Saltar ao contido

medio

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Etimoloxía: do latín mediu(m).
  • Pronuncia: /ˈmeðjo̝/ (AFI)

Adxectivo

  1. A metade de algo.
    • Exemplo: Póñame medio quilo de fanecas, por favor.

    • Sinónimos: metade.
  2. Que se sitúe entre dúas posibilidades ou entre os extremos de algo.
    • Exemplo: O seu coñecemento de inglés non chega nin a un nivel medio.

Adverbio

  1. Non de todo.
    • Exemplo: Doutor, estou medio agripallado.

    • Exemplo: Quen do alacrán está picado, cóidese medio enterrado.

    • Sinónimos: parcialmente.

Substantivo masculino

  1. Punto situado no centro dun espazo.
  2. Acción ou útil que se necesita para facer algo.
    • Exemplo: A principal causa de morte nos países desenvolvidos é precisamente a falta de medios.

  3. Conxunto de circunstancias materiais, persoais, económicas, sociais, etc. que inflúen no desenvolvemento dunha persoa.
  4. Xogador que en determinados deportes ocupa unha posición entre a defensa e a dianteira.
  5. Recipiente usado en tempos para transporta-lo viño, dunha capacidade de entre 16 e 20 cabazos (cada cabazo son 15-20 litros).

Substantivo masculino plural

  1. Recursos, referidos ó capital.
  2. Conxunto de empresas dedicadas á transmisión de información e á formación de opinión.

Termos relacionados

Traducións