4 de outubro
Aparencia
<< | Outubro | >> | ||||
Lu | Ma | Mé | Xo | Ve | Sá | Do |
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | |
7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 |
14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 |
21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 |
28 | 29 | 30 | 31 | |||
2024 Todos os días |
O 4 de outubro é o 277º día do ano do calendario gregoriano (278º nos anos bisestos). Quedan 88 días para finalizar o ano.
Acontecementos
[editar | editar a fonte]- 610 - Heraclio chega por barco dende África a Constantinopla, derrota o emperador bizantino Focas e coróase novo emperador.
- 1476 - Tratado de Tudela polo que Fernando o Católico intervén en Navarra.
- 1511 - Fernando o Católico únese cos Estados Pontificios e con Venecia na chamada Liga Santa para frear a crecente hexemonía francesa na Italia.
- 1535 - Os colonizadores españois fundan a cidade de Sincelejo (Colombia).
- 1535 - María Tudor, filla de Henrique VIII e de Catarina de Aragón, é coroada raíña de Inglaterra.
- 1582 - Roma: O papa boloñés Gregorio XIII decreta o calendario gregoriano na substitución do calendario xuliano. En Polonia, España, Portugal e Italia, a noite do xoves 4 de outubro de 1582 deu paso o venres 15 de outubro.
- 1766 - O navegante francés Louis Antoine Bougainville accede a deixar as illas Malvinas ao mando da Capitanía Xeneral de Buenos Aires tras aceptar de España unha forte suma de diñeiro.
- 1824 - México independízase de España e fúndase a República de México.
- 1830 - Independencia de Bélxica, despois da separación dos Países Baixos.
- 1840 - Milicia liberal de Vigo ataca Pontevedra con artillaría no marco da disputa pola capitalidade da provincia.
- 1883 - Primeiro percorrido do tren Expreso do Oriente.
- 1890 - Robert Koch recomenda a tuberculina como vacina tralo experimento que demostra que unha segunda infección de tuberculose non ten ningún efecto en animais que xa estaban infectados pola enfermidade.
- 1895 - Celébrase o primeiro US Open de Golf, en Rhode Island.
- 1905 - Os irmáns Wright realizan en Dayton un voo de máis de media hora de duración.
- 1910 - O aviador francés Tabuteao realiza un percorrido en biplano dende Donostia a Baiona.
- 1910 - Portugal proclama a república e o rei Manuel II foxe a Bretaña.
- 1918 - Abdicación do tsar Fernando I de Bulgaria a favor do seu fillo Boris I.
- 1921 - A Sociedade de Nacións rexeita acudir na axuda de Rusia e atribúe a fame que azouta ese país a súa dirección política.
- 1934 - Constitúese un goberno presidido por Alejandro Lerroux, con membros da CEDA. Como protesta, os socialistas chaman á folga xeral, que se converteu na chamada "revolución de Asturias", na que morreron 1.335 persoas.
- 1945 - Segunda guerra mundial: O xeneral MacArthur, comandante supremo das forzas estadounidenses no Xapón, proclama a lei de liberdades civís nese país.
- 1956 - Inaugúrase a base naval hispano-estadounidense de Rota.
- 1957 - Os rusos colocan en órbita o primeiro obxecto artificial da historia: o Sputnik I. Un mes máis tarde lanzan o Sputnik II, cun ser vivo a bordo: a cadela Laika.
- 1958 - O primeiro servizo transatlántico con pasaxeiros é inaugurado por British Airways entre Londres e Nova York.
- 1959 - A sonda lunar Lunik III tira, durante o seu voo arredor da Lúa, as primeiras fotografías da súa cara oculta.
- 1960 - EEUU lanza o espazo o "Courier IB", primeiro satélite activo de telecomunicacións.
- 1963 - A estrea en España da película estadounidense "Con faldras e ao tolo", protagonizada por Marilyn Monroe, Tony Curtis e Jack Lemmon, colleita un grande éxito.
- 1966 - Proclamación da independencia de Lesotho, antigo Basutoland, que permanece na Commonwealth.
- 1968 - O No-Do convértese na revista cinematográfica; a partir de agora o noticiario será renovado e constará, fundamentalmente, de tres partes: noticias breves, grandes reportaxes e páxinas en cor.
- 1971 - O Lunokhod I, da URSS, finaliza súa actividade investigadora na Lúa, o esgotárselle, ó cabo de dez meses, a fonte de enerxía que levaba.
- 1979 - España ratifica o Convenio de Dereitos Humanos.
- 1981 - Ali Jamenei, elixido presidente de Irán en substitución de Muhammad Ali Rajai.
- 1981 - Celébrase en Hamburgo o "Día da Saúde", organizado pola Asemblea da Saúde de Berlín.
- 1984 - O furacán Hortensia chega a Galicia. Ao seu paso deixa 2 vítimas mortais (4 máis fóra do país) e danos por riba dos 60 millóns de euros.
- 1987 - Michel Prufer bate o récord mundial de velocidade en esquí, a quilómetro lanzado, con 217,68 km/h. celebrado en Chile.
- 1988 - Amnistía Internacional revela nun informe o lamentable panorama mundial dos dereitos humanos os 40 anos da Declaración Universal dos Dereitos Humanos.
- 1991 - Os delegados de 30 países firman en Madrid o acordo polo que se designa á Antártida "reserva natural para a paz e a ciencia" e prohíbese a explotación mineira durante 50 anos.
- 1997 - A Infanta Cristina de Borbón, segunda filla dos reis de España, e o deportista Iñaki Urdangarin casan na catedral de Barcelona.
- 2002 - Un tribunal estadounidense condena á tabaqueira Philip Morris a pagar 28 000 millóns de dólares a unha muller enferma de cancro de pulmón.
- 2007 - no parque nacional de Tsolofelo (Botswana) é enterrado o cadáver repatriado do Negro de Bañolas, o cadáver embalsamado dun home da etnia san (chamado pexorativamente «bosquimano»), que desde 1916 exhibíase como atracción turística no museo Darder de Banyoles (Cataluña).
Nacementos
[editar | editar a fonte]- 1276 - Margarida de Brabante, raíña de Alemaña.
- 1462 - Francisco Roldán Jiménez, expedicionario e navegante español.
- 1472 - Lucas Cranach, pintor alemán.
- 1550 - Carlos IX, rei de Suecia
- 1607 - Francisco de Rojas Zorrilla, dramaturgo español.
- 1720 - Giovanni Battista Piranesi, artista e gravador italiano.
- 1787 - François Guizot, político e historiador francés.
- 1814 - Jean-François Millet, pintor francés.
- 1822 - Rutherford Birchard Hayes, político e avogado estadounidense.
- 1841 - Prudente de Morais, presidente do Brasil (m.1902).
- 1853 - Armando Palacio Valdés, escritor español.
- 1858 - Michael Pupin, físico e inventor estadounidense de orixe húngara, pioneiro do teléfono, Premio Pulitzer 1924.
- 1861 - Frederich Remington, escultor e pintor estadounidense.
- 1868 - Marcelo Torcuato de Alvear, presidente da Arxentina (m.1942).
- 1878 - Doroteo Arango, "Pancho Villa", caudillo popular mexicano.
- 1880 - Juan March Ordinas, empresario e financeiro español.
- 1880 - Damon Runyon, escritor americano.
- 1881 - Walther von Brauchitsch, militar alemán.
- 1889 - Francisco Madrid e Villatoro, matador de touros español.
- 1891 - Henri Gaudier-Brzeska, escultor francés, pioneiro da escultura moderna.
- 1895 - Buster Keaton, cineasta e actor cómico estadounidense (m. 1966).
- 1903 - John Vincent Atanasoff, pioneiro da computadora americano.
- 1903 - Ernst Kaltenbrunner, funcionario militar alemán (m.1946).
- 1912 - Francisco de Asís Cabrero Torres-Quevedo, arquitecto español.
- 1916 - Vitaly Ginzburg, físico ruso, Premio Nobel de Física.
- 1917 - Violeta Parra, cantante e folklorista chilena.
- 1917 - Jan Murray, cómico americano
- 1918 - Kenichi Fukui, químico xaponés, Premio Nobel de Química (m.1998).
- 1923 - Charlton Heston, actor estadounidense (m. 2008).
- 1926 - Miguel Espinosa Gironés, escritor español.
- 1928 - Alvin Toffler, escritor americano de novela científica.
- 1931 - Richard Rorty, filósofo estadounidense.
- 1937 - Franz Vranitzky, ex chanceler austríaco.
- 1938 - Kurt Wüthrich, químico suízo, Premio Nobel.
- 1941 - Jackie Collins, novelista británica.
- 1941 - Anne Rice, escritora de novela fantástica americana.
- 1943 - H. Rap Brown (Jamil Al-Amin), activista de dereitos civís.
- 1944 - Rocío Dúrcal, cantante e actriz española.
- 1946 - Susan Sarandon, actriz estadounidense.
- 1947 - Ann Widdecombe, membro do Parlamento británico.
- 1949 - Mariano Barbacid, investigador bioquímico español.
- 1949 - Armand Assante, actor estadounidense.
- 1950 - Francisco Araiza, tenor mexicano.
- 1953 - Tchéky Karyo, actor francés.
- 1955 - Jorge Alberto Valdano, futbolista hispano-arxentino.
- 1959 - Chris Lowe, músico británico, compoñente o grupo “Pet Shop Boys”.
- 1959 - Tony Meo, xogador inglés do billar ruso (snooker).
- 1962 - Jon Secada, cantante cubano.
- 1963 - A.C. Green, estrela do baloncesto.
- 1967 - Liev Schreiber, actor estadounidense.
- 1967 - Marcus Bentley, actor de dobraxe británico.
- 1974 - Mafalda Arnauth, cantante portuguesa
- 1976 - Alicia Silverstone, actriz americana.
- 1979 - Rachael Leigh Cook, actriz estadounidense.
Mortes
[editar | editar a fonte]- 1072 - Sancho II, rei de Castela e León.
- 1160 - Costanza de Castela, raíña de Castela.
- 1226 - Francisco de Asís, santo católico italiano.
- 1582 - Teresa de Cepeda y Ahumada “Santa Tareixa de Xesús”, relixiosa española.
- 1669 - Harmenszoon van Rijn Rembrandt, pintor holandés.
- 1806 - Pedro Antonio Sánchez Vaamonde, cóengo ilustrado galego (n. 1749).
- 1816 - James Hingston Tuckey, explorador británico.
- 1821 - John Rennie, enxeñeiro escocés.
- 1851 - Manuel Godoy, político español, valido de Carlos IV.
- 1904 - Frédéric Bartholdi, escultor da Estatua da Liberdade, francés.
- 1936 - Francisco Rodríguez Otero, político galego (n. 1901).
- 1946 - Barney Oldfield, pioneiro americano do automobilismo.
- 1970 - Janis Joplin, cantante estadounidense (n.1943).
- 1974 - Anne Sexton, poeta norteamericana.
- 1982 - Glenn Gould, pianista canadense.
- 1989 - Graham Chapman, cómico británico.
- 1991 - Domingo Quiroga Ríos, investigador e xornalista galego (n. 1900).
- 1992 - Dennis Hulme, automobilista neozelandés.
- 1997 - Gunpei Yokoi, deseñador e modisto xaponés.
- 1998 - Jean-Pascal Delamuraz, expresidente suízo.
- 1999 - Mariano Rubio Jiménez, político español, gobernador do Banco de España.
- 1999 - Bernard Buffet, pintor francés.
- 2000 - Violeta Friedman, escritora venezolana de orixe húngara.
- 2000 - Michael Smith, físico estadounidense, Premio Nobel de Química 1993.
- 2002 - André Delvaux, cineasta belga.
- 2009 - Daniel Cortezón, escritor galego.
- 2009 - Mercedes Sosa, cantante arxentina.
- 2013 - Võ Nguyên Giáp, militar e político vietnamita (n. 1911).
Festas e celebracións
[editar | editar a fonte]Outros
[editar | editar a fonte]- Santoral: San Francisco de Asís (fundador dos franciscanos, patrón dos ecoloxistas e dos belenistas). Marco, Tiso, Crispín, Marciano, Queremón, Acepsimas, León, Isidoro, Quintin, Tirso e Bonifacio (mártires); Xoaquín, Lucio e Petronio (bispos); Crispo, Marcos e Caio (confesores); Paulo "O monxe" (beato); Diego Luis de Sanvitores (mártir). Calendario Romano: Theseia. Ceres.