowling |
Orixe | Reino Unido |
Lingua | Inglés |
Xénero(s) | Fantasía |
Editorial | Bloomsbury |
Data de pub. | 4 de decembro de 2008 |
Páxinas | 157 |
ISBN | ISBN 978-84-9838-195-5 |
[ editar datos en Wikidata ] |
The Tales of Beedle the Bard (en galego, Os contos de Beedle o bardo) é un libro de relatos para nenos escrito pola autora británica J. K. Rowling. Foi mencionado por primeira vez no sétimo libro do ciclo novelístico Harry Potter e, mediante o recurso da metaficción,[1] a autora fíxoo pasar por un libro real que sería escrito no século XV por Beedle, recoñecido autor na literatura máxica do universo "Harry Potter".[2][3]
Rowling escribiu o libro trala publicación de Harry Potter e as reliquias da morte. A autora non o ideou co obxectivo de publicalo, senón que produciu unha edición limitada de só sete copias feitas a man[4] e ilustradas por ela mesma. Un deles foi adquirido polo sitio web Amazon.com nunha poxa en 2007.[5][6] O portal de vendas online pagou 1,95 millóns de libras esterlinas (arredor de 2,29 millóns de euros) polo exemplar, co que se converteu no manuscrito literario moderno que maior cotización conseguiu nunha poxa. Os cartos recadados destináronse á campaña de caridade The Children's Voice, que preside Rowling xunto con Emma Nicholson, baronesa de Winterbourne.[7]
Dada a crecente demanda do público lector afeccionado á saga Harry Potter por coñecer o texto, a autora aceptou publicar a colección de contos o 4 de decembro de 2008 a nivel mundial. O recadado destinouse á organización Children's High Level Group.[8][9]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Davis, p. 3.
- ↑ Iqbal, Razia (1 de novembro de 2007). "Rowling remata un "anexo" de Potter". BBC mundo.com (Inglaterra: BBC). Consultado o 4 de abril de 2009.
- ↑ Rowling. Harry Potter and the Deathly Hallows.
- ↑ "Rare JK Rowling book fetches £2m". BBC News (en inglés) (Inglaterra). 13 de decembro de 2007. Consultado o 2 de abril de 2009.
- ↑ "Amazon admits to record Harry Potter bid". The Telegraph (en inglés) (Inglaterra: Telegraph.co.uk). 14 de decembro de 2007. Arquivado dende o orixinal o 02 de decembro de 2008. Consultado o 2 de abril de 2009.
- ↑ "Amazon says it bought £2m Rowling book as "thank you"". The Times (en inglés). Inglaterra: Timesonline.co.uk. 14 de decembro de 2007. Arquivado dende o orixinal o 15 de xuño de 2011. Consultado o 2 de abril de 2009.
- ↑ "Never-Before-Told Wizarding Stories by J. K. Rowling Sell at Sotheby's for £1,950,000". Children's High Level Group (en inglés) (Inglaterra: Chlg.co.uk). 13 de decembro de 2008. Arquivado dende o orixinal o 17 de decembro de 2007. Consultado o 2 de abril de 2009.
- ↑ "New Harry Potter Out In December". Booktrade (en inglés). Inglaterra: Booktrade.info. 31 de xullo de 2008. Arquivado dende o orixinal o 08 de setembro de 2008. Consultado o 2 de abril de 2009.
- ↑ "J. K. Rowling’s Children’s Charity to Publish The Tales of Beedle the Bard on 4 December 2008". Scholastic Inc (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 09 de agosto de 2008. Consultado o 27 de maio de 2013.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Davis, Graeme. Exploring Beedle the Bard: Unauthorized, Pithy, Tale-By-Tale Perspectives. Nimble Books LLC: Londres, 2008. ISBN 978 1934840795