Unai Elorriaga
(2024) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 14 de febreiro de 1973 (51 anos) Bilbao, España |
Educación | Universidade de Deusto |
Actividade | |
Campo de traballo | Belas letras e tradución literaria |
Ocupación | escritor, catedrático, tradutor, escritor de literatura infantil |
Obra | |
Obras destacables
| |
Premios | |
| |
Unai Elorriaga López de Letona, nado en Bilbao o 14 de febreiro de 1973, é un escritor vasco.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu na cidade de Bilbao e criouse dende pequeno no barrio de Algorta, no municipio de Getxo, próximo a Bilbao. Licenciouse en Filoloxía vasca pola Universidade de Deusto, e adícase a escribir e traducir.
Foi profesor de Lingua e Literatura, corrector, tradutor e investigador traballando principalmente na editorial Edebé e a Fundación Labayru.[1]1 A súa primeira obra foi o ensaio Literatur ideia batzuk, editada por Labayru en 2001. Ese mesmo ano publicou o seu opera prima escrita en éuscaro, SPrako tranbia (Un tranvía en SP) por medio da editorial vasca Elkar, que lle trouxo fama e prestixio como escritor, especialmente despois de que dita obra fose galardoada co Premio Nacional de Narrativa de España de 2002, converténdose Unai Elorriaga no segundo escritor en éuscaro en obter o devandito premio, despois de Bernardo Atxaga en 1989. Ese galardón deu a coñecer a Elorriaga máis aló do País Vasco e desde entón a editorial Alfaguara publicou todas as súas novelas traducidas ao castelán. O éxito obtido permitiu a Unai dedicarse á escrita de forma profesional ata que logrou praza de profesor en 2016.[2] Dous anos máis tarde, en 2003, publicou Van' t Hoffen ilea (O pelo de Van' t Hoff) grazas á bolsa Igartza que ofrecen a editorial Elkar e o Concello de Beasain. Vredaman foi o seguinte en 2005[3] e está composto por catro relatos, un dos cales adaptou o propio Elorriaga como conto infantil co título Matxinsaltoen belarriak (As orellas dos saltóns) en 2006.[4] Vredaman foi galardoado en 2010 co NEA International Literary Award, concedido polo goberno dos Estados Unidos, traducido como Plants don' t drink cofee.[5] Londres kartoizkoa dá (Londres é de cartón) é o resultado de catro anos de traballo, editado en 2009, que ten como tema principal as características e complexidades das ditaduras.[6] En 2015, gañou o Premio Nacional da Crítica pola súa novela, Iazko hezurrak (Mapas e cans), e foi finalista, de novo, do Premio Nacional de Narrativa de España e do Premio de Literatura Euskadi. En 2016 foi finalista do Premio de Literatura Euskadi polo seu libro infantil 107 kiwi.[7] O propio Elorriaga é o tradutor das súas obras ao castelán. As súas novelas foron traducidas a múltiples idiomas: italiano, inglés, galego, alemán, catalán, serbio, ruso e estoniano entre outros.
É colaborador en prensa escrita (El País, Deia, Euskaldunon Egunkaria, Berria...)[8] e foi profesor e relator en universidades de todo o mundo: Oxford, Georgetown, Universidade do País Vasco, Universidade de Dublín, Universidade de Aberdeen, École Normale Supérieure de Lyon...[9][10]
A súa novela Un tranvía cara a SP foi levado ao cinema no 2008 polo director Aitzol Aramaio co título Un poco de Chocolate.
Obra
[editar | editar a fonte]Novelas
[editar | editar a fonte]- Un tranvía cara a SP (2002). Galaxia. SPrako tranbia, Elkar, 2001. Alfaguara, 2003. En italiano Un tram a sp, Gran via. En alemán Lucas oder Der Himmel über Nepal, Schöffling. En serbio Tramvaj za S.P., Samizdat B92. En estoniano Tramm Šiša Pangmale, Loomingu Raamatukogu.
- O pelo de Van't Hoff (2004). Galaxia.[11] Van't Hoffen ilea (2003), Elkar. Alfaguara, 2004.
- Vredaman (2006). Galaxia.[12] Vredaman (2005), Elkar. Alfaguara, 2006. En italiano Le piante per esempio non bevono caffelatte, Gran via. En inglés Plants don't drink coffee, Archipelago books.
- Londres kartoizkoa da (2009). Elkar. Londres es de cartón, Alfaguara, 2010.
- Iazko hezurrak, (2014). Susa.
- Iturria (2019). Susa.
Infantil
[editar | editar a fonte]- Matxinsaltoen belarriak (2006). Elkar. Las orejas de los saltamontes, Alfaguara, 2013.
- Zizili (2012). Elkar.
- 107 kiwi (2015). Elkar.
- Erraldoiek ez dute lagunik jaten (2018). Begiko.
Ensaio
[editar | editar a fonte]- Literatur ideia batzuk (2001). Labayru.
Teatro
[editar | editar a fonte]- Doministiku egin dute arrainek / Y los peces estornudaron, Letranómada (2008). Publicada na Arxentina.
Traducións
[editar | editar a fonte]- Nogueira doktorearen laborategia (2000). Tradución ao éuscaro do libro de Agustín Fernández Paz O laboratorio do doutor Nogueira.
- Etorkizunik ez (2001). Tradución ao éuscaro do traballo de Marilar Aleixandre A banda sen futuro.
- Artzapezpikuaren bisita. Tradución ao éuscaro do libro de Ádám Bodor Az érsek látogatása. Elkar (2011).
Premios
[editar | editar a fonte]- 1998: Premio organizado polo diario Deia.
- 1999: Premio Idatz&Mintz.
- 2002: Premio Nacional de Narrativa de España (SPrako tranbia).
- 2003: Bolsa Igartza (Van’t Hoffen ilea).
- 2008: Bolsa Literaria Joseba Jaka (ondres kartoizkoa da).
- 2010: Premio Literario Internacional NEA (Estados Unidos de América) (Vredaman).
- 2015: Premio da Crítica Española (Iazko hezurrak).
- 2020: Premio Rosalía de Castro do Centro PEN Galicia.[13]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Elorriaga, Unai - Auñamendi Eusko Entziklopedia". aunamendi.eusko-ikaskuntza.eus (en castelán). Consultado o 2020-12-29.
- ↑ Irizar, Itziar Ugarte. "«Piroteknia ez da literatura ona»". Berria (en éuscaro). Consultado o 2020-12-29.
- ↑ "«Me interesan las miradas excéntricas, no las que son mayoría en literatura»". El Diario Vasco (en castelán). 2006-06-07. Consultado o 2020-12-29.
- ↑ "Unai Elorriaga y Pako Aristi reflexionan sobre la infancia en sus nuevos relatos". El Diario Vasco (en castelán). 2006-10-04. Consultado o 2020-12-29.
- ↑ "Creating a World". www.arts.gov (en inglés). Consultado o 2020-12-29.
- ↑ Elorza, Ania (2009-10-10). "Unai Elorriaga presenta su novela 'Londres paperezkoa da'". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2020-12-29.
- ↑ "<UNAIE>". unaielorriaga.com. Arquivado dende o orixinal o 13 de maio de 2021. Consultado o 2020-12-29.
- ↑ PAÍS, Ediciones EL. "Artículos escritos por Unai Elorriaga". EL PAÍS (en castelán). Consultado o 2020-12-29.
- ↑ "Conférence Trayectoria de lecturas Instituto Cervantes de Lyon". lyon.cervantes.es. Consultado o 2020-12-29.
- ↑ "Entrevista a Unai Elorriaga". www.lehman.cuny.edu. Consultado o 2020-12-29.
- ↑ "O pelo de Van”t Hoff". Editorial Galaxia. Consultado o 2020-12-29.
- ↑ "Vredaman". Editorial Galaxia. Consultado o 2020-12-29.
- ↑ culturagalega.org (2020-02-26). "O Centro Pen Galicia galardoa neles traxectorias literarias senlleiras nas outras linguas peninsulares". culturagalega.org. Consultado o 2020-12-29.