Saltar ao contido

Xàtiva

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaXàtiva
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 38°59′19″N 0°31′09″O / 38.9887, -0.5192
EstadoEspaña
Comunidade autónomaComunidade Valenciana
Provinciaprovincia de Valencia
Comarca da Comunidade ValencianaCostera Editar o valor en Wikidata
Capital de
CapitalXàtiva (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Xàtiva (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación30.072 (2023) Editar o valor en Wikidata (392,79 hab./km²)
Lingua oficiallingua catalá (lingua predominante)
lingua castelá Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie76,56 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude115 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Saetabis (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Santo padrónFiz de Nola e Nosa Señora das Neves Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataRoger Cerdà i Boluda (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal46800 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE46145 Editar o valor en Wikidata
Código ARGOS de concellos46145 Editar o valor en Wikidata

Sitio webxativa.es Editar o valor en Wikidata

Xàtiva é unha cidade da Comunidade Valenciana, capital da comarca da Costera. Historicamente, Xàtiva foi unha das poboacións máis importantes do Reino de Valencia, rivalizando ata con Valencia e Orihuela, as outras dúas cidades máis importantes na época foral. Así, como Orihuela e Segorbe tiñan a súa sede episcopal, Xàtiva era a segunda cidade en votar en cortes.

Actualmente ten 30.334 habitantes, incluíndo as pequenas pedanías integradas de Annauir, Sorió e Torre d'En Lloris. Malia o seu peso demográfico actual ser menor, continua a ser unha da cidade de referentes históricos e culturais.

Os habitantes de Xàtiva chámanse xativans, aínda que popularmente son coñecidos por socarrats, porque as tropas de Filipe V queimaron a cidade durante a Guerra de Sucesión Española. O ensañamento do rei foi tal con esta cidade que lle chegou a muda-lo nome polo de Nueva Colonia de San Felipe e os seus habitantes deportados cara á Mancha. Por este motivo o retrato deste rei esta cara a abaixo no Museu de L'Almodí da cidade.

Xeografía

[editar | editar a fonte]
Filipe V no Museu de l'Almodí de Xàtiva

Sitúase entre as cuncas do río Albaida e do seu afluente o río Cànyoles. O seu termo ten perímetro moi desigual, xa que fóra del ten varios enclaves territoriais, dos que destaca pola súa extensión o Realeng.

A cidade está enclavada aos pés do cerro do castelo (Castell). As súas ladeiras chegan a ocupar algunhas casas e esténdense ata a parte máis chá da veiga.

Vista de Xàtiva

Dende Valencia accédese a través da A-7 e a N-340. Tamén enlaza coa autovía A-35 ata Almansa e o centro peninsular. Tamén ten estación de ferrocarril da liña C-2 da rede de Proximidades de Valencia.

Barrios e pedanías

[editar | editar a fonte]

No termo municipal de Xàtiva atópanse tamén os seguintes núcleos de poboación:

  • Annauir
  • El Realenc
  • Sorió
  • Torre d'En Lloris

O clima en Xàtiva é mediterráneo. Porén, pola súa situación relativamente afastada da costa e entre vales, os veráns son máis calorosos que noutras zonas da Comunidade Valenciana. Rexistra frecuentemente as máximas de toda a zona e de toda a península no verán.

Demografía

[editar | editar a fonte]

Xàtiva ten 29.459 habitantes (INE 2021) dos que un 9,0% son inmigrantes.[1]

Evolución demográfica de Xàtiva[2]
1707[3] 1708[4] 1787[5] 1808[6] 1814[7] 1829[8] 1857 1887 1900 1910 1920 1930 1940 1950 1960 1970 1981 1991 2000 2006 2007
12.000 400 12.665 12.000 10.872 12.596 15.747 14.099 12.600 12.737 14.148 15.087 18.263 18.092 19.896 21.578 23.755 24.586 25.478 28.474 30.334

Entre o censo de 1887 e o anterior, Xàtiva recibiu un incremento de poboación ao incorporarse o municipio desaparecido de Annauir.

Gastronomía e festas

[editar | editar a fonte]
Castelo de Xàtiva
Vista nocturna da catedral

Son pratos moi coñecidos o arroz ao forno e o arnadí. Dende 1250 celébrase por privilexio real de Jaume I a Fira de Xàtiva.

A celebración da Semana Santa tamén se vive con grande intensidade, así como a celebración do Corpus Christi, coa típica procesión de xigantes e cabezudos.

  1. Fonte: Explotación estatística do censo segundo o INE. Poboación por sexo, municipios e nacionalidade (principais nacionalidades). Arquivado 12 de xaneiro de 2008 en Wayback Machine.
  2. Fonte: Poboación de feito segundo o INE. Alteracións dos municipios nos Censos de Poboación dende 1842.Arquivado 11 de marzo de 2009 en Wayback Machine. Series de poboación dos municipios dende 1996. Arquivado 18 de abril de 2010 en Wayback Machine.
  3. Antes do Asedio de Xàtiva, segundo Isaïes Blesa Duet en A destrución de Xàtiva en 1707 e o goberno da cidade no exilio, ed.Ulleye,Xátiva,2007,pag.75
  4. idem.
  5. Un pouco máis de 12.000 segundo Ramon Martínez en Xátiva, Historia breve,Catro Follas, Valencia, 2004, pax.156
  6. MªPilar Hernando Serra e Ramon Aznar i Garcia, Xátiva durante a guerra do Francés, 1808-1814, Matéu Impresores,Xátiva, 2002, pax.25
  7. Idem.pax.103
  8. Ramon Martínez en Xátiva, Historia breve,Catro Follas, Valencia, 2004, pax.156