Saltar ao contido

3 de xaneiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
<< Xaneiro >>
Lu Ma Xo Ve Do
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 31
2024
Todos os días
2 de xaneiro
 
3 de xaneiro
 
4 de xaneiro

O 3 de xaneiro é o 3º día do ano do calendario gregoriano. Quedan 362 días para finalizar o ano, 363 nos anos bisestos.

Acontecementos

[editar | editar a fonte]
  • 1496 - Leonardo da Vinci proba unha máquina voadora.
  • 1521 - O papa León X excomunga a Martiño Lutero.
  • 1569 - Chega a Padul (Granada) Íñigo López Mendoza, gobernador de Granada, cun exército de 2.000 infantes e 400 cabalos para emprender campaña contra os mouriscos rebelados.
  • 1642 - Apróbase a Grande Amoestación, acta de acusación do Parlamento contra Carlos I, rei de Inglaterra.
  • 1739 - Comeza a convención do Pardo para resolver as disputas anglo-españolas.
  • 1749 - Sae a rúa o xornal danés Berlingske Tidende, decano da prensa diaria universal.
  • 1777 - Batalla de Princeton. O xeneral estadounidense George Washington derrota ó británico Charles Cornwallis.
  • 1795 - Rusia e Austria firman un acordo para a repartición de Polonia.
  • 1815 - Austria, Gran Bretaña e Francia forman unha alianza defensiva secreta contra Prusia e Rusia.
  • 1823 - Instálase en Cartago a Segunda Xunta Superior Gobernativa de Costa Rica.
  • 1831 - Inaugurase a Escola de Tauromaquia de Sevilla.
  • 1833
  • 1847
  • 1851 - Establécese o monopolio de licores por parte do estado de Costa Rica.
  • 1857 - Acoitelado o arcebispo de París, monseñor Sibour, mentres oficiaba nunha igrexa.
  • 1861 - Guerra civil estadounidense: Delaware vota en contra de separarse dos Estados Unidos.
  • 1868 - Xapón: a dinastía Meiji é restaurada e o Shogunato abolido.
  • 1869 - Aparece en Londres o primeiro semáforo iluminado a gas e accionado manualmente por un policía.
  • 1871 - A oleomargarina é patentada por Henry Bradley.
  • 1874 - O xeneral Pavía entra nas Cortes e pon fin á Primeira República Española.
  • 1878 - As tropas rusas ocupan Sofía e os turcos vense obrigados a solicitar negociacións de paz.
  • 1881 - A Societé du Pantelephon du Lock instala o primeiro teléfono en Buenos Aires, na casa de Bernardo de Irigoyen na rúa Florida 531.
  • 1883 - Asinouse na cidade de Montevideo o proxecto de Convención Telegráfica, entre a República Arxentina e a República Oriental do Uruguai.
  • 1887 - O bandoleiro Francisco Antonio Palma Martín "Frasco Antonio", pertencente á cuadrilla de Luis Muñoz García, "El Bizco del Borge", resulta morto polo sarxento da Garda Civil de Vélez-Málaga Pedro Monleón.
  • 1888 - Ábrese ó público o Rexistro Civil de Costa Rica, sendo o seu primeiro director Xaquín Bernardo Calvo Mora.
  • 1896 - Ten lugar a batalla de Xatibonico en Cuba. Nela o xeneral Segura Campoy á fronte de 500 soldados españois enfróntase ó xefe cubano Serafín Sánchez que mandaba un exército de 4.500 homes, infrinxíndolle unha severa derrota.
  • 1901 - Expídese a nome de Luis García Peinado o primeiro carnet de conducir e permiso de circulación de Almería, correspondeu á matrícula Al-1.
  • 1903 - Os traballos de investigación do enxeñeiro e académico Leonardo Torres son recoñecidos polas Academias de Ciencias de Madrid e París.
  • 1904 - John Edward Redmond intenta relanza-lo movemento nacionalista irlandés do Home Rule.
  • 1906 - O expresidente Alfaro volve a facerse co poder en Ecuador.
  • 1910
    • Estoura en Zaragoza un explosivo e son achados outros nos arredores da catedral.
    • Chega ao porto de Cádiz a flotilla de torpedeiros que traía a bandeira do histórico batallón de San Nicolás, que actuou brillantemente contra o Paraguai. A bandeira sería depositada no Museo Histórico Nacional.
  • 1911
    • O presidente dos Estados Unidos Taft retira as súas tropas de Nicaragua despois de recoñece-lo goberno de Juan José Estrada.
    • 700 policías londinienses sitian unha casa de Sydney Street na que se atrincheirou un grupo de anarquistas rusos.
  • 1914 - Eddie Coortie proclámase campión mundial de pesos medios en Sydney.
  • 1915
    • O presidente paraguaio Eduardo Schaerer é detido polos golpistas e liberado polas forzas leais.
    • Arxentina: fúndase o Club Atlético Lanús.
  • 1917 - Pío Baroja publica A ruta do aventureiro.
  • 1919 - Apróbase a concesión da autonomía administrativa das rexións españolas que a soliciten.
  • 1920
    • Por orde do titular de xustiza estadounidense Palmer son detidos 4.500 extremistas da esquerda.
    • Tremores e volcáns en erupción destruíron totalmente varias cidades mexicanas e ocasionaron máis de 7.000 vítimas.
  • 1921 - A Asemblea Nacional de Guatemala elixe presidente da República a José María Reyna Andrada.
  • 1922 - Crece a tensión entre Chile e o Perú por Tacna e Arica.
  • 1924 - Son postos en liberdade os ex concelleiros catalanistas que estaban presos en Barcelona.
  • 1925 - Benito Mussolini toma poderes ditatoriais sobre Italia e declara ilegais a tódolos partidos da oposición
  • 1926 - O xeneral Theodorus Pángulos autoproclámase ditador de Grecia.
  • 1933 - As tropas xaponesas ocupan a cidade de Shan Haikuan e a reducen a ebtullos, causando 500 mortes.
  • 1934 - Morren 146 mineiros na explosión dunha mina en Ossek (Bohemia).
  • 1936 - O presidente Franklin D. Roosevelt manifesta ó congreso dos Estados Unidos as súas intencións de neutralidade.
  • 1938 - Unha compañía constituída por nenos de 9 a 16 anos estrea en Barcelona, a obra Aurora roja, con poemas de Rafael Alberti, Apel-les Mestres e Emilio Prados.
  • 1941 - As forzas italianas réndense en Bardia, Libia, durante a segunda guerra mundial.
  • 1942 - Jiang Jieshi é nomeado comandante en xefe de tódalas forzas aliadas na China.
  • 1944
    • Morren en León (España) entre cen e duascentas persoas ao chocar un tren de viaxeiros cunha locomotora nun túnel.
    • Acúsase nos Estados Unidos a 30 persoas de conxurar para crear un estado fascista.
  • 1945
    • A ofensiva alemá das Ardenas fracasa na cidade belga de Bastogne.
    • Os xaponeses abandonan o porto de Arhyab (Birmania).
  • 1946
    • Estréase en Madrid O galeón e o milagre, de Eduardo Marquina.
    • Morren 40 persoas en León (México) a causa dos disturbios na toma de posesión do alcalde Ignacio Quiroz.
    • É executado en Londres William Joyce, espía ó servizo de Alemaña.
  • 1949 - Alejo Carpentier publica a novela O reino deste mundo.
  • 1953 - Estréase en París a obra Esperando a Godot, do dramaturgo irlandés Samuel Beckett.
  • 1956 - Inaugúrase o novo ferrocarril entre Pequín e Moscova.
  • 1957
  • 1958 - A expedición neozelandesa dirixida por Edmund Hillary chega ao Polo Sur.
  • 1959 - Alasca é admitida como estado número 49.
  • 1960 - Nicaragua denuncia a entrada de elementos subversivos procedentes de Honduras.
  • 1961 - Estados Unidos rompe as súas relacións diplomáticas con Cuba.
  • 1962
    • O papa Xoán XXIII excomunga a Fidel Castro por cometer abusos contra funcionarios da igrexa e institucións do Vaticano.
    • Incendiase a igrexa barcelonesa de Santa María do Mar.
  • 1964 - Emítese por primeira vez na televisión alemá o programa Gesundheitsmagazin Praxis ('Revista Médica Praxis').
  • 1968 - Cuba impón o racionamento da gasolina.
  • 1971 - Morren 66 persoas en Glasgow o ceder unha varanda do estadio do Celtic pola presión dos espectadores.
  • 1974 - Kuwait chega a un acordo coas empresas Gulf Oil e British Petroleum para asumir o 60 por cento das súas operacións nese estado.
  • 1976 - Falange Española e JONS constitúense en partido político.
  • 1977 - Constitúese a empresa Apple Computers Inc.
  • 1979
  • 1980
  • 1981 - Créase en París a Academia Europea de Ciencias, Artes e Letras, entre cuxos membros fundadores figuran os españois Pedro Laín Entralgo, Federico Sopeña e Federico Mayor Zaragoza.
  • 1983 - A empresa Apple presenta o ordenador de sobremesa Lisa, o primeiro equipado con rato.
  • 1986
    • Inscríbense no Ministerio do Interior os Premios Goya.
    • Xunta de Andalucía, Concello de Sevilla e Sociedade Estatal Expo92 firman un convenio para canalización dos investimentos públicos e privados para a mellora das comunicacións, modernización do sector turístico e adaptación urbanística de Sevilla.
    • Stephen P. Synnott descobre as lúas Xulieta e Portia do planeta Urano, a partir de imaxes tomadas pola sonda espacial Voyager 2.
  • 1989 - A axencia española de noticias EFE cumpre 50 anos. Tiña entón 80 oficinas en 60 países.
  • 1990 - O líder de Panamá, Manuel Noriega, réndese ás forzas estadounidenses.
  • 1992 - Estados Unidos establece oficialmente relacións diplomáticas con Rusia.
  • 1993 - En Moscova, George H. W. Bush e Boris Eltsin firman o segundo Pacto Estratéxico de Redución Armamentística.
  • 1994 - O avión Tupolev TU-154 da Aeroliña Rusa estrélase e estoupa pouco despois de engalar de Irkhutsk, Rusia, matando 125 persoas.
  • 1995
  • 1996
    • Segundo fontes do PNV e da esquerda abertzale, ETA propuxo ao Goberno entrar en contacto antes do atentado de Vallecas, o 12 de decembro.
    • AT&T anuncia o despedimento de case 40 000 traballadores, o 13% do seu cadro de persoal.
    • Estoura unha bomba nun mercado de Nova Delhi, morren 6 persoas e 32 sofren feridas.
  • 1997
    • O presidente dos Estados Unidos, Bill Clinton, prorroga por outros seis meses a suspensión do Capítulo III da Lei Helms-Burton sobre investimentos estranxeiros en Cuba.
    • Miguel Indurain pon punto final á súa carreira.
  • 1998
    • Ernesto Zedillo acepta a denuncia formal do seu ministro do Interior, acusado de se-lo máximo responsabel da matanza de 45 indíxenas en Chiapas.
    • O PSOE propón unha nova regulación que impida a creación de comisións de investigación sobre asuntos das lexislaturas anteriores.
    • Destituídos dous comandantes da Garda Civil implicados no caso Lasa e Zabala relacionados cos GAL.
    • A Igrexa mexicana denuncia a postura do Goberno ante o masacre de Chiapas.
    • Máis de 400 arxelinos asasinados na primeira xornada do Ramadán.
    • O Goberno liberaliza a instalación de áreas de servizo nas estradas.
    • O xornalista peruano Alfredo Barnechea publica as súas charlas con 13 grandes autores latinoamericanos na obra Peregrinos da lingua.
    • Anatoli Kárpov vence a Anand na primeira partida do Mundial da FIDE.
  • 1999
    • A moeda única europea inicia con éxito a súa primeira xornada nos mercados financeiros mundiais.
    • O primeiro ministro paquistaní Nawaz Sharif sae ileso dun aparente atentado ao estourar unha bomba nunha ponte pouco antes de que el a cruzara. Catro persoas morreron.
    • Juan José Ibarretxe toma posesión do cargo de "Lehendakari" do goberno Vasco, coa premisa de respecta-la Constitución.
    • Corea do Norte desprega mísiles de medio alcance para intimidar o Xapón.
    • Os procesos de conversión ó euro das institucións reitoras do mercado de valores desenvólvense con éxito.
    • Parte con destino a Marte a nave Mars Polar Lander para analizar os cambios climáticos.
  • 2000
    • Dezaseis persoas falecidas en Exipto debido aos enfrontamentos relixiosos.
    • Triunfa a oposición co 40% dos votos, nas Eleccións Lexislativas de Croacia.
    • Segundo o Servizo de Defensa da Competencia as grandes fusións aumentaron en España o pasado ano un 64%.
    • Conchita Martínez vence a austríaca Sylvia Plischke na primeira rolda do torneo Gold Coast de tenis.
    • Despídese a tira cómica de Charlie Brown, que se publicou durante 50 anos en 3.000 xornais de 75 países.
  • 2001
    • Doce inmigrantes ecuatorianos morren arrolados por un tren en Murcia.
    • O dracma grego incorpórase ó sistema da moeda única.
    • O proceso de paz norteirlandés atravesa unha grave crise pola resistencia do IRA a abandonar as armas.
    • O euro inaugura o exercicio con outra recuperación e o dólar baixa a súa cotización a 175 pesetas.
    • A enfermidade das “vacas tolas” esténdese con dous casos máis en León.
    • O rally París Dakar chega a España co escándalo da suspensión da etapa porque a Federación Española de Motociclismo quixo cobrar sete millóns de pesetas.
  • 2002
    • Ibarretxe anuncia que Euskadi abonará pola cota do Concerto Económico 138 millóns de euros menos dos establecidos pola Lei de Presupostos.
    • Duhalde é investido novo Presidente da Arxentina e recoñece que o país esta en quebra.
    • A policía australiana detivo a 14 menores e 6 adultos por provocar os incendios de Sydney.
    • A Forza Aérea de Venezuela investirá cerca de 216 millóns de dólares en novos avións.
  • 2003
    • Dous aventureiros irlandeses fracasan no seu intento de atravesa-la Antártida en dez días.
    • O frío causou xa 183 mortos no que vai de inverno en Polonia.
    • Un incendio devasta o castelo de Luneville, do século XVIII.
    • Nove mortos e unha trintena de feridos no segundo accidente de tren na India en dúas semanas.
    • Os bombeiros buscan tres coches que puideron ter caído ó Douro.
    • Unha terceira illa do Pacífico, dun millar de habitantes, arrasada polo ciclón Zoe.
    • Recuperadas na costa francesa máis de 170 aves mortas por culpa do verquido de fuel do Prestige e un centenar máis contaminadas.
    • O fillo de François Mitterrand volve a ser acusado nun caso de tráfico de armas a Angola.
    • Un bispado da Toscana intenta cobrar un vello imposto do XVI para restaurar o patrimonio relixioso.
  • 2004
    • O voo 604, un Boeing 737 das Flash Airlines exipcias, estrélase no Mar Vermello matando os 148 tripulantes.
    • Aeroméxico afirma haber perdido máis de 150 000 dólares pola cancelación de dous voos aos Ánxeles.
    • China cerra miles de fábricas de fogos artificiais trala morte accidental de máis de 50 persoas.
    • Descuberto en Marrocos un meteorito marciano.
    • A Sonda Spirit da NASA aterra satisfactoriamente na superficie de Marte.
  • 2005
    • Iraq e Latinoamérica convertéronse nos lugares máis perigosos para os xornalistas no 2004.
    • Autoridades sanitarias confirman a existencia un segundo caso de 'vaca tola' no Canadá.
    • O Goberno estadounidense dona 1.000 millóns de dólares a organizacións "baseadas na fe".
    • 2.330 estranxeiros de 36 nacións morreron no maremoto do sur de Asia.
    • Aumenta a 94 000 o balance oficial de mortos polo terremoto e o tsunami en Indonesia.
    • As autoridades de Sri Lanka elevan a 35 000 o número de vítimas mortais na illa.
    • Outro movemento sísmico estremece Andamán e as Illas Nicobar na India sen causar danos nin mortos.
    • 23 persoas morren nun ataque suicida contra membros da Garda Nacional en Iraq.
    • A Bolsa inicia o ano 2005 con ganancias.
    • UNICEF solicita 81 millóns de dólares para os 1,5 millóns de nenos afectados polo tsunami.
    • McDonald's estuda mellorar as condicións de sacrificio dos polos substituíndo a electrocución polo gaseado.
    • Un 'Hércules' parte de Torrexón cargado de regalos para os nenos de Honduras.
    • Cinco tribos indias illadas en diversas illas sobreviviron ao maremoto, segundo informa Survival.

Nacementos

[editar | editar a fonte]
Giovanni Battista Pergolesi.
David W. Griffith.
Juan Rodríguez Cabrillo.
Edgar Cayce.

Festas e celebracións

[editar | editar a fonte]
  • Santoral: Santa Xenoveva (patroa de París); Antero e Ceferino (Papas); Florencio e Luciano (Bispos); Pedro, Zósimo, Daniel de Padua, Fulgencio, Atanasio, Cirino, Primo, Teóxenes, Xosé María Tomasi, Teopento, Teonás e Gordio (Mártires); Florencia e Bertila (Virxes).

Os 366 días do ano