Xohana Torres

escritora galega

Xohana Torres Fernández, nada en Santiago de Compostela o 22 de novembro de 1929[1] e finada en Vigo o 12 de setembro de 2017[2] foi unha escritora galega.[3]

Modelo:BiografíaXohana Torres
Biografía
Nacemento(es) Xohana Torres Fernández Editar o valor en Wikidata
22 de novembro de 1929 Editar o valor en Wikidata
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
Morte12 de setembro de 2017 Editar o valor en Wikidata (87 anos)
Vigo, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoetisa, narrador, escritora de literatura infantil, dramaturga, escritora, novelista Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoPoesía, teatro e literatura infantil e xuvenil Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Premios

BNE: XX1106070 Bitraga: 117 BUSC: torres-xohana-1931-2017

Traxectoria

editar

Viviu a súa infancia e mocidade en Ferrol, cidade á que se mantivo afectivamente vinculada e na que foi alumna de Ricardo Carballo Calero.[4] Foi tamén nesta cidade onde entrou en contacto co mundo do teatro e da radio. En Radio Ferrol dirixiu en 1956 o seu primeiro programa destinado a mulleres, Teresa. Dende os primeiros textos editados foi unha escritora monolingüe en galego.[5]

Estudou Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela, onde se relacionou con María Auz, Ánxel Leira e Xosé Luís Franco Grande. Nesta época recibe o Primeiro Premio de poesía da Asociación de Prensa de Vigo.

Filla e esposa de mariño, viaxou por mar por gran parte do mundo e durante moitos anos residiu en Vigo, onde chegou a dirixir o primeiro espazo cultural de radio integramente en galego, "Raíz e Tempo", en La Voz de Vigo, e onde se desenvolve a acción da súa única novela Adiós, María (1970).[6]

Poetisa, narradora e dramaturga, Xohana Torres é unha referencia obrigada na historia da literatura galega da segunda metade do século XX. Forma parte daquelas xeracións de escritores que, comprometidos coa lingua nos difíciles anos da ditadura franquista, contribuíron á normalización da literatura galega tocando todos os xéneros.[7]

A proposta de Xosé Luís Méndez Ferrín e Salvador García-Bodaño ingresou na Real Academia Galega o 27 de outubro do 2001.[5] En 2018 A Real Academia Galega dedicoulle o Día Mundial da Poesía[8] e publicou Natureza de illa na súa homenaxe.[9]

O seu labor como escritora comezou en revistas como Aturuxo, Vida Gallega, Vieiros (1962) e Grial (1963).

Como poetisa está integrada na Xeración das Festas Minervais; como escritora dramática no "Grupo de Enlace"; como narradora, a crítica adoita inscribir a novela Adiós, María na Nova Narrativa polo seu carácter anovador. No ano da súa publicación gaña o Premio Galicia do Centro Galego de Bos Aires e, co seu ensaio sobre Santo André de Lonxe, o Premio de Etnografía da Deputación da Coruña.[5]

Canto ó teatro relacionouse co grupo Teatro Estudio, para o que facían decorados os pintores Barros Pardo e Segura Torrella. A obra Do outro lado do Iberr foi finalista en 1964 na I edición do Premio Castelao de Teatro Galego, galardón que acadou en 1967 coa peza Un hotel de primeira sobre o río.[10] En 1972 acadou o Premio Pedrón de Ouro polo labor cultural en beneficio de Galicia. En 1981 recibiu o Premio da Crítica española polo poemario Estacións ao mar, e a Xunta de Galicia entregoulle en 1992 o Premio á creación feminina. En 2018 a compañía Vitrasa repartiu 2000 exemplares de Adiós María nos seus autobuses de Vigo.[11]

Listaxe de publicacións

editar

Poesía

editar

Teatro

editar
 
Adiós, María, edición na BG120.

Novela

editar

Literatura infantil

editar

Ensaio

editar

En publicacións colectivas

editar

Traducións

editar
  • O abeto valente de Jordi Cots (1966).
  • O globo de papel de Elisa Vives de Fábregas (1966).
  • Unha nova terra de Francisco Candel (1967).
  • O demo Rapatú, adaptación de Miquel Desclot (1979). Galaxia.
  • Así foi de Rudyard Kipling, con María Dolores Martínez Torres (1992). Galaxia.

Premios

editar

Desde o ano 1993 o Concello de Santiago de Compostela outorga o Premio Xohana Torres honrando a figura de Xohana Torres e na procura de recuperar a memoria histórica das mulleres de Santiago de Compostela.

Influencias estilísticas

editar

Entre os escritores citados como influencias na obra de Xohana Torres ou referidos por ela están Aquilino Iglesia Alvariño, Álvaro Cunqueiro, Celso Emilio Ferreiro e William Butler Yeats.

  1. Casalderrey, F. e Aleixandre, M. (2017): "A verdadeira data de nacemento de María Victoria Moreno", en Grial nº 215, páx. 12-13.
  2. "A Real Academia lamenta o pasamento da académica Xohana Torres", nota na web da Real Academia Galega, 12 de setembro de 2017,
  3. "Ficha autor". bvg.udc.es. 
  4. Burgoa, Juan J. "Xohana Torres Fernández". Diario de Ferrol (en castelán). Consultado o 2021-11-23. 
  5. 5,0 5,1 5,2 "Membro". Real Academia Galega. Consultado o 2021-11-23. 
  6. "Xohana Torres". Editorial Galaxia. Arquivado dende o orixinal o 28 de novembro de 2021. Consultado o 2021-11-23. 
  7. Villanueva, Malores (2020-07-24). "Xohana Torres, a primeira de moitas". La Voz de Galicia. Consultado o 2021-11-23. 
  8. "A Academia dedicaralle o Día Mundial da Poesía a Xohana Torres". Real Academia Galega. Consultado o 2021-11-23. 
  9. "Xohana Torres. Natureza de illa: homenaxe da Real Academia Galega a Xohana Torres". publicacions.academia.gal. Consultado o 2021-11-23. 
  10. Barreiro, Asoc Herminio (2017-09-13). "No pasamento de Xohana Torres". As Cuncas Culturais. Consultado o 2021-11-23. 
  11. "Xohana Torres enche de literatura os autobuses urbanos de Vigo". Editorial Galaxia. 2018-11-28. Consultado o 2021-11-23. 
  12. "Estacións ao mar por Xohana Torres. Carmen Blanco" (PDF). poesiagalega.org. Consultado o 23 de novembro de 2021. 
  13. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2017. Consultado o 13 de setembro de 2017. 
  14. Diario, Nós. "Poemas últimos de Xohana Torres". Nós Diario. Consultado o 2021-11-23. 
  15. Vilavedra, Dolores, ed. (2000). Diccionario da Literatura Galega. Obras III. Galaxia. ISBN 84-8288-365-8. 
  16. "centre.doc" (PDF). culturagalega.gal. Consultado o 23 de novembro de 2021. 
  17. "Pericles y la ballena". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2020. Consultado o 2019-11-27. 
  18. "Pericles i la balena". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2020. Consultado o 2019-11-27. 
  19. "Perikles eta balea". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2020. Consultado o 2019-11-27. 
  20. A Deputación da Coruña publica 46 anos depois un ensaio de Xohana Torres sobre Santo Andrés de Teixido, Praza Pública
  21. Torres, X. (2001). "Eu tamén navegar". Real Academia Galega). 
  22. ""Cando morren os faroles" de Ángel de la Peña, premio "Castelao" de teatro gallego". La Noche. 18 de maio de 1964. p. 12 e 9. 
  23. "El IV "Premio Castelao", a Xoana Torres". La Noche. 18 de maio de 1967. p. 7. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar