"To Be" lanzouse menos dun mes despois do primeiro single da cantante que chegaría a primeira posición das listas, "Love ~Destiny~". Esta canción é a primeira que foi composta polo compositor do grupo Do as Infinity, Dai Nagao (máis coñecido como DAI ) para a cantante, aínda que desgraciadamente foi incapaz de alcanzar a primeira posición da lista de vendas de Oricon a diferenza da súa predecesora. Ademais a canción foi utilizada nun comercial da marca de refrescos Japan Tobacco (mellor coñecidos como “JT”), no que aparece a mesma Ayumi. Sinalar que o single sería reeditado o 28 de febreiro de 2001 con catro novas cancións.