Waltham Forest
Mapa | |
---|---|
Situación dentro do Gran Londres | |
Información | |
Estado | Reino Unido |
País | Inglaterra |
Condado | Gran Londres |
Capital | Walthamstow |
Superficie | 38,82 km2 |
Poboación | 223.200 (est. 2008) |
Densidade | 5.749 h/km² |
Alcalde | Chris Robbins (Partido Laborista) |
Web oficial de Waltham Forest |
O London Borough of Waltham Forest é un distrito no nordeste de Londres, Inglaterra, e forma parte do Outer London.
Características
[editar | editar a fonte]É unha mestura de urbanizacións residenciais e a quinta parte do distrito está ocupada por bosques, reservas naturais, espazos abertos, parques e campos de xogo. Localízase entre parte de Epping Forest polo leste e o río Lee polo oeste, co que forma dous corredores verdes. Waltham Forest foi un dos cinco distritos de Londres seleccionados para acoller os Xogos Olímpicos de verán de 2012.
Barrios
[editar | editar a fonte]Transporte público
[editar | editar a fonte]Metro
[editar | editar a fonte]A Central line do metro dá servizo ao sur do distrito, discorre paralela á autoestrada A12 con estacións en Leyton e Leytonstone. A Victoria Line atravesa o centro do distrito con estacións en Walthamstow Central e Blackhorse Road. A liña do London Overground de Gospel Oak a Barking ten estacións en Walthamstow Queens Road, Blackhorse Road, Leyton Midland Road e Leytonstone High Road.
Camiños de ferro
[editar | editar a fonte]A National Express East Anglia presta servizo ás estacións de St James Street, Walthamstow Central, Wood Street, Highams Park e Chingford, tendo como principal orixe e destino a estación de Liverpool Street.
Persoeiros
[editar | editar a fonte]Waltham Forest foi o lugar de nacemento do polifacético William Morris, o futbolista David Beckham e o director e produtor de cine Alfred Hitchcock, estes dous últimos no barrio de Leytonstone. A banda de heavy metal Iron Maiden formouse en Leyton e os máis dos seus compoñentes naceron tamén neste distrito.
Clubs deportivos
[editar | editar a fonte]Cidades irmandadas
[editar | editar a fonte]O distrito de Waltham Forest está irmandado [1] con:
Tamén se teñen establecido relacións de irmandade con: