Sexo. Política. Cine.
Tres piares fundamentais nos que se sostén a marabilla de Bertolucci, tres ao igual que as esquinas que forman o triangulo entre Matthew, Isabelle e Theo.
Bertolucci non se preocupa por darnos un sermón político sobre as revoltas do 68. Impórtalle mais falarnos duns pijos culturetas, que entenden a revolución coma un acto mais teórico ca práctico; que viven pechados no seu mundo, ata que un día espertan do seu soño para unirse á revolta.
O argumento…
Favorite films
Recent activity
AllRecent reviews
More-
The Dreamers 2003
-
Cinema Paradiso 1988
Sendo 100% obxectivos e sen deixarnos levar polas emocións, a película non é ningunha marabilla. Ten un guión cheo de trampas para facer saltar a lágrima fácil, cun estraño re-dobraxe en italiano dos propios actores. “Cinema Paradiso” é un melodrama manufacturado de doado impacto e feito para facerte chorar.
Pero hai sitios dabondo onde analizan esta película moito mellor do que eu o podo facer...A primeira vez que mirei “Cinema Paradiso” gustoume e ata diría que me chegou a…
Popular reviews
More-
Fire Will Come 2019
Á hora de ver unha película cada un enfronta o visionado de xeitos moi diferentes, o que nun principio nos pode emocionar a uns, pode resultarlle frio a outros; mentres uns poden sentirse reflexados nos protagonistas, outros os repudian e non chegan a ter ese vínculo con eles... Por estes motivos o cine é tan marabilloso, porque non existe a película perfecta nin tampouco o espectador perfecto. Non existen gustos por riba de outros, non existe o cinema de élite,…
-
The Place Beyond the Pines 2012
É difícil facer unha crítica dunha película que te deixa impactado deste xeito, cústame atopar as palabras para falar sobre a que considero é unha das obras mestras dos últimos anos.
Dende a escena inicial, cun espectacular plano secuencia, xa se pode aventurar o que virá nas posteriores dúas horas e media, que se quedan curtas para o que Derek Cianfrance nos quere contar.
Sen contar nada da trama principal, repleta de sorpresas que é mellor descubrir co visionado da…