La Leccion 12 Carillas
La Leccion 12 Carillas
La Leccion 12 Carillas
DECORADO
Gabinete de traballo, que serve tamén de comedor, do vello profesor. Á esquerda da escena,
unha porta que comunica coas escaleiras do edificio; ao fondo, à dereita da escena, outra
porta que leva a un corredor do departamento. No fondo, un pouco á esquerda, unha xanela
non demasiado grande, con cortinas sinxelas; na marxe exterior da xanela, testos con flores
vulgares. Vense, ao lonxe, unhas casas baixas con tellados vermellos:
A pequena cidade. O ceo é azul grisallo. Á dereita, un aparador rústico. A mesa, que está no
medio do cuarto, úsase tamén como escritorio. Arredor dela tres cadeiras, outras dúas a
ambos os lados da xanela; tapizaría clara. Hai algúns estantes con libros.
Ao se erguer o pano, a escena ficará baleira durante un bo momento. Logo, escóitase o
timbre da porta de entrada e despois, entre bastidores a:
VOZ DA SERVENTA
Si. Xa vou.
No intre aparece en escena a Serventa que baixou correndo as escaleiras. É unha muller
corpulenta, de 45 ou 50 anos de idade, coloradota e cunha cofia campesiña.
Entra como un furacán e fai bater a porta da dereita tras de si. Enxuga as mans no mandil e
vai correndo cara á porta da esquerda, ao tempo que se escoita por segunda vez o timbre.
A SERVENTA
Paciencia. Xa vou. (Abre a porta. Aparece a alumna, unha rapaza duns 18 anos. Mandilón
gris, pequeno colo branco e unha carteira baixo do brazo) Bo día, señorita. A ALUMNA
Bo día, señora. ¿O profesor está na casa? A SERVENTA
¿É para a lección?
A ALUMNA
É, señora.
A SERVENTA
Está esperando por vostede. Sente un momento, vouno chamar.
A ALUMNA
Gracias, señora. (Senta xunto á mesa, cara ao público, a súa esquerda, a porta da entrada,
dalle as costas á outra porta pola que, apresuradamente, sae a Serventa, que chama:)
A SERVENTA
Señor, baixe, por favor. Chegou a súa alumna
Carilla 2
.
VOZ DO PROFESOR
(Algo feble) Gracias. Baixo en... dous minutos.
A serventa sae; a Alumna coas pernas recollidas, a carteira sobre os xeonllos, espera de
xeito cortés. Bota unha ou dúas olladas ao cuarto, aos móbeis e tamén ao teito; logo tira da
súa carteira un caderno do que vai mirando as follas e de- tense máis tempo nunha das
páxinas, ben para repasar a lección, ben para dar unha última ollada aos seus deberes
Semella unha rapaza afábel, educada, pero moi vivaz, alegre e dinámica; cun sorrir fresco
nos labios. Ao longo do drama que se vai representar, diminuirá progresivamente o ritmo
vivo dos seus movementos, do seu aspecto, e abandonará a súa apostura; pasará
progresivamente de alegre e sorrinte a triste e taciturna; moi animada ao principio,
mostrarase cada vez máis fatigada e somnolenta. Cara ao final do drama exteriorizarase
claramente na súa face unha depresión nerviosa; advertirase na súa maneira de falar, a súa
lingua farase pastosa, as palabras acudirán con dificultade á súa memoria e sairán da súa
boca tamén con dificultade Semellará lixeiramente paralizada, con principios de afasia.
Voluntariosa ao comezo, desde parecer case agresiva, farase cada vez máis pasiva, ata non
ser máis que un obxecto mol e inerte, aparentemente inanimado, entre as mans do profesor,
de xeito que no momento en que este fixer o xesto final, a Alumna non reaccionará;
insensibilizada, non terá reflexos; só os seus ollos, nunha face inmóbil, expresarán un
asombro e un pavor indicíbeis. O paso dun comportamento ao outro farase, por suposto,
insensibelmente. Entra o Profesor. É un velliño de barbicha branca; leva lentes, un barrete
negro, longa camisa negra de mestre de escola, pantalóns e zapatos negros, colo postizo
branco e gravata negra. Excesivamente cortés, moi tímido, coa voz
Carilla 3
amortecida pola timidez, moi correcto, moi profesor. Frega constantemente as mans; ás
veces ten un brillo lascivo nos ollos, rapidamente reprimido.
No decurso do drama, a súa timidez desaparecerá progresivamente, insensibelmente; os
brillos lascivos dos seus ollos terminarán converténdose nunha lapa devoradora,
ininterrompida. De aspecto máis que inofensivo ao comezo da acción, o Profesor mostrarase
cada vez máis seguro de si mes- mo, nervioso, agresivo, dominador, ata facer o que quere
coa súa alumna, convertida, entre as súas mans, nun pobre obxecto. Evidentemente, a voz
do Profesor, feble e delicada, transformarase nunha voz cada vez máis forte e, ao final, será
extremadamente potente, ruidosa e sonora como un clarín, mentres que a voz da Alumna se
fará case inaudíbel, deixando de ter aquela voz clara e timbrada do comezo do drama. Nas
primeiras escenas, o Profesor tatexara, moi lixeiramente, se acaso.
O PROFESOR
Bo día, señorita... ¿Vostede é, vostede é a nova alumna, non si? A ALUMNA umba UNCIP
(Vólvese vivamente con moita desenvoltura como paza de mundo; levantase, vai cara ao
Profesor e dalle a man) Son, si señor. Bo día, señor. Como pode comprobar, son puntual.
Non quixen retrasarme.
PROFESOR
Está ben, señorita. Gracias, mais non tiña por que se apresurar. Non sei cómo desculparme
por facela esperar... Terminaba xustamente... de... Desculpe... Vostede perdoará.
A ALUMNA
Non é necesario, señor. Non teño nada que perdoar, señor.
O PROFESOR
Desculpe... ¿Custoulle traballo dar coa casa?
A ALUMNA
Non... En absoluto. Preguntei por ela. Aquí todo o mundo o coñece.
PROFESOR
Hai trinta anos que vivo nesta cidade. ¡Vostede aínda leva pouco tempo! ¿Gústalle?
A ALUMNA
Non me desagrada en absoluto. É unha cidade fermosa, agradábel, cun bonito parque, un
colexio para int
Carilla 4
ernos, un bispo, bos comercios, rúas, avenidas...
O PROFESOR
Así é, señorita. Non obstante, tamén me gustaría vivir noutra parte. En París ou, polo menos,
en Burdeos.
A ALUMNA
¿Gústalle Burdeos?
O PROFESOR
Non o sei. Non o coñezo.
A ALUMNA
¿Entón coñece París?
O PROFESOR
O Tampouco, señorita, mais se mo permite, ¿poderíame dicir, París é a capital de... señorita?
A ALUMNA
(Pensa un instante, logo feliz por sabelo) París é a capital de... ¿Francia?
O PROFESOR
Iso é, señorita, bravo, moi ben, perfecto. Felicítoa. Coñece vostede perfectamente a xeografía
nacional, as súas capitais.
A ALUMNA
¡Oh! Aínda non as coñezo todas, señor, non é tan sinxelo; cústame moito aprendelas.
O PROFESOR
¡Oh! Xa as aprenderá... Ánimo... señorita... Desculpe... pa- ciencia..., pouco a pouco... Xa verá
como as aprende... Ho xe vai bo tempo... aínda que non de todo... ¡Oh!, si, a pesar de todo... En
fin, non vai un tempo demasiado ruín e iso é o que conta... Non chove, non neva...
A ALUMNA
Iso sería asombroso, estamos no verán.
O PROFESOR
Desculpe, señorita, íallo dicir eu... mais xa irá descubrindo que todo é posíbel.
A ALUMNA
Evidentemente, señor.
O PROFESOR
Neste mundo, señorita, non podemos estar seguros de nada.
A ALUMNA
A neve cae no inverno. O inverno é unha das catro esta- cións. As outras tres son... son... a
pri...
O PROFESOR
¿Si?
A ALUMNA
...mavera, e logo o verán... e... e...
O PROFESOR
Comeza como outeiro..., señorita.
A ALUMNA
Ah, si, outono...
O PROFESOR
Iso é, señorita, moi ben contestado, perfecto. Teño a seguridade de que será unha magnífica
alumna. Progresará. É intelixente, parece instruída e ten boa memoria.
A ALUMNA
Sei as estacións, ¿non é certo, señor?
O PROFESOR
Por suposto, señorita... ou case. Mais xa aprenderá. De calquera modo, xa é dabondo.
Vostede saberá todas as
Carilla 5
estacións cos ollos cerrados, o mesmo ca min.
A ALUMNA
É difícil.
O PROFESOR
Oh, non. Abonda cun pequeno esforzo e con boa vontade, señorita. Xa verá. Iso chegará,
estea segura.
A ALUMNA
Oh, xa me gustaría, señor. Teño tanta sede de instrución. Os meus pais tamén desexan que
profunde nos meus coñecementos. Queren que me especialice. Consideran que unha
pequena cultura xeral, por sólida que sexa, non é dabondo para os tempos que estamos a
vivir.
O PROFESOR
Os seus pais, señorita, teñen toda a razón. Debe proseguir os estudios, Perdoe que llo diga,
mais é unha cousa necesaria. A vida contemporánea fíxose moi complexa.
A ALUMNA
E moi complicada… Os meus pais son bastante ricos, niso teño sorte. Poderán axudarme a
traballar, a facer estudios moi superiores.
O PROFESOR
E vostede queríase presentar…
A ALUMNA
O máis axiña posíbel, ao primeiro exame de doutorado. É dentro de tres semanas.
O PROFESOR
Se non lle molesta a pregunta, ¿fixo xa o bacharelato?
A ALUMNA
Fixen, señor, eu son bacharel en ciencias e bacharel en letras.
O PROFESOR
Oh, está moi adiantada, mesmo demasiado adiantada para a súa idade. ¿E en que se quere
doutorar, en ciencias materiais ou en filosofía normal?
A ALUMNA
Aos meus pais gustaríalles, se vostede considera que é posíbel logralo en tan pouco tempo,
que obtivese o doutorado total.
O PROFESOR
O doutorado total?... É vostede moi valente, señorita. Felicítoa sinceramente, Procuraremos,
señorita, facer o que estea nas nosas mans. Por outra banda, xa ten coñecementos dabondo,
a pesar dos seus poucos anos.
A ALUMNA
Oh, señor.
O PROFESOR
Entón, se vostede mo permitir, e prégolle que me desculpe, direille que cómpre pórse a
traballar. Non hai tempo que perder.
A ALUMNA
Ao contrario, señor, eu tamén o desexo. E mesmo rógolle que o fagamos.
O PROFESOR
Entón p
Carilla 6
odo rogarlle que sente?... aí... ¿Permitiríame, señorita, se non lle importa, que me sente
fronte a vostede?
A ALUMNA
Por suposto, señor. Rógolle que o faga.
O PROFESOR
Moitas gracias, señorita. (Sentan á mesa, un fronte do outro, de perfil á sala). Ben. Ten os
seus libros, os seus cadernos?
A ALUMNA
(Tirando os cadernos e os libros da súa carteira.) Teño, si señor. Por suposto, teño aquí todo
o necesario.
O PROFESOR
Perfecto, señorita. Perfecto. Entón, se non lle molesta... Podemos comezar?
A ALUMNA
Podemos, señor. Á súa disposición, señor.
O PROFESOR
Á miña disposición?... (Brillo nos ollos axiña extinguido e un xesto que reprime) Oh,
señorita, son eu o que está á súa disposición. Non son máis que o seu servidor.
A ALUMNA
Oh, señor...
O PROFESOR
Se vostede quixer... entón... nós... nós... eu... eu comezarei facendo un pequeno exame dos
seus coñecementos pasados e presentes co fin de abrir o camiño futuro... Ben. ¿Como vai a
súa percepción da pluralidade?
A ALUMNA
É bastante vaga... confusa.
PROFESOR
Ben. Vexámolo (Frega as mans. A Serventa entra, o que parece alporizar o Profesor vai cara
ao aparador e busca algunha cousa, con lentitude.)
O PROFESOR
Vexamos, señorita. ¿Quere que fagamos un pouco de aritmética, se non lle importa?...
A ALUMNA
Fagamos, señor. Realmente, non desexo outra cousa.
O PROFESOR
É unha ciencia bastante nova, unha ciencia moderna, falan- do con propiedade é máis ben
un método que unha ciencia... É tamén unha terapéutica. (A Serventa) (Aínda non re matou,
María?
A SERVENTA
Si, señor, xa encontrei o prato. Voume...
O PROFESOR
Apure. Vaia para a súa cociña, por favor.
A SERVENTA
Si, señor. Xa me vou. (Falsa saída da Serventa) Disimule, señor, mais vaia a modiño.
Recoméndolle calma.
O PROFESOR
Non sexa ridícula, María. Non se preocupe.
A SERVENTA
Carilla 7
Sempre di o mesmo.
O PROFESOR
Non admito as súas insinuacións. Sei perfectamente cómo debo comportarme. Xa teño anos
dabondo.
A SERVENTA
Xustamente, señor. Faría moito mellor non comezando pola aritmética coa señorita. A
aritmética fatiga, enerva, O
PROFESOR
Non á miña idade. Ademais, ¿por que non se mete nos seus asuntos? Isto é cousa miña. Sei o
que teño de facer. O seu sitio non está aquí.
A SERVENTA
Está ben, señor. Logo non diga que non llo advertín
O PROFESOR
María, eu non preciso dos seus consellos.
A SERVENTA
Como guste, señor. (Sae.)
O PROFESOR
Perdóeme, señorita, por esta estúpida interrupción... Desculpe esa muller. Constantemente
teme que me fatigue. Preocúpase pola miña saúde.
A ALUMNA
Oh, non ten de que se desculpar, señor. Iso proba que se sacrifica por vostede. Quéreo ben.
Hoxe non abundan as serventas leais.
O PROFESOR
Excédese. O seu temor é ridículo. Insistamos na aritmética.
A ALUMNA
Sígoo, señor.
O PROFESOR
(Enxeñoso) A pesar de que segue sentada.
A ALUMNA
(Percibindo a broma) Coma vostede, señor.
O PROFESOR Ben. Aritmeticemos un pouco.
A ALUMNA Con moito gusto, señor.
O PROFESOR ¿Non lle importa dicirme....?
A ALUMNA En absoluto, señor, continúe.
O PROFESOR ¿Cantos son un e un?
A ALUMNA
Un e un son dous.
O PROFESOR
(Marabillado da sabenza da alumna) Oh, moi ben. Parece moi adiantada nos seus estudios.
Obterá facilmente o dou- torado total, señorita.
A ALUMNA
Alégrome moito. Sobre todo porque é vostede quen o di.
O PROFESOR Prosigamos
¿Cantos son dous e un?
A ALUMNA
Tres.
O PROFESOR
Tres e un?
A ALUMNA
Catro.
O PROFESOR
¿Catro e un?
A ALUMNA
Cinco.
O PROFESOR
¿Cinco e un?
A ALUMNA
Seis.
O PROFESOR
¿Seis e un?
A ALUMNA
Sete.
O PROFESOR
¿Sete e un?
A ALUMNA
Oito.
O PROFESOR
¿Sete e un?
A ALUMNA
Oito... bis.
O PROFESOR
Moi ben conte
Carilla 8
stado. ¿Sete e un?
A ALUMNA
Oito triplicado.
O PROFESOR
Perfecto. Excelente. ¿Sete e un?
A ALUMNA
Oito cua ter. E ás veces nove.
O PROFESOR
Magnífica. É vostede magnífica. É vostede exquisita. Felicítoa calorosamente, señorita. Non
paga a pena continuar- mos. No que atinxe a suma é vostede maxistral. Vexamos na resta.
Dígame, soamente, se é que non vai esgotada, ¿cantos son catro menos tres?
A ALUMNA
¿Catro menos tres?... ¿Catro menos tres?
O PROFESOR
Iso é. É dicir, tire tres de catro.
A ALUMNA
Iso fai... ¿sete?
O PROFESOR
Perdoe que me vexa obrigado a contradicila. Catro menos tres non son sete. Está
confundida: catro máis tres son sete, pero catro menos tres non son sete... Agora non se
trata de sumar, senón de restar.
A ALUMNA
(Facendo un esforzo para comprender.) Si... Si...
O PROFESOR
Catro menos tres son... ¿Canto?... ¿Canto?
A ALUMNA
¿Catro?
O PROFESOR
Non, señorita, non é iso.
A ALUMNA
Tres, entón.
O PROFESOR
Tampouco, señorita... Perdón, mais debo dicirllo... Esa non é a resposta... desculpe.
A ALUMNA
Catro menos tres... Catro menos tres... ¿Catro menos tres? ¿Non son dez?
O PROFESOR
Oh, en absoluto, señorita, mais non se trata de adiviñar, senón de razoar. Procuremos
deducilo xuntos. ¿Quere vostede de contar?
A ALUMNA
Quero, si señor. Un..., dous..., eh....
O PROFESOR
Sabe contar ben? ¿Ata que cantidade sabe vostede contar!
A ALUMNA
Podo contar… ata o infinito,
O PROFESOR
Iso non é posíbel, señorita.
A ALUMNA
Entón digamos ata dezaseis.
O PROFESOR
Abonda con iso. Cómpre saberse limitar. Conte logo, por favor, rógollo.
A ALUMNA
Un…, dous…, e despois do dous, vén o tres…, o catro…
O PROFESOR
Un momento, señorita. ¿Que número é maior, o tres ou o catro?
A ALUMNA
Ehm… ¿tres ou catro? ¿Cal é o maior? ¿Tres ou catroo maior en que sentido?
O PROFESOR
Hai
Carilla 9
números máis pequenos e números máis grandes. Nos números máis grandes hai máis
unidades que nos peque nos…
A ALUMNA
¿Que nos números pequenos?
O PROFESOR
A non ser que os pequenos teñan unidades menores. Se son moi pequenas, é posíbel que
haxa máis unidades nos números pequenos que nos grandes… Se se trata doutras
unidades…
A ALUMNA
¿Nese caso os números pequenos poden ser maiores que os grandes?
O PROFESOR
Deixemos iso. Levaríanos demasiado lonxe. Saiba unicamente que non só hai números, hai
tamén magnitudes las, sumas, hai grupos, hai montóns de outras cousas tales como cirolas,
coches, parrulos, cogombros, etc. Supoñamos simplemente, para facilitar o noso traballo,
que non temos máis que números iguais, os maiores serán os que tiveren máis unidades
iguais.
A ALUMNA
¿O que tiver máis será o máis grande? Agora comprendo, señor, vostede identifica a calidade
coa cantidade.
O PROFESOR
Iso é demasiado teórico, señorita, demasiado teórico. Non debe preocuparse por esas
cousas. Tomemos o noso exemplo e razoemos sobre ese caso concreto. Deixemos para máis
tarde as conclusións xerais. Nós tiñamos o número catro e o número tres, cada un deles cun
número igual de unidades, que número será maior, o número máis pequeno ou o número
máis grande?
A ALUMNA
Descúlpeme, señor… Que entende vostede por número maior? ¿É aquel que vén sendo
menos pequeno que o outro?
O PROFESOR
Xusto, señorita, perfecto. Comprendeume moi ben.
A ALUMNA
Logo é o catro.
O PROFESOR
Que é o catro? Maior ou menor que tres?
A ALUMNA
Menor… non, maior.
O PROFESOR
Excelente resposta. ¿Cantas unidades hai entre o tres e o catro?... ¿ou ben entre o catro e o
tres, se así o prefire?
A ALUMNA
Non hai unidades, señor, entre o tres e o catro. O catro vén inmediatamente despois do tres;
polo tanto, ¡non hai nada entr
Carilla 10
e o tres e o catro!
O PROFESOR
Expliqueime mal. É culpa miña, sen dúbida. Non fun claro dabondo.
A ALUMNA
Non señor, a culpa é miña.
O PROFESOR
Atenda. Aquí temos tres mistos. Aquí outro máis, catro en total. Agora repare: vostede ten
catro, retirolle un, cantos lle quedan?
Non se ven os mistos, nin ningún outro dos obxectos dos que fala. O Profesor levantarase da
mesa, escribirá nun encera do inexistente cun xiz inexistente, etc.
A ALUMNA
Cinco. Se tres e un suman catro, catro e un suman cinco.
O PROFESOR
Non é iso. Non é iso en absoluto. Vostede é propensa a sumar. Mais tamén cómpre restar.
Non só é necesario integrar, cómpre tamén desintegrar. Iso é a vida. Iso é a filosofía. Iso é a
ciencia. Iso é o progreso, a civilización.
A ALUMNA
Si, señor.
O PROFESOR
Volvamos aos nosos mistos. Teño, polo tanto, catro. Como pode comprobar son catro. Tiro
un e quedan…
A ALUMNA
Non o sei, señor.
O PROFESOR
Veña, reflexione. Admito que non é fácil; non obstante, vostede ten tamén cultura dabondo
para facer o esforzo intelectual necesario e chegar a comprender. ¿Entón?
A ALUMNA
Non caio na conta, señor. Non o sei, señor.
O PROFESOR
Busquemos exemplos máis sinxelos. Se vostede tivese dous narices e eu lle arrincase un…
¿cantos lle quedarían?
A ALUMNA
Ningún.
O PROFESOR
Como que ningún?
A ALUMNA
Claro, porque vostede non me arrincou ningún, xa que aín- da o teño comigo. Se mo
arrincase, agora non o tería.
O PROFESOR
Non comprendeu o meu exemplo. Supoña que non ten mais que unha orella.
A ALUMNA
Si, e que?
O PROFESOR
Eu engádolle outra. ¿Cantas tería entón?
A ALUMNA
Dúas.
O PROFESOR
De acordo. ¿E se lle engado outra máis, cantas tería?
A ALUMNA
Tres orellas.
O PROFESOR
Tírolle unha… ¿cantas lle quedan?
A ALUMNA
Dúas.
O PROFESOR
Moi ben. Tírolle outra máis. ¿Cantas quedan?
A ALUM
Carilla 11
NA
Dúas.
O PROFESOR
Non, vostede ten dúas, eu tírolle unha, pápolle unha, cantas lle quedan?
A ALUMNA
Dúas.
O PROFESOR
Eu pápolle unha… unha.
A ALUMNA
Dúas.
O PROFESOR
Unha.
A ALUMNA
Dúas.
O PROFESOR
Unha!
A ALUMNA
Dúas!
O PROFESOR
Unha!!!
A ALUMNA
Dúas!!!
O PROFESOR
Unha!!!
A ALUMNA
Dúas!!!
O PROFESOR
Unha!!!
A ALUMNA
¡¡¡Dúas!!!
O PROFESOR
Non. Non. Non é iso. O exemplo non é… non é convincente. Escoite.
A ALUMNA
Escóitoo, señor.
O PROFESOR
Vostede ten… vostede ten… vostede ten…
A ALUMNA
¡Dez dedos!...
O PROFESOR
Como vostede queira. Perfecto. Vostede ten, pois, dez de- dos. A ALUMNA
Teño, sí señor.
O PROFESOR
¿Cantos tería se tivese cinco?
A ALUMNA
Dez, señor. O PROFESOR ¡Non é así!
A ALUMNA
É, señor.
O PROFESOR
Dígolle que non!
A ALUMNA
Vostede díxome que tiña dez…
O PROFESOR
Mais logo díxenlle que tiña cinco,
A ALUMNA
¡Non teño cinco, teño dez!
O PROFESOR
Procedamos doutro xeito… Limitémonos aos números do un ao cinco para a resta… Espere,
señorita, verá. Fareillo comprender. (O Profesor escribe nun encerado imaxinario. Achégallo
á alumna que se volve para o ollar.) Mire, señorita… (Fai que debuxa un pauciño… debaixo a
cifra 1; logo, dous pauciños e baixo deles, escribe a cifra 2; a seguir tres pauciños e debaixo a
cifra 3; por último, catro pauciños, baixo dos cales escribe a cifra 4.) Ve vostede….
A ALUMNA
Si, señor.
O PROFESOR
Son pauciños, señorita, pauciños. Aquí hai un pauciño; aquí dous pauciños; aquí, tres
pauciños, logo catro pauciños e despois cinco pauciños. Un pauciño, dous pauciños, tres
pauciños, catro e cinco pauciños, son números. Cando se contan os pauciños, cada pauciño é
unha unidade, señori- ta… Que acabo de dicir?
A ALUMNA
“Unha unidade, señorita! Que acabo de dicir?”
O PROFESOR
¡Ou cifras ou números! Un, dous, tres, catro, ci
Carilla 12
nco, son os elementos da numeración, señorita.
A ALUMNA
(Sen moita seguridade.) Son, si señor. Elementos, cifras, que son pauciños, unidades e
números….
O PROFESOR
Ao mesmo tempo… É dicir que, en definitiva, toda a aritmética está niso.
A ALUMNA
Está, si señor. Ben, señor. Gracias, señor.
O PROFESOR
Entón conte, por favor, utilizando estes elementos… Sume e reste.
A ALUMNA
(Como para gravalo na súa memoria) ¿Os pauciños son cifras e os números unidades?
O PROFESOR
Hum… pode. ¿Entón?
A ALUMNA
Pódense restar dúas unidades de tres unidades, mais pódense restar dous dous de tres tres?
E dúas cifras de catro números? E tres números dunha unidade?
O PROFESOR
Non, señorita.
A ALUMNA
Por que non, señor?
O PROFESOR
Porque non, señorita.
A ALUMNA
E por que non, se os uns son os outros?
O PROFESOR
É así, señorita. Non se pode explicar. Iso compréndese por un razoamento matemático
interior. Tense ou non se ten.
A ALUMNA
Que lle imos facer!
O PROFESOR
Escóiteme, señorita, se vostede non chegar a comprender profundamente estes principios,
estes arquetipos aritméticos, nunca poderá facer correctamente un traballo politécnico. E
aínda menos facerse cargo dun curso na Escola Politécnica… nin sequera na maternal
superior. Recoñezo que non é fácil, que, evidentemente, é moi… moi abstracto… mais Coma
podería vostede chegar, antes de coñecer ben os elementos esenciais, a calcular
mentalmente cantas son -e isto é o máis fácil para calquera enxeñeiro-, cantas son, por
exemplo, tres mil setecentos cincuenta e cinco millóns novecentos noventa e oito mil
douscentos cincuenta e un, multiplicados por cinco mil cento sesenta e dous millóns
trescentos tres mil cincocentos oito?
A ALUMNA
(Moi rapidamente.) Son dezanove quintillóns trescentos no- venta cuadrillóns dous trillóns
oitocentos corenta e catro mil douscentos dezanove millóns cento sesenta e catro mil
cincocentos oito…
O PROFESOR
(Abraiado.) Non. Coido que non é así. Son dezanove quintescen catro mil douscentos
dezanove mil trillóns trescentos noventa cuadrillóns dous trillóns oitocentos sesenta e catro
mil cincocentos nove.
A ALUMNA
Non… cincocentos oito…
O PROFESOR
(Cada vez máis abraiado, calcula mentalmente) Si… ten razón… O produto é… (farfalla
inintelixibelmente) quinti- llóns, cuadrillóns, trillóns, millóns de millóns, millóns… (con
claridade) cento setenta e catro mil cincocentos oito… (estupefacto) Mais como pode sabelo,
se non coñece os principios do razoamento aritmético?
A ALUMNA
É moi sinxelo. Como non podo confiar no meu razoamento, aprendín de memoria todos os
resultados posíbeis de todas as multiplicacións posíbeis.
O PROFESOR
É incríbel… Permítame, con todo, confesarlle que iso non me satisface, señorita, e non a
felicito: en matemáticas e en aritmética moi especialmente, o que conta pois en aritmética
hai que contar sempre, o que conta é, sobre todo, a comprensión … Vostede tería que obter
ese resulta- do, o mesmo que calquera outro, mediante un razoamento matemático, indutivo
e dedutivo a un tempo. As matemáticas son inimigas encarnizadas da memoria, excelente,
por outra banda, mais nefasta aritmeticamente falando… Polo tanto, non estou satisfeito…
non, non estou en absoluto de acordo.
A ALUMNA
(Desconsolada.) Non, señor.
O PROFESOR
Deixemos iso polo de agora. Pasemos a outro tipo de exercicios.
A ALUMNA
Si, señor.
A SERVENTA
(Entrando.) Hum, Hum, señor…
O PROFESOR
(Que non oe.) Mágoa que estea tan pouco adiantada en ma- temáticas especiais, señorita…
A SERVENTA
(Turrándolle da manga) ¡Señor! ¡Señor!
O PROFESOR
Temo que non se poida presentar ao exame para o doutorado total…
A ALUMNA
Si, señor, que mágoa.
O PROFESOR
A non ser que vostede… (A Serventa.) Déixeme, María!... Por qué se mete nisto? Vaia para a
cociña! Ocúpese da súa louza! Váiase! Váiase! (Á Alumna.) Procuraremos preparala para que
aprobe, polo menos, o doutorado parcial…
A SERVENTA
Señor!... Señor! (Turrándolle da manga.)
O PROFESOR
(Á Serventa) Mais déixeme en paz! ¡Sólteme! ¿Cómo quere que llo diga…? (A Alumna.) Teño
pois que lle ensinar, se de verdade desexa presentarse ao doutorado parcial…
A ALUMNA
Si, señor.
O PROFESOR
…os elementos da lingüística e da filoloxía comparada…
A SERVENTA
Non, señor, non!... ¡Non debe facelo…
O PROFESOR
María, vostede esaxera!
A SERVENTA
Señor, sobre todo, nada de filoloxía. A filoloxía leva ao peor…
A ALUMNA
(Abraiada) Ao peor? (Sorrindo un pouco estúpidamente.) Que ocorrencia!
O PROFESOR
(A Serventa.) ¡Isto xa é de máis! ¡Fóra!
A SERVENTA
Está ben, señor, está ben! Mais logo non diga que non llo advertín! A filoloxía leva ao peor!
O PROFESOR
Son maior de idade, María!
A ALUMNA
Si, señor
A SERVENTA
Como guste! (Sae)
O PROFESOR
Continuemos, señorita.
A ALUMNA
Si, señor!
O PROFESOR
Rógolle que escoite, coa maior atención, o meu curso, totalmente preparado…
A ALUMNA
Si, señor.
O PROFESOR
...gracias ao cal, en quince minutos, poderá adquirir os principios fundamentais da filoloxía
lingüística e comparada das linguas neoespañolas.
A ALUMNA
Si, señor ¡Oh! (Aplaude)
O PROFESOR
(Con autoridade) ¡Silencio! ¿Qué significa iso?
A ALUMNA
Perdón, señor (Pon, paseniño, de novo, as mans sobre a mesa)
O PROFESOR
Silencio! (Érguese, pasea polo cuarto coas mans nas costas; ás veces, detense no medio da
sala ou perto da Alumna; xes ticula ao falar, discursea sen esaxerar, a Alumna ségueo coa
ollada e, ás veces, encontra unha certa dificultade para facelo, pois debe virar a cabeza a
cotio; unba ou dúas veces, non máis, vólvese por completo.) Polo tanto, señorita, o es- pañol
é a lingua nai de que naceron todas as linguas neces pañolas: o español, o latín, o italiano, o
noso francés, o portugués, o romanés, o sardo ou sardanápoli, o español e o neoespañol e
tamén, en certos aspectos, o mesmo turco que, non obstante, ten máis semellanza co grego,
o que re- sulta lóxico, pois a Turquía é veciña da Grecia e a Grecia está máis perto da
Turquía do que estamos nós os dous. Is- to é simplemente a ilustración dunha lei lingüística
moi im- portante, segundo a cal a xeografia e a filoloxía son irmás xemelgas... Pode tomar
nota, señorita.
A ALUMNA
(Con voz apagada.) Si, señor.
O PROFESOR
O que distingue as linguas neoespañolas entre elas e os seus idiomas dos outros grupos
lingüísticos, tales como o grupo das linguas austríacas e neoaustríacas ou barbarúxicas, o
mesmo que os grupos esperantista, helvético, monegasco, suízo, andorrano, vasco e pelota,
así como os grupos das linguas diplomática e técnica, o que as distingue, digo, é a súa
sorprendente semellanza que fai máis difícil distinguilas entre si. Falo das linguas
neoespañolas entre elas, que se chegan a distinguir, non obstante, gracias aos seus
carácteres distintivos, probas absolutamente irrefutábeis da extraordinaria semellanza, que
fai indiscutibel a súa comunidade de orixe e que, ao mesmo tempo, as diferencia
fondamente- por teren conservado os trazos distintivos de que veño de falar.
A ALUMNA
¡Oooh! ¡Siii, señor!
O PROFESOR
Mais non nos deteñamos nas xeneralidades...
A ALUMNA
(Laiándose, seducida) Oh, señor…
O PROFESOR
Parece que isto lle interesa. Mellor, moito mellor.
A ALUMNA
Oh, si, señor…
O PROFESOR
Non se preocupe, señorita. Falaremos diso máis tarde… agás que o non fagamos. ¿Quen
podería afirmalo?
A ALUMNA
(Encantada, a pesar de todo.) Oh, si, señor.
O PROFESOR
Todo idioma, señorita, sáibao e recórdeo ata a hora da súa morte…
A ALUMNA
¡Oh! Si, señor, ata a hora da miña morte… si, señor…
O PROFESOR
E este é tamén un principio fundamental, toda lingua non é, en definitiva, máis que unha
linguaxe, o que implica necesariamente, que se compón de sons ou…
A ALUMNA
Fonemas…
O PROFESOR
Íallo dicir eu. Non se gabe dos seus coñecementos. Élle mellor escoitar
A ALUMNA
Ben, señor. Si, señor.
O PROFESOR
Os sons, señorita, deben ser collidos ao voo polas ás para non caeren en oídos xordos. Polo
tanto, cando vostede se decidir a articular, élle recomendábel, na medida do posíbel,
levantar moi alto o pescozo e a mandíbula e pórse na punta dos pés. Así, ve.
A ALUMNA
Vexo, señor.
O PROFESOR
Cale. Fique sentada e non interrompa… Cómpre que emita os sons moi altos e con toda a
forza dos seus pulmóns, con axuda das cordas vocais. Así. Mire: “bolboreta”, “eureka”,
“Trafalgar”, “papi”, “papa”. Deste xeito, os sons cheos cun ar quente, máis lixeiro que o ar
circundante, revoarán, revoarán sen correr xa o risco de caeren en oídos xordos que son os
verdadeiros abismos, as tumbas das sonoridades. Se vostede emitir varios sons a unha
velocidade acelerada, estes sons agárranse uns aos outros automaticamente, formando así
as sílabas, as palabras, en rigor frases, é dicir, agrupacións máis ou menos importantes,
reunións puramente irracionais de sons, baleiros de calquera sentido, mais xustamente por
iso son quen de se manter, sen risco, nunha altura elevada nos ares. Soas, caen as palabras
cargadas de significado, pesadas por mor do seu sentido, e terminan sempre esmorecendo,
esfarelándose…
A ALUMNA
… nos oídos xordos.
O PROFESOR
Xustamente, mais non interrompa… e na peor confusión… Ou estoupando como globos. Así
pois, señorita… (A Alumna ten aspecto de sufrir.) Que lle pasa?
A ALUMNA
Dóenme as moas, señor.
O PROFESOR
Iso non ten importancia. Non nos imos deter por tan pouca cousa. Continuemos…
A ALUMNA
(Con aspecto de sufrir cada vez máis) Si, señor.
O PROFESOR
Chamo de paso a súa atención sobre as consoantes que mudan de natureza nos
encadeamentos da frase. Os “f” convértense neste caso en “v”, os “d” en “t”, os “g” en “k” e
viceversa, como nos exemplos que lle sinalo: “tres horas, os nenos, o galo ao viño, a idade
nova, velaí a noite”.
A ALUMNA
Dóenme as moas.
O PROFESOR
Continuemos.
A ALUMNA
Si.
O PROFESOR
Resumamos: para aprender a pronunciar precísanse anos e anos. Gracias á ciencia,
podémolo conseguir en poucos minutos. Para facer saír as palabras, os sons e todo o que
vostede guste, saiba que cómpre expulsar implacabelmente o ar dos pulmóns, e facelo pasar
logo delicadamente, rozándoas, polas cordas vocais que, de súpeto, como arpas ou follas
baixo o efecto do vento, tremen, se axitan, vibran, vibran, vibran, guturalizan ou asubían ou
se esmagan ou asubían, asubían, pondo todo en movemento: a campaíña, a lingua, o padal,
os dentes...
A ALUMNA
Dóenme as moas.
O PROFESOR
...os labios... Finalmente, as palabras saen polo nariz, a bo- ca, as orellas, os poros, levando
consigo todos os órganos que nomeamos, desenraizados, nun voo poderoso, maxestoso, que
non é máis que a chamada, impropiamente, voz, modulándose en cantiga ou
transformándose nunha terríbel tempestade sinfónica con todo un cortexo... de ramos de
variadas flores, de artificios sonoros: labiais, dentais, oclusivos, palatais e outros, ás veces
cariñosos, ás veces amargos e violentos.
A ALUMNA
Si, señor. Dóenme as moas.
O PROFESOR
Continuemos, continuemos. No que atinxe as linguas neoespañolas, son parentes tan
próximas unhas das outras que poden considerarse como verdadeiras curmás. Teñen, por
outra banda, a mesma nai: a española, con "n"". Por iso é tan difícil distinguilas. Por iso é tan
útil pronunciar ben, evitar as chatas da pronuncia. A pronuncia, por si mesma, vale toda
unha linguaxe. Unha defectuosa pronuncia pódelle traer desgustos… A este respecto,
permítame que, entre parénteses, lle conte un recordo persoal. (Lixeiro relaxamento. O
profesor abandónase un instante aos seus recordos; a súa face entenrécese, mais reponse
rapidamente.) Eu aínda era novo, case un neno. Estaba no servicio militar. Tiña no
rexemento un compañeiro, vizconde, que padecía unha chata de pronuncia bastante grave:
non podía pronunciara o “f”. No canto de “f”, dicía “f”. Así, en vez de: “fonte, non beberei da
túa auga”, dicía: “fonte, non beberei da túa au- ga”. Pronunciaba “filla” no canto de “filla”;
“Fermín” en lu- gar de “Fermín”; “feixó” por “feixó”; “fágase a un lado” no canto de “fágase a
un lado”; “ferrado” en vez de “ferrado”; “fiff”, “fon”, “fafá” en vez de “fifi”, “fon”, “fafa”;
“Filipe” por “Filipe”; “fictoria” no canto de “fictoria”; “febreiro” por “fe- breiro”; “marzo-
abril” en lugar de “marzo-abril”; “Xerardo de Nerval” e non, como se di correctamente,
“Xerardo de Nerval”; “Mirabeau”, no canto de "Mirabeau"; "etc." en vez de “etc.”; e “así de
seguido, etc.” No canto de "etc., e así de seguido, etc.” Mais tiña a sorte de poder disimular
tan ben esta chata, gracias aos chapeus, que non se lle advertía.
A ALUMNA
Si. Dóenme as moas.
O PROFESOR
(Cambiando bruscamente de ton, con voz dura.) Continuemos. Precisemos ante todo as
semellanzas para mellor comprendermos despois o que distingue todas esas linguas entre
si. As diferencias a penas son perceptíbeis para as persoas non expertas. Así, todas as
palabras de todos eses idiomas…
A ALUMNA
¿Ah si?... Dóenme as moas.
O PROFESOR
Continuemos… son sempre as mesmas, igual ocorre con to das as desinencias, todos os
prefixos, todos os sufixos, to- das as raíces…
A ALUMNA
¿As raíces das palabras son cadradas?
O PROFESOR
Cadradas ou cúbicas. Depende.
A ALUMNA
Dóenme as moas.
O PROFESOR
Continuemos. Así, para citarmos un exemplo que non é máis que unha ilustración, tome a
palabra fronte…
A ALUMNA
¿Con que a tomo?
O PROFESOR
Co que guste, con tal de que a tome, máis por favor, non interrompa.
A ALUMNA
Dóenme as moas.
O PROFESOR
Continuemos… Dixen: “continuemos”. Tome, pois, a palabra fronte. Tomouna?
A ALUMNA
Tomei, si, xa está. As miñas moas, as miñas moas…
O PROFESOR
A palabra fronte é raíz en frontispicio. Tamén o é en enfrontado. “Picio” é sufixo, e “en”
prefixo. Chámaselles así porque non cambian. Non queren cambiar.
A ALUMNA
Dóenme as moas.
O PROFESOR
Continuemos. Rápido. Estes prefixos son de orixe española. Supoño que xa se decataría,
¿non sí?
A ALUMNA
¡Ah! Moito me doen as moas.
O PROFESOR
Continuemos. Poderá observar, así mesmo, que tampouco cambian en francés. Pois ben,
señorita, nada consegue face- los cambiar, nin en latín, nin en italiano, nin en portugués, nin
en sardanápolo ou en sardanápoli, nin en romanés, nin en neoespañol, nin en español, nin
mesmo en oriental: fronte, frontispicio, enfrontado continúan a ser a mesma pa- labra
invariabelmente, coa mesma raíz, co mesmo sufixo, co mesmo prefixo en todas as linguas
enumeradas. O mes- mo ocorre con todas as palabras.
A ALUMNA
¿En todas as linguas esas palabras teñen o mesmo significa- do? Dóenme as moas.
O PROFESOR
Absolutamente. Cómo ía ser doutro modo? Aínda así, ten sempre o mesmo significado, a
mesma composición, a mes- ma estrutura sonora non soamente para esa palabra, senón
para todas as palabras posíbeis en todas as linguas. Pois unha mesma idea exprésase por
unha soa e única palabra, e os seus sinónimos, en todos os países. Deixe as moas en paz.
A ALUMNA Dóenme as moas.
Si, si e si.
O PROFESOR
Ben, continuemos. Dígolle que continuemos… Como di vostede, por exemplo en francés: as
rosas da miña avoa son tan amarelas como o meu avó que era asiático?
A ALUMNA
Dóenme, dóenme, dóenme as moas.
O PROFESOR
Continuemos, continuemos. Dígao de todos os modos!
A ALUMNA
¿En francés?
O PROFESOR
En francés.
A ALUMNA
que diga en francés: as rosas da miña avoa son…?
O PROFESOR
Tan amarelas como o meu avó que era asiático…
A ALUMNA
Pois ben, en francés sería, segundo a miña opinión: as ro sas… da miña… como se di avoa en
francés?
O PROFESOR
En francés? Avoa.
A ALUMNA
As rosas da miña avoa son tan… amarelas… en francés dise amarelas?
O PROFESOR
Si, evidentemente!
A ALUMNA
Son tan amarelas como o meu avó cando se cabreaba.
O PROFESOR
Non… que era a….
A ALUMNA
…siático… Dóenme as moas.
O PROFESOR
Iso é.
A ALUMNA
Dóenme…
O PROFESOR
As moas… tanto peor… Continuemos! Agora traduza a mesma frase ao español e logo ao
neoespañol…
A ALUMNA
En español… será: as rosas da miña avoa son tan amarelas como o meu avó que era asiático.
O PROFESOR
Non. Está mal.
A ALUMNA
E, en neoespañol: as rosas da miña avoa son tan amarelas como o meu avó que era asiático.
O PROFESOR
Está mal. Está mal. Está mal. Fixo todo ao revés. Confundiu o español co neoespañol e o
neoespañol co español… Ah… non… É todo o contrario.
A ALUMNA
Dóenme as moas. Vostede confúndeme.
O PROFESOR
É vostede quen me confunde. Atenda e tome nota. Eu direille a frase en español, logo en
neoespañol e, por último, en latín. Vostede repetirá comigo. Poña atención, xa que as se-
mellanzas son grandes. Son semellanzas idénticas. Escoite, sigame…
A ALUMNA
Dóenme…
O PROFESOR
…as moas
A ALUMNA
Continuemos…! ¡Ah!...
O PROFESOR
…en español: as rosas da miña avoa son tan amarelas como o meu avó que era asiático, en
latín: as rosas da miña avoa son tan amarelas como o meu avó que era asiático. ¿Decátase
das diferencias? Traduza iso ao… romanés.
A ALUMNA
As… Como se di rosas en romanés?
O PROFESOR
“Rosas”, naturalmente
A ALUMNA
¿Non se di “rosas”? Ah, como me doen as moas…
O PROFESOR
Non, non, xa que “rosas” é a tradución oriental da palabra francesa “rosas”, en español
“rosas”. ¿Entende? En sardanápoli “rosas”…
A ALUMNA
Desculpe, señor, mais… ¡Oh, como me doen as moas!... Non vexo a diferencia.
O PROFESOR
Nembargantes, é moi sinxelo! Moi sinxelo! Abonda con ter unha certa experiencia, unha
experiencia técnica e algunha práctica nesas linguas diversas, tan diversas, a pesar de
presentaren características totalmente idénticas. Tratarei de lle dar unha clave…
A ALUMNA
Dóenme as moas…
O PROFESOR
O que diferencia esas linguas non son as palabras, que son absolutamente as mesmas, nin a
estrutura da frase, que é idéntica, nin a entoación, que non ofrece diferencias, nin o ritmo da
linguaxe… o que as diferencia… ¿Escoita?
A ALUMNA
Dóenme as moas.
O PROFESOR
Vostede escóitame, señorita? Ah, ímonos enfadar.
A ALUMNA
Vostede toléame, señor! Dóenme as moas.
O PROFESOR
E dálle! Escóiteme!
A ALUMNA
Escoito… si… moi ben… siga…
O PROFESOR
O que diferencia unhas das outras, por unha banda, e da española, con “n”, a súa nai, pola
outra, é…
A ALUMNA
(Facendo carantoñas.) Que é?
O PROFESOR
É algo inefábel. Algo que non se chega a percibir ata pasado moito tempo, con moita
dificultade e logo dunha dilatada experiencia.
A ALUMNA
¿Ah?
O PROFESOR
Si, señorita. Non se poden dar regras. Hai que ter olfacto, non hai outro segredo. Mais para
iso, cómpre estudiar, estudiar e estudiar.
A ALUMNA
As moas.
O PROFESOR
De todos os xeitos, hai algúns casos concretos en que as palabras varían dun idioma ao
outro… mais non podemos basear o noso saber niso, porque son, por así dicir, casos
excepcionais.
A ALUMNA
¿Ah, si?... Oh, señor, como me doen as moas.
O PROFESOR
Non interrompa! Non me alporice! Ou non respondo de min. Dicíalle, pois… Ah, si, referíame
aos casos excepcionais, chamados de distinción fácil… ou de distinción cómoda… como
vostede prefira… repito, como vostede prefira, pois comprobo que non me escoita…
A ALUMNA
Dóenme as moas.
O PROFESOR
Polo tanto digo: en certas expresións, de uso corrente, certas palabras cambian totalmente
dun idioma ao outro, de xeito que a lingua empregada é, nese caso, moito máis fácil de
identificar. Dareille un exemplo: a expresión neoespañol la célebre en Madrid: “a miña
patria é a Neoespaña” con- vértese en italiano en “a miña patria é…”.
A ALUMNA
“A Neoespaña”.
O PROFESOR
Non! “A miña patria é Italia”. Dígame entón, por simple de- dución, Cómo se dirá Italia en
francés?
A ALUMNA
Dóenme as moas!
O PROFESOR
É, non obstante, moi sinxelo: para a palabra Italia temos en francés a palabra Francia, que é
a súa tradución exacta. A miña patria é Francia. E Francia en oriental: Oriente! A mi- ña
patria é Oriente. E Oriente en portugués: Portugal! A ex presión oriental: a miña patria é
Oriente, tradúcese, polo tanto, deste xeito para o portugués: a miña patria é Portugal. E así
sucesivamente.
A ALUMNA
¡Así é! ¡Así é! Dóenme…
O PROFESOR
As moas! As moas! As moas!... Voullas arrincar! Outro exemplo máis. A palabra capital. A
capital ten, segundo o idioma en que se fale, un senso diferente. Isto é, se un español dixer:
“vivo na capital”, a palabra capital non significa o mesmo que cando un portugués dixer
tamén “vivo na capital”. E con máis razón cando o dixer un francés, un neoespañol, un
romanés, un latino, un sardanápoli… cando vostede escoitar dicir, señorita… Señorita,
estoulle a falar! Merda, caramba!... Cando escoitar dicir: “vivo na capital” saberá inmediata e
facilmente que se trata de español, neoespañol, francés, oriental, romanés ou latín, pois
abonda con adiviñar cal é a metrópole en que pensa o que pronuncia a frase... no momento
mesmo en que a pronuncia... Mais estes son, pouco máis ou menos, os únicos exemplos
concretos que lle podo citar...
A ALUMNA
Oh, as miñas moas....
O PROFESOR
Silencio ou esmágolle a testa!
A ALUMNA
Intente facelo! ¡Testán! (O Profesor cóllea do puño e retórcello.) Ai!
O PROFESOR
Entón, acougue! Nin palabra!
A ALUMNA
(Choricando) Dóenme as moas...
O PROFESOR
O máis... ¿como diría eu?... O máis paradoxal... si... esa palabra... O máis paradoxal é que
moitas persoas que carecen por completo de instrución falan eses diferentes idiomas.
Escoita? Que dixen?
A ALUMNA
... falan eses diferentes idiomas! ¡Que dixen!
O PROFESOR
Tivo sorte!... O pobo fala o español, cheo de palabras neo- españolas, sen se decatar,
pensando que fala o latín, ou ben fala o latín cheo de palabras orientais, coidando falar
romanés... ou o español cheo de neoespañol, xulgando que fala o sardanápoli ou español...
Comprende?
A ALUMNA
Si Si Si Si Que outra cousa quere vostede...?
O PROFESOR
Nada de insolencias, rapaciña, e vaite a modo!... (Irritado.) O colmo, señorita, é que certas
persoas, por exemplo, nun latín que supoñen español din "dóenme os fígados á vez",
dirixíndose a un francés que non sabe unha palabra de español, mais este compréndeo o
mesmo que se lle falasen no seu propio idioma. E o francés responderalle en francés: "a min
tamén, señor, me doen os fígados", e farase entender perfectamente polo español, que terá a
seguridade de que lle contestaron en español puro e que ambos falan es pañol, cando, en
realidade, non falan o español, nin o fran cés, senón o latín á neoespañola… Acougue,
señorita, non mova as pernas, nin lles dea tanto aos pés…
A ALUMNA
Dóenme as moas.
O PROFESOR
Como é posíbel que, falando sen saber que idioma falan, e mesmo pensando que falan outro,
a xente do pobo, se en- tendan, non obstante, entre si?
A ALUMNA
Iso mesmo me pregunto eu.
O PROFESOR
É simplemente unha das curiosidades inexplicábeis do groseiro empirismo do pobo -¡que
non se debe confundir coa experiencial, un paradoxo, un desatino, unha desas cousas raras
da natureza humana. É, repito, simplemente o instinto, por dicilo nunha palabra, o que
intervén niso
A ALUMNA
¡Ha! Ha!
O PROFESOR
No canto de ollar como voan as moscas, mentres que eu me tomo este traballo… seríalle
moito mellor atender. Non son eu o que se vai presentar ao exame de doutorado parcial… Xa
hai moito tempo que o superei… incluíndo o meu doutorado total…, e o meu diploma supra-
total… Non comprende que o fago polo seu ben?
A ALUMNA
Dóenme as moas.
O PROFESOR
Maleducada… Isto non pode ser, non pode ser, non pode ser…
A ALUMNA
Eu… estou a escoitalo…
O PROFESOR
Ah! Para aprender a distinguir todos eses idiomas, non hai, como xa lle dixen, nada mellor
que a práctica… Procedamos con orde. Verei de lle aprender todas as traducións da palabra
coitelo.
A ALUMNA
Como guste… Despois de todo…
O PROFESOR
(Chama a Serventa.) María! María! Non vén… María! Ma- ría!... Qué ocorre, María? (Abre a
porta da dereita.) Ma- ría…! (Sae. A Alumna fica soa uns momentos, ollando para ningures,
con aspecto embrutecido. O Profesor berrando, fora.) Maria! Que significa isto? Por que non
vén? Cando eu a chamo, ten que vir!
(Entra seguido de María.) Son eu quen manda, comprende? (Sinalando a Alumna) Esta non
entende nada. Non entende!
A SERVENTA
Non se alporice, señor. Coidado co final. Traeralle consecuencias todo isto.
O PROFESOR
Saberei deixalo a tempo.
A SERVENTA
Sempre di o mesmo. Gustaríame comprobalo.
A ALUMNA
Dóenme as moas.
A SERVENTA
Xa o ve, xa empeza outra vez. É o síntoma!
O PROFESOR
Que síntoma? Explíquese! Que quere dicir?
A ALUMNA
(Con voz feble.) Iso, Que quere dicir vostede? Dóenme as moas.
A SERVENTA
Síntoma final! O gran síntoma!
O PROFESOR
Parvadas! Parvadas! Parvadas! (A Serventa vai saír.) Non se vaia así! Chameina para que me
trouxese os coitelos español, neoespañol, portugués, francés, oriental, romanés, sardanápoli,
latino e español.
A SERVENTA
(Severa) Non conte comigo para iso. (Vaise)
O PROFESOR
(Acena, quere protestar e contense un pouco desamparado, De súpeto recorda) ¡Ah! (Vai
rapidamente cara ao caixón e tira del un grande coitelo invisíbel ou real, segundo o gusto do
director de escena, cólleo, brándeo moi feliz.) Velaí un, señorita, velaí un coitelo. Mágoa non
ter máis que este; non obstante, utilizarémolo en todos os idiomas! Abondará con que
pronuncie a palabra coitelo en todos os idiomas, ollando o obxecto moi perto, atentamente e
imaxinando que é do idioma que vostede di.
A ALUMNA
Dóenme as moas.
O PROFESOR (Cantando, case con música de melopea) Entón: diga, coi, como coi, te como te,
lo como lo... E mire, mire, repare ben…
A ALUMNA
Iso que é? Francés, italiano, español?
O PROFESOR
Iso non ten importancia… Non repare niso. Diga: coi.
A ALUMNA
Coi...
O PROFESOR
…te… lo… Olle (Move o coitelo diante dos ollos da Alumna)
A ALUMNA
Te… lo…
O PROFESOR
Continúe… Continúe a ollar.
A ALUMNA
Ah, non! Déixeme en paz. Xa vou farta! Alén diso, dóenme as moas, os pés, a cabeza…
O PROFESOR
(Nervioso) Coitelo.. olle… coitelo… Olle… coitelo… olle.
A ALUMNA
Faime dano nos oídos! Ten vostede unha voz! Oh, que voz máis estridente!
O PROFESOR
Diga: coitelo… coi… te… lo…
A ALUMNA
Non! Dóenme os oídos, dóeme todo…
O PROFESOR
Vouche arrincar eu as túas orellas así non che doerán máis, queridiña!
A ALUMNA
Ah… é vostede quen me fai mal…
O PROFESOR
Mire e repita rapidamente: coi…
A ALUMNA
Ah, xa que insiste… coi… coitelo (Lúcida e irónica por un instante.) É neoespañol…
O PROFESOR
Se se quer, si, neoespañol,… mais… axiña, non temos tempo que perder. Por outra banda, e a
que vén agora esa cuestión inútil?... Como ousa vostede?
A ALUMNA
(Cada vez máis fatigada, chora desconsolada, extasiada, exasperada ao mesmo tempo.) ¡Ai!
O PROFESOR
Repita, mire (Imita o cuco.) Coitelo… coitelo… coitelo… coitelo…
A ALUMNA
Ai, síntome mal… a miña cabeza. (Pasa as mans, case como un aloumiño, polas partes do
corpo que vai nomeando.) …os meus ollos…
O PROFESOR (Como un cuco.)
Coitelo… Coitelo…
Os dous puxéronse en pé, el, brandindo sempre o seu coitelo invisíbel, case fóra de si, da
voltas arredor dela, a xeito de danza do scalp; mais non se debe esaxerar, e o Profesor a
penas esbozará os pasos da danza. A Alumna, en pé, ollan- do para o público, diríxese,
recuando, cara á fiestra, enfermiza, lánguida, enfeitizada..
O PROFESOR
Repita, repita: coitelo… coitelo… coitelo…
A ALUMNA
Dóeme a gorxa… coi… ¡Ai! As miñas costas… os meus peitos… coitelo…
O PROFESOR
Coitelo… coitelo… coitelo…
A ALUMNA
As miñas cadeiras… coitelo… as miñas pernas… coi…
O PROFESOR
Pronuncie ben… coitelo… coitelo.
A ALUMNA
Coitelo… a miña gorxa…
O PROFESOR
Coitelo… coitelo…
A ALUMNA
Coitelo… as miñas costas… os meus brazos, os meus peitos… as miña cadeiras… coitelo…
coitelo…
O PROFESOR
Iso é… Agora, pronuncia ben…
A ALUMNA
Coitelo… os meus peitos… a miña barriga…
O PROFESOR
(Cambiado de voz.) A modo… Non rompa as miñas baldosas… o coitelo mata.
A ALUMNA
(Con voz feble.) Si, si… O coitelo mata?
O PROFESOR
(Mata a alumna dunha espectacular puñalada) Aaah! Toma! (Ela berra tamén “Aaah!” e logo
cae, dun xeito impúdico, nunha cadeira que, por casualidade, está preto da fiestra; ambos
berran “Aaab!” ao mesmo tempo, o asasino e a vítima; despois da primeira puñalada, a
alumna deixase caer na cadeira; as pernas moi abertas, pendurando de ambos os lados da
cadeira; o Profesor en pé, diante dela, de costas ao público; logo da primeira puñalada
crávalle novamente o coitelo de abaixo a arriba á Alumna, xa morta. Nese intre o Profesor
experimenta, no seu corpo, un sobresalto moi aparente.)
O PROFESOR
(Sen folgos, tatexando.) Porca… Moi ben feito… Iso faime ben… Ai, ai, vou canso… a penas
teño folgos… Ah! (Respira con dificultade, cae nunha cadeira que, por sorte, está preto del;
enxuga a suor da fronte e murmura palabras incomprensíbeis, a súa respiración
normalizase. Érguese, olla o coitelo que ten na man, olla a alumna e despois, como se
espertase preso de pánico.) Que fixen? Que vai ser agora de min? Que vai pasar? Ai, ai, ai.
Malpocado de min! Señorita, señorita, levántese! (Nervioso, mantendo na man o coitelo
invisíbel co que non sabe que facer.) Veña, señorita, xa rematou a lección… Pode marchar…
Xa me pagará noutro momento… Ai! Está morta… mor-ta… Foi co meu coitelo… Está… moor-
ta… É horríbel. (Chama a Serventa.) María! María! Veña querida María! Ai! Ai! (Pola porta da
dereita aparece María) Non!... non veña… Trabuqueime… Non a necesito, María… non a
necesito… Comprende? (María achégase severa, sen dicir palabra. Olla para o cadáver. O
Profesor coa voz cada vez menos segura.) Non a necesito, María…
A SERVENTA
(Sarcástica.) Entón, está satisfeito da súa alumna? Aproveitou ben a lección?
O PROFESOR
(Agacha o coitelo tras das costas.) Si, a lección rematou… mais… ela… ela segue aínda aquí…
non quere marchar…
A SERVENTA
(Moi dura.) Certo…!
O PROFESOR
(Tremendo.) Eu non fun!... Eu non fun!... María… Non… Xúrollo… Eu non fun!... Eu non fun,
querida Maria!...
A SERVENTA
Quen foi logo? Quen foi? Fun eu, acaso?
O PROFESOR
Non o sei… pode ser…
A SERVENTA
Ou tal vez o gato?
É posíbel… Non o sei…
A SERVENTA
Hoxe é xa a cuadraxésima vez!... E todos os días o mesmo! Todos os días! Non lle dá vergoña
á súa idade?... Vai enfermar!... Ficará sen alumnos. Estaralle moi ben.
O PROFESOR
(Irritado.) Non é culpa miña! Ela non quería aprender! Era unha desobediente! Era unha má
alumna! Non quería aprender!
A SERVENTA
Mentireiro!...
O PROFESOR.
(Achégase disimuladamente á Serventa co coitelo detrás das costas.) Iso a vostede non lle
importa! (Quérelle cravar o coitelo; a Serventa agárralle o pulso no ar e retórcello, o
Profesor deixa caer ao chan a súa arma.)… Perdón!
A SERVENTA
(Dálle dúas labazadas fortes e sonoras. O Profesor cae ao chan de costas; choromica.)
Asasino! Porco! Noxento! Queríame facer iso a min? Eu non son unha das súas alum- nas!
(Agárrao polo pescozo e levántao; recolle o barrete e colócallo na cabeza; el, temeroso de
recibir outras labazadas, protéxese co cóbado, o mesmo que os rapaces.) Deixe ese coitelo
no seu sitio, axiña! (O Profesor vaino pór no caixón do escritorio e volta.) Eu, con todo, xa lle
advertín hai un momento que a aritmética leva á filoloxía, e a filoloxía ao crime…
O PROFESOR
Vostede dixo: “ao peor”!
A SERVENTA
Vén sendo o mesmo.
O PROFESOR
Entendín mal. Pensei que “peor” era unha cidade, e que vostede quería dicir que a filoloxía
leva á cidade de Peor…
A SERVENTA
Mentirán! Vello raposo Un sabio coma vostede non pode confundir o sentido das palabras…
Non pode facerme esa xogada.
O PROFESOR
(Salouca) Non a matei adrede!
A SERVENTA
Arrepíntese, polo menos?
O PROFESOR
Oh, por suposto, María, xúrollo!
A SERVENTA
Sinto pena por vostede! A pesar de todo é bo rapaz! Verei de arranxalo! Mais non volva
outra vez ás andadas… Pode sufrir un ataque ao corazón…
O PROFESOR
De acordo, María. E que imos facer agora?
A SERVENTA
Enterrala… xunto coas outras trinta e nove… Necesitamos corenta cadaleitos… Chamarei a
funeraria e o meu namora- do, o crego Augusto… Encargaremos coroas…
O PROFESOR
Si, María. Moitas gracias.
A SERVENTA
Por certo, non paga a pena chamarmos a Augusto, pois vostede xa ten algo de crego, se
acreditamos no rumor público.
O PROFESOR
De todos os xeitos, cómpre que as coroas non sexan custo- sas. Esta non pagou a lección.
A SERVENTA
Non se preocupe…. Tápea, polo menos, co seu mandilón. Así está indecente… Ademais, vana
levar…
O PROFESOR
Si, María, si. (Tápaa.) Corremos o risco de que nos pillen… con corenta cadaleitos.. Imaxine.
A xente ficará abraiada… e se nos preguntan que hai dentro?
A SERVENTA
Non lle dea tantas voltas. Diremos que están baleiros. Por outra banda, a xente non
preguntará nada, pois xa está afeita
O PROFESOR
Con todo…
A SERVENTA
(Tira un brazalete que leva unha insignia que pode ser a esvástica nazi.) Teña, se tiver
medo, póñase isto e non terá nada que temer. (Ponlle o brazalete.) … É máis político.
O PROFESOR
Gracias, Mariiña… Xa vou máis tranquilo… É vostede unha boa rapaza, María… É moi leal…
A SERVENTA
Veña móvase, señor. ¿Está preparado?
O PROFESOR
Estou, querida María. (A Serventa e o Profesor collen o corpo da rapaza, un polo ombreiro e
o outro polas pernas, e van cara á porta da dereita.) A modo. ¡Non lle faga dano! (Saen. A
escena fica baleira por uns instantes. Chaman á porta da esquerda.)
VOZ DA SERVENTA
Si, xa vou! (Aparece como ao comezo da obra, vai cara á porta. Escóitase novamente o
timbre.)
A SERVENTA
(A parte.) Esta ten moita présa! (Forte) Paciencia! (Vai cara á porta da esquerda. Ábrea.) Bo
día, señorita! ¡É a nova alumna? Vén para a lección? O Profesor está esperando. Voulle
anunciar a súa chegada. Axiña baixa!... Pase, pase, señorita.
Xuño, 1950
PANO