Saltar ao contido

Melanitta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 13 de agosto de 2023 ás 01:41 por Breobot (conversa | contribucións) (Reemplazos con Replacer: «de Canadá» + mejoras cosméticas)
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)

Melanitta
Pentumeiros

Melanitta nigra Macho
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Aves
Orde: Anseriformes
Familia: Anatidae
Subfamilia: Merginae
Xénero: Melanitta
F. Boie, 1822
Especies
Véxase o texto
Sinonimia
Véxase o texto

Melanitta é un xénero de aves da orde das anseriformes e familia dos anátidos e subfamilia dos merxinos.

A súa especie tipo é Anas fusca (Hoxe Melanitta fusca) Linnaeus, 1758

Características

[editar | editar a fonte]

Os machos teñen na súa maioría a plumaxe negra, e as femias parda. Reprodúcense no extremo norte de Europa, Asia e América do Norte, e invernan máis ao sur, nas zonas temperadas destes continentes. Forman grandes bandadas en augas costeiras. Forman grupos de moitos individuos, que adoitan voaren xuntos. Seus niños constrúenoa no solo cerca do mar, lagos ou ríos, en bosques o na tundra. Son patos mergulladores que se alimantan de crustáceos e moluscos.

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Descrición

[editar | editar a fonte]

O xénero Melanitta foi creado polo zoólogo alemán Friedrich Boie en 1822,[1][2] na páxina 980 do seu traballo:

Boie, Friedrich (1822): Tagebuch gehalten auf einer Reise durch Norwegen im Jahre 1817. Schleswig: Königl Taubstummen - Institut. pp. 308, 351.

A especie tipo foi designada en 1838 como Melanitta fusca polo naturalista inglés especializado en aves e peixes Thomas Campbell Eyton.[3]

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

O nome do xénerto, Melanitta, deriva das voces do grego antigo μέλας mélas, "negro", e νἠττα nēttα, "pato".[4]

Sinónimos

[editar | editar a fonte]

Ademais de polo nome actualmente válido, o xénero coñeceuse tamén polos sinónimos:[1]

  • Melanetta Gray, 1840
  • Melanilta Bonaparte, 1828
  • Melanonetta Sundevall, 1873
  • Oedemia Fleming, 1822

Actualmente no xénero recoñécense as seguintes seis especies:[5]

Imaxe Nome científico Nome común en galego Distribución
Melanitta americana — — — — — — — Norte de América do Norte de Labrador e Terra Nova ao sueste da baía de Hudson.
Melanitta nigra Pentumeiro Norte de Europa e leste de Asia até o río Olenyok.
Melanitta fusca Pentumeiro de á branca Leste de Turquía, Europa e nos mares Negro e Caspio.
Melanitta deglandi — — — — — — — Norteamérica.
Melanitta stejnegeri — — — — — — — Norte de Asia ao leste da conca do río Ienisei.
Melanitta perspicillata Pentumeiro careto América do Norte, principalmente no norte do Canadá e Alasca

O fósil Melanitta ceruttii Chandler, 1990,[2] que viviu en California durante o Plioceno tardío,[6] está agora situado no xénero Histrionicus.

  1. 1,0 1,1 Melanitta F.Boie, 1822 no GBIF. Consultado o 13 de novembro de 2022.
  2. 2,0 2,1 Melanitta F.Boie, 1822 na BioLib. Consultada o 13 de novembro de 2022.
  3. Eyton, Thomas Campbell (1838): A Monograph on the Anatidae, or Duck Tribe. London: Longman, Orme, Brown, Green, & Longman. p. 52.
  4. Jobling, James A (2010): The Helm Dictionary of Scientific Bird Names. London: Christopher Helm. ISBN 978-1-4081-2501-4, p. 246.
  5. Gill, Frank; Donsker, David & Rasmussen, Pamela, eds. (2021): "Screamers, ducks, geese & swans". IOC World Bird List Versión 11.2. International Ornithologists' Union.
  6. R. M. Chandler. (1990): "Fossil birds of the San Diego Formation, Late Pliocene, Blancan, San Diego County, California". Ornithological Monographs 44: 73-161.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Carboneras, Carles; del Hoyo, Josep; Elliot, Andrew & Sargatal, Jordi (1992): "Family Anatidae (Ducks, Geese and Swans)" en Handbook of the Birds of the World. Volume 1. Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 84-8733-410-5.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]