Ayumi Hamasaki
Nome orixinal | (ja) 浜崎あゆみ |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (ja) 濱﨑 歩 2 de outubro de 1978 (46 anos) Fukuoka, Xapón |
Residencia | Toquio |
Educación | Horikoshi High School (en) |
Altura | 157 cm |
Actividade | |
Campo de traballo | Poesía e Composición musical |
Ocupación | seiyū, emprendedora, letrista, escritora, bailarina, voceira, produtora musical, actriz de cinema, modelo, cantautora, artista de performance |
Período de actividade | 1993 - |
Xénero artístico | J-Pop, música pop, música para bailar, música electrónica e música rock |
Pseudónimo literario | 浜崎くるみ CREA Ayumi Hamasaki 浜﨑あゆみ ayu |
Representante | Sun Music Production (en) e Avex Management (en) |
Tesitura | Mezzosoprano |
Instrumento | Voz |
Selo discográfico | Avex trax Nippon Columbia (pt) |
Compañeiro profesional | Max Matsuura |
Premios | |
| |
Sitio web | avex.jp… |
Ayumi Hamasaki (浜崎あゆみ, Hamasaki Ayumi), nada en Fukuoka o 2 de outubro de 1978, é unha cantante e compositora xaponesa de J-Pop. O seu nome real en kanji é 濱崎 歩(Hamasaki Ayumi). Entre os seus álbums e singles, Ayu (あゆ), como é coñecida entre os seus fans o redor do mundo, logrou vender máis de 50 millóns de copias, consolidándose así como a terceira muller solista que máis discos vendeu na historia do Xapón, que é o segundo maior mercado musical, tras Estados Unidos.
No ano 2006, co lanzamento do seu single nº39, "Startin'/Born to be...”, Ayumi Hamasaki converteuse na cantante feminina con máis números un dentro do Xapón en toda a súa historia, e tamén na artista con máis singles dentro do Top 10 das listas, superando a Seiko Matsuda, que antes tivo este trono. Tamén é a artista con máis singles vendidos na historia do Xapón (aproximadamente 20 millóns de copias vendidas dende o seu debut en 1998).
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Orixes
[editar | editar a fonte]Aínda que Hamasaki viviu toda a súa infancia e adolescencia xunto a súa nai, a súa avoa foi a que nun principio a criou.[1] Ayumi ten vagos recordos acerca de quen era o seu pai, que supostamente divorciouse da súa nai e deixou a familia cando ela tiña o redor de cinco anos, e non o veu nunca máis dende entón. Creceu nun ambiente liberal, onde se esperaba que fixera o correcto para ela mesma sen que a súa nai intervira moito nos seus asuntos, xa que tiña que estar constantemente traballando para poder manter a familia.[2]
Cando cursaba a secundaria decidiu comezar unha carreira de modelaxe e de actriz. A rapaza dirixiuse a unha oficina de modelos da prefectura de Fukuoka, e conseguiu un traballo para promocionar un banco local da súa cidade. Tratando de postular a unha escola de arte en Toquio xunto cuns amigos, conseguiu ser transferida dende a súa axencia anterior SOS – que albergaba principalmente modelos xoves- a unha axencia de talentos máis grande, Sun Music, xa que viron talentos que tamén porían explotar en televisión. Co pseudónimo de Kurumi Hamasaki, Ayumi debutou como actriz na produción Twins Kyoshi ("Profesores Xemelgos"), película de adolescentes onde interpretou a unha moza chamada Momo Tachibana. Posteriormente comezou a utilizar o seu verdadeiro nome para traballar –ou parcialmente, cambiando o kanji de Hamasaki (浜﨑). A súa carreira como actriz foi en ascenso dende 1992 a 1997, participando en varias producións como os dramas Miseinen e a película serie B Sumo Momo Momo. Inclusive traballou como seiyū para a animación Art of Fighting, onde prestou a súa voz para o personaxe Lily Sanazaki (aínda que as súas gravacións foron remplazadas por outra seiyū posteriormente debido a problemas legais internos entre a compañía). Hamasaki recorda estes tempos de traballo no espectáculo como tempos terribles. Sentía que simplemente non podía renunciar aínda que o quixera mentres vivía nun dormitorio da axencia nese tempo, xa que necesitaba o seu traballo para poder axudar a súa familia. Recorda constantemente a confusión que lle causou o comezar a actuar con persoas que elas antes vía na televisión de Fukuoka cando era máis pequena, e tamén comezou a levarse mellor cos homes que coas mulleres, xa que sentía que estas últimas eran moito máis egoístas e aproveitadas.
Un día, mentres cantaba nun destes bares, a rapaza coñece a Max Matsuura, un recoñecido produtor que se atopaba neses momentos buscando novos talentos. El preguntoulle se quería seguir unha carreira de cantante, e ela, tras dudar por algún tempo, finalmente aceptou a proposición. Entón Hamasaki viaxou a cidade de Nova York para recibir clases de canto, e tamén preparación visual para converterse nunha artista. Matsuura puño a proba as habilidades como escritora de Ayumi, entregandolle melodías e desafiándoa a insertarlle letras do que ela quixera falar nas súas canción. O resultado foi practicamente instantáneo.
1998 – 1999, de A Song for ×× a LOVEppears
[editar | editar a fonte]O primeiro single de Ayumi Hamasaki, titulado "Poker Face", saíu á venda o día 4 de abril de 1998. O single obtivo unha promoción regular, e debutou no posto nº20 das listas de Oricon. Pouco a pouco, Ayumi comezou a facerse máis coñecida, e o que máis chamaba a atención eran as súas letras. En agosto do mesmo ano, xa conseguira entrar o Top 10 dos máis vendidos co seu terceiro single, "Trust".
O grado de atención en torno a esta nova artista comezou a aumentar pouco a pouco, e foi contratada para promocionar distintos produtos, factor que a acompañaría –e axudaría- practicamente o resto da súa carreira. Xurdiron críticas positivas en torno a súa música e letras, aínda que tamén negativas, apuntando a forma nasal de cantar da rapaza, así como a súa forma de ser, e moitos incluso a consideraban parva pola súa forma de falar tan lenta, como quen pensa cada palabra que di. Toda á atención sostívose ata o lanzamento do primeiro álbum da artista, A Song for ××, có que chegou o primeiro lugar do máis vendido por primeira vez, vendendo máis dun millón de copias.
O popular que se estaba facendo a música Dance nese momento en toda Asia, tamñen comezou a facerse unha tendencia para Ayumi Hamasaki. Xa pasada a promoción do seu primeiro álbum lanzaba "Whatever", o seu primeiro single lanzado en versión remix, e pouco despois lanzou tamén ayu-mi-x, álbum que contía versións alternativas das cancións de A Song for ××, tanto bailables como acústicas.
O seu sétimo single, lanzado o 14 de abril de 1999, titulado "Love ~Destiny~", foi o primeiro en alcanzar o nº1 en vendas das listas de Oricon. Comezando coa publicación "Boys & Girls", o formato en que publicaba os seus álbums trocou de forma drástica. O equipo da produción de Hamasaki, seguindo a tendencia da industria, cambiou os singles de 8 cm ó formato de 12 cm chamados maxi-singles. Ademais, os novos lanzamentos contiñan moitas remesturas. O tema competeu por primeira vez coa rival dese momento, Ami Suzuki, e o seu tema "Be Together". A primeira semana Ami vendeu máis que Ayumi, ambas en primeiro e segundo lugar respectivamente, pero xa na segunda semana Hamasaki logrou subir ata o primeiro posto. Consecuentemente, "Boys & Girls" converteuse no primeiro single que conseguiu o platino certificado. En agosto publicou "A". Nun movemento sen precedentes por avex trax, "A" ofreceu 4 temas novos e 10 remixes. Só ó single vendeu o redor dun millón 6000 mil copias e segue a ser o seu single mellor vendido.
En novembro dese ano, aínda cando aínda non transcorrera un ano desde o seu primeiro álbum, lanzou o segundo traballo, "LOVEppears", do cal se venderon máis de dous millóns de copias. Tivo moi boa acollida por parte dos seus fans e o feito de que na portada do álbum aparecera facendo topless e cubrindo os seus peitos co seu pelo causou tamén algo de polémica.
2000, Duty
[editar | editar a fonte]Coa chegada do novo milenio, Ayumi xa era considerada unha das cantantes con máis potencial dentro da industria musical xaponesa, e tamén dentro da cultura Pop. A cantante comezou a aparecer constantemente en numerosas revistas de Moda, e a compañía de cosméticos KOSÉ contratouna como modelo e imaxe da súa firma, para a cal traballou durante máis de catro anos. O primeiro produto para a liña de cosméticos da cal Ayumi foi rostro vendeu a cifra récord de 500 mil unidades en só dous días. "Vogue", a canción que se usou como fondo musical da promoción, tamén saíu beneficiada, vendendo o redor de 700 mil copias.
Dende abril do ano 2000 ata xuño do mesmo ano, Ayu lanzou single por mes: "Vogue", "Far away" e "Seasons", os cales coñécense entre os fan como a triloxía, dada a conexión nas letras dos tres temas, e os seus respectivos videoclips. Xa no mes de setembro dese ano produciuse o lanzamento do seu terceiro álbum, "Duty", e do single "Surreal". Este álbum, seguindo a liña dos seus antecesores, alcanzou os postos máis altos nas listas de vendas, vendendo case 3 millóns de copias. "Surreal" tamén chegou ao primeiro lugar do máis vendido en materia de sinxelos, o que converteu a Ayumi na cuarta artista en conseguir ter un single e un álbum no nº1 ó mesmo tempo nas listas de Oricon. Para facer esta situación aínda máis recoñecible, tamén foi lanzado o primeiro concerto masivo de Ayumi en DVD, o cal chegou ó número un nas listas de vendas de DVD, o que concede a artista o récord de ser a única artista que alcanza estas posicións nas tres listas a mesma semana.
De forma paralela ó seu éxito comercial, Ayumi tamén ía evolucionando máis e máis como artista. A súa voz cambiou considerablemente o chegar a esta etapa da súa carreira, converténdose nun rexistro moito máis profundo e algo máis rouco, que contrasta coa forma aguda e máis nasal dos seus primeiros traballos. Tamén o estilo da cantante buscaba unha maior definición, polo que foi introducíndose en novos xéneros, comezando a usar instrumentos máis acústicos e as guitarras eléctricas achegando ao rock, feito que pode apreciarse no álbum "Duty".
2001, de A BEST a I am...
[editar | editar a fonte]Cerca do fin do milenio, Ayumi lanzou o seu single "M". O single converteuse no maior éxito da temporada de Nadal, conseguindo rapidamente catro discos de platino. Este tema tamén marca o comezo dunha nova etapa na carreira artística da nova cantante, o ser a súa primeira composición propia, usando o pseudónimo de CREA, o cal tamén é o nome dunha das súas mascotas.
O ano 2001 foi o ano da controversia para Ayumi, xa que pouco antes do lanzamento do seu single "Evolution", iniciouse o seu primeiro xira masiva a grande escala chamado DOME TOUR, dentro do cal cada espectáculo custaba cifras millonarias. O show comezou pouco a pouco a esgotar fisicamente á artista, e incluso comezou a danar o seu oído medio esquerdo. Esta doenza foise facendo máis forte, o que terminou cun esvaecemento en plenos ensaios para un dos seus concertos. O desmaio da cantante foi unha gran noticia, pero non só polo feito de que terminase no hospital, senón porque esa mesma noite tiña un espectáculo, o cal, ela, como boa profesional, acabou realizando. Este feito deixou a Ayumi case sen audición nun dos seus oídos, pero despois dalgún tempo de descanso, finalmente logrou repoñerse para seguir traballando. Dentro deste mesmo ano xurdiu unha nova controversia, esta vez co álbum de grandes éxitos que Avex tiña preparado para Ayumi sen o seu consentimento, o cal foi titulado "A BEST". Ayumi estivo totalmente en contra do lanzamento, pero igualmente foi lanzado ó mercado. Incluso cambiouse a data do lanzamento para poñerse en competencia directa co segundo disco de Hikaru Utada (a súa rival directa trala desaparición da industria de Ami Suzuki, e que é considerada ata o día de hoxe a súa máis directa competidora), titulado "Distance". Os dous álbums loitaron arduamente polo primeiro lugar das listas do máis vendido durante semanas, e finalmente na lista anual realizada por Oricon, Utada quedou no primeiro lugar e Hamasaki no segundo.
O seu segundo disco de remixes Eurobeat, o cal foi titulado ayu-ro mix, converteuse no segundo álbum de remixes na historia da música do Xapón en encabezar as listas de vendas, seguindo a "Little Tokyo" da cantante de Warner MISIA. Cando o lanzamento do seu cuarto álbum foi retratado, os prezos na bolsa de Avex Trax baixaron, feito que demostrou os grandes ingresos que representaba Ayumi nese momento para Avex. Estimouse que, neses momentos, ela era a responsable do 40% dos ingresos do xigante musical. En decembro realizou un dueto con Keiko Komuro, integrante da banda Globe. Este single formou parte de Song Nation, un proxecto de Avex sen ánimo de lucro que reuniu diñeiro para as vítimas dos atentados terroristas do 11 de setembro en Nova York. O primeiro día de 2002, foi presentado o seu cuarto álbum "I am...", e o igual que os seus predecesores foi certificado dobre disco de platino.
2002 – 2003, de RAINBOW a A BALLADS
[editar | editar a fonte]Algúns meses máis tarde, mentres Ayumi Hamasaki traballaba en xiras promocionais o redor do Xapón, foi lanzado o seu single "Free & Easy", co cal cambiou completamente a maneira na que a artista publicaba os seus singles. Dende o lanzamento deste single, todos deixaron de incluír gran cantidade de remixes e versións alternativas, e o seu contido baixou da media de 10 cancións a 4 o 5 aproximadamente. A canción inicialmente creuse que non chegaría o primeiro lugar nas listas de Oricon, xa que o single "Feel fine!" de Mai Kuraki estivo os primeiros días no alto da lista dos máis vendidos. Porén, "Free & Easy" levou a Hamasaki o número un das listas semanais.
Outro grande éxito foi o single "H", lanzado en xuño de 2002. O igual que "A" de 1999, este single estaba composto por varias cancións orixinais (as tres cancións dese single son consideradas como “cara A” do mesmo) pero a diferenza do anterior, “H” non contiña remixes ou versións alternativas. A pesar de non alcanzar vendas explosivas (principalmente debido a que as vendas de sinxelos baixaron considerablemente dende comezos do novo milenio, debido a influencia de Internet), o single converteuse no máis vendido dese ano, e ó superar o millón de copias vendidas foi conmemorado relanzandose ó mercado, en formato digipack. O seu seguinte single, "Voyage", foi o tema principal da primeira curtametraxe serie A protagonizado por Ayumi, chamada Tsuki ni Shizumu (ou "Afundíndose na Lúa"), dirixida por Isao Yukisada. A produción mostrou as dotes de Ayumi Hamasaki como actriz por primeira vez dende os seus días de actriz, e “Voyage” outorgoulle a finais de ano un Japan Record Award.
O quinto álbum de estudio de Ayumi, "RAINBOW", foi lanzado en decembro do mesmo ano, e aínda que chegou o primeiro lugar nas listas, converteuse no primeiro que non alcanzou o status de dobre platino. O álbum contiña, máis que ningún outro álbum anterior, maior número de cancións compostas pola mesma Ayumi (CREA) e tamén se lle escoitouse por primeira vez cantar en inglés dentro das súas cancións. O álbum tivo unha espectacular promoción, na que os compradores da primeira impresión do álbum podían acceder a unha web que requiría contrasinal. Nesta web se incluía unha parte instrumental do tema “RAINBOW”, que non estaba no álbum orixinal, e aqueles que podían acceder a páxina se lles permitía enviar as súas propias letras para esta parte instrumental. Máis de 100 mil persoas entraron na páxina para dar os seus consellos sobre a canción. Finalmente aproveitouse isto para terminar o tema e incluílo nunha recompilación de baladas, "A BALLADS", a cal foi lanzada xa en marzo do 2003. Aínda que foi moi ben promocionada, "A BALLADS" considerase un fracaso, dado que non obtivo ningún disco de platino. Entre as razóns, pode estar o feito de que a maioría das cancións en "A BALLADS" xa apareceran no seu primeiro recompilatorio "A BEST". Ademais, só transcorreran dous anos dende o primeiro cando este álbum fora presentado.
2003 – 2004, de Memorial Address a MY STORY
[editar | editar a fonte]En xullo do 2003 foi lanzado "&”, o cal foi o terceiro titulado por unha letra, que contiña máis de dúas cancións principais. Gravaronse vídeos para as tres cancións deste single, o contrario das cancións do single "H", do cal ningunha das súas canción tivera vídeo. Máis tarde, ó chegar o lanzamento do trixésimo single da artista, "Forgiveness", decidiuse celebrar un concerto de conmemoración titulado a museum ~30th single collection live~, que recompilou os máis exitosos temas da súa carreira. A finais deste ano, Ayumi lanzou o seu primeiro mini-álbum, titulado "Memorial Address", no que só había tres canción inéditas, o que causou algo de descontento entre os máis fanáticos. A pesar das críticas debido o pouco material novo, incluíronse vídeos musicais de tódalas cancións do álbum a excepción dunha, o que o fixo sen dúbida un éxito en vendas. O álbum concedeu a Ayumi o récord de ser a única solista feminina en conseguir un disco de platino cun mini-álbum, á parte do mini-álbum máis vendido do Xapón.
O ano 2004 foi un ano de revolución para Ayumi, tanto musical como tamén internamente. Foi o ano da incursión en novos estilos musicais, principalmente Pop/Rock e Rock acústico, así como tamén a gran polémica interna de avex na que foi un dos principais eixes. O seu sinxelo "Moments" converteuse no seu primeiro single en ser lanzado en formatos CD e DVD. Os sinxelos que virían despois deste serían lanzados nestes dous formatos. Todo ía normalmente ata que pouco tempo despois de lanzar o seu sinxelo "Inspire" ocorreu algo inesperadamente: a prensa anunciou que Max Matsuura, produtor e amigo de Ayumi dende o seu debut en 1998, renunciaba a Avex Group Holdings xunto a outro produtor, Ryuhei Chiba. Estes dous personaxes eran considerados unha das principais influencias da discográfica, e coa súa partida incluso se presaxiou a decadencia desta, coñecida como unha das máis populares dentro da cultura Pop xaponesa e asiática. Especulábase sobre cal sería o futuro de Ayumi como artista, porque Matsuura fora o seu gran soporte, e xa non estarían máis xuntos. A especulación fíxose insostible ata que a mesma Ayumi escribiu un mensaxe no blog persoal da súa páxina web, dicindo que non abandonaría a Matsuura, e se el decidira deixar o selo, o máis probable era que ela se iría ó seu lado. Tras dous días de cobertura nos medios sobre o desmorone de Avex (xa que se Ayumi íase, as súas ganancias caerían a nivel catastrófico) todo volveu a normalidade unha vez Matsuura e chiba decidiron regresar a Avex, só dous días despois da súa renuncia oficial. A finais do axitado 2004 para Ayumi e o seu selo, tivo saída o seu esperado álbum "MY STORY", o seu primeiro full álbum dende o 2002. O igual que tódolos seus álbums de estudio, converteuse rapidamente nun éxito, vendendo máis dun millón de copias. No ano 2005 lanzáronse ó mercado reedicións do álbum "MY STORY" en versión SACD, DVD-Son e un novo álbum chamado "MY STORY Classical" que continúa algunhas das cancións do álbum interpretadas con instrumentos de Música clásica.
2005 – 2007, (miss)understood, Secret e A BEST 2
[editar | editar a fonte]O seu single nº35, “Step you/Is this LOVE?”, lanzado en marzo do ano 2005, debutou no máis alto das listas de vendas de Oricon nos seus apartados diarios, semanais e mensuais, debutando no nº1. seis meses máis despois lanzase á venda o seu single nº 36, “Fairyland”. O videoclip é un dos máis caros que nunca se rodaran, custando o redor de 2 100 000 dólares estadounidenses. Só un mes despois, en setembro, lanzouse o seu single nº37, “Heaven”, a cal foi a súa primeira canción utilizada nunha película, chamada “Shinobi –Heart Under Blade”. O seu single “Bold & Delicious/Pride”, lanzado o mercado o 30 de novembro, foi o resultado de novos experimentos musicais da artista, axudada polo músico Geo, compositor da banda alemá Sweetbox. Os vídeos destas cancións foron gravadas en Nova York, e ambas cancións presentaron un estilo algo estraño en Ayumi, considerado por moitos moi americanizado. Isto probablemente explicou que, a pesar de chegar o primeiro lugar nas listas, as súas vendas foran unhas das máis pobres en canto a singles. Este mes tamén se lanzaron dos novas cancións, "Startin" e “Rainy day”, as cales aparecerían no videoxogo de Playstation 2 Shin Onimusha Dawn of Dreams, como openings e endings deste, respectivamente. Máis tarde se sabería que só “Rainy day” formaría parte so seguinte álbum de Ayumi planeado para o primeiro día do ano 2006, polo que “Startin” quedaríase fora.
Tralo lanzamento do seu sétimo álbum en estudio “(miss)understood” de forma oficial o primeiro día de 2006, comezou un dos anos menos produtivos de Ayumi en canto a lanzamentos, pero si un ano en onde logrou romper algunhas metas importantes dentro da música xaponesa. O seu primeiro single do ano, “Startin'/Born to be...”, lanzado o 8 de marzo marcou un novo récord na historia da música no Xapón, convertendo a Ayumi na primeira artista feminina en ter máis singles na primeira posición nas listas de Oricon de tódolos tempos, quitándolle o trono a Seiko Matsuda. Para o seu single nº40, houberon grandes expectacións; dende rumores falsos de novos singles, cancións que nunca existiron, e o suposto terceiro single de tres caras A(aínda que isto nun momento foi confirmado polo mesmo selo), en xuño confirmouse que o single sería titulado "Blue Bird", só dunha cara A. O tema converteuse noutro grande éxito, vendendo na súa primeira semana máis de 160 mil copias, o que rompeu outro récord máis dentro da carreira de Ayumi, converténdoa na cantante feminina coas vendas de sinxelos máis altas en toda a historia do Xapón, con máis de 20 millóns de copias dende o seu debut ocorrido nove anos atrás.
Dende ese momento comezaron a aparecer diversos rumores acerca da cantante, principalmente de tabloides que aseguraban que estaba subindo de peso e que quizais estaría embarazada, á parte de que se lle veu como nunca antes xunto a Tomoya Nagase, o seu noivo estable dende 2001. A cantante viaxou a Estados Unidos para relazarse, pero tamén realizou a sesión de fotos en Miami para o seu calendario oficial 2007, e en Hawai gravou algúns temas para o que sería o seu novo traballo discográfico. Mentres tanto no Xapón aparecían novas cancións en comerciais de cámaras dixitais e reprodutores de música de Panasonic, as cales eran “1 LOVE” e “JEWEL”, que tamén fixeron voar rumores acerca dun posible novo single de dobre cara A, que contería as cancións. O 12 de outubro todo foi aclarado: non sería lanzado outro single no ano, e en lugar diso, lanzaríase o segundo miniálbum de Ayumi dende “Memorial Address” do 2003, e sería titulado “Secret”. Todo estaba preparado para recibir o segundo miniálbum da artista ata que sorpresivamente se cambiaron os plans e o 23 de outubro foi anunciado na páxina oficial da cantante que “Secret” converteríase no seu oitavo álbum con 14 temas e non con 7, para a mesma data anteriormente estimada. Só dos singles lanzados este ano e un álbum, algo ocorrido por primeira vez na carreira de Ayumi Hamasaki, que quizais se deba a que esta aproveitando máis a súa vida e deixando o seu hábito de traballo, xa que acostumaba a lanzar a lo menos 4 singles e un álbum cada ano, como mínimo.
O 8 de decembro a canle de CNN International emitiu unha entrevista de 30 minutos feita a Ayumi Hamasaki pouco antes de lanzarse "Secret". Esta entrevista é a primeira que a cantante fai para un medio occidental, e tamén a primeira vez que se lle puido escoitar responder en inglés algunhas das preguntas que lle fixeron, aínda que na súa maioría foi dobrada. Durante a entrevista respondeu a preguntas sobre a que lle atribuía o seu éxito, a súa vida como icona pop, e tamén sobre a súa primeira xira promocional fóra do Xapón (é dicir por Asia), que esperábase para o 2007.
Dende que o COUNTDOWN LIVE de benvida ó ano 2007 foi un "Best of" dos mellores concertos de Ayumi realizados ata esta data, anunciaba que algo grande estaba por vir neste ano. A finais de febreiro deste ano foi lanzada a continuación de A BEST do 2001 –o álbum que alcanzou maiores vendas de Ayumi-, que serían dúas versións chamadas "A BEST-BLACK-" e "A BEST-WHITE-". A selección de sinxelos foi feita dende "Evolution" ata "Bold & Delicious/Pride", divididos en tristes e felices nas versións negra e branca respectivamente, máis algunhas cancións de álbums e un tema novo "Part of Me", que sería un novo tema de comerciais para a cadea Panasonic. Esperabase que o álbum fose un éxito incondicional, e así foi. A primeira semana en que foron lanzadas as dúas versións do álbum foron o primeiro e segundo lugar nas listas de Oricon e tamén na United World Charts, vendendo só no Xapón en conxunto novecentas cincuenta mil copias, dividas practicamente na metade entre as versión negra e branca. No Xapón esta era a segunda vez en trinta e seis anos que unha artista xaponesa ocupa o primeiro e o segundo lugar nas listas de Oricon, e tamén se converteu na primeira que o consegue nas United World Charts. En marzo, Oricon calificou a Ayumi como a cuarta artista xaponesa con mellores vendas, e tamén como a artista solista con mellores vendas anuais de media, con máis de cinco millóns de unidades vendidas o ano.
A primeira xira en Asia de toda a carreira de Ayumi, titulada "ayumi hamasaki ASIA TOUR 2007 A ~Tour of Secret", deu comezo os primeiros días de marzo do mesmo ano. Con esta xira, é a primeira vez que se presenta en vivo á parte do Xapón, en lugares como Taiwán, Shanghai e Hong Kong. Isto causou euforia nos fans asiáticos de Ayumi, dando como resultado que para o concerto de Taiwán agotáronse as entradas en menos de dúas horas, en Hong Kong en menos de tres horas e en Shanghai en seis horas aproximadamente. Na xira cantou o seu tema "Who..." en mandarín e inglés por primeira vez en público, provocando unha gran sorpresa en tódolos medios.
2007, Terceiro Capítulo
[editar | editar a fonte]En maio foi anunciado o lanzamento do seu single nº 41, o cal sería un single de dobre cara A titulado "Glitter/Fated" e iniciaría o que ela chamou o seu "terceiro capítulo", lanzado o 18 de xullo no Xapón. A sesión fotográfica e a gravación do vídeo tiveron lugar en Hong Kong, esta vez para a promoción Ayumi foi menos convencional e gravou unha curtametraxe musical chamada "Distance Love (Glitter/Fated)".
O 19 de setembro foi lanzado un novo single titulado "Talkin' 2 Myself" que foi utilizado para un anuncio da cámara dixital Lumix FX-33 de Panasonic, e que igualmente alcanzou o primeiro lugar nas listas cun grande éxito. En decembro deste ano lanzouse o primeiro single dixital de Hamasaki, seguindo as tendencias musicais que actualmente están tendo alto impacto no Xapón –as descargas de música a través de Internet-, da súa canción "Together When...". O tema foi nº1 en vendas dixitais nese mes, superando o millón de descargas a través de sitios oficiais de música dixital.
O 1 de xaneiro do ano 2008 foi posto á venda o máis recente álbum de Hamasaki, titulado "Guilty", que incluíu tódolos seus traballos do ano anterior e foi masivamente promocionado como de costume, o igual que tódolos seus lanzamentos. Lamentablemente, Guilty converteuse no primeiro álbum da artista que non logra chegar ó primeiro lugar nas listas de Oricon, tendo que conformarse cun segundo lugar por debaixo do grupo xaponés Kobukuro, e con vendas totais de algo máis de 550 mil unidades, aínda que si chegou ó primeiro lugar noutros países asiáticos como Taiwán.
Xiras
[editar | editar a fonte]Ano | Título | Formato no que foi lanzado |
---|---|---|
2000 | ayumi hamasaki concert tour 2000 A 第1幕 | VHS, DVD, VCD |
2000 | ayumi hamasaki concert tour 2000 A 第2幕 | VHS, DVD, VCD |
2000-2001 | ayumi hamasaki COUNTDOWN LIVE 2000-2001 A | VHS, DVD, VCD |
2001 | ayumi hamasaki DOME TOUR 2001 A | VHS, DVD, VCD |
2001-2002 | ayumi hamasaki COUNTDOWN LIVE 2001-2002 A | VHS, DVD, VCD |
2002 | ayumi hamasaki ARENA TOUR 2002 A | VHS, DVD, VCD |
2002 | ayumi hamasaki STADIUM TOUR 2002 A | VHS, DVD,VCD |
2002-2003 | ayumi hamasaki COUNTDOWN LIVE 2002-2003 A | DVD, VCD |
2003-2004 | ayumi hamasaki ARENA TOUR 2003-2004 A | DVD, VCD |
2004 | ayumi hamasaki A museum ~30th single collection live~ | DVD, VCD |
2004-2005 | ayumi hamasaki COUNTDOWN LIVE 2004-2005 A | DVD, VCD |
2005 | ayumi hamasaki ARENA TOUR 2005 A ~MY STORY~ | DVD, VCD |
2005-2006 | ayumi hamasaki COUNTDOWN LIVE 2005-2006 A | DVD, VCD |
2006 | ayumi hamasaki ARENA TOUR 2006 A ~(miss)understood~ | DVD, VCD, BD |
2006-2007 | ayumi hamasaki COUNTDOWN LIVE 2006-2007 A | DVD, VCD |
2007 | ayumi hamasaki ASIA TOUR 2007 A ~Tour of Secret~ "LIVE + DOCUMENTARY" | DVD, VCD |
2008 | ~ayumi hamasaki COUNTDOWN LIVE 2007-2008 ~Anniversary~ | DVD, VCD, BD |
2009 | ayumi hamasaki ASIA TOUR 2008 ~10th Anniversary~ | DVD, VCD, BD |
2009 | ayumi hamasaki PREMIUM COUNTDOWN LIVE 2008–2009 A | DVD, VCD, BD |
2009-2010 | ayumi hamasaki ARENA TOUR 2009 A | DVD, BD |
2010 | ayumi hamasaki COUNTDOWN LIVE 2009–2010 A | DVD, BD |
2011 | Rock 'n' Roll Circus Tour Final: 7 Days Special | DVD, BD |
2011 | A 50 Singles: Live Selection | DVD, BD |
2011 | Countdown Live 2010–2011 A: Do It Again | DVD, BD |
2011-2012 | Power of Music 2011 A | DVD, BD |
2012-2013 | Arena Tour 2012 A: Hotel Love Songs | DVD, BD |
2013 | Countdown Live 2012–2013 A: Wake Up | DVD, BD |
2013 | Arena Tour 15th Anniversary: A Best Live | DVD, BD |
2013-2014 | Countdown Live A 2013–2014 | DVD, BD |
2014 | Premium Showcase: Feel the Love | DVD, BD |
2014-2015 | Countdown Live 2014-2015 A: Cirque de Minuit | DVD, BD |
2015 | Arena Tour 2015 A Cirque de Minuit: Mayonaka no Circus The Final | DVD, BD |
2016 | Arena Tour 2016 A: Made in Japan | DVD, BD |
Premios
[editar | editar a fonte]Ano | Premios |
---|---|
1998 |
|
1999 |
|
2000 |
|
2001 |
|
2002 |
|
2003 |
|
2004 |
|
2005 |
|
2006 |
|
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "ROCKIN' ON JAPAN" Interview" (en inglés). febreiro 2001. Arquivado dende o orixinal o 13 de xullo de 2012. Consultado o 16 de novembro de 2008.
- ↑ "TIME Asia". Arquivado dende o orixinal o 03 de abril de 2002. Consultado o 03 de abril de 2002.
- ↑ http://www.oricon.co.jp/news/ranking/23188/
- ↑ http://www.oricon.co.jp/news/ranking/29388/
- ↑ http://www.oricon.co.jp/news/ranking/28681/
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial Ayumi HamasakiArquivado 16 de febreiro de 2007 en Wayback Machine.
- TeamAyu - Club Oficial de Fans