Saltar ao contido

Unión Demócrata Independente

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Unión Demócrata Independente
UDI
Historia
Fundación24 de setembro de 1983
Posicións políticas
IdeoloxíaGremialismo
Conservatismo
Conservadorismo social
Liberalismo económico
Economía Social de Mercado
Outros datos
SedeSuecia 286, Providencia, Santiago de Chile
Na rede
www.udi.cl
Facebook: udipartidopopular Instagram: udipopular Editar o valor en Wikidata

A Unión Demócrata Independiente (UDI) é un partido político chileno de dereita[1][2]. O partido foi fondado no 24 de setembro de 1983 como un movemento político por o seu principal precursor chamado Xaime Guzmán, un avogado, político e un profesor universitario, quen establece os cimentos das políticas clave do réxime militar do país e tamén foi senador desde 1990 ata o seu asasinato no 1 de abril de 1991 polo Frente Patriótico Manuel Rodríguez. As súas orixes remóntanse ao movemento ideolóxico gremial nacido na Pontificia Universidade Católica de Chile no ano 1966, o partido caracterízase por fomentar a independencia e a despolitización dos corpos intermedios da sociedade do país. A UDI, en conxunto coa Renovación Nacional e outros movementos pequenos, conforman unha coalición dos partidos de dereita chamada Coalición por el Cambio, que é o sucesor da Alianza por Chile e subiu ao poder en marzo de 2010, tras a vitoria das eleccións presidenciais realizada en xaneiro de 2010. O partido é no presente o maior partido político no Congreso do país. O presidente do partido é Patricio Melero.

Candidatos presidenciais

[editar | editar a fonte]

Lista dos candidatos presidenciais apoiados pola UDI.[3]

Logotipos do partido

[editar | editar a fonte]
  1. EMOL, Unión Demócrata Independiente: Orígenes e ideología Arquivado 24 de decembro de 2012 en Wayback Machine. Consultado o 28 de decembro de 2013 (en castelán)
  2. La Nación, Piñera: ¿cuál centroderecha? Consultado o 28 de decembro de 2013 (en castelán)
  3. recollido do ficheiro das eleccións chilenas

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]