Vuelve a la vida
Vuelve a la vida | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Vuelve a la vida |
Director | Luis Carlos Hueck Alfredo Hueck |
Produtor | Paolo Merlini |
Guión | Luis Carlos Hueck Alfredo Hueck |
Intérpretes | José Ramón Barreto José Roberto Díaz Crisol Carabal |
Música | Axel Berasain |
Fotografía | Clever Castillo |
Montaxe | Alfredo Hueck |
Estrea | 14 de decembro de 2023 |
Duración | 90 minutos |
Orixe | Venezuela Estados Unidos |
Xénero | Drama e comedia |
Na rede | |
Vuelve a la vida é un filme venezolano-estadounidense de 2023 escrito e dirixido por Luis Carlos Hueck e Alfredo Hueck. Conta a historia de Ricardo, un mozo que desenvolve unha enfermidade mortal e loita contra ela coa axuda da súa familia. Está protagonizado por José Ramón Barreto, José Roberto Díaz, Crisol Carabal, Eulalia Siso e Shakti Maal. Estreouse o 14 de decembro de 2023.[1] Foi escollido como candidato de Venezuela para o Óscar ó mellor filme internacional na 97ª edición dos premios.[2]
Sinopse
[editar | editar a fonte]En 1996, Ricardo regresa a Caracas despois dun ano de intercambio en Nova York. Mentres visita os seus amigos durante as vacacións na costa de Venezuela, Ricardo sofre unha dor que cambiará a súa vida e a súa relación coa súa familia para sempre.[3]
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Jose Roberto Díaz como Puchi
- José Ramón Barreto como Ricardo
- Crisol Carabal como Patty
- Eulalia Siso como o médico
- Shakti Maal como a noiva
- Fernando Azpurua como Arturo
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Hernández, Sonia (2023-10-30). "José Ramón Barreto comparte tráiler de "Vuelve a la vida"". Últimas Noticias (en castelán). Consultado o 2023-11-10.
- ↑ "Vuelve a la vida representará a Venezuela en el Oscar". El Nacional (en castelán). 3 de outubro de 2024. Consultado o 4 de outubro de 2024.
- ↑ "Cinex Venezuela / Cartelera Cinex". Cinex Venezuela / Cinex Venezuela (en castelán). Consultado o 2023-11-10.