Airbus Helicopters
Airbus Helicopters | |
---|---|
Tipo | división |
Fundación | 1992 |
Matriz | Airbus |
Localización | Marignane |
Industria | aeroespacial |
Produtos | helicópteros |
Número de empregados | 23 000 |
Na rede | |
http://www.airbushelicopters.com | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Airbus Helicopters SAS (anteriormente Eurocopter Group) é a división de fabricación de helicópteros de Airbus. É a compañía máis grande da industria en termos ingresos e helicópteros de turbina entregados. A súa sede atópase no aeroporto de Marsella Provenza, en Marignane, Francia, preto de Marsella. As súas principais instalacións atópanse en Marignane e en Donauwörth, Alemaña, con plantas de produción adicionais no Brasil (Helibras), Australia, España e os Estados Unidos. A compañía foi renomeada Airbus Helicopters o 2 de xaneiro de 2014.[1]
Historia
[editar | editar a fonte]Airbus Helicopters formouse en 1992 como Eurocopter Group a través da fusión das divisións de helicópteros de Aérospatiale e DASA. A herdanza da compañía remóntase a Louis Blériot e Lioré et Olivier en Francia e a Messerschmitt e Focke-Wulf en Alemaña.[2]
Airbus Helicopters e as compañías predecesoras estableceran unha gran cantidade de fitos na industria dos helicópteos, como o primeiro helicóptero de produción cun turboeixo (o Aérospatiale Alouette II de 1955); a introdución do rotor de cola Fenestron (no Gazelle de 1968); o primeiro helicóptero certificado para voos completos en condicións de xeo (o AS332 Super Puma en 1984); o primeiro helicóptero de produción cun sistema de control fly-by-wire (o NHIndustries NH90); o primeiro helicóptero en usar un control primario fly-by-light (un banco de probas EC135 en 2003); e a primeira aterraxe dun helicóptero no Everest (conseguido por un AS350 B3 en 2005).[3]
Como consecuencia da fusión dos anteriores participantes de Airbus Helicopters en 2000, a firma no presente é unha filial propiedade na súa totalidade de Airbus. A creación do que entón foi chamado EADS en 2000 tamén incorporaba á española CASA, que tamén tiña unha historia relacionada cos helicópteros que se remontaba aos tempos de Talleres Loring, e incluía a montaxe local do Bo105.
No presente Airbus Helicopters ten catro fábricas principais en Europa (Marignane e La Courneuve en Francia, e Donauwörth e Kassel en Alemaña), e outras 32 de filiais e participantes en todo o mundo, como as de Brisbane en Australia, Albacete en España e Grand Prairie nos Estados Unidos.[4]
Dende aproximadamente 2006 Eurocopter estivo involucrado no proxecto do proposto Futuro Helicóptero de Transporte Paneuropeo.[5]
En 2014 había máis de 12 000 aparellos de Airbus Helicopters en servizo con máis de 3 000 clientes de 150 países.[6]
No ano 2019 Airbus Helicopters obtivo 369 pedidos de 161 clientes en 51 países e entregou 332 aparellos, conseguindo o 54% do mercado de halicópteros en todo o mundo.[7]
Produtos
[editar | editar a fonte]Algúns dos helicópteros foron renomeados en 2015, asemellándose ao nome dos avións de Airbus.[8] Cando a división cambiou o seu nome de Eurocopter Group e Airbus Helicopters en 2014 modificáronse os nomes comerciais dos produtos (aplicados ata o 1 de xaneiro de 2016) para reflectir isto. Os sufixos, así como a diferenciación para motores simples ou bimotores, deixaron de usarse. As versións militares debían ser simbolizadas coa letra M. As únicas excepcións a esta nova marca foron o AS365, o AS565, o Tiger e o NH90, que mantiveron os seus nomes.[9]
Nome | Tipo | Imaxe | Introducido | MTOW |
---|---|---|---|---|
H125 | Lixeiro monomotor | 1975 | 2 250 kg | |
H130 | Lixeiro monomotor | 2001 | 2 500 kg | |
H135 | Lixeiro bimotor | 1996 | 2 980 kg | |
H145 | Lixeiro bimotor | 2002 | 3 700 kg | |
H155 | Medio bimotor | 1999 | 4 920 kg | |
H160 | Medio bimotor | 2019 | 6 050 kg | |
H175 | Súper medio bimotor | 2014 | 7 800 kg | |
H215 | Pesado bimotor | 1980 | 9 150 kg | |
H225 | Pesado bimotor | 2004 | 11 200 kg | |
NH90 | Utilitario militar bimotor | 2006 | 10 600 kg | |
Tiger | Ataque militar bimotor | 2003 | 6 600 kg |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Airbus Helicopters". Airbus Group. Archived from the original on 02 de xaneiro de 2014. Consultado o 25 de outubro de 2018.
- ↑ "Helicopters history". Airbus (en inglés). Consultado o 2020-12-06.
- ↑ "First Helicopter Landing on Everest's Summit". National Geographic. 2009-08-02. Archived from the original on 02 de agosto de 2009. Consultado o 2020-12-06.
- ↑ "Network's interactive map - Airbus Helicopters". web.archive.org. 2014-01-15. Archived from the original on 15 de xaneiro de 2014. Consultado o 2020-12-06.
- ↑ "Rüstung: EU beschließt Bau von Helikopter". www.handelsblatt.com (en alemán). Arquivado dende o orixinal o 16 de abril de 2022. Consultado o 2020-12-06.
- ↑ "Who We Are - Airbus Helicopters". web.archive.org. 2014-01-14. Archived from the original on 14 de xaneiro de 2014. Consultado o 2020-12-06.
- ↑ "Airbus Helicopters maintains global market leader position in 2019". Airbus (en inglés). Consultado o 2020-12-06.
- ↑ "Airbus renames fleet". Vertical Magazine. 2015-04-19. Arquivado dende o orixinal o 19 de abril de 2015. Consultado o 2024-05-13.
- ↑ "History is written with an HI160" (PDF). www.airbushelicopters.com. marzo de 2015. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 09 de abril de 2021. Consultado o 13 de maio de 2024.