Anxo Angueira

escritor galego

Anxo Angueira Viturro, nado en Manselle (Dodro) o 13 de xaneiro de 1961, é un filólogo, escritor e estudoso da literatura galega. É o actual presidente da Fundación Rosalía de Castro[1], con sede na Casa Museo de Rosalía, desde o 1 de xuño de 2012.[2][3]

Modelo:BiografíaAnxo Angueira

(2023) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento13 de xaneiro de 1961 Editar o valor en Wikidata (63 anos)
Manselle, España Editar o valor en Wikidata
Presidente Fundación Rosalía de Castro
xuño de 2012 –
← Helena Villar Janeiro Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Director de teseXosé Bieito Arias Freixedo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticonarrativa, poesía, ensaio
Obra
Obras destacables
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Facebook: anxo.angueira Instagram: anxoangueira BNE: XX1068100 AELG: 11 BUSC: angueira-viturro-anxo-1961 Dialnet: 594493 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Sempre vinculado ó seu concello natal, pasou dous anos da súa infancia en Asados (Rianxo), e realizou os estudos de bacharelato na vila veciña de Padrón. Foi no instituto onde tivo o primeiro contacto coa literatura galega da man do seu mestre de lingua castelá, Bernardino Graña. Gañou premios de poesía e narrativa cando era bacharel, en certames literarios celebrados no propio centro de ensino.

Despois destes primeiros anos de formación e concienciación, ingresa na Universidade de Santiago de Compostela, onde estudou Filoloxía Hispánica coa especialidade en lingua galega. Na época universitaria compaxinaba os estudos e o traballo, que tiña en Padrón, residindo na vila das Terras de Iria. A súa tese de doutoramento na Universidade de Vigo foi Bretaña, esmeraldina e o sistema literario galego (2006).[4]

Unha vez concluídos os estudos universitarios comeza a impartir clases de lingua e literatura galegas no IES Meixoeiro e na Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo, Área de Filoloxía Galega e Portuguesa, Departamento de Filoloxía Galega e Latina.[5] Reside na cidade olívica e ten tres fillos.

Publica diferentes ensaios e artigos de investigación literaria. Participa na fundación e na elaboración do manifesto das Redes Escarlata e colabora na publicación da CUT O Xornal,[6] na revista A Trabe de Ouro, no Boletín da Real Academia Galega, en Dorna, expresión poética galega, na Revista de estudios rosalianos,[7] en Nós Diario[8] e outros xornais. Foi coordinador do premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón que se celebra en Dodro. Durante o ano 2008 participou no espectáculo Rosalía 21, unha revisitación en clave de jazz da poesía de Rosalía de Castro, xunto ao pianista Abe Rábade e a cantante Guadi Galego.[9]

En 2010 ingresou na Fundación Rosalía de Castro ocupando o posto de vogal e membro da executiva en substitución de Avelino Abuín de Tembra.[10] No ano 2012 presenta a súa candidatura á presidencia da Fundación, candidatura única e consensual, despois de que se producise a dimisión de Helena Villar Janeiro o 13 de abril, motivada por un desacordo na aprobación dos orzamentos dese ano.[11] Dende xuño de 2012 ostenta o cargo de presidente da Fundación Rosalía de Castro.[12].

Na Real Academia Galega

editar

O 28 de outubro de 2023 foi nomeado académico de número da RAG, ocupando a vacante producida polo pasamento do poeta Salvador García Bodaño-Zunzunegui.[13]

 
Discurso de toma de posesión da súa cadeira na RAG en Padrón. Membros da RAG, de esquerda a dereita: María López Sández, Chus Pato, Xosé Luís Axeitos, Lourenzo Fernández Prieto, Ramón Lorenzo, Francisco Fernández Rei, Xosé Luís Regueira, Marilar Aleixandre, Margarita Ledo Andión, Víctor F. Freixanes, Fina Casalderrey, Henrique Monteagudo, Rosario Álvarez Blanco, Ramón Villares, Andrés Torres Queiruga, Francisco Díaz-Fierros, Dolores Sánchez Palomino e Euloxio R. Ruibal.

Tomou posesión o 27 de abril de 2024 nunha sesión da RAG celebrada no Auditorio Municipal de Padrón pronunciando o discurso titulado I es a noite, i es a aurora. A poética da luz en Rosalía de Castro.[14] Respondeulle a académica Chus Pato.[15]

 
Na Casa Museo Rosalía.

Narrativa

editar

Poesía

editar

Ensaio

editar

Traducións

editar
 
Pontevedra, 15/5/2018, con Xurxo Martínez e Emilio Ínsua, autores de Común temos a patria...

Edicións

editar

Obras colectivas

editar
  • Redondela, en Unha liña no ceo. 58 narradores galegos 1979-1996, 1996, Xerais.
  • Mini-relatos, 1999. Librería Cartabón.
  • O cura de Fruíme en Materia prima. Narrativa galega contemporánea, 2002, Xerais.
  • Narradio. 56 historias no ar, 2003, Xerais.
  • Negra sombra, 2003, Espiral Maior.
  • Rebelados en Narradio. 56 historias no ar, 2003, Xerais.
  • Xuro que nunca volverei pasar fame: poesía escarlata (2003). Difusora de Letras, Artes e Ideas. ISBN 84-933176-1-6. Con Chus Pato.
  • Son de poesía, 2005, Edições Fluviais, Lisboa.
  • X. Espazo para un signo, 2005, Xerais.
  • Poetas con Rosalía, 2006, Fundación Rosalía de Castro.
  • Volverlles a palabra. Homenaxe aos represaliados do franquismo, 2006, Difusora.
  • Bernardino Graña. Homenaxe no 75 aniversario, 2007, Xerais.
  • Polifonías II. Voces poéticas contra a violencia de xénero, 2007, Espiral Maior.
  • A Coruña á luz das letras, 2008, Trifolium.
  • Marcos Valcárcel. O valor da xenerosidade, 2009, Difusora.
  • En defensa do Poleiro, 2010, Toxosoutos.
  • Que lle podo ofrecer a quen me intente? (2011). Vigo: Xerais. Coordinador do volume xunto a Teresa Bermúdez.
  • Rosalía. Voces galegas e alemás (2011). Centro de Estudos Galegos. ISBN 978-3-00-033374-3.
  • Tamén navegar, 2011, Toxosoutos.
  • Urbano. Homenaxe a Urbano Lugrís, 2011, A Nave das Ideas.
  • VI Encontro de Escritores Galegos. Literatura e proxección exterior, 2012, Deputación da Coruña.
  • A cidade na poesía galega do século XXI, 2012, Toxosoutos.
  • Vieiros de palabra. Terra de Celanova-Baixa Limia en letras de autor, 2012, Librería Conde, Celanova.
  • Participou na coordinación de Rosalía de Castro no século XXI. Unha nova ollada (PDF). CCG. 2014. 
  • 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015, libro electrónico).
  • De Cantares Hoxe. Os Cantares Gallegos de Rosalía de Castro no século XXI, 2015, Fundación Rosalía de Castro/Radio Galega.
  • No tempo de Follas novas. Unha viaxe pola literatura universal, 2015, Alvarellos.
  • Entremés galego ao feliz e real parto da nosa raíña: (1707) (2019). Salvador Francisco Roel; Julio I. González Montañés (ed. lit.), Anxo Angueira Viturro (ed. lit.), Ramón Mariño Paz (ed. lit.). Santiago: Laiovento. ISBN 9788484874560.
  • Aires de poesía. Escolma de poetas da bisbarra de Celanova[27][28][29]. Aira editorial, 2023. ISBN 978-84-125593-7-8

Premios recibidos

editar
  1. A Fundación Rosalía de Castro Arquivado 27 de marzo de 2014 en Wayback Machine.: Executiva da Fundación.
  2. "Anxo Angueira Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2022-01-13. 
  3. Galega, Consello da Cultura. "Anxo Angueira". CONSELLO DA CULTURA GALEGA. Consultado o 2022-01-13. 
  4. Viturro, Anxo Angueira (2006). "Bretaña, esmeraldina eo sistema literario galego" (en castelán). Universidade de Vigo. 
  5. "Angueira Viturro, Anxo". Facultade de Filoloxía e Tradución. Consultado o 2022-01-13. 
  6. "Ficha autor". bvg.udc.es. 
  7. "Anxo Angueira Viturro". Dialnet (en castelán). Consultado o 2022-01-13. 
  8. Diario, Nós. "Anxo-Angueira - Nós Diario - Xornal de intereses galegos". Nós Diario. Consultado o 2022-01-13. 
  9. culturagalega.org (2008-03-11). "Rosalía 21". culturagalega.org. Consultado o 2022-01-13. 
  10. "O presidente Anxo Angueira". Fundación Rosalía de Castro. Consultado o 2022-01-13. 
  11. La Voz de Galicia (29-5-2012) ‹‹O escritor Anxo Angueira, único candidato á presidencia da Fundación Rosalía›› Arquivado 11 de xullo de 2015 en Wayback Machine.. "Trátase dunha candidatura consensual, segundo explicou a presidenta en funcións".
  12. La Voz de Galicia (2-6-2012) «Angueira aposta por reactivar os Estudos Rosalianos» Arquivado 06 de xuño de 2014 en Wayback Machine.. "O escritor foi elixido onte novo presidente da fundación padronesa".
  13. "O pleno da RAG elixe académico de número a Anxo Angueira e nomea membro de honra a Takekazu Asaka". Real Academia Galega. 2023-10-28. Consultado o 2023-10-28. 
  14. Angueira, Anxo; Pato, Chus (2024-04-26). I es a noite, i es a aurora. Real Academia Galega. ISBN 978-84-17807-38-2. 
  15. "Anxo Angueira entra na RAG: «A". Real Academia Galega. 2024-04-27. Consultado o 2024-04-27. 
  16. "Pensa nao. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2022-01-13. 
  17. "A poderosa fabulación de Anxo Angueira en «Pensa nao»,". La Voz de Galicia (en castelán). 2002-07-21. Consultado o 2022-01-13. 
  18. "Listing Ship". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 27 de maio de 2020. Consultado o 2019-10-26. 
  19. "Iria. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2022-01-13. 
  20. "Anxo Angueira volve ao «Val de Ramirás»". La Voz de Galicia. 2021-05-14. Consultado o 2022-01-13. 
  21. Nicolás, Ramón (2021-02-15). "Val de Ramirás e O valo de Manselle, de Anxo Angueira, reeditados". Caderno da crítica. Consultado o 2022-01-13. 
  22. "Tras quince anos de silencio, Anxo Angueira regresa á poesía con 'Palmeiras, piueiros'". A poesía necesaria. 2022-01-12. Consultado o 2022-01-13. 
  23. Con prólogo de Francisco Fernández del Riego.
  24. "Ficha libro. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2022-01-13. 
  25. Martínez González, Xurxo (Xaneiro-xuño, 2020). "A provocación de Angueira. "Rexurdimento, a palabra e a idea".". Grial. LVIII (225, 226): 85–87. ISSN 0017-4181. 
  26. "Poesía reunida de X. L. Méndez Ferrín - Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2024-09-03. 
  27. "Memoria poética". 14/04/2023. Consultado o 19/04/2023. 
  28. "Posta de largo do libro de poesía “Aires de Pedra”". 16/04/2023. Consultado o 19/04/2023. 
  29. "El libro ‘Aires de poesía’ incluye poemas de la escritora Anisia Miranda". 11/04/2023. Consultado o 19/04/2023. 
  30. Arantxa Estévez (8 de agosto de 1996). "Anxo Angueira, escritor e gañador do Prémio Dublin" (PDF). A Nosa Terra (738). p. 27. 
  31. culturagalega.org (2021-07-28). "O xurado recoñece as traxectorias e achegas culturais de cada un dos premiados". culturagalega.org. Consultado o 2021-07-28. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar