Organización Política 3ºESO

Descargar como odt, pdf o txt
Descargar como odt, pdf o txt
Está en la página 1de 14

UNIDADE: 1

A ORGANIZACIÓN POLÍTICA DAS SOCIEDADES. ORGANISMOS


SUPRANACIONAIS:
UE e ONU

1. Concepto de estado.
O mundo organízase en estados, que é a organización que exerce o su poder
sobre un territorio delimitado por fronteiras, recoñecido internacionalmente e onde
os habitantes están sometidos a súa autoridade conforme as súas leis.
Actualmente existen 193 estado recoñecidos.
(https://animalderuta.files.wordpress.com/2014/02/map-world-flag.jpg

Non significa o mesmo estado/país que nación/pobo. País e pobo fan referencia a
grupos de poboadores vinculados entre si pola mesma tradición, relixión, lingua,
historia, cultura etc. (Ex. Pobo galego, queixo do país...)
que poden chegar ou non a formar un estado. Porén hai pobos e países que están
repartidos entre varios estados. (Ex. Kurdos, vascos...)
Mapa kurdos: https://images.app.goo.gl/xaWE5Dybr5tACWB47

1.1. As funcións do estado


Os estados cumpren unha serie de funcións, e faino a través de institucións.
1.2 Clasificación dos estados

1.2.1. Os estados segundo a súa xefatura do estado


Os estados contan cun xefe que pode ser un rei (monarquía) ou un presidente da
república. Entre as súas funcións están as de representar ao estado no contexto
internacional.
MONARQUÍAS:

O xefe do Estado é un rei/raíña que posúe o cargo por nacemento e o transmite


aos descendentes Na actualidade hay dous tipos de monarquía:
A._Monarquía constitucional:
O rei participa no goberno segundo o que determina a Constitución (ten certas
funcións executivas). (Ex. Marrocos)
B._Monarquía parlamentaria:
O rei non exerce acción de Goberno só é xefe do estado (Ex. España)

REPÚBLICAS:

O xefe do Estado é un presidente elixido por sufraxio. Os modelos principais son:


A._República parlamentaria:
O xefe do Estado é elixido polo Parlamento e non coincide co xefe de goberno.
(Ex.Alemaña)
B._República presidencialista:
O xefe do Estado coincide co xefe de goberno. (Ex. EE.UU.)

1.2.2. O Estado segundo a organización política:

Segundo a organización política, distinguimos entre estados con democracia e os


que son ditaduras.

As democracias
A democracia é o sistema político no que o poder non o ten soamente unha
persoa, senón que pertence a todos os cidadáns (soberanía nacional) e o exercita
a través do voto (sufraxio). Actualmente, menos da metade da poboación mundial
vive baixo unha democracia.
A democracia tamén garante a liberdade e a igualdade ante as leis de todos os
habitantes dese estado/país. Ninguén está por enriba da lei (nin sequera o xefe do
estado), sendo a lei suprema a constitución, que recolle os dereitos e as obrigas
dos cidadáns e que é aprobada por estes.
Para que a democracia funcione ten que haber unha separación de poderes:
Os cidadáns elixen ao poder lexislativo (unicameral ou bicameral) nas eleccións.
Este é o poder máis importante porque é o que aproba as leis que o goberno debe
respectar (poder executivo) e as que o poder xudicial vixían o seu cumprimento.
● O lexislativo está composto dos representantes elixidos polo pobo. Os
representantes organízanse en partidos políticos de diferentes ideoloxías.
● O executivo fórmao o presidente do goberno (a veces é o mesmo que o
xefe do estado ) e os seus ministros. Goberna e administra o o estado de
acordo as leis e orzamentos aprobados polo lexislativo.
● O xudicial o forman os tribunais de xustiza (xuíces) e vixía que as leis sexan
cumpridas, no caso de que non fora así, xulga as persoas sospeitosas
respectando os seus dereitos de acordo á lei aprobada polo lexislativo.
As ditaduras

Son o sistema político no que os cidadáns non teñen ningún poder, xa que todos
os poderes do estado están na man dunha soa o un grupo de persoas.
● Os poderes do Estado están en mans dunha persona ou grupo.
● Os cidadáns non participan no goberno.
● A toma do poder soa ser por medios violentos (revolución, golpe de
estado…).
● Non se respectan os dereitos humanos.
● Non hai institucións que defendan aos cidadáns cando os seus dereitos
son vulnerados.
● A represión por parte do goberno é asidua para eliminar á oposición.
●Tamén existen as “falsas democracias” ou ditaduras encubertas nas que se
convocan eleccións pero non son nin libres, nin periódicas, nin plurais.

1.2.3. Os estados segundo a súa organización territorial

A organización territorial do é a relación que existe entre o Estado e o conxunto de


unidades menores que o forman.
Os estados poden ser:

• Unitarios (centralizado) (Ex. Francia)


• Federais e autonómicos (descentralizado) (Ex. EE.UU.)
• Confederais (descentralizado) (Ex. Suiza)
1.2.4. Segundo o papel que ocupa a relixión os estados poden ser:

A._LAICOS
• - Hai separación entre relixión e Estado.
• - Os cidadáns poden profesar a relixión que desexen ou ningunha.
B._CONFESIONAIS
• - Existe unha relixión oficial con amplos privilexios
• - Poden admitirse ou non a práctica doutras relixións
C._TEOCRÁTICOS
• - Hai unha soa relixión oficial
• -As leis están baseadas nos preceptos e libros relixiosos

1.2.5.Algúns tipos especiais de Estado

• ESTADO FRUSTRADO: Son Estados que presentan un baleiro de poder


que lles impide protexer aos seus cidadáns e territorio. Son inseguros, non
garanten os servizos básicos nin se relacionan con outros Estados, ademais
de presentar altos niveis de corrupción e gobernos febles e estruturas non
legais que substitúen as atribucións do estado (mafias, maras, piratería,
paramilitares...)
• ESTADO DE BENESTAR ou SOCIAL: Ademais de manter a orde, a
defensa do territorio e establecer relacións internacionais, interveñen na
economía e proporcionan servizos básicos á poboación para garantir que
tódolos cidadáns teñan un mínimo de calidade de vida (sanidade, educación,
vivenda, atención a exclusión...) No estado de benestar, co diñeiro dos
impostos pagados polos cidadáns, o Estado proporciona:
• Servizos públicos…..
• Outorgan subvencións e subsidios……
• Establecen un sistema de pensións

1.3.Relacións e cooperación entre Estados.

Os estados establecen normalmente relacións pacíficas que se manifestan en:


• Contactos diplomáticos (embaixadas, consulados, tratados, visitas de
estado...)
• Intercambios económicos (acordos económicos)
• Movementos de poboación
• Relacións culturais

Estas relacións están reguladas polo Dereito Internacional e están supervisadas


por organizacións internacionais mundiais (ONU) e rexionais (UE)

1.4.Conflitos dentro do estado e entre estados:


Cando os conflitos entre estados non se solucionan poden acabar en GUERRAS
INTERNACIONAIS, cando os conflitos xurden dentro do propio estado poden
acabar en GUERRAS CIVÍS.

2.O CASO ESPAÑOL

España é un estado descentralizado, porque se ben a administración central ten


certas competencias (por exemplo defensa, xustiza, relacións internacionais, redes
de transporte que percorren varias CC.AA, etc…), outras moitas son competencias
de cada Comunidade Autónoma, por exemplo a sanidade e a educación,
segundo a Constitución e os estatutos de autonomía.
En España as unidades territoriais son os municipios (concellos), provincias,
Comunidades Autónomas (CC.AA). Estas son as encargadas de organizar e
administrar o seu territorio.
ESTADO

ESPAÑOL: España é un estado social e democrático de Dereito (art. 1. tit.


Preliminar, Constitución 1978)
Principais institucións
Xefatura do Poder Poder Poder xudicial:
Estado: lexislativo: executivo:
Coroa: Felipe VI Cortes Xerais Goberno Tribunais e xulgados
España é Congreso: - Xuíces e maxistrados
unha monarquía Formado por - Presidente independentes e
parlamentaria 300-400 (nomeado sometidos
deputados polo Congreso) á lei.
elixidos por - - Tribunal Supremo con
sufraxio Vicepresidentes xurisdicción en todo o
universal por - Ministros territorio nacional.
provincias cada (nomeados - Tribunal
4 anos por presidente) Constitucional
Senado:
Elixidos por
sufraxio e
representa ás
provincias e ás
CC.AA:
Funcións: O rei Funcións: Funcións: Función:
cumpre - Elaborar leis - Dirixir política Facer cumprir as leis
funcións - Aprobar interior e
simbólicas, orzamentos. exterior.
moderadoras e - Control do - Dirixir
diplomáticas Goberno administración
- Elixir civil, militar e a
presidente do defensa
goberno do Estado.
- Gobernar
segundo a
Constitución e
as leis.
3. A Unión Europea (UE):

3.1. Que é a UE?

É unha unión económica e política da maioría dos países de Europa cuxa capital
está en Bruxelas. Naceu no ano 1957 (Tratado de Roma), nunha Europa que
estaba a recuperarse da devastación da Segunda Guerra Mundial. Os obxectivos
da súa creación foron :
● Crear unha unión dos países europeos para evitar enfrontamentos tan graves
entre os países europeos.
● Poder competir de xeito unido contra as dúas grandes potencias de aqueles
momentos, EE.UU e a Unión Soviética.
Na actualidade componse de 27 países, España ingresou no ano 1986.

3.2. Cales son obxectivos da UE?:

● Promover o progreso económico e social. Isto significa que defende que as


persoas da unión teñan un axeitado e equilibrado nivel económico, por iso a UE
axuda a países membros menos desenvolvidos dándolles diñeiro para mellorar su
economía, non existen aranceis entre eles e ten un arancel común con países
alleos a UE.
Este obxectivo inclúe tamén que os cidadáns sexan tratados xustamente e que as
empresas compitan en igualdade de condicións. Por esta razón existen tribunais
europeos aos que se pode apelar por enriba dos do propio país.
● Falar cunha soa voz nos escenarios internacionais, xa que traballando como
un grupo unido, será más escoitado e terá máis influencia no mundo.
● Establecer a cidadanía europea. Calquera persoa pode viaxar, vivir e traballar
noutros países membros.
● Desde o punto de vista económico, non hai aranceis entre membros e ademais
hai unha moeda común para facilitar o comercio (o euro) que es emitida polo
Banco Central Europeo.
Para levar a cabo todos estes obxectivos, o Parlamento da UE, elixido por todos os
cidadáns, realiza unha serie de leis (directivas europeas) cuxas disposicións deben
ser incluídas nas leis dos países membros.

4. A ONU (Organización das Nacións Unidas)

4.1. Que é a ONU?

A ONU é unha organización internacional


formada por 193 países independentes.
Estes reúnense libremente para traballar
xuntos en favor da paz e a seguridade dos
pobos, así como para loitar contra a pobreza e
a inxustiza no mundo. Creouse en 1945, para
evitar unha nova guerra mundial, partindo da
idea que o diálogo e a xustiza social beneficia a consecución da paz no mundo.
Aínda que a ONU non ten seu propio exército, si ten forzas de mantemento da paz
que son subministradas polos estados membros e que son despregados en
calquera lugar do mundo onde a paz sexa fráxil. Reciben o nome de “Cascos
Azuis”.

4.2. Estrutura da OUN

• Secretario Xeral
• Asemblea Xeral
• Consello de Seguridade

4.3. Organismos da UNU


• UNICEF é un programa para a protección da infancia.

• A OMS (Organización mundial da saúde) encárgase


de coordinar mundialmente medidas sanitarias.

• O PMA (Programa mundial de alimentos),


presta axuda a millóns de persoas
vítimas dos desastres.

• A FAO (A Organización das Nacións Unidas para a


Agricultura e a Alimentación) axuda aos agricultores e
gandeiros a garantir a alimentación dos pobos, a
restablecer a produción tras inundacións, epidemias que
afecten ao gando e emerxencias similares.

• UNESCO: Axencia que coida a cultura


• ACNUR: Atención ós refuxiados por guerras ou desastres naturais.

Non hai que esquecer o acordo da ONU dos ODS para a Axenda 2030.

También podría gustarte