andreapolo

andreapolo

Favorite films

Don’t forget to select your favorite films!

Recent activity

All
  • Perfect Days

    ★★★★★

  • My Little Loves

    ★★★½

  • Artificial Justice

    ★★★

  • The Zone of Interest

    ★★★★

Recent reviews

More
  • Perfect Days

    Perfect Days

    ★★★★★

    creo que esta peli é a materialización das ideas de que a bo entendedor, poucas palabras bastan e de que unha imaxe vale máis que mil palabras.

    é cautivadora dende o minuto 1 case sen querer, e ten unha lectura moi profunda en canto a ética, precariedade, as siluetas das árbores e os propios mundos interiores dentro dun mundo moito máis grande.

    realmente nada do que diga vai poder condensar nin sequera un cuarto dos detalles bonitos que descansan nos silencios desta película porque, ao final, o silencio non se pode encher de palabras.

    é obrigatorio vela 💌

  • My Little Loves

    My Little Loves

    ★★★½

    a maneira na que trata a sexualidade é degradante e cosificadora, e de repente é tenra e fai que non entenda nada. o peor é que me gustou e o mellor que está en francés. esteticamente un 10 e en compendio un 7 porque non teño nada claro xa. que cousa máis rara

Popular reviews

More
  • Artificial Justice

    Artificial Justice

    ★★★

    O tema que plantexa é interesante, e creo que realmente non dista tanto da realidade. É entretida e rápida, non aburre. Non obstante, dá a sensación de que dá todo mascado ao espectador e non hai ningunha sorpresa, de maneira que resulta unha peli predecible e incluso plana. Creo que o final foi moi rápido co obxectivo de non alongar demasiado a peli, non me convenceu moito.

  • The Zone of Interest

    The Zone of Interest

    ★★★★

    a todas nos relataron o horror do holocausto e da segunda guerra mundial, pero nunca dende as escenas crueis e cotiás que para as familias nazis constituían unha realidade normal dentro da súa luxosa perversidade.

    si que é certo que en determinados momentos me tería gustado máis dinamismo na trama, pero está claro que non era o obxectivo. non a podería equiparar con ningunha película que vira antes.

Following

7