Irán
Irán (en persa ایران) , tamén coñecido como Persia,[1] e oficialmente República Islámica de Irán dende 1980, é un país de Asia Occidental.[2][3][4] Limita ó norte con Armenia, Acerbaixán e Turkmenistán, con Casaquistán e Rusia a través do Mar Caspio, polo leste con Afganistán e Paquistán, polo sur co Golfo Pérsico e co Golfo de Omán, polo oeste con Iraq e polo noroeste con Turquía. Comprende unha área de 1 648 195 km², sendo a segunda nación maior de Oriente Medio e a 18 en todo o mundo. Ten unha poboación de 77 millóns de habitantes, o que a converte na nación número 17 en todo o mundo.[2][5] É o único país que ten costa no mar Caspio e no océano Índico.
A capital é Teherán. A palabra Irán significa literalmente "terra dos arios" (no sentido racial do termo e non no seu sentido relixioso - arianismo).
Irán é a nación dunha das máis antigas civilizacións do mundo,[6][7] que ten a súa orixe na formación do reino protoelamita e elamita entre os anos -3200 e -2800. Os medos unificaron o territorio no primeiro de moitos imperios no -625, despois do cal, convertéronse no poder político e cultural dominante da rexión.[8] Irán acadou o cumio do seu poder durante o Imperio Aqueménida fundado por Ciro o Grande en -550, que na súa máxima extensión abranguía unha parte importante do mundo antigo, que limitaba co Val do Indo polo leste, e con Tracia e Macedonia polo noroeste, facendo del o maior imperio do mundo ata ese momento.[9] O imperio colapsou no -330 trala conquista de Alexandre o Grande. A área gañou influencia posteriormente co Imperio Parto e co establecemento da Dinastía Sasánida en -224, baixo a cal Irán converteuse nunha das principais potencias de Asia Occidental e Central durante os seguintes catro séculos.[10][11]
Historia
editar- Artigo principal: Historia de Irán.
Política
editar- Artigo principal: Política de Irán.
Subdivisións
editar- Artigo principal: Provincias de Irán.
Irán está dividido en 30 provincias (ostan-haa, singular - ostan). Estas provincias son gobernadas desde a maior cidade de cada unha. A autoridade provincial está nas mans dun gobernador(استاندار: ostāndār, en farsi ou persa), escollido polo Ministerio do Interior de Irán, e suxeito a aprobación do goberno.
Irán ten unha das taxas máis altas de crecemento urbano no mundo. De 1950 a 2002, a proporción de poboación urbana medrou do 27% ó 60%.[12] As Nacións Unidas predin que, en 2030, o 80% da poboación será urbana.[13]
A maioría dos inmigrantes internos asentáronse preto das cidades de Teherán, Isfahán, Ahvaz e Qom. As poboacións enumerades son de 2006/07 (1385 AP) do censo.[14] Teherán, cunha poboación de 7 705 036, é a meirande cidade de Irán, e a capital. Teherán é o fogar de case o 11% da poboación do país. Teherán, igual que moitas grandes cidades, padece dunha grave contaminación atmosférica e é o centro de todas as comunicacións e transportes do país.
Mashhad, cunha poboación de 2 410 800 persoas, é a segunda cidade maior de Irán e o centre da provincia de Razavi Khorasan. Mashhad é unha das cidades máis sagradas do mundo para os xiítas, co Santuario do Imán Reza. É o centro do turismo en Irán e entre 15 e 20 millóns de peregrinos van ó santuario cada ano.[15][16]
Outra cidade iraniana importante é Isfahán (cunha poboación de 1 583 609 de habitantes), que é a capital da Provincia de Isfahán. A Praza de Naghsh-i Jahan de Isfahán foi declarada pola UNESCO como Patrimonio da Humanidade. A cidade contén unha ampla variedade de elementos arquitectónicos islámicos, que van dende o século XI até o XIX. O crecemento da zona dos arredores da cidade converteu Isfahán na segunda área metropolitana máis poboada (3 430 353).[17]
A cuarta cidade maior de Irán é Tabriz (poboación de 1 378 935 hab.), a capital de Acerbaixán Oriental, que é tamén a segunda cidade industrial de Irán despois de Teherán. Tabriz foi a segunda cidade do país até o final de 1960 e foi tamén unha das súas capitais e a antiga residencia do príncipe da coroa no marco da dinastía qajar. A cidade demostrou ser extremadamente influente na historia recente do país.
A quinta cidade maior é Karaj (poboación de 1 377 450 hab.), que se atopa na provincia de Teherán a 20 km ó oeste da capital, ó pé das Montañas Alborz, mais a cidade está a converterse na extensión da metrópole de Teherán.
Xeografía
editar- Artigo principal: Xeografía de Irán.
A paisaxe iraniana está dominada por cordilleiras que separan varias concas e mesetas unhas das outras. A poboada parte occidental é a máis montañosa, con cordilleiras coma os Montes Zagros e as Montañas Elburz, formando esta o punto máis alto do país no Damavand a 5.610 m. A metade oriental do país consiste basicamente nun deserto deshabitado formado por concas con ocasionais lagos de sal.
As únicas chairas atópanse ao longo da costa do mar Caspio e no golfo Pérsico xunto á fronteira con Iraq en Arvandrud (Shatt a al-Arab). Tamén outras chairas menos extensas atópanse ao longo da costa do Golfo, no Estreito de Ormuz e no Mar de Omán.
O clima é árido ou semiárido, excepto na costa do mar Caspio onde domina un clima subtropical.
As principais cidades de Irán son Teherán, Isfahán, Mashhad, Tabriz, Shiraz e Urmia.
A illa maior é a de Qeshm, na costa de Hormozgan, no estreito de Ormuz (Golfo Pérsico), cunha superficie duns 1200 km² e unhas dimensións máximas de 135 km de longo e 40 de largo.[18]
Economía
editar- Artigo principal: Economía de Irán.
A economía iraniana é unha mestura de economía planificada, sendo o estado propietario dos abundantes recursos petrolíferos do país (o golfo Pérsico contén os dous terzos das reservas mundiais de petróleo livián); mentres a maior parte da poboación vive dun sector primario autosuficiente. O sector servizos e comercial está representado por empresas privadas de pequeno tamaño. O actual goberno continuou coa política do anterior en canto a reformas para impulsar unha maior diversificación da economía nacional e así non depender tanto dos vaivéns do prezo do petróleo no mercado internacional.
Demografía
editar- Artigo principal: Demografía de Irán.
Irán é un país diverso, composto por numerosos grupos étnicos e lingüístivos unificados por unha identidade nacional iraniana común.[19]
A poboación de Irán medrou axiña durante a segunda metade do século XX, pasando de 19 millóns en 1956 até 75 millóns en 2009.[20][21] Porén, a taxa de natalidade de país caeu de modo significativo nos últimos anos, cunha taxa de crecemento en xullo de 2012 do 1,29%.[22] Os estudos sinalan que o crecemento continuará a esmorecer até estabilizarse nos 105 millóns de persoas no ano 2050.[23][24]
Irán ten unha das meirandes poboacións de refuxiados do mundo, con máis dun millón de persoas, a maioría delas procedentes de Afganistán e Iraq.[25] Dende 2006, oficiais iranianos traballan xunto co Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Refuxiados e oficiais afgáns para a súa repatriación.[26] Segundo as estimacións, arredor de cinco millóns de cidadáns iranianos emigraron cara a outros países, a maioría dende a revolución de 1979.[27][28]
Segundo a Constitución iraniana, o goberno é responsable de achegar a cada cidadán do país acceso a servizos de seguridade social, xubilación, desemprego, terceira idade, discapacidade, accidentes, desastres, saúde e tratamento médico.[29] Estes servizos son cubertos pola recadación de impostos derivadas de contribucións públicas.[30]
Linguas
editar- Artigo principal: Linguas de Irán.
A maioría da poboación fala o persa, que é tamén a lingua oficial do país. Tamén existe un número significativo de falantes doutras linguas iranianas, dentro da familia de linguas indoeuropeas, que pertencen a outros grupo étnicos de Irán.
No norte do país, principalmente nas provincias de Gilan e Mazenderan, fálase o gilaki e o mazenderani, tendo ámbalas dúas linguas moitas afinidades coas veciñas linguas do Cáucaso. En partes de Gilan, tamén se fala a lingua talysh que chega até a República de Acerbaixán. Na provincia do Kurdistán e nas áreas veciñas fálanse variedades de kurdo. En Khuzestan fálanse diferentes variedades da lingua persa. O luri e o lari fálanse no sur do país.
O azarí, que é a lingua máis falada do país despois do persa,[31] é falado en varias rexións de Irán xunto con outras linguas turcas, especialmente na rexión do Acerbaixán iraniano. Outras linguas minoritarias salientables en Irán son o armenio, o xeorxiano, neoarameo e o árabe. O árabe khuzi é falado polos árabes de Khuzestan, así como por un bo número de árabes iranianos. O circasiano foi outrora unha lingua amplamente falada pola minoría circasiana, pero debido á asimilación cultura, xa non existen falantes desa lingua no país.[32][33][34][35]
As porcentaxes de falantes das linguas son obxecto de debate xa que están motivadas pola política interna do país que ten en consideración ó meirande e o segundo grupo étnico de Irán, os persas e os azarís. As porcentaxes ofrecidas polo World Factbook da CIA sinalan un 53% de falantes de persas, un 16% de azarí, un 10% de kurdo, un 7% de mazanderani e gilaki, un 7% de luri, un 2% de turcomán, un 2% de baluchi, un 2% de árabe, e un 2% de armenio, xeorxiano, neoarameo e circasiano.[36]
Grupos étnicos
editarTal como acontece coa diversidade lingüística do país, a composición étnica tamén é obxecto de debate, atendendo ós dous principais grupos étnicos, persas e azarís, xa que a República de Irán non conta cun censo baseado na identidade étnica. O World Factbook da CIA estimou que arredor do 79% da poboación de Irán é un grupo etnolingüístico indoeuropeo moi diverso que abrangue os falantes das linguas iranianas,[37] formando os persas (incluíndo mazanderanis e gilakis) o 61% da poboación, os kurdos o 10%, os luris o 6% e os baluchis o 2%. Os pobos doutros grupos etnolingüísticos forman o 21%, sendo os azarís o 16%, os árabes o 2%, os turcománs e outras tribos turcas o 2%, e outros (como os armenios, os talysh, os xeorxianos, os circasianos e os asirios) o 1%.[38]
Cultura
editar- Artigo principal: Cultura de Irán.
Galería de imaxes
editar-
Mapa
-
Mapa branco
-
Imperio persa 490 a.C.
Notas
editar- ↑ D. N. Mackenzie (15 de decembro de 1998). "Ērān, Ērānšahr". Encyclopaedia Iranica. iranicaonline.org. Arquivado dende o orixinal o 13 de marzo de 2017. Consultado o 25 de agosto de 2010.
- ↑ 2,0 2,1 BBC NEWS (ed.). "Iran Country Profile". Consultado o 8 de agosto de 2012.
- ↑ Cesww.fas.harvard.edu (ed.). ""CESWW" – Definition of Central Eurasia". Arquivado dende o orixinal o 05 de agosto de 2010. Consultado o 1 de agosto de 2010.
- ↑ National Geographic, ed. (14 de xuño de 2013). "Iran Guide". Consultado o 21 de xuño de 2013.
- ↑ Encyclopædia Britannica, ed. (2012). "Iran". Encyclopædia Britannica. Consultado o 8 de agosto de 2012.
- ↑ Christopher A Whatley (2001). Bought and Sold for English Gold: The Union of 1707 (Tuckwell Press, 2001)
- ↑ Lowell Barrington (xaneiro de 2012). Cengage Learning, ed. Comparative Politics: Structures and Choices, 2nd ed.tr: Structures and Choices. p. 121. ISBN 978-1-111-34193-0. Consultado o 21 de xuño de 2013.
Ó igual que a China, Irán é o fogar dunha das civilizacións máis antigas do mundo
- ↑ Encyclopædia Britannica. Britannica.com, ed. "Encyclopædia Britannica Encyclopedia Article: Media ancient region, Iran". Consultado o 25 de agosto de 2010.
- ↑ David Sacks, Oswyn Murray, Lisa R. Brody; Oswyn Murray, Lisa R. Brody (2005). Infobase Publishing, ed. Encyclopedia of the ancient Greek world. p. 256. ISBN 978-0-8160-5722-1.
- ↑ Stillman, Norman A. (1979). The Jews of Arab Lands. Jewish Publication Society. p. 22. ISBN 0827611552.
- ↑ Jeffreys, Elizabeth; Haarer, Fiona K. (30 de setembro de 2006). Proceedings of the 21st International Congress of Byzantine Studies: London, 21–26 August, 2006, Volume 1. Ashgate Publishing. p. 29. ISBN 075465740X.
- ↑ Payvand. "Iran: Focus on reverse migration" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 26 de marzo de 2006. Consultado o 17 de abril de 2006.
- ↑ "Islamic Azad University" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 10 de novembro de 2007. Consultado o 28 de xaneiro de 2008.
- ↑ "Portal Nacional Iraniano de Estatísticas". Arquivado dende o orixinal o 10 de novembro de 2007. Consultado o 27 de febreiro 2008.
- ↑ "Religious Tourism Potentials Rich" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 09 de marzo de 2005. Consultado o 28 de febreiro de 2008.
- ↑ "Mashhad, Iran" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 27 de novembro de 2010. Consultado o 28 de febreiro de 2008.
- ↑ "Iran - Centre d'Estadística" (xls) (en inglés). Consultado o 27 de febreiro de 2008.[Ligazón morta]
- ↑ "Earth from Space: Qeshm Island". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2021-05-14.
- ↑ "Encyclopaedia Iranica. R. N. Frye. Peoples of Iran". Iranicaonline.org. Consultado o 14 de setembro de 2011.
- ↑ Asia-Pacific Population Journal, United Nations. "A New Direction in Population Policy and Family Planning in the Islamic Republic of Iran". Arquivado dende o orixinal o 14 de febreiro de 2009. Consultado o 14 de abril de 2006.
- ↑ Countrystudies.us (ed.). "Iran – population". Consultado o 18 de xuño de 2011.
- ↑ "کاهش غیرمنتظره نرخ رشد جمعیت در ایران". DW Persian. Consultado o 19 de xullo de 2012.
- ↑ U.S. Bureau of the Census, 2005. Unpublished work tables for estimating Iran’s mortality. Washington, D.C.: Population Division, International Programs Center
- ↑ Iran News, Payvand.com. "Iran's population growth rate falls to 1.5 percent: UNFP". Arquivado dende o orixinal o 27 de decembro de 2016. Consultado o 18 de outubro de 2006.
- ↑ Irinnews.org, ed. (4 de marzo de 2008). "Afghanistan-Iran: Iran says it will deport over one million Afghans". Consultado o 21 de xuño de 2013.
- ↑ United Nations, UNHCR. "Tripartite meeting on returns to Afghanistan". Consultado o 14 de abril de 2006.
- ↑ Manouchehr Ganji (2002). Defying the Iranian Revolution: From a Minister to the Shah to a Leader of Resistance. Greenwood Publishing Group. p. 210. ISBN 978-0-275-97187-8.
- ↑ "Migration Information Institute: Characteristics of the Iranian Diaspora". Migrationinformation.org. Consultado o 18 de xuño de 2011.
- ↑ World Bank, ed. (2003). "Iran Social Security System" (PDF). Consultado o 30 de novembro de 2015.
- ↑ Aurelio Mejía (2013). "Is tax funding of health care more likely to be regressive than systems based on social insurance in low and middle-income countries?". Universidad de Antioquia. Arquivado dende o orixinal o 16 de decembro de 2015. Consultado o 30 de novembro de 2015.
- ↑ Annika Rabo, Bo Utas. The Role of the State in West Asia Swedish Research Institute in Istanbul, 2005 ISBN 9186884131
- ↑ Encyclopedia of the Peoples of Africa and the Middle East Facts On File, Incorporated ISBN 143812676X p 141
- ↑ Oberling, Pierre (7 de febreiro de 2012). "Georgia viii: Georgian communities in Persia". Encyclopaedia Iranica. Consultado o 9 de xuño de 2014.
- ↑ Official Circassian Association (ed.). "Circassian". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 9 de xuño de 2014.
- ↑ Chardin, Sir John (xuño de 1997). "Persians: Kind, hospitable, tolerant flattering cheats?". The Iranian. Arquivado dende o orixinal o 20 de xuño de 1997. Consultado o 9 de xuño de 2014. Excerpted from:
- Chardin, Sir John (1988). "Book 2, Chapter XI: Of the Temper, Manners, and Customs of the Persians: A XVII th. Century Viewpoint". Travels in Persia, 1673–1677. New York: Dover Publications. pp. 183–197. ISBN 9780486256368. OCLC 798310290. Consultado o 9 de xuño de 2014.
- ↑ CIA World Factbook. "Iran". Arquivado dende o orixinal o 03 de febreiro de 2012. Consultado o 7 de agosto de 2012.
- ↑ J. Harmatta in "History of Civilizations of Central Asia", Chapter 14, The Emergence of Indo-Iranians: The Indo-Iranian Languages, ed. by A. H. Dani & V.N. Masson, 1999, p. 357
- ↑ CIA, ed. (2012). "The World Factbook: Iran". Arquivado dende o orixinal o 19 de novembro de 2012. Consultado o 09 de febreiro de 2018.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Irán |
A Galipedia ten un portal sobre: Irán |
Bibliografía
editar- Axworthy, Michael (2008). A History of Iran: Empire of the Mind. Basic Books. ISBN 9-780465-098767.
- Foltz, Richard (2016). Iran in World History. Oxford University Press. ISBN 978-0-19-933550-3.
- Iran: A Country Study. 2008, Washington, D.C.: Library of Congress, 354 pp.
- Mikaberidze, Alexander (2011). Conflict and Conquest in the Islamic World: A Historical Encyclopedia 1. ABC-CLIO. ISBN 1598843362.
- Fisher, William Bayne; Avery, P.; Hambly, G. R. G; Melville, C. (1991). The Cambridge History of Iran 7. Cambridge: Cambridge University Press. ISBN 0521200954.
- Roisman, Joseph; Worthington, Ian (2011). A Companion to Ancient Macedonia. John Wiley and Sons. ISBN 978-1-44-435163-7.