Funciones 3ESO Galego

Descargar como pdf o txt
Descargar como pdf o txt
Está en la página 1de 38

Matemáticas

3º da ESO
Capítulo 10:
Funcións e gráficas

www.apuntesmareaverde.org.es

Autor: José Gallegos Fernández


Tradutora: Mª Teresa Seara Domínguez
Revisora da tradución ao galego: Fernanda Ramos Rodríguez
Ilustracións: José Gallegos Fernández
286 Funcións e gráficas. 3º da ESO
Índice
1. SISTEMAS DE REPRESENTACIÓN NO PLANO
1.1. EIXES DE COORDENADAS OU CARTESIANOS
1.2. COORDENADAS CARTESIANAS

2. FUNCIÓNS
2.1. CONCEPTO INTUITIVO DE FUNCIÓN
2.2. GRÁFICA DUNHA FUNCIÓN
2.3. EXEMPLOS DE FUNCIÓNS: FUNCIÓN AFÍN E CUADRÁTICA
2.4. GRÁFICAS DE FUNCIÓNS CON XEOXEBRA. GRÁFICAS DE FUNCIÓNS LINEAIS E AFÍNS

3. CARACTERÍSTICAS DUNHA FUNCIÓN


3.1. CONTINUIDADE
3.2. MONOTONÍA: CRECEMENTO E DECRECEMENTO
3.3. EXTREMOS: MÁXIMOS E MÍNIMOS
3.4. SIMETRÍA
3.5. PERIODICIDADE

Resumo
O concepto de función é bastante abstracto, o que Enquisa de poboación activa. EPA
fai complicada a súa definición e comprensión.
Porén, as súas aplicacións son múltiples e moi
útiles, o que as fai moi importantes.
Por exemplo, as FUNCIÓNS serven para poder
explicar moitos fenómenos que ocorren en
campos tan diversos como a Física, a Economía ou
a Socioloxía.
Malia as dificultades, algunhas características que
posúen as FUNCIÓNS enténdense doadamente
cando se representan graficamente, por
resultaren entón moi intuitivas, e iso é suficiente
para poder analizar e resolver moitas cuestións. Por exemplo, se observamos a gráfica anterior non é
difícil interpretar se o paro subiu ou se baixou no cuarto trimestre entre dous anos consecutivos, ou
globalmente ao longo do período completo estudado, ou calcular este incremento/diminución ou
estudar en que ano houbo máis persoas ocupadas ou menos persoas activas...

Matemáticas. 3º ESO. Capítulo 10: Funcións e gráficasAutor: José Gallegos Fernández


Tradutora: Mª Teresa Seara Domínguez
www.apuntesmareaverde.org.es Ilustracións: José Gallegos Fernández
287 Funcións e gráficas. 3º da ESO
1. SISTEMAS DE REPRESENTACIÓN NO PLANO
1.1. Eixes de coordenadas ou cartesianos
Recorda que:
Cando queremos representar graficamente un número, normalmente debuxámolo sobre unha recta,
chamada recta numérica, na cal establecemos un punto de referencia, que é o 0, a partir do que
trazamos os números positivos (cara á dereita) e os negativos (cara á esquerda).
Pois ben, se estamos traballando cunha única
variable que toma valores numéricos e os
queremos representar, farémolo igualmente
sobre esta recta.
É importante facer notar que, como temos unha única variable, necesitamos unha única recta e, polo
tanto, estamos traballando cunha única dimensión (lonxitude).
No plano:
Agora ben, se traballamos con obxectos de dúas dimensións, no plano, necesitamos dous valores para
referirnos a eles, xa que están determinados pola súa lonxitude e a súa anchura, que non teñen por que
ser iguais e que seguen direccións diferentes.
Exemplo:
 Nun mapa, para poder situar un punto calquera (por exemplo, unha cidade), temos unha
referencia a partir da cal tomar as medidas: o paralelo do Ecuador e o meridiano de Greenwich.
Ambos os dous córtanse nun punto, que é a orixe deste sistema de referencia:

LESTE

Matemáticas. 3º ESO. Capítulo 10: Funcións e gráficasAutor: José Gallegos Fernández


Tradutora: Mª Teresa Seara Domínguez
www.apuntesmareaverde.org.es Ilustracións: José Gallegos Fernández
Primeiro
Cuadrante

288 Funcións e gráficas. 3º da ESO


De igual forma, se temos dúas variables que están relacionadas dalgunha maneira, que toman valores
numéricos e queremos debuxalo, teremos que utilizar dúas rectas ou eixes diferentes (cada un para os
datos correspondentes a unha variable) e que sexan secantes, é dicir, córtanse nun punto (sen o cal non
se podería establecer a relación entre ambas as dúas).
Se as rectas se cortan de forma perpendicular, é máis sinxelo establecer a conexión entre valores, e as
medidas que se representan en cada eixe (agás escalas) pódense corresponder de forma directa coa
realidade, polo que sempre se soen debuxar desta forma (formando un ángulo de 90 entre si).
O sistema de representación de puntos no plano
máis común está formado por dous eixes
perpendiculares, un horizontal chamado eixe de
abscisas, onde se representan os valores da
variable independente (que toma os valores
libremente, e que soe chamarse “x”), e outro
vertical chamado eixe de ordenadas, onde se
representan os valores da variable dependente
(porque se calculan a partir da outra, e que soe
chamarse “y”). Ambos reciben o nome de eixes de
coordenadas ou eixes cartesianos (en honor do
famoso filósofo e matemático francés Renè
Descartes). O punto onde se cortan ambos eixes
chamase orixe de coordenadas e, ao cortárense os
dous eixes, o plano queda dividido en catro zonas,
que se coñecen como cuadrantes, e que se nomean
no sentido contrario ás agullas do reloxo
empezando desde a parte positiva do eixe de
abscisas.
Un conxunto formado pola orixe O, os dous eixes de coordenadas e a unidade de medida é un sistema
de referencia cartesiano.

1.2. Coordenadas cartesianas


Unha vez establecido o sistema de referencia con respecto ao cal poder situar os puntos, para chegar a
un en concreto partimos da orixe, “O”, percorremos unha determinada cantidade cara á dereita ou a
esquerda e logo outra cara arriba ou cara abaixo. Así cada punto queda determinado por un par de
números, a medida dos camiños realizados en ambas as direccións, aos que chamamos coordenadas do
punto.
Exemplo:
Nun mapa como o do exemplo anterior, un punto queda determinado pola súa latitude
(distancia ao Ecuador, medida sobre o meridiano que pasa por este punto) e a lonxitude
(distancia ao Meridiano de Greenwich, medida sobre o paralelo que pasa por este punto),
chamadas coordenadas xeográficas. Por exemplo, a situación de Madrid é (3.41, 40.24):
Lonxitude 3.41 ou 3.41 O, é dicir, hai que trasladarse 3.41 cara ao oeste (esquerda) do
meridiano de Greenwich.
Latitude +40.24 ou 40.24 N, é dicir, hai que trasladarse 40.24 cara ao norte (por enriba) do
Ecuador.
Matemáticas. 3º ESO. Capítulo 10: Funcións e gráficasAutor: José Gallegos Fernández
Tradutora: Mª Teresa Seara Domínguez
www.apuntesmareaverde.org.es Ilustracións: José Gallegos Fernández
289 Funcións e gráficas. 3º da ESO
As coordenadas dun punto A son un par ordenado de
números reais (x, y), sendo “x” a primeira coordenada
ou abscisa (indícanos a distancia á que o punto se
encontra do eixe vertical) e “y” a segunda coordenada
ou ordenada (indícanos a distancia á que o punto se
encontra do eixe horizontal).
Cando ese valor se toma cara á esquerda ou cara
abaixo indicámolo cun número negativo e se é cara
arriba ou á dereita indicámolo cun positivo, da mesma
maneira que faciamos ao representar os números na
recta.
Desta forma, calquera punto do plano queda
totalmente determinado mediante as súas
coordenadas e viceversa, a toda parella ordenada de
números lle corresponde un punto do plano.

Exemplo:
No gráfico anterior, o punto A ten coordenadas (2, 3).

Actividades resoltas
Na seguinte gráfica, indica as coordenadas dos puntos sinalados:

A(1, 1)

B(0, 0)

C(2, 0)

D(3, 3)

E(1, 3)

Representa graficamente os puntos:


𝐴 1, 2 ; 𝐵 2, 1 ; 𝐶 0, 4 ;
𝐷 5, 0 ; 𝐸 3, 2

Matemáticas. 3º ESO. Capítulo 10: Funcións e gráficasAutor: José Gallegos Fernández


Tradutora: Mª Teresa Seara Domínguez
www.apuntesmareaverde.org.es Ilustracións: José Gallegos Fernández
290 Funcións e gráficas. 3º da ESO
Actividades propostas
1. Fíxate no mapa seguinte, localiza os países ou cidades que se piden e indica no teu caderno:

LESTE

a) Os cuadrantes onde se encontran os seguintes países:


 México:  Madagascar:  India:  Chile:

 España:  Arxentina:  Australia:  Xapón:

 Arabia Saudita:  Alemaña:  EEUU:  Marrocos:

b) As coordenadas (aproximadas) das seguintes cidades:


 Cidade do Cabo:  Nova York:

 Río de Janeiro:  Alacante:

 Pequín:  Rabat:

 Sidney:  Oviedo:

 Londres:  Córdoba (México):

Matemáticas. 3º ESO. Capítulo 10: Funcións e gráficasAutor: José Gallegos Fernández


Tradutora: Mª Teresa Seara Domínguez
www.apuntesmareaverde.org.es Ilustracións: José Gallegos Fernández
291 Funcións e gráficas. 3º da ESO
2. Copia no teu caderno e indica as coordenadas de todos os puntos que están sinalados no plano:

3. Representa graficamente no teu caderno os seguintes puntos do plano:


A (0, –2) B (–2, 0) C (4, 0) D (–6, 0) E (0, 6) F (1, 7) G (7, 1) H (–4, 8) I (–1, –4) J (–4, –1)
K (5, –3) L (9, 6) M (–2, 1) N (7, –4) Ñ (–3, –3) O(0, 0) P(–2, –1) Q(2, 1) R(2, –1) S(–2, 2)

Matemáticas. 3º ESO. Capítulo 10: Funcións e gráficasAutor: José Gallegos Fernández


Tradutora: Mª Teresa Seara Domínguez
www.apuntesmareaverde.org.es Ilustracións: José Gallegos Fernández
292 Funcións e gráficas. 3º da ESO
2. FUNCIÓNS
2.1. Concepto intuitivo de función
Existen multitude de fenómenos na nosa vida cotiá nos que aparecen relacionadas dúas magnitudes.
Por exemplo, o prezo dun billete nun medio de transporte e a distancia ou tempo de duración da viaxe,
o prezo dun quilo de froita ou carne e o número de quilos que compramos, a duración dun traxecto e a
velocidade á que imos, o número de latexos do corazón nunha unidade de tempo…
Moitas desas relacións réxense por unha lei de proporcionalidade, directa ou inversa, pero hai outras
moitas nas que a correspondencia entre ambas as magnitudes é máis complexa.
Unha función é unha relación entre dúas magnitudes de forma que a un valor calquera dunha (variable
independente) lle facemos corresponder, como moito, un único valor da outra (variable dependente).
Esta relación funcional pódese establecer, moitas veces, mediante unha expresión matemática ou
fórmula, o que nos permitirá traballar de forma cómoda con ela. Outras veces vén dada mediante unha
táboa onde aparecen os valores relacionados entre si. En ocasións temos a relación en forma de
gráfica… E tamén existen FUNCIÓNS que non se poden escribir mediante unha expresión alxébrica!

Exemplos:
Un quilo de tomates custa 0.59 €/kg. A función que establece canto debemos pagar en función
da cantidade de tomates que levamos é y = f(x) = 0.59 x.
Nela, f é o nome que lle poñemos á función e poderiamos chamala usando outras letras (as que
se usan máis frecuentemente son “f”, “g” e “h”). Entre parénteses vai a variable “x” que
representa o número de quilos que compramos, e é a variable independente xa que nós
eliximos libremente a cantidade que queremos ou precisamos. Por último, a variable “y”
representa o prezo que debemos pagar, e é a variable dependente xa que “depende” de cantos
quilos levamos, é dicir, de “x”.
A expresión, f(x) que se le “f de x”, sóese usar con moita frecuencia para designar á variable
dependente porque:
1º) nela vese cal é a variable independente e, polo tanto,
2º) resulta moi cómodo escribir canto nos custaría comprar unha cantidade concreta, por
exemplo, 2 kg. Expresaríase “f de 2” e o seu valor é f(2) = 0.59 ∙ 2 = 1.18 €.

Unha persoa que vai paseando sempre á mesma velocidade, quere percorrer unha rúa recta de 1
km nun tempo determinado. A relación entre o tempo que tardará (en segundos) e a velocidade
que leva (en metros por segundo) vén dada pola fórmula 𝑣 𝑡 .

Nela, “v” é o nome da función velocidade, 1 000 son os metros que ten que percorrer e “t” o
tempo que tarda en percorrer este espazo.

Matemáticas. 3º ESO. Capítulo 10: Funcións e gráficasAutor: José Gallegos Fernández


Tradutora: Mª Teresa Seara Domínguez
www.apuntesmareaverde.org.es Ilustracións: José Gallegos Fernández
293 Funcións e gráficas. 3º da ESO
Todos os números decimais teñen a súa parte enteira e a súa parte decimal. Pois ben, todo
número real pódese relacionar de forma única co número enteiro inmediatamente inferior,
chamado a súa “parte enteira” e representado E  x  . O feito de que este número sexa único fai
que nos encontremos perante unha función.
Por exemplo, a parte enteira de 8.3 é 8: 𝐸 8.3 8; a de –4.2 é –5: 𝐸 4.2 5…
Pois ben, esta función, malia a súa sinxela descrición mediante palabras que nos din que
debemos facer, non se pode escribir mediante unha fórmula alxébrica.

Actividades propostas
4. Das seguintes relacións entre dúas variables, razoa cales son funcionais e cales non:
a. Idade – altura da persoa ao longo da súa vida.
b. Altura – idade da persoa.
c. Prezo da gasolina – día do mes.
d. Día do mes – prezo da gasolina.
e. Un número e a súa quinta parte.
f. Un número e o seu cadrado.
g. Un número e a súa raíz cadrada.
5. Se hoxe o cambio € a $ está 1 € = 1.37 $, completa no teu caderno a seguinte táboa de equivalencia
entre as dúas moedas:
€ 2 5 10 27 60
$
Expresa mediante unha fórmula a relación que existe entre ambas as dúas. Pódese expresar de
forma única esta relación? É unha función?
Se realizas o cambio nunha oficina, cóbranche unha pequena comisión fixa por realizar a operación
de 1.5 €. Como quedaría/n a fórmula/s neste caso?

6. A ponte Golden Gate permite a comunicación entre os


dous lados da baía de San Francisco. As súas torres, de
746 pés de altura, están separadas por unha distancia
de 4 200 pés aproximadamente. A calzada, que ten
unha anchura de 90 pés e se encontra a unha altura de
220 pés sobre o nivel da auga, está suxeita ás torres
mediante dous cables, de 3 pés de diámetro, que
teñen forma de parábola e que tocan a calzada no
centro da ponte.
‐ Realiza un debuxo onde queden reflectidos os datos máis significativos do problema.
‐ Determina a relación que existe entre a altura á que se encontra un punto do cable e a distancia da
súa proxección vertical ao centro da ponte.
‐ Aplica a devandita fórmula para calcular a altura dun punto do cable cuxa vertical está a 1 000 pés
do centro da ponte.

Matemáticas. 3º ESO. Capítulo 10: Funcións e gráficasAutor: José Gallegos Fernández


Tradutora: Mª Teresa Seara Domínguez
www.apuntesmareaverde.org.es Ilustracións: José Gallegos Fernández
294 Funcións e gráficas. 3º da ESO
2.2. Gráfica dunha función
Xa que en toda función temos dous valores que se relacionan de forma única, podemos debuxalos
ambos os dous nos eixes cartesianos de forma que, se unimos todos eses puntos, obtemos unha curva
que nos permite visualizar esta función.
Esta representación ten unha serie de limitacións, moitas delas comúns a calquera debuxo que
poidamos facer: é aproximada xa que os instrumentos que se utilizan para facelo (regra, compás,
lapis…), por moi precisos que sexan (ordenadores), sempre teñen unha marxe de erro; tamén existen
fallos de tipo visual ou dos instrumentos de medida; ou moitas veces temos que representar os infinitos
puntos do grafo nun espazo finito, o cal é imposible e fai que só poidamos debuxar unha parte do que
se pretende, pero non todo.
Malia todos estes inconvenientes, representar graficamente esta serie de puntos relacionados que
conforman a función, aínda que sexa de forma aproximada, é importante xa que nos fai moito máis
concreto un concepto moi abstracto, ao poder visualizalo: “máis vale unha imaxe que mil palabras”.
Exemplo:
A traxectoria que debe seguir un avión para aterrar nun portaavións correspóndese coa
representación da función que relaciona a distancia percorrida por el mesmo dependendo do
tempo que tarda en percorrela:

Ademais, unha representación tamén nos permite descubrir se a mesma representa a unha función ou
non, xa que no debuxo é fácil interpretar se a un valor da variable independente lle corresponde
unicamente un da dependente ou máis de un, propiedade fundamental que define ás FUNCIÓNS.
Exemplo:
No seguinte debuxo, que corresponde a unha circunferencia, ao
valor 0 da variable independente correspóndenlle os valores 2
e  2 da dependente. Ademais, hai outros moitos valores aos
que lles pasa o mesmo, polo que non pode ser a representación
dunha función.
A fórmula que corresponde a esta gráfica é 𝑥 𝑦 4 ou,
tamén, 𝑦 √4 𝑥 .

Matemáticas. 3º ESO. Capítulo 10: Funcións e gráficasAutor: José Gallegos Fernández


Tradutora: Mª Teresa Seara Domínguez
www.apuntesmareaverde.org.es Ilustracións: José Gallegos Fernández
295 Funcións e gráficas. 3º da ESO
A gráfica dunha función é a representación no plano cartesiano de todos os pares ordenados nos que o
primeiro valor corresponde a un calquera da variable independente e o segundo ao que se obtén ao
transformalo mediante a función:
{(x, y)x  , y = f(x)}

Actividades resoltas
Indica cales das seguintes gráficas corresponden a unha función e cales non:

SI NON NON SI
Cal é a clave ou regra para saber, a partir do debuxo, se este corresponde a unha función ou
non?

Se trazamos rectas verticais imaxinarias e estas chocan co debuxo, como moito, nun punto, a
gráfica corresponde a unha función. No outro caso, non.

Debuxa no plano cartesiano os valores da seguinte táboa e conxectura sobre que tipo de figura
corresponde á gráfica da función:
GRÁFICA

x 4 2 0 1 3

f(x) 10 4 2 5 11

Observamos que os puntos, ao representalos, están


aliñados. Polo tanto, o debuxo que corresponde á
gráfica da función é unha RECTA.
Neste caso, non é demasiado difícil descubrir que a
fórmula que relaciona ambas as variables é:
f  x  3x  2

Matemáticas. 3º ESO. Capítulo 10: Funcións e gráficasAutor: José Gallegos Fernández


Tradutora: Mª Teresa Seara Domínguez
www.apuntesmareaverde.org.es Ilustracións: José Gallegos Fernández
296 Funcións e gráficas. 3º da ESO
Completa a seguinte táboa a partir da fórmula da función f  x    x  4 , debuxa os puntos nos
2

eixes cartesianos e intenta unilos mediante unha curva:


GRÁFICA

x 2 1 0 1 2

f(x) 0 3 4 3 0

A curva obtida recibe o nome de


PARÁBOLA (que é unha das catro
cónicas).

Actividades propostas
7. Realiza no teu caderno o debuxo de dúas gráficas, unha que corresponda a unha función e a outra
non. Identifica cada unha e explica o porque desta correspondencia.
8. Realiza no teu caderno unha táboa con 10 valores da función e(t) = 5t + 20, represéntaos
graficamente e indica a figura que determinan. Se esta función representa o espazo (en quilómetros)
que percorre unha persoa que leva andados 20 km e camiña a unha velocidade de 5 km/h, en
función do tempo que tarda en percorrelo (en horas), indica cales serían os valores que non tería
sentido dar á variable independente e en que se traduce iso na gráfica.
9. Razoa se os valores da seguinte táboa poden corresponder aos dunha función e por que:

x 13 7 10 13 24

f(x) 15 0 14 3 0

10. Nunha folla de papel cuadriculado raia un cadrado de lado un cadradiño. Cal é a súa área? Agora fai
o mesmo cun cadrado de lado 2. Continúa tomando cadrados de lados 3, 4, 5… e calcula as súas
áreas. Cos resultados completa unha táboa de valores e debuxa a súa gráfica. Ten sentido para
valores negativos da variable? Busca unha fórmula para esta función.
11. Para aparcar en zona azul (non residentes) hai unhas tarifas. Representa unha gráfica da función
cuxa variable independente sexa o tempo e a variable dependente o prezo (en euros) que hai que
pagar.
12. Un fabricante quere construír vasos cilíndricos medidores de volumes que teñan de radio da base
4 cm e de altura total do vaso 24 cm. Escribe unha fórmula que indique como varía o volume ao ir
variando a altura do líquido. Constrúe unha táboa cos volumes correspondentes ás alturas tomadas
de 3 en 3 cm. Escribe tamén unha fórmula que permita obter a altura coñecendo os volumes. A que
altura haberá que colocar a marca para ter un decilitro?

Matemáticas. 3º ESO. Capítulo 10: Funcións e gráficasAutor: José Gallegos Fernández


Tradutora: Mª Teresa Seara Domínguez
www.apuntesmareaverde.org.es Ilustracións: José Gallegos Fernández
297 Funcións e gráficas. 3º da ESO
2.3. Exemplos de FUNCIÓNS: función afín e cuadrática
Durante todos os apartados anteriores fomos analizando distintos exemplos de relacións entre dúas
variables que eran función e outros que non. Fixémolo desde o punto de vista gráfico, de táboas de
valores e de fórmulas matemáticas.
Nesta sección, simplemente imos analizar uns cantos exemplos de FUNCIÓNS que son bastante sinxelas
e que teñen bastantes aplicacións prácticas.
Unha función afín é aquela función na que a relación entre as dúas variables vén dada por un polinomio
de grao menor ou igual a un:
y = f(x) = mx + n.
A súa representación gráfica é sempre unha recta, a súa pendente é o coeficiente líder (m) e indica a
inclinación da mesma (se é positivo a recta será crecente e se é negativo decrecente) e a súa ordenada
na orixe (n) é o termo independente, que nos proporciona o punto onde a recta corta o eixe de
ordenadas.
Exemplo:

GRÁFICA
y = 3x – 1 (polinomio de primeiro grao)

X 2 1 1/2 0 1

f(x) 3 1 0 1 3

(2, 3) (1, 1) (1/2, 0) (0, 1) (1, 3)

Pendente: 3  recta decrecente


Ordenada na orixe: 1  (0, 1) punto de corte da
recta co eixe de ordenadas

Como casos particulares de FUNCIÓNS afíns temos:


Función constante (recta horizontal): é aquela que
sempre toma o mesmo valor para todos os valores da
variable independente (a pendente é nula):
yn
Exemplo:
Gráficas de y = 3; y = 1; y = 0; y = 2.
Polo tanto, a recta non ten inclinación, é dicir, é
paralela ao eixe de abscisas.
Observa que
A ecuación do eixe de abscisas é y = 0.

Matemáticas. 3º ESO. Capítulo 10: Funcións e gráficasAutor: José Gallegos Fernández


Tradutora: Mª Teresa Seara Domínguez
www.apuntesmareaverde.org.es Ilustracións: José Gallegos Fernández
298 Funcións e gráficas. 3º da ESO
Función lineal ou de proporcionalidade directa: é aquela
que ten ordenada na orixe igual a 0 (pasa pola orixe de
coordenadas): y  mx

Cada valor de “y” conserva unha mesma proporción


respecto ao de “x”:
y  3 x (y é o triplo de x)
y  2 x (y é o oposto do dobre de x)
y  x (función identidade: y é igual a x)

Observa que:
A gráfica de x = a é unha recta vertical, pero non é
unha función porque para o valor da variable
independente “a”, a ordenada toma infinitos valores.
Exemplo:
Debuxa a gráfica de x = 3; x = 2; x = 1.
A ecuación do eixe de ordenadas é x = 0.

Actividades propostas
13. Escribe tres FUNCIÓNS cuxas gráficas sexan tres rectas que pasen pola orixe de coordenadas e as
súas pendentes sexan 3, 2, e 1/2 respectivamente.
14. Que ángulo forma co eixe de abscisas a recta y = x? E a recta y = x?
15. Un metro de certa tea custa 1.35 €, canto custan 5 metros? E 10 m? E 12.5 m? Canto custan “x”
metros de tea? Escribe a fórmula desta situación.
16. Calcula a ecuación e debuxa a gráfica das rectas seguintes:
a) A súa pendente é 2 e a súa ordenada na orixe é 3.
b) Pasa polos puntos A(1, 3) e B(0, 4).
c) A súa ordenada na orixe é 0 e a súa pendente é 0.
d) Pasa polos puntos C(1, 3) e D(2, 5).
e) Pasa polo punto (a, b) e ten de pendente m.
17. Como son entre si dúas rectas de igual pendente e distinta ordenada na orixe?
18. Debuxa no teu caderno, sen calcular a súa ecuación, as rectas seguintes:
a) De pendente 3 e ordenada na orixe 0.
b) Pasa polos puntos A(2, 3) e B(4, 1).
c) A súa pendente é 2 e pasa polo punto (4, 5).

Matemáticas. 3º ESO. Capítulo 10: Funcións e gráficasAutor: José Gallegos Fernández


Tradutora: Mª Teresa Seara Domínguez
www.apuntesmareaverde.org.es Ilustracións: José Gallegos Fernández
299 Funcións e gráficas. 3º da ESO
Unha función cuadrática é aquela función na que a relación entre as dúas variables vén dada por un
polinomio de grao dous:
y = f(x) = ax2 + bx + c.
A gráfica deste tipo de FUNCIÓNS chámase parábola

Se o coeficiente líder ou cuadrático é positivo Se o coeficiente líder ou cuadrático é negativo


(a > 0), a parábola está aberta cara ao eixe Y (a < 0), a parábola está aberta cara ao eixe Y
positivo (convexa). negativo (cóncava).

y = 2x2 + x 3 y = 2x2 + 4x
2>0 2 < 0

Os outros coeficientes do polinomio afectan á posición que ocupa a parábola respecto aos eixes.

Non podemos dicir que unha función cuadrática é crecente ou decrecente, xa que hai un anaco (rama)
que medra e outro que diminúe. O punto onde se produce ese cambio chámase vértice e é o maior
(máximo) ou menor (mínimo) valor que toma a función. Podemos dicir que este punto é o máis
significativo nunha parábola, e por iso é importante saber calculalo. Para iso, dámoslle á variable
b
independente o valor x  , e substituímolo na función para calcular “y”. Este valor é fácil de recordar
2a
xa que é o mesmo que aparece na fórmula das ecuacións de 2º grao quitándolle a raíz cadrada, e
obtense precisamente polo carácter de máximo ou mínimo que ten o vértice.
Exemplo:
GRÁFICA
𝒚 𝒙𝟐 𝟔𝒙 𝟓
polinomio 2º grao

X 3 1 5 0 6
f(x) 4 0 0 5 5
(3, 4) (1, 0) (5, 0) (0, 5) (6, 5)

Coeficiente líder: 1 > 0  parábola convexa


 b  6
Vértice: x      3  y  4  (3,4)
 2a  a1 2
b6

Ordenada na orixe: 5  (0, 5) punto de corte co eixe de


ordenadas.
Puntos de intersección co eixe de abscisas: (1, 0) e (5, 0)

Matemáticas. 3º ESO. Capítulo 10: Funcións e gráficasAutor: José Gallegos Fernández


Tradutora: Mª Teresa Seara Domínguez
www.apuntesmareaverde.org.es Ilustracións: José Gallegos Fernández
300 Funcións e gráficas. 3º da ESO
Actividades propostas
19. Copia no teu caderno e completa:

y  3 x  3  Función ____________________ porque ____________________________________________

X y Solución Gráfica

Operacións:

x
y  Función ____________________ porque ____________________________________________
2
X y Solución Gráfica

Operacións:

Matemáticas. 3º ESO. Capítulo 10: Funcións e gráficasAutor: José Gallegos Fernández


Tradutora: Mª Teresa Seara Domínguez
www.apuntesmareaverde.org.es Ilustracións: José Gallegos Fernández
301 Funcións e gráficas. 3º da ESO
y 3x2  6x  4  Función ____________________ porque
____________________________________________

X y Solución Gráfica

Operacións:

y  2x2 8  Función ____________________ porque ____________________________________________

X y Solución Gráfica

Operacións:

Matemáticas. 3º ESO. Capítulo 10: Funcións e gráficasAutor: José Gallegos Fernández


Tradutora: Mª Teresa Seara Domínguez
www.apuntesmareaverde.org.es Ilustracións: José Gallegos Fernández
302 Funcións e gráficas. 3º da ESO
20. Debuxa a gráfica da función y = x2.
a) Para iso fai unha táboa de valores, tomando valores de abscisa positiva.
b) Tomando valores de abscisa negativa.
c) Que lle ocorre á gráfica para valores grandes de “x”? E para valores negativos grandes en valor
absoluto?
d) A curva é simétrica? Indica o seu eixe de simetría.
e) Ten un mínimo? Cal é? Coordenadas do vértice.
f) Recorta un modelo desta parábola marcando o seu vértice e o eixe de simetría, que usaremos
noutros problemas.
21. Tomando a mesma unidade que no problema anterior debuxa no teu caderno, nun mesmo sistema
de referencia, as gráficas das parábolas: y = x2 + 2; y = x2 3; y = x2; y = x2 + 2; y = x2 1. Observa
que podes utilizar o modelo do exercicio anterior. Fai un resumo indicando o que obtiveches. Terás
observado que en todos os casos podes utilizar o modelo trasladándoo en sentido vertical, cara
arriba no caso de y = x2 + 2; e cara abaixo no caso de y = x2 3. A parábola y = x2; é simétrica (cara
abaixo) de y = x2. En xeral, se trasladamos q unidades na dirección do eixe de ordenadas temos a
parábola y = x2 + q.
22. Tomando a mesma unidade que no problema anterior debuxa no teu caderno, nun mesmo sistema
de referencia, as gráficas das parábolas: y = (x + 2)2; y = (x  3)2; y = (x + 1)2; y = (x  1)2. Observa
que podes utilizar o modelo do exercicio anterior. Fai un resumo indicando o que obtiveches. Terás
observado que en todos os casos podes utilizar o modelo trasladándoo en sentido horizontal, cara á
dereita no caso de y = (x  3)2; e cara á esquerda no caso de y = (x + 2)2. Polo que, en xeral, se
trasladamos p unidades na dirección do eixe de abscisas obtemos a parábola y = (x  p)2.
23. Escribe a ecuación dunha parábola de igual forma que y = x2, pero trasladada 5 unidades en sentido
horizontal á dereita e 3 unidades en sentido vertical cara arriba. Que coordenadas ten o seu vértice?
24. Debuxa no teu caderno, nun mesmo sistema de referencia, as gráficas das parábolas:
y = x2; y = 2x2; y = 1/3x2; y = x2; y = 1/2x2; y = 3x2.
Observa que agora xa non che serve o modelo empregado. Agora as parábolas estréitanse ou
ensánchanse.
25. Completa este resumo. A gráfica de y = ax2 obtense da de y = x2:
a) Se a > 1 entón…?
b) Se 0 < a < 1 entón…?
c) Se a < 1 entón…?
d) Se 1 < a < 0 entón…?
26. Volvemos usar o modelo.
a) Traslada o vértice da parábola y = x2 ao punto (4, 2). Escribe a súa ecuación e a ecuación do seu
eixe de simetría. Debuxa a súa gráfica.
b) Traslada o vértice da parábola y = x2 ao punto (3, 1). Escribe a súa ecuación e a ecuación do
seu eixe de simetría. Debuxa a súa gráfica.

Matemáticas. 3º ESO. Capítulo 10: Funcións e gráficasAutor: José Gallegos Fernández


Tradutora: Mª Teresa Seara Domínguez
www.apuntesmareaverde.org.es Ilustracións: José Gallegos Fernández
303 Funcións e gráficas. 3º da ESO
2.4. Gráficas de FUNCIÓNS con Xeoxebra. Gráficas de FUNCIÓNS lineais e
afíns
Nesta actividade vaise utilizar o programa Xeoxebra para representar FUNCIÓNS lineais e afíns, as
gráficas destas FUNCIÓNS son rectas. Primeiro represéntanse rectas coa mesma pendente para
observar a relación que existe entre elas e determinar a propiedade que as caracteriza. Tamén se
representan rectas que teñen a mesma ordenada na orixe para observar a relación que existe entre elas
e determinar unha característica común.

Actividades resoltas
Utiliza Xeoxebra para estudar rectas con igual pendente.
 Abre o programa Xeoxebra e en Visualiza activa Cuadrícula para
que sexa máis fácil definir puntos.
 Coa ferramenta Novo Punto define un punto na orixe de
coordenadas. Observa que na Ventá Alxébrica aparece o punto,
que o sistema denomina A, como obxecto libre e coordenadas (0,
0).
 Define un Novo Punto de coordenadas (1, 2), o programa chámao
B e na Ventá Alxébrica aparece como obxecto libre coas súas
coordenadas: B = (1, 2).
 Utiliza a ferramenta Recta que pasa por 2 puntos para debuxar a
recta que pasa polos puntos A e B. Observa que o programa a
denomina a e na Ventá Alxébrica aparece como obxecto
dependente e a súa ecuación a: 2x + y = 0. Esta ecuación pódese
expresar por: y = 2x.
 Define un Novo Punto de coordenadas (0, 3), o programa chámao C
e na Ventá Alxébrica aparece como obxecto libre coas súas coordenadas: C = (0, 3).
 Coa ferramenta Recta Paralela, debuxa unha recta paralela á recta a que pase por C. Observa que o
programa a denomina b e na Ventá Alxébrica aparece como obxecto dependente e a súa ecuación a:
2x + y = 3. Esta ecuación pódese expresar por: y = 2x + 3.
 Define un Novo Punto de coordenadas (1, 2), o programa chámao D e na Ventá Alxébrica aparece
como obxecto libre coas súas coordenadas: D = (1, 2).
 Coa ferramenta Recta Paralela, debuxa unha recta paralela á recta a que pase por D. Observa que o
programa a denomina c e na Ventá Alxébrica aparece como obxecto dependente e a súa ecuación a:
2x + y = 4. Esta ecuación pódese expresar por: y = 2x 4.
 Utiliza a ferramenta Pendente para calcular as pendentes das rectas a, b e c. Observa que ao calcular a
pendente da recta a aparece na gráfica e na Ventá Alxébrica como obxecto dependente m = 2.
Analogamente ao calcular a pendente da recta b, obtense m1 = 2 e ao calcular a pendente da recta c,
tense m2 = 2.

Matemáticas. 3º ESO. Capítulo 10: Funcións e gráficasAutor: José Gallegos Fernández


Tradutora: Mª Teresa Seara Domínguez
www.apuntesmareaverde.org.es Ilustracións: José Gallegos Fernández
304 Funcións e gráficas. 3º da ESO
27. Como son as pendentes das rectas paralelas? En función dos resultados anteriores realiza unha
conxectura e debuxa outras rectas paralelas á recta a para comprobala.

Observa que a ecuación de todas as rectas paralelas á recta a son da forma:


y = 2x + n, con n variable.
Algunha das rectas que debuxaches é a gráfica dunha función lineal?

Rectas coa mesma ordenada na orixe


Utiliza Xeoxebra para estudar rectas con igual ordenada na orixe.
 Abre unha Nova Ventá que é unha opción do menú
Arquivo.
 Coa ferramenta Novo Punto define un punto de
coordenadas (0, 3). Observa que na Ventá Alxébrica
aparece o punto, que o sistema denomina A, como
obxecto libre e aparecen as súas coordenadas A = (0, 3).
 Define un Novo Punto B de coordenadas (1, 4) e coa
ferramenta Recta que pasa por 2 puntos debuxa a recta
que pasa por A e B, o programa denomínaa a e na Ventá
Alxébrica aparece a súa ecuación, a: x + y = 3
equivalente a y = x +3.
 Define un Novo Punto C de coordenadas (1, 1) e coa
ferramenta Recta que pasa por 2 puntos debuxa a recta
que pasa por A e C, o programa denomínaa b e na Ventá
Alxébrica aparece a súa ecuación, b: 2x + y = 3 equivalente a y = 2x +3
 Cun proceso similar debuxa a recta c que pasa por A e D, con D = (2, 4) que ten por ecuación c:
1
x + 2y = 6. Esta ecuación pódese expresar por: y   x  3 .
2
 Debuxa tamén a recta d que pasa por A e E, con E = (2, 1), a ecuación da recta d que aparece é:
d: 4x + 2y = 6, equivalente a y = 2x + 3.
 Utiliza a ferramenta Pendente para calcular as pendentes das catro rectas que debuxaches.
 Observa que as catro rectas que debuxaches pasan polo punto A = (0, 3), as súas ecuacións coa
variable e despexada son:
1
a: y = x + 3 b: y = 2x + 3 c: y   x  3 d: y = 2x + 3.
2

Matemáticas. 3º ESO. Capítulo 10: Funcións e gráficasAutor: José Gallegos Fernández


Tradutora: Mª Teresa Seara Domínguez
www.apuntesmareaverde.org.es Ilustracións: José Gallegos Fernández
305 Funcións e gráficas. 3º da ESO
28. Que teñen en común as ecuacións das rectas que pasan polo punto A (0, 3)? En función dos
resultados anteriores realiza unha conxectura e compróbaa debuxando outras rectas que pasen polo
punto A.

Observa que a ecuación de todas as rectas que pasan polo punto A(0, 3) son da forma:
y = mx + 3, sendo m a pendente da recta.
Na ecuación da recta y = mx + n, o parámetro n denomínase ordenada na orixe.

29. Cal é o valor da ordenada na orixe das catro rectas que debuxaches?
30. Observa as ecuacións das catro rectas que debuxaches, dúas delas teñen pendente positiva a e d e
as outras dúas, b e c teñen pendente negativa. Relaciona o signo da pendente da recta co
crecemento ou decrecemento da función que representan.

Actividades propostas
x
31. Calcula dous puntos das rectas de ecuacións: y = 2x + 2 e y =  + 2, para debuxalas con Xeoxebra.
2
Indica dúas propiedades comúns de ambas as gráficas.
x
32. Representa, tamén, as rectas de ecuacións: y = 3x + 1 e y =  3.
3
33. Que condición deben verificar as pendentes de dúas rectas para que sexan perpendiculares?

Matemáticas. 3º ESO. Capítulo 10: Funcións e gráficasAutor: José Gallegos Fernández


Tradutora: Mª Teresa Seara Domínguez
www.apuntesmareaverde.org.es Ilustracións: José Gallegos Fernández
306 Funcións e gráficas. 3º da ESO
3. CARACTERÍSTICAS DUNHA FUNCIÓN
3.1. Continuidade
O concepto de continuidade dunha función é moi intuitivo (na maioría das FUNCIÓNS) xa que se
corresponde con que a gráfica se poida debuxar sen levantar o lapis do papel. Cando isto non ocorre,
prodúcense “saltos” en determinados puntos que reciben o nome de descontinuidades.
Exemplos:
Que FUNCIÓNS son continuas segundo o seu debuxo e cales non? Indica nestas últimas o/os
valor/es da variable independente onde se produce a descontinuidade:

NON (en x = 1 ten un salto infinito) NON (en x = 1 ten un salto finito de 4 unidades)

SI (continua para calquera valor de x) NON (en x = 2 e x = 2 ten saltos infinitos)

Matemáticas. 3º ESO. Capítulo 10: Funcións e gráficasAutor: José Gallegos Fernández


Tradutora: Mª Teresa Seara Domínguez
www.apuntesmareaverde.org.es Ilustracións: José Gallegos Fernández
307 Funcións e gráficas. 3º da ESO
3.2. Monotonía: crecemento e decrecemento
Unha función é crecente nun intervalo cando ao aumentar o valor da variable independente aumenta
tamén o da dependente.
Unha función é decrecente nun intervalo se ao aumentar o valor da variable independente diminúe o
da dependente.
Unha función é monótona nun intervalo cando é crecente ou decrecente nese intervalo.
Unha función é constante nun intervalo cando tome o valor que tome a variable independente, a
dependente toma sempre o mesmo valor.
Como indican as definicións, a monotonía ou non dunha función dáse nun intervalo. Polo tanto, unha
función pode ser crecente para unha serie de valores, para outros ser decrecente ou constante, logo
pode volver ser crecente ou decrecente ou constante…
Exemplo:

DECRECENTE ata x = 2 CRECENTE ata x = 0


CRECENTE sempre CONSTANTE sempre
DECRECENTE desde x = 2 DECRECENTE desde x = 0

3.3. Extremos: máximos e mínimos


Unha función presenta un máximo relativo (ou máximo local)
nun punto cando o valor da función nese punto é maior que
calquera dos valores que están ao seu arredor (no seu
entorno). Se, ademais, o valor é maior que en calquera outro
punto da función dise que a función acada un máximo
absoluto (ou máximo global) nel.
Unha función presenta un mínimo relativo (ou mínimo local)
nun punto cando o valor da función nese punto é menor que
en calquera dos valores que están ao seu arredor (no seu
entorno). Se, ademais, o valor é menor que en calquera outro
punto da función dise que a función acada un mínimo absoluto
(ou global) nel.
Se unha función presenta un máximo ou un mínimo nun punto,
dise que ten un extremo nese punto que poderá ser relativo
ou absoluto.

Matemáticas. 3º ESO. Capítulo 10: Funcións e gráficasAutor: José Gallegos Fernández


Tradutora: Mª Teresa Seara Domínguez
www.apuntesmareaverde.org.es Ilustracións: José Gallegos Fernández
308 Funcións e gráficas. 3º da ESO
Exemplos
A parábola y = x2 – 6x + 5 ten un mínimo absoluto no seu vértice
(3, – 4). Non ten máximos, nin relativos nin absoluto. Antes do vértice é
decrecente e despois é crecente.
A parábola y = –2x2 – 4x ten un máximo
absoluto no seu vértice (1, 2). Non ten mínimos,
nin relativos nin absoluto. Antes do vértice, para
x < 1, a función é crecente, e despois, para x > 1, a
función é decrecente.
Todas as parábolas teñen un máximo ou un
mínimo absoluto no seu vértice.
y = x2 – 6x + 5 y = –2x2 – 4x

A función y = –x4 + 2x2 ten un mínimo absoluto na orixe (0, 0)


e dous máximos en (1, 1) e en (–1, 1). Para x < –1 é unha función
crecente, para –1 < x < 0, é unha función decrecente, para 0 < x < 1 é
crecente, e para x > 1 é decrecente.

Observa, nos máximos sempre a función pasa de ser crecente a ser


decrecente, e nos mínimos de ser decrecente a ser crecente.

x 1
A función f ( x)  non ten ni máximos ni mínimos (nin
x 1
relativos nin absolutos). É unha función sempre crecente.

A gráfica da
3
x
función f ( x)  non ten máximo nin mínimo
2x 2  8
absoluto, pero ten un mínimo relativo cara a x = 3,
A(3.46, 2.6), e un máximo relativo cara a x = 3,
B(3.46, 2.6). Observa que o valor do mínimo relativo,
2.6, é maior que a do máximo relativo, 2.6. Pero en
valores próximos ao mínimo si é o menor valor, por este
motivo denomínase “relativo”, “local”. Non son os valores
maiores ou menores que acada a función, pero se
unicamente miramos nun entorno do punto si son valores
máximos ou mínimos.

Matemáticas. 3º ESO. Capítulo 10: Funcións e gráficasAutor: José Gallegos Fernández


Tradutora: Mª Teresa Seara Domínguez
www.apuntesmareaverde.org.es Ilustracións: José Gallegos Fernández
309 Funcións e gráficas. 3º da ESO
3.4. Simetría
Unha función par é aquela na que se obtén o mesmo ao substituír un número que o seu oposto:
f  x   f  x 
Esta propiedade tradúcese en que a función é simétrica respecto ao eixe de ordenadas, é dicir, se
dobramos o papel por este eixe, a gráfica da función coincide en ambos os lados.
Exemplo:

A función cuadrática f  x  x é par:


2

f  x    x   x2  f  x 
2

Unha función impar é aquela na que se obtén o mesmo ao substituír un número que o seu oposto:
f  x   f  x
Esta propiedade tradúcese en que a función é simétrica respecto á orixe de coordenadas, é dicir, se
trazamos un segmento que parte de calquera punto da gráfica e pasa pola orixe de coordenadas, ao
prolongalo cara ao outro lado encontraremos outro punto da gráfica á mesma distancia.
Exemplo:

A función de proporcionalidade inversa


1
f  x   é impar porque:
x
1 1
f  x     f  x
 x x

Matemáticas. 3º ESO. Capítulo 10: Funcións e gráficasAutor: José Gallegos Fernández


Tradutora: Mª Teresa Seara Domínguez
www.apuntesmareaverde.org.es Ilustracións: José Gallegos Fernández
310 Funcións e gráficas. 3º da ESO

3.5. Periodicidade
Unha función periódica é aquela na que as imaxes da función se repiten sempre que se lle engade á
variable independente unha cantidade fixa, chamada período.
Exemplo:
Un exemplo de función periódica é o seguinte, que corresponde a un electrocardiograma:

Obsérvase claramente que a gráfica se repite a intervalos iguais, xa que os latexos do corazón
son rítmicos.

Actividades resoltas
Que significaría, na gráfica anterior, que os intervalos de repetición non fosen iguais?
Se non temos un período fixo, querería dicir que o corazón non está funcionando de forma
rítmica e, polo tanto, diriamos que se produciu unha “arritmia”.
Como influiría na gráfica anterior que o período sexa máis ou menos grande? Que significado
tería?
Se o período é máis grande, é dicir, os intervalos de repetición atópanse máis distanciados,
teriamos un ritmo de latexo máis lento (menos pulsacións por minuto), o que se coñece como
“bradicardia”.
Se o período é menor, pasaría xusto todo o contrario, isto é, o corazón estaría latexando máis
rápido do normal (máis pulsacións por minuto) e teriamos unha “taquicardia”.

Actividades propostas
34. Copia as seguintes táboas no teu caderno e sinala todas as características que poidas das FUNCIÓNS
representadas mediante as súas gráficas:
GRÁFICA 1 CARACTERÍSTICAS
Valores variable independente:
Valores variable dependente:
Par:
Simetría
Impar:
Punto corte eixe ordenadas:
Punto/s corte eixe abscisas:
Continuidade:
Crecente:
Monotonía
Decrecente:
Máximos:
Extremos
Mínimos:
Periódica:

Matemáticas. 3º ESO. Capítulo 10: Funcións e gráficasAutor: José Gallegos Fernández


Tradutora: Mª Teresa Seara Domínguez
www.apuntesmareaverde.org.es Ilustracións: José Gallegos Fernández
311 Funcións e gráficas. 3º da ESO
GRÁFICA 2 CARACTERÍSTICAS
Valores variable independente:
Valores variable dependente:
Par:
Simetría
Impar:
Punto corte eixe ordenadas:
Punto/s corte eixe abscisas:
Continuidade:
Crecente:
Monotonía
Decrecente:
Máximos:
Extremos
Mínimos:
Periódica:

GRÁFICA 3 CARACTERÍSTICAS
Valores variable independente:
Valores variable dependente:
Par:
Simetría
Impar:
Punto corte eixe ordenadas:
Punto/s corte eixe abscisas:
Continuidade:
Crecente:
Monotonía
Decrecente:
Máximos:
Extremos
Mínimos:
Periódica:

GRÁFICA 4 CARACTERÍSTICAS
Valores variable independente:
Valores variable dependente:
Par:
Simetría
Impar:
Punto corte eixe ordenadas:
Punto/s corte eixe abscisas:
Continuidade:
Crecente:
Monotonía
Decrecente:
Máximos:
Extremos
Mínimos:
Periódica:

Matemáticas. 3º ESO. Capítulo 10: Funcións e gráficasAutor: José Gallegos Fernández


Tradutora: Mª Teresa Seara Domínguez
www.apuntesmareaverde.org.es Ilustracións: José Gallegos Fernández
312 Funcións e gráficas. 3º da ESO
CURIOSIDADES. REVISTA

Johann Peter Gustav Leixeune Diri- afamados matemáticos da súa época, relacio-
chlet (13/02/1805–5/5/1859) foi un mate- nándose con algúns como Fourier.
mático alemán ao que se lle atribúe a defini- Foron alumnos seus Leopold Kronecker e
ción "formal" moderna de función. Rudolf Lipschitz. Tras a súa morte, o seu ami- Johann Peter
Gustav Leixeune
Dirichlet naceu en Düren, onde o seu pai era go e colega matemático Richard Dedekind
Dirichlet
o xefe da oficina de correos. Foi educado en compilou, editou e publicou as súas leccións e
Alemaña e, despois, en Francia, onde outros resultados na teoría de números.
aprendeu de algúns dos máis
Unha versión simple da función de Dirichlet defínese como:
1 se x ∈ ℚ 𝑥 é racional
𝐷 𝑥
0 se x ∈ 𝐼 𝑥 é irracional
Esta función ten a “curiosa” propiedade de que é descontinua para calquera
valor que lle deamos á variable independente.

Nikki encontrou unha forma de reunir os seus do busca e axusta a fórmula necesaria para
dous intereses, matemáticas e fotografía da xerar que a representación gráfica se adapte.
natureza, nunha serie de imaxes chama- Unha curiosa forma de aprender matemáticas
da Found Functions nas que superpón grá- e ver que todo se pode representar con elas.
ficas xeradas mediante fórmulas matemáticas
a fotografías tomadas por ela. Se queres consultar máis e ver as fotografías
Pero o orixinal é que non busca imaxes que (que teñen copyright), visita a páxina:
poidan adaptarse a certas fórmulas, senón que http://www.nikkigraziano.com/index.php/project/found-functions/
cando ten unha fotografía que lle gusta é can-

Cando a relación
funcional se establece entre tres variables, a grá-
fica tense que facer en tres dimensións, o que a
fai máis complexa de representar pero máis re-
chamante. Os ordenadores son de gran axuda
para facelas e velas desde distintos puntos de vis-
ta. Serven para realizar modelos moi reais de
multitude de situacións tridimensionais.

Matemáticas. 3º ESO. Capítulo 10: Funcións e gráficasAutor: José Gallegos Fernández


Tradutora: Mª Teresa Seara Domínguez
www.apuntesmareaverde.org.es Ilustracións: José Gallegos Fernández
319 Funcións e gráficas. 3º da ESO
RESUMO

CONCEPTOS Exemplos

Eixes cartesianos e
coordenadas dun
punto no plano

Unha función é unha relación entre dúas


magnitudes de forma que a un valor calquera 𝑦 𝑓 𝑥 0.59 𝑥
Función dunha (variable independente) lle facemos 𝑓 2 0.59 2 1.18
corresponder, como moito, un único valor da 𝑓 5 0.59 5 2.95
outra (variable dependente).

y = f(x) = 0.59x
{(2, 1.18), (5, 2.95)…}
A gráfica dunha función é a representación no
plano cartesiano de todos os pares ordenados
nos que o primeiro valor corresponde a un
Gráfica dunha calquera da variable independente e o segundo
ao que se obtén ao transformalo mediante a
función
función:
{(x, y)x  , y = f(x)}

Gráfica:

Matemáticas. 3º ESO. Capítulo 10: Funcións e gráficasAutor: José Gallegos Fernández


Tradutora: Mª Teresa Seara Domínguez
www.apuntesmareaverde.org.es Ilustracións: José Gallegos Fernández
320 Funcións e gráficas. 3º da ESO
CONCEPTOS Exemplos
Unha función afín é aquela función na que
a relación entre as dúas variables vén dada
por un polinomio de grao menor ou igual a
un: y = f(x) = mx + n.
A representación gráfica é unha recta.
Función afín, “m” recibe o nome de pendente e “n”
función lineal e ordenada na orixe.
función Unha función lineal ou de
proporcionalidade directa é unha función
constante
afín con ordenada na orixe nula: 𝑦 𝑚𝑥
(pasa pola orixe).
Unha función constante é unha función afín
con pendente nula: 𝑦 𝑛 (sempre toma o
mesmo valor e a súa gráfica é unha recta
horizontal).
Unha función cuadrática é aquela función
na que a relación entre as dúas variables
vén dada por un polinomio de grao dous:
y = f(x) = ax2 + bx + c.
A gráfica deste tipo de FUNCIÓNS chámase
Función
parábola.
cuadrática O punto máis significativo da parábola é o
vértice e calcúlase dándolle á variable
independente o valor x  b .
2a
Se o coeficiente líder é positivo, o vértice
é un mínimo e, se é negativo, un máximo.
Unha función pode ser continua nun
intervalo se a súa gráfica non sofre
“rupturas” (chamadas descontinuidades),
crecente (decrecente) se o seu valor
Continuidade aumenta (diminúe) cando o fai a variable
Monotonía independente, constante cando sempre
toma o mesmo valor, par se a imaxe da
Extremos
variable independente coincide coa do seu
Simetría
oposto, impar cando o valor da función para
Periodicidade o oposto da variable independente tamén é
o oposto e periódica se as imaxes dos
valores obtidos ao sumar unha cantidade
fixa (período) á variable independente
coinciden.

Matemáticas. 3º ESO. Capítulo 10: Funcións e gráficasAutor: José Gallegos Fernández


Tradutora: Mª Teresa Seara Domínguez
www.apuntesmareaverde.org.es Ilustracións: José Gallegos Fernández
321 Funcións e gráficas. 3º da ESO
EXERCICIOS E PROBLEMAS
Sistemas de representación
1. Sitúa nun sistema de referencia cartesiano os puntos seguintes, elixindo unha escala nos eixes que
permita debuxalos todos de forma cómoda: A(5, 4); B(0, 2); C(–2, 0); D(3, –1.3); E(1.5, 0); F(0, 0);
G(–1, –2/3). Sinala en cada caso a que cuadrante pertence o punto ou, no seu caso, en que eixe
está.
2. Escribe as coordenadas de tres puntos situados no terceiro cuadrante.
3. Sitúa nun sistema de referencia cartesiano os puntos seguintes:
A(0, 4); B(0, 2.3); C(0, –2); D(0, –1). Que teñen en común todos eles?
4. Escribe as coordenadas e representa tres puntos do eixe de ordenadas. Que teñen en común?
5. Debuxa no teu caderno un triángulo rectángulo cun cateto igual a 3, e o vértice do ángulo recto na
orixe de coordenadas. Indica as coordenadas de todos os vértices.
6. A seguinte gráfica resume a excursión que realizamos pola serra de Guadarrama:

a) Canto tempo durou a excursión?


b) Canto tempo se descansou? A que horas?
c) Cantos quilómetros se percorreron?
d) En que intervalos de tempo se foi máis rápido que entre as 11 e as 13 horas?
e) Fai unha breve descrición do desenvolvemento da excursión.
f) Constrúe unha táboa de valores a partir dos puntos sinalados na gráfica.
g) Se no eixe de ordenadas representaramos a variable “distancia ao punto de partida”, sería a
mesma gráfica? Cos datos de que dispós, podes facela?

Matemáticas. 3º ESO. Capítulo 10: Funcións e gráficasAutor: José Gallegos Fernández


Tradutora: Mª Teresa Seara Domínguez
www.apuntesmareaverde.org.es Ilustracións: José Gallegos Fernández
322 Funcións e gráficas. 3º da ESO
FUNCIÓNS E TIPOS DE FUNCIÓNS
7. Indica cales das seguintes correspondencias son FUNCIÓNS:
a) A cada número natural sonlle asociados os seus divisores primos.
b) A cada circunferencia do plano élle asociado o seu centro.
8. A altura e a idade dos compoñentes dun equipo de baloncesto están relacionados segundo amosa
a seguinte gráfica:
a) Se Xoán ten 14 anos, cal pode ser a súa altura?
b) Se María mide 165 cm, cal pode ser a súa idade?
c) A relación entre a altura e a idade dos diferentes
compoñentes do equipo, é unha relación funcional? Por
que?
d) E a relación entre a idade e a altura? Realiza unha gráfica
similar á anterior para representar esta situación.

9. A distancia, d, percorrida por un tren depende do número de voltas, n, que dá cada roda da
locomotora.
a) Escribe a fórmula que permite obter d coñecido n, sabendo que o diámetro das rodas da
locomotora é de 78 cm.
b) Debuxa a gráfica.
c) Que distancia terá percorrido o tren cando a roda teña dado mil voltas? (Toma como valor de
π o número 3.14).
d) Cantas voltas terá dado a roda ao cabo de 7 km?
10. Un globo sonda utilizado polo Servizo Meteorolóxico dos Pireneos para medir a temperatura a
distintas alturas leva incorporado un termómetro. Obsérvase que cada 180 m de altura a
temperatura diminúe un grao. Certo día a temperatura na superficie é de 9C. Determina:
a) Que temperatura haberá a 3 km de altura?
b) A que altura haberá unha temperatura de 30C?
c) Escribe unha fórmula que permita calcular a temperatura T coñecendo a altura A.
Confecciona unha táboa e debuxa a gráfica. Que tipo de función é?
d) Se a temperatura na superficie é de 12C, cal é entón a fórmula? Que tipo de función é?
11. Debuxa a gráfica da función parte enteira: e = E(x).
12. Un rectángulo ten un perímetro de 100 cm. Llama x á lonxitude dun dos seus lados e escribe a
fórmula que dá a área en función de x. Debuxa a súa gráfica. Que tipo de función é?
13. Unha caixa cadrada ten unha altura de 20 cm. Como depende o seu volume do lado da base?
Debuxa a gráfica da función que resulta.
14. Nunha folla de papel de 32 cm de largo e 22 cm de ancho recórtase un cadrado de 2 cm de lado en
cada unha das esquinas, dóbrase e constrúese unha caixa. Cal é o volume da caixa? E se se recortan
cadrados de 3 cm? Cal é o volume se o lado do cadrado recortado é x? Escribe a fórmula e debuxa a
gráfica.

Matemáticas. 3º ESO. Capítulo 10: Funcións e gráficasAutor: José Gallegos Fernández


Tradutora: Mª Teresa Seara Domínguez
www.apuntesmareaverde.org.es Ilustracións: José Gallegos Fernández
323 Funcións e gráficas. 3º da ESO
15. Escribe a ecuación da recta paralela a y = 4x + 2 de ordenada na orixe 6.
16. Sen representalos graficamente, di se están aliñados os puntos A(3, 4), B(7, 9) e C(13, 15).
17. Unha empresa de aluguer de vehículos ofrece dúas fórmulas diferentes. Fórmula 1: alúgao por
300 euros ao día con quilometraxe ilimitada. Fórmula 2: alúgao por 200 euros ao día e 7 euros o
quilómetro. Queremos facer unha viaxe de 10 días e mil quilómetros, canto nos custará con cada
unha das fórmulas? Como non sabemos a quilometraxe exacta que acabaremos facendo,
interésanos facer un estudo para saber a fórmula máis beneficiosa. Escribe as fórmulas de ambas
as situacións e debuxa as súas gráficas. Razoa, a partir das gráficas, que fórmula é máis rendible
segundo o número de quilómetros que vaiamos facer.
18. Constrúense boias unindo dous conos iguais pola base, sendo o diámetro da base de 90 cm. O
volume da boia é función da altura “a” dos conos. Se queremos unha boia para sinalar a entrada de
barcos a pedal bástanos cunha altura de 50 cm: que volume terá? Se é para barcos maiores
precísase unha altura de 1.5 m: que volume terá? Escribe a expresión da función que calcula o
volume en función da altura. Debuxa a súa gráfica.
19. Calcula o vértice, o eixe de simetría e os puntos de intersección cos eixes das seguintes parábolas.
Debuxa as súas gráficas.
a) y = x2 + 8x – 13 b) y = –x2 + 8x – 13 c) y = x2 – 4x + 2 d) y = x2 + 6x e) y = –x2 + 4x – 7
20. Debuxa a gráfica de e = 2x2. Fai un modelo. Determina o vértice das seguintes parábolas e utiliza o
modelo para debuxar a súa gráfica:
a) y = 2x2 + 8x – 12 b) y = –2x2 + 8x – 10 c) y = 2x2 – 4x + 2 d) y = 2x2 + 6x
Axuda: 2x2 + 8x – 12 = 2(x2 + 4x – 6) = 2((x + 2)2 – 4 – 6) = 2((x + 2)2 – 10). Vértice (–2, –10)
21. O consumo de gasolina dun coche por cada 100 km vén representado mediante a gráfica.
a) Cal é a variable dependente?
b) E a independente?
c) Cal é o consumo para unha
velocidade de 60 km/h?
d) A que velocidade o consumo é
de 6 l/100 km?
e) Utiliza a gráfica para explicar
como varía o consumo de
gasolina dependendo da
velocidade do coche.
velocidade
(en km/h)

Matemáticas. 3º ESO. Capítulo 10: Funcións e gráficasAutor: José Gallegos Fernández


Tradutora: Mª Teresa Seara Domínguez
www.apuntesmareaverde.org.es Ilustracións: José Gallegos Fernández
324 Funcións e gráficas. 3º da ESO
Características das FUNCIÓNS
22. Xaquín chegou a un acordo co seu pai para recibir a súa paga. Cobrará 20 euros ao mes o primeiro
ano, e 5 euros máis por cada ano que pase. Canto lle corresponderá dentro de 7 anos? Fai unha
táboa de valores e representa a súa gráfica. É continua? Indica os puntos de descontinuidade e o
seu tipo. Busca unha fórmula que permita calcular a paga cando teñan pasado n anos.
23. Durante unha viaxe, a velocidade do coche varía dependendo do tipo de estrada, das condicións en
que se encontra, do tempo meteorolóxico… a seguinte gráfica reflicte a velocidade dun vehículo en
cada instante do traxecto que seguiu.

velocidade
(en km/min)

Tempo
(en min)

a) É funcional a relación de dependencia entre o tempo e a velocidade?


b) Cal é a variable independente? E a dependente?
c) A que velocidade ía cando levaba unha hora de viaxe? En que momentos ía a unha velocidade de
40 km/h?
d) Indica os intervalos nos que a velocidade aumentou e diminuíu. Foi constante nalgún momento?
Cando? Durante canto tempo?
e) Cal foi a velocidade máxima acadada ao longo de toda a viaxe? En que momento se acadou? E
durante a primeira hora da mesma?
f) Cal foi a velocidade mínima acadada ao longo de toda a viaxe? Cando se acadou? E entre a primeira
media hora e a hora e media?

Matemáticas. 3º ESO. Capítulo 10: Funcións e gráficasAutor: José Gallegos Fernández


Tradutora: Mª Teresa Seara Domínguez
www.apuntesmareaverde.org.es Ilustracións: José Gallegos Fernández
325 Funcións e gráficas. 3º da ESO
24. Ao entrar no aparcamento dun centro comercial encontramos un letreiro cos prezos que nos
indican que 1 hora ou fracción custa 1.20 € e as dúas primeiras horas son gratis para os clientes con
tarxeta de compra do centro. Fai unha táboa que relacione o tempo co importe pagado durante
unha xornada completa (12 horas) nos casos dun cliente con tarxeta ou sen ela. Traza a gráfica e
contesta ás preguntas:
a) Que valores toma a variable dependente? E a independente?
b) Podes unir os puntos da gráfica? Como se debe facer?
c) Existen puntos de descontinuidade? Se a resposta é afirmativa, sinálaos e explica o seu
significado.

25. Ao estudar o crecemento dunha planta observamos que durante os primeiros 30 días o fai moi a
présa, nos 15 días seguintes o crecemento é máis lento e despois mantense coa mesma altura.
Realiza un bocexo da gráfica que relaciona o tempo coa altura acadada pola planta.
Se temos máis información podemos mellorar o bocexo. Por exemplo, fai a táboa e a gráfica no
caso de que o crecemento da planta se axuste ás seguintes fórmulas (o tempo exprésase en días e
a altura en centímetros):
a) Durante os primeiros 30 días: altura = 4 x tempo
b) Nos 15 días seguintes: altura = 90 + tempo
c) A partir do día 45: altura = 135.
26. Unha viaxe realizada por un tren, nun certo intervalo da mesma, vén dada da seguinte forma:
‐ Durante as dúas primeiras horas, a distancia “d” (en quilómetros) ao punto de partida é 2∙t + 1,
onde “t” é o tempo (en horas) de duración do traxecto.
‐ Entre a 2ª e 3ª hora, a distancia vén dada por –t + 7.
‐ Entre a 3ª e 4ª hora, ambas as dúas inclusive, d = 4.
‐ Desde a 4ª e ata a 6ª (inclusive), a distancia axústase a 3∙t – 8.
a) Realiza unha táboa e unha gráfica que recolla a viaxe da forma máis precisa posible (para iso
debes calcular, como mínimo, os valores da variable tempo nos instantes 0, 2, 3, 4 e 6).
b) Explica se a relación anteriormente explicada entre a distancia percorrida e o tempo tardado en
percorrela é funcional.
c) A relación anterior, presenta algunha descontinuidade?
d) En que momento a distancia ao punto de partida é de 7 km?
e) Que indican os puntos de corte da gráfica cos eixes?
f) Determina os intervalos onde a función é crecente, decrecente e constante.
g) Encontra os puntos onde a función acada os seus máximos e mínimos relativos e absolutos.
Interpreta o significado que poidan ter.
27. Representa graficamente as seguintes FUNCIÓNS, estudando nela todas as características que se
traballaron no tema: monotonía, extremos, simetría e periodicidade.
a) Valor absoluto dun número: 𝑓 𝑥 |𝑥|.
b) Oposto e inverso dun número: 𝑓 𝑥 .
c) Mantisa (a cada número faille corresponder a diferenza entre este número e a súa parte
enteira): 𝑀 𝑥 𝑥 𝐸 𝑥 .

Matemáticas. 3º ESO. Capítulo 10: Funcións e gráficasAutor: José Gallegos Fernández


Tradutora: Mª Teresa Seara Domínguez
www.apuntesmareaverde.org.es Ilustracións: José Gallegos Fernández
326 Funcións e gráficas. 3º da ESO
28. As gráficas seguintes amosan a evolución, un día calquera, da temperatura acadada entre as 7 da
mañá e as 4 da tarde en catro cidades (Madrid, Granada, Valladolid e Sevilla):

Tempo Tempo
(en h) (en h)

Tempo Tempo
(en h) (en h)

a) Estuda a monotonía de todas as gráficas.


b) Nalgunha cidade a temperatura mantívose constante durante todo o intervalo? E en parte del?
c) Que cidade cres que presenta un cambio de temperatura máis suave ao longo de toda a mañá?
d) Tendo en conta que en Madrid o incremento da temperatura foi sempre lineal, en Granada a
temperatura mínima acadouse despois das 7 h e en Valladolid a partir do mediodía a
temperatura baixou, indica que gráfica corresponde a cada unha das cidades e explica cales
foron as temperaturas máximas e mínimas en cada unha delas.

Matemáticas. 3º ESO. Capítulo 10: Funcións e gráficasAutor: José Gallegos Fernández


Tradutora: Mª Teresa Seara Domínguez
www.apuntesmareaverde.org.es Ilustracións: José Gallegos Fernández
327 Funcións e gráficas. 3º da ESO
AUTOAVALIACIÓN

1. As coordenadas do punto sinalado son:


a) (–1, 2)
b) (–2, –1)
c) (1, 2)
d) (1, –2)

2. A única gráfica que non corresponde a unha función é:

a) b) c) d)

3. A única táboa que non pode ser dunha relación funcional é:


x y x y x y x y
0 1 –1 –3 –3 9 0 2
a) 1 2 b) 0 –3 c) –1 1 d) 1 3
2 3 1 –3 0 0 4 6
3 4 2 –3 2 4 0 3

4. A única función afín que, ademais, é lineal é:


a) y = –4x b) y = 3x + 1 c) y = –2x + 3 d) y = –x–1

5. A única gráfica dunha función afín non constante é:


a)
b)
c)
d)

Matemáticas. 3º ESO. Capítulo 10: Funcións e gráficasAutor: José Gallegos Fernández


Tradutora: Mª Teresa Seara Domínguez
www.apuntesmareaverde.org.es Ilustracións: José Gallegos Fernández
328 Funcións e gráficas. 3º da ESO
6. A única función cuadrática é:
a) y = –2x b) y = 3x + 1 c) y = –2x2 + 3x d) y = –x3 –1

7. A función cuadrática que ten o seu vértice no punto (3, 4) é:


a) y = –2x2 b) y = 3x2 – x + 1 c) y = –2x2 + 3x d) y = –x2 + 6x – 5

8. O máximo absoluto da función acádase no punto:


a)
b)
c)
d)

9. A única gráfica que corresponde a unha función periódica é:

a) b) c) d)

10. A única gráfica que corresponde a unha función que é crecente ata x = –2, pero logo deixa de selo,
é:

a) b) c) d)

Matemáticas. 3º ESO. Capítulo 10: Funcións e gráficasAutor: José Gallegos Fernández


Tradutora: Mª Teresa Seara Domínguez
www.apuntesmareaverde.org.es Ilustracións: José Gallegos Fernández

También podría gustarte