Óscar ó mellor actor
Oscar ao mellor actor Academy Award for Best Actor | |
---|---|
Tipo | premio ao mellor actor protagonista e Premios Óscar |
Data de fundación | 1929 |
País | Estados Unidos de América |
Na rede | |
https://oscar.go.com/nominees/actor-in-a-leading-role | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Premio Óscar ó mellor actor é unha das categorías dos Premios Óscar que cada ano entrega a Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas nos Ánxeles (California). Entrégase a un actor que tivese unha interpretación nun papel principal na industria do cinema. Tradicionalmente, o premio é presentado pola gañadora do Óscar á mellor actriz na edición anterior.
A cerimonia da 1ª edición dos Óscar tivo lugar en 1929, e nela Emil Jannings gañou o premio polas súas interpretacións en The Last Command e The Way of All Flesh.[1]
Actualmente, as candidaturas determínanse mediante voto singular transferible entre os membros da rama de intérpretes da Academia. Os gañadores elíxense mediante voto plural entre todos os membros con dereito a voto da Academia.[2] Nas primeiras tres edicións dos premios, os actores eran candidatos por todo o seu traballo durante o período (ata por tres filmes nalgúns casos).[3] Porén, durante a 3ª cerimonia, de 1930, só se citou un filme no premio final, aínda que o gañador tivese varios filmes na candidatura.[4]
O ano seguinte, o sistema, complexo e pouco manexable, foi substituído polo actual, en que un actor é candidato por unha interpretación específica nun único filme.[3] A partir da 9ª cerimonia, de 1937, a categoría limitouse a cinco candidaturas.[3] Cinco actores foron candidatos postumamente, James Dean (en dúas ocasións), Spencer Tracy, Massimo Troisi, Chadwick Boseman[5] e o gañador Peter Finch.[6]
Lista dos premiados
[editar | editar a fonte]En letra grosa os que obtiveron o premio en máis dunha ocasión.
Múltiples candidaturas
[editar | editar a fonte]Os seguintes actores recibiron polo menos catro candidaturas ao Óscar ao mellor actor:
- 9 candidaturas: Laurence Olivier, Spencer Tracy
- 8 candidaturas: Paul Newman, Jack Nicholson, Peter O'Toole
- 7 candidaturas: Marlon Brando, Dustin Hoffman, Jack Lemmon
- 6 candidaturas: Richard Burton, Daniel Day-Lewis, Denzel Washington
- 5 candidaturas: Gary Cooper, Robert De Niro, Leonardo DiCaprio, Tom Hanks, Fredric March, Paul Muni, Al Pacino, Gregory Peck, Sean Penn, James Stewart
- 4 candidaturas: Warren Beatty, Charles Boyer, Michael Caine, Albert Finney, Anthony Hopkins, Burt Lancaster
Récords de idade
[editar | editar a fonte]Récord | Actor | Filme | Idade (en anos) | Ref. |
---|---|---|---|---|
Gañador máis vello | Anthony Hopkins | The Father | 83 | [12] |
Candidato máis vello | Anthony Hopkins | The Father | 83 | [13] |
Gañador máis novo | Adrien Brody | O pianista | 29 | [14] |
Candidato máis novo | Jackie Cooper | Skippy | 9 | [14] |
Galería
[editar | editar a fonte]Ademais de Daniel Day Lewis (3 premios), Spencer Tracy e Tom Hanks, os seguintes actores gañaron o Óscar ao mellor actor en dúas ocasións:
-
Fredric March, Óscar ao mellor actor en 1930-31 e 1946
-
Gary Cooper, Óscar ao mellor actor en 1941 e 1952
-
Marlon Brando, Óscar ao mellor actor en 1954 e 1972
-
Dustin Hoffman, Óscar ao mellor actor en 1979 e 1988
-
Jack Nicholson, Óscar ao mellor actor en 1975 e 1997
-
Sean Penn, Óscar ao mellor actor en 2003 e 2008
-
Anthony Hopkins, Óscar ao mellor actor en 1991 e 2020
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Rule One: Award Definitions" (PDF). Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (AMPAS). p. 1. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 21 de outubro de 2014. Consultado o 30 de agosto de 2013. Arquivado 21 de outubro de 2014 en Wayback Machine.
- ↑ "Rule Six: Special Rules for the Acting Awards" (PDF). Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (AMPAS). p. 8-7. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 21 de outubro de 2014. Consultado o 30 de agosto de 2013. Arquivado 21 de outubro de 2014 en Wayback Machine.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Levy 2003, p. 56
- ↑ Dirks, Tim. "1929–38 Academy Awards Winners and History". Filmsite (Rainbow Media). Arquivado dende o orixinal o 29 de agosto de 2016. Consultado o 30 de agosto de 2013.
- ↑ Chadwick Boseman is the 7th actor to receive a posthumous Oscar nomination. Here's who else has received the honor.
- ↑ Thise 2008, p. 235
- ↑ 7,0 7,1 Osborne 2013, p. 423
- ↑ Crouse 2005, p. 177
- ↑ Patel, Tara (27 de febreiro de 2012). "'The Artist' Wins Top Oscar Honors in Bow to Silent Film". Bloomberg Businessweek. Bloomberg L.P. Arquivado dende o orixinal o 28 de agosto de 2012. Consultado o May 9, 2013.
- ↑ Un vaqueiro rudo pero decente Arquivado 20 de agosto de 2010 en Wayback Machine., artigo en Tierras de Santiago o 17/02/2008.
- ↑ "1927–1928 Academy Awards". Consultado o 10 de novembro de 2013.
- ↑ Shoard, Catherine (26-04-2021). "Anthony Hopkins is oldest-ever acting Oscar winner after taking best actor for The Father". The Guardian (en inglés). Consultado o 30-04-2021.
- ↑ Verhoeven, Beatrice (15-03-2021). "Anthony Hopkins Becomes Oldest Best Actor Nominee at Oscars". The Wrap (en inglés). Consultado o 30-04-2021.
- ↑ 14,0 14,1 "Oldest/Youngest Acting Nominees and Winners". Academy of Motion Picture Arts and Sciences (AMPAS). Arquivado dende o orixinal o 1 de marzo de 2009. Consultado o 16 de setembro de 2014.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Óscar ó mellor actor |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Crouse, Richard (2005). Reel Winners: Movie Award Trivia. Toronto, Ontario, Canadá: University of Toronto Press. ISBN 978-1-55002-574-3.
- Levy, Emanuel (2003). All About Oscar: The History and Politics of the Academy Awards. Nova York: Continuum International Publishing Group. ISBN 978-0-82641-452-6.
- Thise, Mark (2008). Hollywood Winners & Loseres A to Z. Nova York: Limelight Editions. ISBN 978-0-87910-351-4.
- Wiley, Mason; Bona, Damien (1996). Inside Oscar: The Unofficial History of the Academy Awards (5 ed.). Nova York: Ballantine Books. ISBN 978-0-34540-053-6. OCLC 779680732.