Saltar ao contido

Zabrze

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaZabrze
Imaxe

Epónimosen valor Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 50°18′N 18°47′L / 50.3, 18.78
EstadoPolonia
VoivodatosVoivodato de Silesia Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Biskupice (en) Traducir (1927–)
Centrum Południe (en) Traducir
Centrum Północ (en) Traducir Editar o valor en Wikidata../... 21+
Poboación
Poboación156.935 (2021) Editar o valor en Wikidata (1.951,93 hab./km²)
Xeografía
Superficie80,4 km² Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creaciónséculo XIII Editar o valor en Wikidata
Evento clave
1 de outubro de 1922town privileges (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Santo padrónCamilo de Lelis Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Xefe do gobernoAgnieszka Rupniewska (en) Traducir (2024–) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal41-800 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Outro
Irmandado con
Sønderborg Municipality (en) Traducir
Rovereto (pt) Traducir
Sangerhausen (1983–)
Seclin (1987–)
concello de Lund (1990–)
Trnava (pt) Traducir (1995–)
Rivne (pt) Traducir (2001–)
Rotherham (pt) Traducir (2007–)
Sahla (2007–)
Essen (2015–) Editar o valor en Wikidata

Páxina webmiastozabrze.pl Editar o valor en Wikidata

Zabrze [ˈzabʒɛ] (en alemán Hindenburg) é unha cidade de Polonia, do voivodato de Silesia na parte sur do país, sita a uns 150 km ao sueste de Wrocław e arredor de 90 km ao noroeste de Cracovia. É un importante centro industrial (mineiría, siderurxia e maquinaria). A súa poboación, en xuño de 2007, era de 189.656 habitantes.

En 1242, o nome de Zabrze é mencionado por vez primeira na documentación. Nos séculos seguintes a localidade pertencería ao Estado de Piast, a Bohemia, aos Habsburgo e mais a Prusia.

Até 1873 Zabrze foi un concello rural pertencente ao distrito de Opole, na provincia prusiana de Silesia; tornouse por aquela na cabeceira dunha comarca que levaba o seu nome, degallada da comarca de Beuthen. Logo da disolución da provincia en novembro de 1919, o distrito de Opole formou unha provincia diferenciada co nome de Alta Silesia. Entre 1915 e 1945, Zabrze, que pertencía a Alemaña, levou o nome de Hindenburg O.S. (é dicir, Oberschlesien ou Alta Silesia), en homenaxe ao mariscal Hindenburg, nome que aínda é utilizado pola minoría alemá de Polonia.

O 1 de outubro de 1922 o antigo concello rural de Hindenburg O.S. recibiu o rango de cidade, consonte as regras estabelecidas o 30 de maio de 1853 para as seis provincias orientais do reino de Prusia. O 1 de xaneiro de 1927 a comarca de Hindenburg O.S foi derrogada e o concello urbano de Hindenburg O.S. conformou co resto da comarca unha nova comarca urbana, aínda que sen incluír o concello rural de Sosnitza.

Zabrze: rúa Wolnosci.

O 1 de abril de 1938 as antigas provincias prusianas da Baixa e da Alta Silesia foron reunificadas de novo nunha soa provincia de Silesia, mais para volver á antiga división outra vez, o 18 de xaneiro de 1941. Hindenburg O.S., entre tanto, xa non pertenceu ao distrito d'Opole, senón ao de Katowice e pasou a formar parte de novo da Alta Silesia.

Na primavera de 1945, a cidade foi ocupada polo Exército Vermello e foi traspasada moi logo á administración polaca.

O Gornik Zabrze é o equipo fútbol de Zabrze. Ten a mellor marca do campionato polaco que obtivo en 14 ocasións.