Pilar Pallarés
Pilar Pallarés García, nada en Culleredo o 29 de abril de 1957, é unha poeta galega.
(2007) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Pilar Pallarés García 29 de abril de 1957 (67 anos) Culleredo, España |
Formación profesional | Filoloxía Galego-Portuguesa |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | poetisa, profesora universitaria, escritora, profesora de ensino secundario |
Empregador | IES Ramón Menéndez Pidal |
Xénero artístico | Poesía e ensaio |
Premios | |
Traxectoria
editarEstudou Filoloxía Galego-Portuguesa na Universidade de Santiago de Compostela. Colaborou en diversas revistas, como Grial, Coordenadas, Dorna, Nordés ou Festa da Palabra Silenciada. Pertenceu ao colectivo poético De amor e desamor.
Tras a publicación do seu primeiro libro, Entre lusco e fusco (1980), converteuse nunha das voces poéticas máis importantes da poesía galega. Posteriormente publicaría as obras Sétima soidade (1984, Premio Esquío de poesía en 1983) e Livro das devoracións (1996). Ademais, ten colaborado en varias revistas con estudos de crítica literaria. Actualmente exerce de profesora de literatura galega no Instituto Ramón Menéndez Pidal da Coruña.
Recoñecemento
editarEn 2019 é recoñecida pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega como Escritora na súa Terra.[1]
Obras
editarPoesía
editar- Entre Lusco e Fusco, (1980). Ediciós do Castro.
- Sétima soidade, (1984). Edicións da Sociedade de Cultura Valle-Inclán.
- Livro das devoracións, (1996). Espiral Maior. Traducido ao inglés, Fossil Time & Book of Devorations (2021).[2]
- Poemas, (2000). Universidade das Illas Baleares. Servizo de Publicacións.
- Leopardo son (2011, Espiral Maior). Foi traducida ao inglés.[3]
- Tempo fósil, (2018, Chan da Pólvora).[4] Traducido ao castelán, Tiempo fósil (2020) [5] e ao inglés, Fossil Time & Book of Devorations (2021).[2]
Ensaio
editar- Rosas na sombra (a poesía de Luís Pimentel), (1991). Edicións do Cumio.
- Carballo Calero. Caderno didáctico, (1994). Concello de Ferrol.
Infanto-xuvenil
editar- Unha boa gatucada! (2023). Baía Ed. 96 páxs. ISBN 978-84-9995-425-7.
Obras colectivas
editar- De amor e desamor. I. II, (1984 e 1985), Ediciós do Castro.
- Escolma de poesía galega (1976-1984), 1984, Sotelo Blanco.
- Rosalía de Castro: unha obra non asumida, (1985), Xistral.
- Desde a palabra, doce voces, (1986), Sotelo Blanco.
- Literatura galega do século XX, (1988), Vía Láctea.
- Concurso Nacional de Poesía O Facho (1978-1989), (1990), Ediciós do Castro.
- XIII Festival da Poesia no Condado, (1993), S. C. D. Condado.
- XIV Festival da Poesia no Condado, (1994), S. C. D. Condado.
- Los caminos de la voz: seis poetas gallegos de hoy, (1995). Deputación de Granada. Edición bilingüe galego-castelán, a cargo de Luciano Rodríguez Gómez.
- Rafael Dieste. Caderno didáctico, (1995). AS-PG.
- Construír a paz (1996), Xerais.
- Daquelas que cantan. Rosalía na palabra de once escritoras galegas, (1997), Fundación Rosalía de Castro.
- Manuel Ponte Pedreira: a resistencia antifranquista na comarca de Ordes, (1997), Obradoiro de História.
- Alguén agarda que volva alí, (1998).
- Clásicos e modernos: tres leituras poéticas, (1999), Universidade da Coruña.
- Galician generation of the eighties: three poets, (1999), Universidade da Coruña. Edición bilingüe galego-inglés.[6]
- Poetas e narradores nas súas voces. I, (2001), Consello da Cultura Galega.
- Horizontes poéticos, (2002, Xerais).
- Antoloxía consultada da poesía galega 1976-2000, (2003), Tris Tram. Por Arturo Casas.
- Intifada. Ofrenda dos poetas galegos a Palestina, (2003), Fundación Araguaney.
- Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra, (2003), Espiral Maior.
- Son de poesia (2005), Edições Fluviais, Lisboa.
- Amor en feminino: antoloxía das poetas galegas de Rosalía á Xeración dos 80, (2006), Baía Edicións. Edición de Maximino Cacheiro Varela.
- Cartafol poético para Alexandre Bóveda, (2006), Espiral Maior.
- Volverlles a palabra. Homenaxe aos represaliados do franquismo, (2006), Difusora.
- Dix-sept poètes galiciens 1975-2000. Dezasete poetas galegos 1975-2000, (2008), Universidade da Coruña.
- Actas do Congreso Manuel María. Literatura e Nación, (2009, Fundación Manuel María).
- Lois Pereiro en 17 voces, (2011), La Voz de Galicia.
- No tempo de Follas novas. Unha viaxe pola literatura universal (2015), Alvarellos.
Poemas en edición dixital
editar- Hai estratos distintos de vazio, (2002).
- Non coñezo, non sinto, non comprendo, (2002).
- Para que te serve essa cruel boca de fome?, (2002).
- Persisto, (2002).
Edicións
editar- Fillo de Eva (88 poemas de Carvalho Calero), (1992), Sociedade de Cultura Valle-Inclán.
Premios
editar- Gañadora do Premio de Poesía O Facho no 1979.
- Premio Esquío de poesía no 1983, por Sétima soidade.
- Premio de poesía da Asociación de Escritores en Lingua Galega no 2012, por Leopardo son.
- O/A escritor/a na súa terra (letra E) da AELG en 2019.[7]
- Premio da Crítica española 2018 por Tempo fósil.[8]
- Premio Nacional de Poesía 2019 por Tempo fósil. Ministerio de Cultura.[9]
Notas
editar- ↑ "Pilar Pallarés, Escritora na súa Terra da AELG". Sermos Galiza. Arquivado dende o orixinal o 27 de xuño de 2019. Consultado o 27 de xuño de 2019.
- ↑ 2,0 2,1 "Fossil Time & Book of Devorations". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2022-01-13.
- ↑ "A Leopard Am I". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-11-08.
- ↑ "A destrución segundo Pilar Pallarés". Sermos Galiza. 20 de xuño de 2018. Consultado o 21 de xuño de 2018.
- ↑ "Tiempo fósil". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2022-01-13.
- ↑ "Galician Generation of the Eighties: Three Poets". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-11-08.
- ↑ "A AELG premia Pilar Pallarés, Dorothé Schubarth, Pablo Quintana e María Teresa Horta". Sermos Galiza. 9 de febreiro de 2019. Consultado o 11 de febreiro de 2019.
- ↑ "Tags premios-da-critica-espanola - Sermos Galiza - Diario de intereses galegos". www.sermosgaliza.gal. Arquivado dende o orixinal o 06 de abril de 2019. Consultado o 2019-04-06.
- ↑ Vizoso, Sonia (2019-10-31). "La gallega Pilar Pallarés, Premio Nacional de Poesía". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2019-11-01.