Saltar ao contido

Vuelve a la vida

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Vuelve a la vida
Ficha técnica
Título orixinalVuelve a la vida
DirectorLuis Carlos Hueck
Alfredo Hueck
ProdutorPaolo Merlini
GuiónLuis Carlos Hueck
Alfredo Hueck
IntérpretesJosé Ramón Barreto
José Roberto Díaz
Crisol Carabal
MúsicaAxel Berasain
FotografíaClever Castillo
MontaxeAlfredo Hueck
Estrea 14 de decembro de 2023
Duración90 minutos
Orixe Venezuela
Estados Unidos de América Estados Unidos
XéneroDrama e comedia
Na rede
IMDB: tt33603284 Editar o valor en Wikidata

Vuelve a la vida é un filme venezolano-estadounidense de 2023 escrito e dirixido por Luis Carlos Hueck e Alfredo Hueck. Conta a historia de Ricardo, un mozo que desenvolve unha enfermidade mortal e loita contra ela coa axuda da súa familia. Está protagonizado por José Ramón Barreto, José Roberto Díaz, Crisol Carabal, Eulalia Siso e Shakti Maal. Estreouse o 14 de decembro de 2023.[1] Foi escollido como candidato de Venezuela para o Óscar ó mellor filme internacional na 97ª edición dos premios.[2]

En 1996, Ricardo regresa a Caracas despois dun ano de intercambio en Nova York. Mentres visita os seus amigos durante as vacacións na costa de Venezuela, Ricardo sofre unha dor que cambiará a súa vida e a súa relación coa súa familia para sempre.[3]

Personaxes

[editar | editar a fonte]
  • Jose Roberto Díaz como Puchi
  • José Ramón Barreto como Ricardo
  • Crisol Carabal como Patty
  • Eulalia Siso como o médico
  • Shakti Maal como a noiva
  • Fernando Azpurua como Arturo
  1. Hernández, Sonia (2023-10-30). "José Ramón Barreto comparte tráiler de "Vuelve a la vida"". Últimas Noticias (en castelán). Consultado o 2023-11-10. 
  2. "Vuelve a la vida representará a Venezuela en el Oscar". El Nacional (en castelán). 3 de outubro de 2024. Consultado o 4 de outubro de 2024. 
  3. "Cinex Venezuela / Cartelera Cinex". Cinex Venezuela / Cinex Venezuela (en castelán). Consultado o 2023-11-10. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]