Saltar ao contido

Tadeusz Kondrusiewicz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaA Súa Excelencia Editar o valor en Wikidata
Tadeusz Kondrusiewicz

(2014) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento3 de xaneiro de 1946 Editar o valor en Wikidata (78 anos)
Adeĺsk, Belarús (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Administrador apostólico
30 de xuño de 2011 – 16 de xuño de 2012
← Kazimierz Świątek
Roman Catholic Archbishop of Minsk-Mohilev (en) Traducir
21 de setembro de 2007 – 3 de xaneiro de 2021
← Kazimierz Świątek
Roman Catholic Archbishop of Minsk-Mohilev (en) Traducir ecclesiastical province of Minsk-Maguilov (en) Traducir
21 de setembro de 2007 – 3 de xaneiro de 2021
← Kazimierz Świątek
Archbishop of Moscow (en) Traducir
11 de febreiro de 2002 – 21 de setembro de 2007 – Paolo Pezzi →
Archbishop of Moscow (en) Traducir Provincia eclesiástica católica latina de Moscova
11 de febreiro de 2002 – 21 de setembro de 2007 – Paolo Pezzi →
Arcebispo católico
11 de febreiro de 2002 –
Administrador apostólico
13 de abril de 1991 – 11 de febreiro de 2002
Administrador apostólico
10 de maio de 1989 – 13 de abril de 1991
Bispo titular
10 de maio de 1989 – 11 de febreiro de 2002
← Francisco Manuel Vieira (pt) Traducir
Diocese: Hippo Diarrhytus (en) Traducir
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
EducaciónPeter the Great Saint Petersburg State Polytechnical University (en) Traducir
Kaunas Priest Seminary (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbispo católico (1989–), sacerdote católico (1981–) Editar o valor en Wikidata
ConsagraciónXoán Paulo II, papa Editar o valor en Wikidata
Premios

Editar o valor en Wikidata

Tadeusz Kondrusiewicz (en belaruso: Тадэвуш Кандрусевіч), nado en Adeĺsk (distrito de Hrodna, rexión de Hrodna, RSS de Belarús) o 3 de xaneiro de 1946, é un eclesiástico católico latino belaruso de etnia polaca, dende 2007 arcebispo de Minsk-Mahilioŭ.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Primeiros anos

[editar | editar a fonte]

Naceu en Adeĺsk, no distrito de Hrodna da República Socialista Soviética de Belarús, o 3 de xaneiro de 1946.[1] A súa familia era de etnia polaca; foi fillo de Ignacy Kondrusiewicz (1906-1985) e de Anna, de apelido de solteira Szusta (1911-1999).

En 1962 ingresou no departamento de Física e Matemáticas do Intituto Pedagóxico de Hrodna, aínda que un ano despois foi expulsado logo de ser acusado de práctica relixiosa. En 1964 entrou no Instituto Politécnico de Leningrado, graduándose como enxeñeiro mecánico en 1970. Posteriormente traballou como enxeñeiro en Vilnius.

Presbiterado

[editar | editar a fonte]

En 1976 ingresou no seminario de Kaunas, e o 31 de maio de 1981 foi ordenado sacerdote por Liudas Povilonis.[1][2]

Entre 1981 e 1986 foi vigairo na Igrexa de Santa Teresa de Vilnius, entre 1986 e 1987 foi párroco da Igrexa de Nosa Señora das Dores de Druskininkai, entre 1987 e 1988 na Igrexa do Espírito Santo de Vilnius. En 1985 licenciouse en Teoloxía, e posteriormente doutorouse coa tese "Pogłębienie nauki o Kościele w pracach i dokumentach II Soboru Watykańskiego".

Administrador apostólico de Minsk

[editar | editar a fonte]

O 10 de maio de 1989 o papa Xoán Paulo II nomeouno administrador apostólico de Minsk e bispo titular de Hippo Diarrhytus.[1] Recibiu a ordenación episcopal o 20 de outubro de 1989[1] na Basílica de San Pedro, de mans do papa Xoán Paulo II.

Durante este primeiro período en Belarús, Kondrusiewicz fundou o seminario de Hrodna, traballou pola recuperación e reapertura de arredor de 100 igrexas que foran pechadas durante o período soviético, e participou na publicación e edición do Misal Romano e do Catecismo en lingua belarusa.

Arcebispo de Moscova

[editar | editar a fonte]

O 13 de abril de 1991 foi nomeado administrador apostólico da Rusia europea, e cando o 11 de febreiro de 2002 a administración apostólica foi elevada a arquidiocese de Moscova, pasou a ser o seu arcebispo.

Arcebispo de Minsk-Mahilioŭ

[editar | editar a fonte]

O 21 de setembro de 2007 foi nomeado arcebispo de Minsk-Mahilioŭ. Entre 2011 e 2012 foi tamén administrador apostólico de Pinsk.

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Judycka, Agata; Judycki, Zbigniew (2000). Polonia: słownik biograficzny. Varsovia: Wydawnictwo Naukowe PWN. p. 144. ISBN 9788301131869. 
  2. "Metropolitan Kondrusiewicz Marks 30th Anniversary Of Priestly Ministry". Catholic.by. 31/05/2011. Arquivado dende o orixinal o 27/08/2016. Consultado o 04/05/2016. [...] which he graduated from in 1981. On May 31 of the same year he received priestly ordination from the hands of Bishop Liudas Povilonis. 


Dignidades da Igrexa católica
Predecesor:
Boļeslavs Sloskāns
 Administrador apostólico de Minsk 
1989 - 1991
Sucesor:
Kazimierz Świątek
(arcebispo)
Predecesor:
(Primeiro ordinario)
 Administrador apostólico de Rusia europea / Rusia europea setentrional 
1991 - 2002
Sucesor:
(Elevación da sé)
Predecesor:
(Elevación da sé)
 Arcebispo de Moscova 
2002 - 2007
Sucesor:
Paolo Pezzi
Predecesor:
Antonij Dziamjanka
(administrador apostólico)
 Arcebispo de Minsk-Mahilioŭ 
2007 - actualidade
Sucesor:
(No cargo)
Predecesor:
Kazimierz Świątek
 Administrador apostólico de Pinsk 
2011 - 2012
Sucesor:
Antonij Dziamjanka
(bispo)