O filme é o nacemento dunha imaxe,
da escuridade á cor;
é a aparición da luz.
No seu tránsito circular, unha escolma de cadros preciosos:
pero non serán as candeas
nin o amencer dunha mañá
nin o esplendor dunha
Estrella,
os corpos que nos entreguen unha sorte de visión.
Coma se dunha batalla bressoniana se tratara,
na illa de S.Thala,
os sons e as imaxes vibran nun melancólico vaivén.
Entón vemos:
os ritmos en bucle dun pasodobre,
os círculos que…