Saltar ao contido

Virus de Zika

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Virus de Zika

Micrografía electrónica de transmisión de virus de Zika (manchas negras) na que se observan partículas do virus de 40 nm de diámetro, con envoltura externa e unha densa parte central. (fonte: CDC)
Clasificación científica
Grupo: IV (Virus ARN monocatenario positivo)
Familia: Flaviviridae
Xénero: Flavivirus
Especie: Zika virus

O virus de Zika ou virus Zika (ZIKV, virus do bosque de Zika en Uganda) é un virus pertencente á familia Flaviviridae e ao xénero Flavivirus.

En humanos este virus causa inicialmente unha enfermidade leve chamada febre de Zika, Zika, ou doenza de/do Zika, transmitida por mosquitos, que se coñecía desde a década de 1950 como unha doenza propia dunha estreita área ecuatorial que se estendía desde África a Asia. Non obstante, en 2014, o virus espallouse máis cara ao leste a través do océano Pacífico e chegou á Polinesia Francesa, e despois á illa de Pascua e en 2015 alcanzou América Central, o Caribe e Suramérica, onde orixinou en 2015-2016 un gromo que chegou ao nivel de pandemia.[1] O virus de Zika está relacionado cos virus causantes do dengue, febre amarela, encefalite xaponesa, e febre do Nilo occidental.[2] A doenza que causa é similar a unha forma suave do dengue,[2] que se trata principalmente gardando repouso,[3] e con calmantes e non pode ser previda con fármacos ou vacinas.[3] Hai unha moi posible ligazón entre a febre de Zika e a microcefalia en nenos neonatos que a adquiren por transmisión de nai a fillo,[4][5][6] e tamén con condicións neurolóxicas máis fortes en adultos infectados, incluíndo casos de síndrome de Guillain-Barré.[7]

Xunto con outros virus da súa familia, o virus de Zika é un virus con envoltura e icosaédrico cun xenoma de ARN monocatenario non segmentado e de sentido positivo. Está moi estreitamente relaciondao co virus Spondweni e é un dos dous virus situado no clado do virus Spondweni.[8][9]

O virus illouse por primeira vez en 1947 dun macaco rhesus que fora encerrado nunha gaiola e deixado no bosque de Zika en Uganda, preto do lago Vitoria, polos científicos do Instituto de investigación da febre amarela. Fíxose no mesmo lugar un segundo illamento do virus nun mosquito da especie Aedes africanus en 1948.[10][11] Cando o mencionado mono desenvolveu unha febre, os investigadores illaron do seu soro un axente transmisible que foi descrito definitivamente como o virus de Zika (Zika virus) en 1952. En 1968, foi illado por vez primeira de humanos en Nixeria.[12] De 1951 a 1981, houbo informes de probas de infeccións en humanos noutros países africanos, como a República Centroafricana, Exipto, Gabón, Serra Leoa, Tanzania, e Uganda, e tamén nalgúns países de Asia como India, Indonesia, Malaisia, Filipinas, Tailandia, e Vietnam.[12]

Hipotetízase que a patoxénese do virus empeza cunha infección das células dendríticas preto do sitio de inoculación, e seguidamente espállase aos ganglios linfáticos e ao torrente sanguíneo.[8] Os flavivirus xeralmente replícanse no citoplasma, pero os antíxenos do virus de Zika foron atopados no núcleo das células infectadas.[13]

Hai dúas liñaxes do virus de Zika, a liñaxe africana e a asiática.[14] Os estudos filoxenéticos indican que o virus espallado por América está moi probablemente relacionado coas cepas da Polinesia Francesa.[14] Publicáronse as secuencias xenómicas completas de virus Zika.[15] Recentes descubrimentos preliminares a partir de secuencias do virus atoparon un posible cambio nun codón da proteína non estrutural 1 do virus que pode incrementar a taxa de replicación viral en humanos.[16]

Debido á dimensión que alcanzou a epidemia de 2015-2016 as autoridades sanitarias dalgúns países recomendaron precaucións, especialmente a mulleres embarazadas, á hora de viaxar aos países máis afectados,[17][18][19][20][21] mentres que Colombia, República Dominicana, Ecuador, O Salvador, e Xamaica aconsellaron ás mulleres que pospuxeran o seu proxecto de quedaren preñadas ata que se saiba máis sobre os riscos para os fetos.[20][22]

Transmisión

[editar | editar a fonte]
Aedes aegypti
Aedes aegypti é o mosquito vector do virus de Zika.

O virus de Zika transmítese por medio de mosquitos que teñen actividade diúrna e foi illado de varias especies deles do xénero Aedes, como A. aegypti, e mosquitos arbóreos como A. africanus, A. apicoargenteus, A. furcifer, A. hensilli, A. luteocephalus, e A. vitattus. O período de incubación extrínseco nos mosquitos é de aproximadamente 10 días.[12] O virus de Zika pode transmitirse entre humanos por contacto sexual e pode tamén cruzar a placenta, e afectar aos fetos.

Os hóspedes vertebrados do virus son principalmente monos e humanos. Antes da epidemia de 2015-2016, que en realidade empezou en 2007, o virus de Zika "raramente causaba infeccións 'que se estendesen' recoñecidas en humanos, mesmo nas áreas enzoóticas".[7]

Distribución predita do Aedes aegypti. O mapa mostra a probabilidade de aparición (azul=ningunha, vermello=maior presenza).

O risco social potencial do virus de Zika pode ser delimitado pola distribución das especies de mosquitos que o transmiten (o seu vector epidemiolóxico). A distribución global do portador máis citado do virus Zika, A. aegypti, está expandíndose debido ao comercio e viaxes globais.[23] A distribución de A. aegypti é agora a máis ampla da que se ten rexistro, xa que está presente en todos os continentes incluíndo a periferia de Europa e en Norteamérica.[24]

Fixéronse informes recentes sobre o espallamento do Zika en América Latina e o Caribe.[25] Os países e territorios que foron identificados pola Organización da Saúde Panamericana como zonas onde houbo unha "transmisión do virus de Zika local" son Barbados, Bolivia, Brasil, Colombia, República Dominicana, Ecuador, O Salvador, Güiana Francesa, Guadalupe, Guatemala, Güiana, Haití, Honduras, Martinica, México, Panamá, Paraguai, Porto Rico, Saint Martin, Suriname e Venezuela.[26][27]

En 2009 acreditouse un caso de transmisión sexual do virus nun biólogo norteamericano que visitara Senegal e que de regreso transmitiu o virus á súa muller, a cal enfemou de Zika. Considérase que foi a primeira persoa que transmitiu por vía sexual un virus normalmente transmitido por insectos voadores.[28][29]

En 2015, detectouse o ARN do virus Zika no líquido amniótico de dous fetos, o que indicaba que cruzara a placenta e podía causar unha infección transmitida verticalmente de nai a fillo.[30] O 20 de xaneiro de 2016, científicos do estado de Paraná, Brasil, detectaron material xenético do virus de Zika na placenta dunha muller que sufrira un aborto debido á microcefalia do seu feto, o cal confirmaba que o virus pode atravesar a barreira placentaria.[31]

Aínda que existen vacinas efectivas contra varios flavivirus, non é así para o virus de Zika. Hai vacinas contra o virus da febra amarela, o da encefalie xaponesa e encefalite transitida por carrachas xa desde a década de 1930 e recentemente introduciuse a vacina contra o dengue.[32][33][34]

Porén, os traballos para obter unha vacina contra o virus de Zika aínda se iniciaron hai pouco, segundo Anthony Fauci, director do National Institute of Allergy and Infectious Diseases dos Estados Unidos.[35] Os investigadores do Vaccine Research Center que traballan nesta vcina teñen unha ampla experiencia de traballo en vacinas para outros virus como o virus do Nilo occidental, o virus chikungunya e o do dengue.[35] Segundo algunhas previsións en 10 ou 12 anos podería dispoñerse dunha vacina efectiva contra o virus de Zika.[36]

Artigo principal: Febre de Zika.
Erupcións nun brazo debidas ao virus de Zika.
Ilustración dun bebé con microcefalia (esquerda) en comparación cun bebé normal (dereita).

Síntomas comúns das infeccións por este virus son dores de cabeza leves, erupción maculopapular, febre, malestar, conxuntivite e dor articular. O primeiro caso ben documentado de Zika foi descrito en 1964; empezou cunha dor de cabeza leve, e seguiu con erupción maculopapular, febre e dor de costas; despois, en dous días, a erupción empezou a diminuír, e en tres días, a febre cesou e só permaneceu a erupción. En xeral, a febre de Zika é unha doenza que adoita ser relativamente leve e de alcance limitado, da que só unha de cada cinco persoas afectadas chega a presentar síntomas, sen que haxa vítimas mortais, pero o seu verdadeiro potencial como axente viral descoñécese.[12]

En 2016, non hai vacina contra el nin fármacos preventivos. Os síntomas poden ser tratados con paracetamol (acetaminofén), mentres que a aspirina e outros antiinflamatorios non esteroideos só se deberían usar se foi descartado o dengue para así reducir o risco de hemorraxias.[37]

Complicacións neurolóxicas

[editar | editar a fonte]

Nunha epidemia de zika na Polinesia Francesa, producíronse 73 casos de síndrome de Guillain–Barré e outras condicións neurolóxicas nunha poboación de 270.000 persoas, que poden ser resultado de complicacións por infección polo virus de Zika.[7]

En decembro de 2015, o Centro Europeo para a Prevención e Control de Doenzas sacou unha extensa actualización sobre a posible asociación do virus Zika coa microcefalia conxénita.[38] Os datos suxiren que os bebés neonatos paridos por nais que tiveran unha infección polo virus de Zika durante o primeiro trimestre de embarazo teñen un risco incrementado de padecer microcefalia.[39] En decembro de 2015 sospeitábase que unha infección transplacentaria do feto podía orixinar a microcefalia e danos cerebrais.[5][40] O ministro de Sanidade do Brasil confirmou despois a relación entre o virus Zika e a microcefalia.[4]

En 1947, científicos que investigaban a febre amarela situaron nunha gaiola un macaco rhesus no boque de Zika (zika significa 'descoidado' en idioma luganda), preto do Instituto de Investigación de Virus de África Occidental en Entebbe, Uganda. O mono desenvolveu unha febre, e os investigadores illaron do seu soro un axente transmisible, que en 1952 sería descrito como o virus de Zika.[11] Non se illou de humanos ata anos despois, en Nixeria. Desde entón ata 2007 os casos confirmados de infección por este virus foron raros e localizados en Asia e Sueste asiático.[41]

En 2007, deuse o primeiro gromo fóra de África ou Asia na illa de Yap nos Estados Federados de Micronesia, que se caracterizou por producir erupcións, conxuntivite e artralxia, e inicialmente pensouse que se trataba de casos de dengue, de chikungunya, ou de doenza do río Ross.[42] Porén, as mostras do soro dos pacientes en fase aguda da doenza contiñan ARN do virus de Zika. Confirmáronse 49 casos, e contabilizáronse outros 59 casos non confirmados, e non houbo hospitalizacións nin falecementos.[43] Posteriormente houbo epidemias en Polinesia, illa de Pascua, illas Cook e Nova Caledonia.[41]

Desde abril de 2015, está tendo lugar un gran gromo de virus Zika en América, que empezou no Brasil e que se espallou por moitos países de América do Sur e Central e o Caribe. En xaneiro de 2016, a CDC estadounidense emitiu unha alerta de nivel 2 para as viaxes por esas rexións onde se está a producir a transmisión do virus.[44] A CDC recomendou ás mulleres embarazadas consultar aos seus médicos antes de viaxar á zona.[45] Os gobernos ou axencias sanitarias de países como o Reino Unido,[19] Irlanda,[20] Nova Zelandia,[46] Canadá,[21] e a Unión Europea[21] fixeron advertencias similares pouco despois. En Colombia, o ministro de Sanidade recomendou evitar o embarazo durante oito meses, mentres que Ecuador, O Salvador e Xamaica fixeron tamén advertencias similares.[20][22]

No Brasil anunciáronse plans, para previr o espallamento do virus Zika durante os Xogos Olímpicos de Verán de 2016 de Río de Xaneiro.[21]

Segundo informou a CDC, as autoridades sanitarias brasileiras informaron de máis de 3.500 casos de micrfocefalia entre outubro de 2015 e xaneiro de 2016. Algúns dos nenos afectados presentaron un tipo grave de microcefalia e outros morreron. Aínda non se comprende ben o espectro completo de resultados que poderían estar asociados coa infección durante o embarazo e os factores que poderían incrementar o risco para o feto. Planéanse máis estudos para aprender máis sobre os riscos da infección polo virus Zika durante o embarazo.[47] Na rexión máis afectada do Brasil aproximadamente o 1 % dos neonatos son susceptibles de ter microcefalia.[48]

  1. McKenna, Maryn (13 January 2016). "Zika Virus: A New Threat and a New Kind of Pandemic". Germination. Consultado o 18 January 2016. 
  2. 2,0 2,1 "Zika virus infection". ecdc.europa.eu. Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2017. Consultado o 18 January 2016. 
  3. 3,0 3,1 "Symptoms, Diagnosis, & Treatment". Zika Virus. DVBD, NCEZID, Centers for Disease Control and Prevention. 
  4. 4,0 4,1 Leonardo Aguiar. "Ministério da Saúde confirma relação entre vírus Zika e microcefalia". Portal da Saúde – Ministério da Saúde – www.saude.gov.br. Arquivado dende o orixinal o 29 de xaneiro de 2016. Consultado o 29 de xaneiro de 2016. 
  5. 5,0 5,1 Oliveira Melo, A. S.; Malinger, G.; Ximenes, R.; Szejnfeld, P. O.; Alves Sampaio, S.; Bispo de Filippis, A. M. (1 January 2016). "Zika virus intrauterine infection causes fetal brain abnormality and microcephaly: tip of the iceberg?". Ultrasound in Obstetrics & Gynecology 47 (1): 6–7. ISSN 1469-0705. doi:10.1002/uog.15831. 
  6. "Epidemiological update: Outbreaks of Zika virus and complications potentially linked to the Zika virus infection". European Centre for Disease Prevention and Control. Arquivado dende o orixinal o 07 de outubro de 2016. Consultado o 18 January 2016. 
  7. 7,0 7,1 7,2 Fauci, Anthony S.; Morens, David M. (14 January 2016). "Zika Virus in the Americas – Yet Another Arbovirus Threat". New England Journal of Medicine 374 (2): 160113142101009. PMID 26761185. doi:10.1056/NEJMp1600297. 
  8. 8,0 8,1 Knipe, David M.; Howley, Peter M. (2007). Fields' Virology (5th ed.). Lippincott Williams & Wilkins. pp. 1156, 1199. ISBN 978-0-7817-6060-7. 
  9. Faye, Oumar; Freire, Caio C. M.; Iamarino, Atila; Faye, Ousmane; de Oliveira, Juliana Velasco C.; Diallo, Mawlouth; Zanotto, Paolo M. A.; Sall, Amadou Alpha; Bird, Brian (9 January 2014). "Molecular Evolution of Zika Virus during Its Emergence in the 20th Century". PLoS Neglected Tropical Diseases 8 (1): e2636. PMC 3888466. PMID 24421913. doi:10.1371/journal.pntd.0002636. 
  10. Haddow, A.D.; Schuh, A.J.; Yasuda, C.Y.; Kasper, M.R.; Heang, V.; Huy, R.; Weaver, S.C. (2012). "Genetic Characterization of Zika Virus Strains: Geographic Expansion of the Asian Lineage". PLoS Neglected Tropical Diseases 6 (2): e1477. PMC 3289602. PMID 22389730. doi:10.1371/journal.pntd.0001477. 
  11. 11,0 11,1 Dick, G. W. A.; Kitchen, S. F.; Haddow, A. J. (1952-09-01). "Zika virus. I. Isolations and serological specificity". Transactions of the Royal Society of Tropical Medicine and Hygiene 46 (5): 509–520. PMID 12995440. doi:10.1016/0035-9203(52)90042-4. Arquivado dende o orixinal o 31 de xaneiro de 2016. Consultado o 29 de xaneiro de 2016. 
  12. 12,0 12,1 12,2 12,3 Hayes, E. B. (2009). "Zika Virus Outside Africa". Emerging Infectious Diseases 15 (9): 1347–50. PMC 2819875. PMID 19788800. doi:10.3201/eid1509.090442. 
  13. Buckley, A.; Gould, E. A. (1988). "Detection of virus-specific antigen in the nuclei or nucleoli of cells infected with Zika or Langat virus" (PDF). Journal of General Virology 69 (8): 1913–20. PMID 2841406. doi:10.1099/0022-1317-69-8-1913. 
  14. 14,0 14,1 Enfissi, Antoine; Codrington, John; Roosblad, Jimmy; Kazanji, Mirdad; Rousset, Dominique (16 January 2016). "Zika virus genome from the Americas". Lancet 387 (10015): 227–8. doi:10.1016/S0140-6736(16)00003-9. 
  15. Kuno, G.; lChang, G.-J. J. (1 January 2007). "Full-length sequencing and genomic characterization of Bagaza, Kedougou, and Zika viruses". Archives of Virology 152 (4): 687–696. PMID 17195954. doi:10.1007/s00705-006-0903-z. 
  16. Freire, Caio Cesar de Melo; Iamarino, Atila; Neto, Daniel Ferreira de Lima; Sall, Amadou Alpha; Zanotto, Paolo Marinho de Andrade (25 November 2015). "Spread of the pandemic Zika virus lineage is associated with NS1 codon usage adaptation in humans" (PDF). BioRxiv: 032839. doi:10.1101/032839. 
  17. "Zika Virus in the Caribbean". Travelers' Health: Travel Notices. Centers for Disease Control and Prevention. 15 January 2016. 
  18. Petersen, Emily E.; Staples, J. Erin; Meaney-Delman, Dana; Fischer, Marc; Ellington, Sascha R.; Callaghan, William M.; Jamieson, Denise J. (2016). "Interim Guidelines for Pregnant Women During a Zika Virus Outbreak – United States, 2016". Morbidity and Mortality Weekly Report 65 (2): 30–33. PMID 26796813. doi:10.15585/mmwr.mm6502e1. 
  19. 19,0 19,1 "Zika virus: Advice for those planning to travel to outbreak areas". ITV News. 22 January 2016. Consultado o 24 January 2016. 
  20. 20,0 20,1 20,2 20,3 "Pregnant Irish women warned over Zika virus in central and South America". RTE. 22 January 2016. Consultado o 23 January 2016. 
  21. 21,0 21,1 21,2 21,3 "Zika: Olympics plans announced by Rio authorities". BBC. 24 January 2016. Consultado o 24 January 2016. As autoridades de Río de Xaneiro anunciaron plans para previr o espallamento do virus Zika durante os Xogos Olímpicos ... As axencias de saúde de EUA, Canadá e a UE fixeron advertencias dicindo que as mulleres embarazadas deberían evitar viaxar a Brasil e outros países de América nos que se rexistraron casos de Zika. 
  22. 22,0 22,1 "Zika virus triggers pregnancy delay calls". BBC. 23 January 2016. Consultado o 23 January 2016. 
  23. Kraemer, Moritz UG; Sinka, Marianne E.; Duda, Kirsten A.; Mylne, Adrian QN; Shearer, Freya M.; Barker, Christopher M.; Moore, Chester G.; Carvalho, Roberta G.; Coelho, Giovanini E. (7 July 2015). "The global distribution of the arbovirus vectors Aedes aegypti and Ae. albopictus". ELife 4: e08347. PMC 4493616. PMID 26126267. doi:10.7554/eLife.08347. 
  24. "Aedes aegypti". ecdc.europa.eu. Arquivado dende o orixinal o 10 de xullo de 2017. Consultado o 25 January 2016. 
  25. Foundation, Thomson Reuters. "FACTBOX - Zika virus spreads rapidly through Latin America, Caribbean". news.trust.org. Consultado o 26 January 2016. 
  26. Mitchell, Cristina. "As the Zika virus spreads, PAHO advises countries to monitor and report birth anomalies and other suspected complications of the virus". www.paho.org. Consultado o 25 January 2016. 
  27. Mitchell, Cristina. "PAHO Statement on Zika Virus Transmission and Prevention". www.paho.org. Consultado o 25 January 2016. 
  28. Foy, B. D.; Kobylinski, K. C.; Foy, J. L. C.; Blitvich, B. J.; Travassos Da Rosa, A.; Haddow, A. D.; Lanciotti, R. S.; Tesh, R. B. (2011). "Probable Non–Vector-borne Transmission of Zika Virus, Colorado, USA". Emerging Infectious Diseases 17 (5): 880–2. PMC 3321795. PMID 21529401. doi:10.3201/eid1705.101939. 
  29. Enserink, M. (6 April 2011). "Sex After a Field Trip Yields Scientific First". Science News. AAAS. 
  30. Vogel, Gretchen (3 December 2015). "Fast-spreading virus may cause severe birth defects". Science News. AAAS. doi:10.1126/science.aad7527. 
  31. "Caso de aborto confirma que zika consegue atravessar a placenta". Bem Estar (en Portuguese). globo.com. 20 January 2016. 
  32. Dengue fever
  33. Bennett, John E.; Dolin, Raphael; Blaser, Martin J. (2014). Principles and Practice of Infectious Diseases. Elsevier Health Sciences. p. 1881. ISBN 9781455748013. 
  34. Maron, Dina Fine. "First Dengue Fever Vaccine Gets Green Light in 3 Countries". Scientific American. Consultado o 28 January 2016. 
  35. 35,0 35,1 Sternberg, Steve (22 January 2016). "Vaccine Efforts Underway as Zika Virus Spreads". US News & World Report. Consultado o 28 January 2016. 
  36. "Zika virus: US scientists say vaccine '10 years away'—BBC News". BBC News. Consultado o 28 January 2016. 
  37. "For Health Care Providers: Clinical Evaluation & Disease". Zika Virus. DVBD, NCEZID, Centers for Disease Control and Prevention. 19 January 2016. Arquivado dende o orixinal o 25 de decembro de 2015. Consultado o 29 de xaneiro de 2016. 
  38. "Rapid risk assessment: Zika virus epidemic in the Americas: potential association with microcephaly and Guillain-Barré syndrome" (PDF). Stockholm: European Centre for Disease Prevention and Control. 10 December 2015. p. 14. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 12 de febreiro de 2016. Consultado o 9 January 2016. 
  39. Beaubien, Jason (22 January 2016). "The Zika Virus Takes A Frightening Turn – And Raises Many Questions". NPR. 
  40. Darlington S (23 December 2015). "Brazil warns against pregnancy due to spreading virus". CNN. Consultado o 23 December 2015. 
  41. 41,0 41,1 Various (June 2014). "Etymologia: Zika Virus". Emerging Infectious Diseases 20 (6): 1090. PMC 4036762. PMID 24983096. doi:10.3201/eid2006.ET2006. Arquivado dende o orixinal o 31 de xaneiro de 2016. Consultado o 29 de xaneiro de 2016. 
  42. Altman, L.K. (3 July 2007). "Little-Known Virus Challenges a Far-Flung Health System". New York Times. 
  43. Duffy, M.R.; Chen, T.H.; Hancock, W.T.; Powers, A.M.; Kool, J.L.; Lanciotti, R.S.; Pretrick, M.; Marfel, M.; Holzbauer, S.; Dubray, C.; Guillaumot, L.; Griggs, A.; Bel, M.; Lambert, A.J.; Laven, J.; Kosoy, O.; Panella, A.; Biggerstaff, B.J.; Fischer, M.; Hayes, E.B. (2009). "Zika Virus Outbreak on Yap Island, Federated States of Micronesia". New England Journal of Medicine 360 (24): 2536–43. PMID 19516034. doi:10.1056/NEJMoa0805715. 
  44. "Zika Travel Health Notices". www.cdc.gov. CDC. Arquivado dende o orixinal o 26 de xaneiro de 2016. Consultado o 24 January 2016. 
  45. Lowes R (15 January 2016). "CDC Issues Zika Travel Alert". CDC. Consultado o 16 January 2016. 
  46. Nina Burton (24 January 2016). "Zika virus prompts travel warning for Kiwis". 3News, New Zealand. Arquivado dende o orixinal o 25 de xaneiro de 2016. Consultado o 24 January 2016. O goberno de Nova Zelandia seguiu a guía británica. Un aviso oficial recomenda a toda muller que estea embarazada ou planee concibir no próximo futuro que atrase a viaxe aos países afectados polo virus Zika. 
  47. "Microcephaly in Brazil potentially linked to the Zika virus epidemic, ECDC assesses the risk". European Centre for Disease Prevention and Control. Arquivado dende o orixinal o 21 de xaneiro de 2016. Consultado o 18 January 2016. 
  48. "Brazil Zika outbreak: More babies born with birth defects". BBC. 2016. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]