Televisión de Galicia
TVG | |
---|---|
Logo da TVG | |
Inicio das emisións | 24 de xullo de 1985 (39 anos) |
Propiedade de | CRTVG |
Formato da imaxe | 720p HDTV |
Datos de audiencia | 9,9% (marzo de 2019, TVG) |
País | Galicia |
Lingua | Galego |
Área de emisión | Galicia |
Sede central | Santiago de Compostela |
Canle/s irmá(s) | tvG2 TVG Europa TVG América |
Dispoñibilidade | |
Terrestre | |
TDT | A Coruña (Norte): 25 A Coruña (Sur): 40 Lugo: 31 Ourense: 25 Pontevedra: 37 |
Satélite | |
Astra 19.2°L | Frecuencia:11377 MHz |
Cable | |
R | TVG Dial 110 tvG2 Dial 118 |
Vodafone | TVG Dial 7 tvG2 Dial 8 |
IPTV | |
Movistar+ | Dial 9 |
Televisión por Internet | |
Á carta | TVG á carta |
Na rede
| |
TVG | |
A Televisión de Galicia é unha canle de televisión galega. Forma parte da Corporación de Radiotelevisión de Galicia (CRTVG) xunto coa Radio Galega. As instalacións centrais están en San Marcos, na parroquia de Bando, no concello de Santiago de Compostela.
En xaneiro de 2009 converteuse en líder autonómica por primeira vez na súa historia[1]. Porén, foi entre 1988 e 1990 cando tivo as maiores audiencias da súa historia[2].
Historia e características
As obras da sede comezaron o 8 de outubro de 1984. A dirección xeral de medios de comunicación tivo que crear unha rede de reemisores[3] para que puidese transmitir. Inaugurou as súas emisións ás 19:30 do 24 de xullo de 1985 cos actos en directo da súa inauguración,[4] e pola noite a retransmisión en directo dos actos do Día do Apóstolo en Santiago. O 25 de xullo emitiu a primeira película, a curtametraxe Mamasunción de Chano Piñeiro. Logo destas probas suspendeu a transmisión e emitiu nos meses seguintes 150 horas en probas[5], incluíndo a emisión dos encontros do Trofeo Cidade de Vigo 1985[6]. O 1 de setembro comezou a programación regular, con 39 horas de emisión á semana.
Ó longo da historia dirixiron a canle Guillermo Montes, Xosé Luis Blanco Campaña, Gerardo González Martín, Xerardo Rodríguez, Xosé Rodil Lombardía, Arturo Maneiro, Anxo Quintanilla, Suso Iglesias e Rosa Vilas.
O 31 de decembro de 1996 a canle Galeusca TV, da que tamén formaban parte ETB e TV3, iniciou as emisións regulares cara América vía satélite. O 17 de maio de 1997, a TVG comezou a transmitir por Internet. Desde a desaparición da Galeusca TV, a TVG emite para o resto de España e Europa por satélite e redes de cable a canle Galicia TV Europa e para América Galicia TV América.
A TVG emite integramente en galego para Galicia, malia emitir algún programa en castelán para o estranxeiro. A publicidade, que durante moito tempo foi maioritariamente en castelán, tende a igualarse nas dúas linguas. Porén, a primeira canle televisiva en emitir en galego, malia que parcialmente, foi o Centro Territorial de RTVE en Galicia.
A TVG forma parte da FORTA, unha federación de diferentes televisións autonómicas do estado español.
A segunda canle
- Artigo principal: tvG2.
Malia dicir que poría en marcha a segunda canle, G2, o 25 de xullo de 2008,[7] ao final fíxoo, tras fallar a data prevista de outubro de 2008,[8][9] o 2 de febreiro de 2009.[10][11] Con todo, tratouse dunha estrea demorada, pois xa se apuntara que ía ser no 2006 e, co anterior director, no 2005.
A segunda canle emite de luns a venres bloques infantís, de 13.45 a 15.30 e de 18.00 a 20.30. O resto das horas reemite a programación de Galicia TV América. As fins de semana están exclusivamente dedicadas ó deporte. O director da CRTVG na época de aparición da G2, Benigno Sánchez, tiña previsto que a canle emitira de luns a venres de 07.00 a 00.45 programación de divulgación cultural, documentais, cine e programación infantil e xuvenil. O obxectivo era centrar as fins de semana na cultura e no deporte, con especial atención ó minoritario e ó de base. Na década do 2000 anunciárase a creación dunha canle de noticias para o 2010 e mais dunha cuarta canle posterior, sen confirmar a temática. Finalmente, ningunha destas dúas canles viu a luz.
Imaxe corporativa
-
Logo de Televisión de Galicia dende 1985 a 1994
-
Logo de Televisión de Galicia dende 1994 a 1997
-
Logo de Televisión de Galicia dende 1997 a 2006
-
Logo de Televisión de Galicia dende 2006
Clasificación dos programas máis vistos por tempada
- Artigo principal: Clasificación dos programas galegos máis vistos por tempada.
Notas
- ↑ "A TVG, líder autonómica por primeira vez na súa historia", La Voz de Galicia.
- ↑ Arturo Maneiro e Alfonso Cabaleiro, "A TVG". Lea, 1993, páxina 47.
- ↑ Mª Luz Ríos Rodríguez e Mª Carmen Saavedra Vázquez (coord.) As institucions galegas na historia. USC, 2004, páxina 608
- ↑ "25 anos da TVG". Arquivado dende o orixinal o 19 de agosto de 2010. Consultado o 23 de agosto de 2010.
- ↑ Xosé López García: "Tres décadas de televisión en Galicia", CGC, Santiago, páxina 52
- ↑ "Fútbol. Primeira retransmisión dun partido na TVG". Pasou o que pasou.
- ↑ El País - La apertura de un segundo canal aboca a TVG a aumentar el gasto
- ↑ "Mundoplus - El segundo canal de la TVG costará el primer año dos millones". Arquivado dende o orixinal o 18 de setembro de 2019. Consultado o 31 de maio de 2008.
- ↑ agalega.info - 'Cousiñas' será o primeiro programa da Galega para menores de 3 anos[Ligazón morta]
- ↑ "A Nosa Terra - En 15 días emitirá G2, a segunda canle da Galega". Arquivado dende o orixinal o 23 de xaneiro de 2009. Consultado o 20 de xaneiro de 2009.
- ↑ G2, a segunda canle da Galega, estrearase o vindeiro luns
Véxase tamén
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Televisión de Galicia |