Yves Saint Laurent
Nome orixinal | Yves Mathieu-Saint-Laurent |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (fr) Yves Henri Donat Mathieu-Saint Laurent 1 de agosto de 1936 Orán (Alxeria) |
Morte | 1 de xuño de 2008 (71 anos) París, Francia |
Causa da morte | cancro de cerebro |
Actividade | |
Campo de traballo | Deseño de moda e jewelry design (en) |
Ocupación | deseñador de alta costura, Estilista, pintor, coleccionista de arte, diseñador de vestuario, empresario, deseñador de xoias |
Período de actividade | Christian Dior, S. A., 1955 - |
Movemento | Alta-costura (pt) e prêt-à-porter (pt) |
Participou en | |
12 de novembro de 2018 | Jewelry: The Body Transformed (pt) |
28 de novembro de 1973 | The Battle of Versailles Fashion Show (en) |
All that Glitters (pt) | |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Parella | Pierre Bergé (–1976) Jacques de Bascher |
Irmáns | Brigitte Mathieu-Saint-Laurent |
Cronoloxía | |
maio de 2008-1 de xuño de 2008 | PaCS (pt) |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, hedendaagsesieraden.nl (pt) |
|
Yves Mathieu-Saint-Laurent, nado en Orán (Alxeria) o 1 de agosto de 1936 e finado o 1 de xuño de 2008 en París, foi un deseñador de moda francés, fundador da marca de roupa de alta costura homónima.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Con 18 anos entrou a traballar na firma Christian Dior, onde substituíu o propio Dior á fronte da súa firma dous anos despois, converténdose no modisto máis mozo da alta costura francesa. A súa carreira na sinatura Dior concluíu no ano 1960 cando foi chamado para cumprir co servizo militar francés.
En 1962 finalizou as súas obrigas coa milicia, e ao volver a París descobre que a casa Dior substituíralle por Marc Bohan, deseñador que se achegaba máis ao estilo ladylike que se buscaba. Saint-Laurent demandou á empresa por danos morais coa axuda do seu amigo Pierre Bergé, e co diñeiro recibido, mailo do empresario estadounidense Mack Robinson, creou a súa propia casa de costura. A primeira colección, Ligne Trapéze, dese mesmo ano, convértese nun éxito instantáneo.
As súas coleccións nos anos 60 salientan pola incorporación do smóking ao vestiario actual e a innovación en prét-a-porter feminino. Deseña decorados e vestiario para filmes e obras como Cyrano de Bergerac e A Pantera Rosa, e converte a Catherine Deneuve en icona de estilo e musa persoal.
A súa afección á arte lévalle a homenaxear a mestres como Piet Mondrian, Picasso e Braque, con vestidos que reproducen os seus motivos. Unha exposición na Coruña (febreiro de 2008) ilustraba esta influencia no seu traballo, reunindo os seus deseños xunto con obras de arte que os inspiraron.
Saint Laurent e Bergé reuniron unha importante colección de arte, ata que en data recente declararon que «cos prezos actuais, xa non podemos seguir comprando».
Cabe destacar que a imaxe e o logotipo da empresa encargouse o deseñador gráfico francés Cassandre, en uso hoxe en día.
Logros
[editar | editar a fonte]Pasou á historia como o primeiro deseñador de moda que expuxo nun museo, o Metropolitan Museum de Nova York. Anunciou a súa retirada do deseño en xaneiro de 2002.