Saltar ao contido

Toquio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Modelo:Xeografía políticaToquio
東京都 (ja) Editar o valor en Wikidata
Vista nocturna
Vista aérea
Fotomontaxe
Imaxe

HimnoTokyo Metropolitan Song (en) Traducir (1947) Editar o valor en Wikidata

Símbolo oficialGaivota chorona (aves)
Prunus ×yedoensis (flor)
Xinkgo (árbore) Editar o valor en Wikidata
Epónimocapital e leste Editar o valor en Wikidata
Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 35°41′22″N 139°41′30″L / 35.6894, 139.6917
EstadoXapón Editar o valor en Wikidata
Capital de
Xapón (1947–) Editar o valor en Wikidata
CapitalShinjuku (1991–) Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación14.264.798 (2022) Editar o valor en Wikidata (6.501,58 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie2.194,05 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porBaía de Toquio, Rio Sumida (pt) Traducir, Rio Arakawa (pt) Traducir e Edo River (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altitude6 m Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoMount Kumotori (en) Traducir (2.017,1 m) Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación6 de setembro de 1868 Editar o valor en Wikidata
Evento clave
Día festivo
Organización política
Órgano executivoGoverno Metropolitano de Tóquio (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
• Governor of Tokyo (en) Traducir Editar o valor en WikidataYuriko Koike (pt) Traducir (2016–) Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoAssembleia Metropolitana de Tóquio (pt) Traducir , (Escano: 127) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
ISO 3166-2JP-13 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con
Amán
Delhi
Casablanca
Damasco
Nova York (1960–)
Pequín (1979–)
París (1982–)
Honolulu (1982–)
Nova Gales do Sur (1984–)
Seúl (1988–)
Iacarta (1989–)
São Paulo (1990–)
Cairo (pt) Traducir (1990–)
Moscova (1991–)
Berlín (1994–)
Roma (1996–)
Londres (2015–) Editar o valor en Wikidata

Páxina webmetro.tokyo.lg.jp Editar o valor en Wikidata
Facebook: tochokoho Twitter: tocho_koho Youtube: UCCfgVNWo4kogGJGcb2nG-Hw TikTok: tokyodouga_official Editar o valor en Wikidata

Toquio,[1][2][3][4][5] Tokio[6] ou Tokyo[7][8][5] (en xaponés 東京, とうきょう (Tōkyō?) ja-Tokyo.ogg pronunciación (lit. capital do leste), oficialmente 東京都, とうきょうと (Tōkyō-to?) (Metrópole de Toquio), é a capital e unha das 47 prefecturas do Xapón. Sitúase en Honshu, a maior illa do arquipélago. A prefectura ten 12.064.101 habitantes, preto do 10% da poboación do país, e a súa área metropolitana 31,2 millóns. Toquio é famosa pola Torre de Toquio. Foi fundada en 1457, co nome de Edo ou Yedo. Tornouse a capital do imperio no 1868 coa actual designación. Sufriu grande destrución dúas veces; unha no 1923, cando foi atinxida por un terremoto; e outra no 1944 e 1945, cando bombardeos americanos destruíron gran parte da cidade e mataron máis de 150 mil persoas.

Aínda que Toquio sexa considerada unha das cidades máis importantes, movimentadas e densamente habitadas do mundo, ela non é, tecnicamente, unha cidade. Non hai no Xapón unha cidade chamada "Toquio". Na verdade, Toquio é designada como unha metrópole (都 - to), similar a unha prefectura do Xapón (県 - ken), e é constituída de 23 barrios (区 - ku), 26 cidades primarias (市 - shi), 5 cidades secundarias (町 - cho ou machi) e oito vilas diferentes (村 - son ou mura). Cada unha delas posúe un goberno que opera a nivel rexional. Tamén son parte de Toquio pequenas illas no océano Pacífico, localizadas a máis de mil km sur, nos subtrópicos.

Máis de 8 millóns de persoas viven nos 23 distritos autónomos que constitúen a parte central de Toquio. Estes 23 distritos definen a "Cidade de Toquio", na opinión da maioría dos especialistas e outras persoas. Estes 23 distritos posúen 8.340.000 habitantes. A poboación de Toquio aumenta en 2,5 millóns ao longo do día, debido aos estudantes e traballadores de prefecturas veciñas, que van á Toquio para estudar e traballar. A poboación total dos barrios de Chiyoda, Chūō e Minato, que compón a rexión central de Toquio, e onde está localizado o principal centro financeiro do país, é de menos de 300 mil habitantes; porén, máis de 2 millóns de persoas traballan na rexión.

Toquio é o principal centro político, financeiro, comercial, educativo e cultural do Xapón. Así sendo, Toquio posúe a maior concentración de sedes de empresas comerciais, institucións de ensino superior, teatros e outros establecementos comerciais e culturais do país. Toquio tamén posúe un sistema de transporte público altamente desenvolvido, con numerosas liñas de trens, metro e de autobuses, así como o Aeroporto Internacional de Toquio.

Artigo principal: Historia de Toquio.
Portán Sakurada, Castelo de Edo, actual Palacio Imperial do Xapón.
Templos relixiosos típicos fan parte da cidade desde o primeiro.
Vista dun cruzamento de Toquio, á noite. Note a enorme cantidade de persoas transitando nas calzadas das rúas.

O asentamento humano máis antigo que se ten noticia data de 737. Os arqueólogos descubriron os restos dun templo budista e dun mosteiro. Porén, a data de fundación oficial da cidade é o ano de 1457. Neste ano, Ota Dokan, un guerreiro xaponés, baixo ordes de Uesuxi Mochitomo, construíu un castelo nas montañas da rexión, onde actualmente fica Toquio. Este castelo, que ficaría coñecido como o Castelo de Edo, estaba localizado nunha posición estratéxica, en termos militares, porque a súa alta posición nas montañas permitía unha ampla visión da baía de Toquio. Unha cidade, chamada Edo (actual Toquio), creceu nas inmediacións do castelo. Actualmente, onde se construíra o castelo está localizado o Palacio Imperial do Xapón.

Edo comezou a desenvolverse rapidamente despois de 1590, cando foi capturada por soldados de Tokugawa Ieyasu, un shogun, líder dun clan de cuño guerreiro. El fixo de Edo o seu cartel-xeneral. No 1603, Ieyasu tornouse shogun do Xapón, e Edo tornouse o principal centro político do país (malia que Kyoto continuaba a ser a residencia do emperador e, como tal, a capital oficial do Xapón). No comezo do século XIX, Edo posuía máis dun millón de habitantes. O clan de Ieyasu, os Tokugawa, continuaría a gobernar a cidade ata 1867.

No 1853, o comandante norteamericano Matthew Perry desembarcou na Baía de Toquio, á fronte dunha frota de catro navíos de guerra, como un enviado do goberno norteamericano, coa misión de instituír relacións diplomáticas e comerciais, entre o Xapón e os Estados Unidos. Perry volveu á Toquio no ano seguinte, no 1854, á fronte dunha frota maior do que a anterior, e asinou un tratado diplomático entre os líderes de goberno do Xapón. No ano seguinte, o Xapón asinaría tratados de cuño diplomático con outros países de Europa, marcando o inicio da influencia da cultura occidental en todo o país.

Os Tokugawa foron depostos no 1867. No 1869, o Emperador Mexitsu (ou Mutsuhito) mudouse para Edo, e o nome desta foi mudado para "Toquio", facendo da cidade oficialmente a capital do Xapón. Toquio significa, en xaponés, "capital do oriente", e á época era constituída de 15 barrios diferentes (en comparación aos actuais 23). Desde entón, Toquio rapidamente adaptou moito da cultura occidental, e no final do século XIX, Toquio xa se parecía moito cunha cidade occidental.

O 1 de setembro de 1923, Toquio foi atinxida por un violento tremor sísmico. O terremoto e o incendio que se seguiu causaron a morte de máis de 120 mil persoas, ben como a destrución da maior parte de Toquio. Toquio foi lentamente reconstruída ao longo dos próximos 15 anos. Neste período, barrios veciños a Toquio comezaron a desenvolverse. No 1932, outros distritos, cidades e vilas veciñas foron anexadas a Toquio, que formal o seu actual límite municipal. Xa durante a segunda guerra mundial, en 1943, o goberno xaponés decidiu instituír a Provincia Metropolitana de Toquio.

Constantes bombardeos norte-americanos, coa segunda guerra mundial, en Toquio destruíron moito dela. Os bombardeos norteamericanos comezaron en 1942, e estenderanse ata o final da guerra. Os bombardeos máis pesados atinxiron Toquio en 1944 e 1945, destruíndo aproximadamente un terzo da cidade, e matando aproximadamente 150 mil persoas. Millóns de persoas decidiron abandonar Toquio. Esta tiña preto de 7.3 millóns de habitantes en 1940; no final da guerra, a poboación caera á metade, para preto de 3.5 millóns.

Toquio foi novamente reconstruída despois do fin da guerra. Porén, esta reconstrución fíxose sen control. Predios e vías públicas foron simplemente construídas onde había espazo. Poucos anos despois da fin da guerra, Toquio novamente vibraba como un centro comercial, e a súa poboación comezou a crecer novamente. Nun espazo de 15 anos, a poboación de Toquio triplicara, chegando a 9 millóns no 1960. Este rápido crecemento eventualmente tornou a Rexión Metropolitana de Toquio a área urbana máis habitada do mundo. A provincia foi sede dos Xogos Olímpicos de 1964.

En 1966, un plan director foi instituído en Toquio, co obxectivo de minimizar varios dos seus problemas. Sistemas de metro e de trens foron expandidos, leis contra industrias poluidoras foron instituídas e mellorouse o sistema de saneamento básico. Moitos rañaceos foron construídos neste período. Para tentar reducir a superpoboación da rexión, o goberno xaponés incentivou a construción de novas cidades sub-urbanas, en torno de Toquio.

Na década de 1990, o problema da polución atmosférica reducírase, e acadáranse os principais obxectivos do plan director. Porén, continúan a ser grandes problemas en Toquio a altísima densidade de poboación e o alto valor do terreo, na rexión.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Localización xeográfica

[editar | editar a fonte]
Imaxe de satélite de Toquio.

Toquio está localizada na marxe noroeste da baía de Toquio. Limita coa prefectura de Chiba ao leste, coa prefectura de Yamanashi ao oeste, coa prefectura de Kanagawa ao sur e coa prefectura de Saitama ao norte. Fan tamén parte de Toquio illas que están espalladas no océano Pacífico. A máis distante delas están a mil quilómetros de Toquio.

Rexión metropolitana

[editar | editar a fonte]

Toquio é o centro da maior rexión metropolitana do mundo, coñecida como Rexión Metropolitana de Toquio-Yokohama. Esta rexión metropolitana inclúe as prefecturas xaponesas de Chiba, Kanagawa e Saitama. preto dun carto de toda a poboación do Xapón vive na rexión metropolitana de Toquio. A poboación desta é de 33,418,366 habitantes (dado de 2000), e a súa área urbana é de 5,200 km2.

Toquio posúe un clima temperado. A súa temperatura media no inverno é de 4 °C, e no verán é de 24 °C. As precipitacións anuais caen regulamente en forma de choiva e neve derretida, raramente na forma de neve, e é de 147 centímetros anuais.

Administración

[editar | editar a fonte]
Toquio. Áreas pintadas en amarelo sinalizan os 23 barrios de Toquio, e áreas pintadas en verde sinalizan cidades e vilas que tamén fan parte de Toquio.
Véxase tamén: Barrios de Toquio.

Toquio non é tecnicamente unha cidade senón unha das 47 provincias do Xapón. Ela está dividida en 23 barrios e 39 cidades e vilas diferentes. Cada unha delas posúen poderes municipais, cada unha delas con seus propios prefectos e asembleas municipais. Porén, débese ter en conta que o goberno provincial de Toquio limita os poderes destes gobernos locais. Este goberno crea leis que valen para todas os distritos e cidades de Toquio e ten o poder de anular calquera lei aprobada por unha desas subdivisións rexionais. O goberno provincial tamén é responsable polo fornecemento de cobertura policial na cidade, aínda que outros servizos públicos sexan de responsabilidade rexional, tal como os sistemas de saneamento básico, por exemplo. Cada unha desas subdivisións rexionais tamén é obrigada a fornecer estes servizos públicos.

Os habitantes de Toquio elixe un gobernador para mandatos de 4 anos de duración. As leis provinciais son discutidas e aprobadas por unha Asemblea Metropolitana. Os seus 127 membros son electos pola poboación da provincia para mandatos de 4 anos de duración. Cada distrito, cidade ou vila que forma parte da provincia de Toquio posúe cando menos un representante na asemblea.

Un dos métodos de recadación de fundos dáse a través de impostos de propiedade. Cada distrito, cidade ou vila pode criar impostos locais para a manutención dos servizos realizados por tales subdivisións provinciais. Elas tamén reciben verbas da provincia de Toquio, que, á súa vez, recibe mandatos directamente do goberno de Toquio.

Os 23 barrios especiais de área metropolitana de Toquio

[editar | editar a fonte]

Área Tama

[editar | editar a fonte]

Distritos

[editar | editar a fonte]

Rexión insular

[editar | editar a fonte]

Demografía

[editar | editar a fonte]
Crecemento da poboación de Toquio (23 distritos)
Ano Habitantes
1872 595,900
1877 796,800
1881 823,600
1884 914,300
1887 1,121,900
1891 1,268,900
1898 1,440,100
1904 1,818,700
1908 2,186,100
1914 2,050,100
1920 2,173,201
1925 1,995,567
1930 2,070,913
1935 5,875,667
Ano Habitantes
1940 7,322,688
1947 4,177,548
1950 5,385,071
1955 6,969,104
1960 8,310,027
1965 8,893,094
1970 8,840,942
1975 8,646,520
1980 8,351,893
1985 8,354,615
1990 8,163,573
1995 7,967,614
2000 8,134,688
2005 8,336,611

Toquio posúe máis postos de traballo e locais de recreación cultural do que calquera outra cidade do Xapón, atraendo moitas persoas do resto do país (especialmente á mocidade). A súa densidade de poboación é extremadamente alta, de 14 mil persoas por quilómetro cadrado, case dúas veces máis que Nova York.

O 97% da poboación da provincia son descendentes de xaponeses. Os dous maiores grupos étnicos minoritarios de Toquio son chineses e coreanos, cada unha responsable polo menos do 1% da poboación da provincia.

A maior parte da poboación de Toquio é budistas. A segunda relixión máis practicada na provincia é o cristianismo, practicada por case un 1,8% da poboación de Toquio.

A inmensa poboación de Toquio crea unha alta demanda por residencias. No pasado, a maioría dos habitantes da provincia vivía en casas dun ou dous andares, feitas de madeira, cada unha co seu propio xardín, quintal e capela relixiosa. Á medida que a poboación de Toquio foi crecendo, tales casas foron demolidas, e no seu lugar foron construídos edificios de apartamentos .

Mesmo así, a procura por residencias continuou a ser máis alta do que a oferta, aumentando prezos do terreo e do alugueiro, especialmente dentro dos 23 distritos da provincia. Como resultado, a partir da década de 1970, máis persoas abandonaron a rexión dos 23 distritos, mudándose para Tama (parte da provincia de Toquio), ou mesmo para outras cidades veciñas máis distantes. En Tama, o goberno provincial de Toquio creou un proxecto de residencias barato, para familias de baixa renda. Porén, estas residencias están localizadas moito lonxe dos principais centros comerciais e industriais, e moitos destes traballadores de baixa renda son obrigados a usar o transporte público, e pasan por veces máis de catro horas soamente dentro dalgún medio de transporte público.

Poboación

[editar | editar a fonte]

Por área (dados de 1 de outubro de 2003)

  • Toquio: 12.36 millóns (poboación fixa)
  • Toquio: 14.667 millóns (de día, cando persoas doutras cidades veciñas veñen a Toquio para traballar ou estudar)
  • 23 distritos: 8.34 millóns
  • Rexión urbana de Tama: 4 millóns
  • Illas do Pacífico: 27 mil

Por idade (dados de 1 de xaneiro de 2003):

  • Nenos: (0 - 14 anos de idade) 1.433 millóns (12%)
  • Persoas en idade de traballo (15-64): 8.507 millóns (71.4%)
  • Maiores (65+): 2.057 millóns (16.6%)

Por nacionalidade

Economía

[editar | editar a fonte]
Luces de neon en Toquio
A Torre de Toquio, unha das principais atraccións de Toquio.

Toquio é un dos maiores e máis importantes centros económicos do mundo, sendo facilmente o maior centro industrial e financeiro do país. Algunhas das 25 maiores empresas de manufacturación están radicadas en Toquio.

Moitas das maiores compañías de electrónicos do Xapón fabrican seus produtos en Toquio, e moitos deses produtos son exportados a outros países. Entre elas, salientan Sony, Toshiba e Hitachi. Publicación tamén é unha das principais industrias da cidade. A maioría das empresas de publicación do Xapón están localizadas en Toquio, e a maior parte das revistas e xornais publicados na provincia son fabricados en Toquio. Outras industrias importantes son a industria petroquímica, fabricación de automóbiles, madeira e derivados e móbeis. Outros grandes centros industriais localizados na rexión metropolitana de Toquio son Yokohama e Kawasaki, estas, grandes produtos de navíos, produtos petroquímicos, automóbiles e produtos de ferro e aceiro.

Toquio é o principal centro financeiro da Asia, e un dos máis influentes do mundo. A bolsa de valores da provincia é unha das máis movidas do mundo. A maioría das institucións financeiras do país están en Toquio, ben como a maioría das institucións financeiras multinacionais instaladas no país.

Puntos de interese

[editar | editar a fonte]

O turismo é unha das principais fontes de renda de Toquio. Millóns de turistas, boa parte deles estranxeiros, visitan Toquio anualmente. Alén das súas moitas atraccións turísticas, a cidade tamén é sede dalgúns grandes eventos anuais, como a parada dos bombeiros de Toquio, o 6 de xaneiro, ou o Festival de Sanxa, a comezos de maio.

Os turistas que visitan a cidade dispoñen de moitos hoteis e restaurantes de calidade. Dos hoteis, os turistas poden optar por ficar en hoteis construídos e amoblados segundo o estilo occidental, ou en Ryokans, hoteis ao estilo xaponés. Estes hoteis posúen, por exemplo, portas que se moven nun sentido lateral, chamadas de shoji, e dun tapete, chamado tatami. En canto aos restaurantes, algúns especialízanse en culinaria xaponesa, doutras culturas asiáticas, ou pola culinaria occidental.

Toquio posúe moitos lugares de interese. Os máis coñecidos son:

  • A Torre de Toquio: Unha torre de 333 metros de altura, localizado ao sur do Palacio Imperial.
  • O Palacio Imperial do Xapón: a residencia oficial do emperador do Xapón. Porén, está aberta ao público apenas dúas veces ao ano, todo 2 de xaneiro e no día do aniversario do emperador. Eses días atraen millares de xaponeses.
  • Os varios templos budistas de Toquio atraen millóns de turistas e relixiosos todo ano.
  • Os belos xardíns e parques de Toquio atraen a moita xente. Un dos parques máis populares de Toquio é o Parque Ueno, famoso polas súas belas e raras especies de flores.

Recreación

[editar | editar a fonte]

Os deportes favoritos da poboación de Toquio seguen sendo o judo e mailo sumo, deportes que fixeron parte da cidade durante séculos. Porén, deportes occidentais, como fútbol, boliche, golf, bádminton, tenis e especialmente o béisbol están ficando cada vez máis populares entre a poboación da cidade, especialmente entre os novos.

Actualmente, o deporte máis popular en Toquio é o deporte occidental máis popular da provincia. Os xogos da liga profesional de béisbol do Xapón son realizados no Estadio de Toquio, que posúe capacidade para máis de 50 mil persoas.

A provincia dispón de moitos bares nocturnos. É moito común en Toquio os bares de karaoke, onde clientes cantan á fronte doutros clientes.

A maior parte da poboación de Toquio é budista, e, así sendo, centenas de templos budistas están localizados na provincia, aínda que moitos dos habitantes de Toquio van a estes templos apenas en cerimonias especiais como casamentos e funerais, por exemplo, preferindo practicar os seus actos relixiosos na casa.

Dado a gran densidade de poboación da rexión, a maior parte dos apartamentos e casas da cidade son pequenos, deseñados para abrigar unha familia de 2 adultos e 2 ou 3 nenos. Moitas delas son amobladas segundo estilo xaponés, aínda que outros sigan un patrón máis occidental.

A maioría das persoas usan vestimentas occidentais, no día a día. Algunhas mulleres máis vellas, porén, aínda insisten en usar quimono, unha roupa feminina típica xaponesa. Roupas tradicionais xaponesas son usadas, xeralmente, apenas en días ou eventos especiais.

Moitos dos máis prestixiados artistas xaponeses traballan en Toquio. Algúns aínda usan métodos e técnicas xaponeses, que foron usadas polos seus descendentes e pasan de xeración a xeración, e outros artistas prefiren usar métodos e técnicas occidentais. Toquio é o centro nacional da música, drama e do teatro xaponés. Dúas formas de drama xaponeses, no e kabuki, son as formas favoritas de entretemento da poboación da provincia.

Educación

[editar | editar a fonte]
Vista dun dos portóns da Universidade de Toquio.
  • Escolas: O Goberno Metropolitano de Toquio é responsable da administración e do mantemento de máis de 2,900 escolas. Aínda que algúns distritos e cidades de Toquio non posúen escolas suficientes para atender á poboación en crecemento, outros distritos, onde se construíron grandes centros comerciais, posúen escolas case baleiras.
  • Bibliotecas: O sistema de biblioteca pública de Toquio inclúe unha biblioteca central e dous órganos públicos, responsables de administrar outras bibliotecas menores espalladas ao longo da provincia. A Biblioteca central, ou Biblioteca do Parlamento, está aberta ao público en xeral, mais súa función principal é axudar os membros do parlamento xaponés en investigacións.
  • Universidades: preto de 200 institucións de ensino superior están localizadas en Toquio. Delas, as máis importantes son a Universidade de Toquio, a Universidade Waseda, a Universidade de Keiō, a Universidade de Hitotsubashi, a Universidade de Sophia e a Universidade de Meiji.

Transportes

[editar | editar a fonte]

O sistema de transporte público de Toquio é administrada por varias empresas diferentes. O seu sistema de metro, o máis extenso do mundo, é administrado por 11 empresas diferentes. Unha delas é controlada pola provincia, outra polo goberno nacional e as outras 9 son empresas privadas. As rutas de autobús dentro dos 23 barrios son administradas pola provincia, e no resto da provincia son administradas por empresas privadas.

O sistema de metro de Toquio é o segundo máis movimentado do mundo (atrás apenas o de Moscova, Rusia). De fato, este sistema fica tán lotado nas horas de pico que varias estacións empregan funcionarios, especialmente designados para empurrar e compactar persoas dentro dos trens, no momento en que as portas dos trens están fechando.

Toquio é servida polo Aeroporto Internacional de Toquio (ou Aeroporto Internacional de Haneda), o cuarto aeroporto con máis movemento do mundo, e que atende principalmente a voos domésticos. 63 millóns de pasaxeiros pasan polo aeroporto todo ano.

Toquio posúe outros cinco aeroportos menores. Tres deles están localizados nas illas do Pacífico.

Un sétimo aeroporto, o Aeroporto Internacional de Narita, atópase na cidade de Narita, prefectura de Chiba, e move principalmente os voos internacionais que serven Toquio. Move preto de 45 millóns de pasaxeiros por ano.

Símbolos provinciais

[editar | editar a fonte]

O Goberno Metropolitano de Toquio usa un deseño dunha folla de xinkgo en muros, ómnibus do sistema público de transporte e noutras facilidades que son de propiedade (ou operadas polo) do Goberno Metropolitano de Toquio.

Rexión metropolitana

[editar | editar a fonte]
Norte: Saitama
Oeste: Kōfu Toquio Leste: Chiba, Narita
Sur: Yokohama, Kawasaki
  1. Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo, ed. Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). ISBN 84-8158-266-2. 
  2. Santa María, I. e Massó, N. (2009). "Toquio". Atlas xeográfico e histórico de Galicia e do Mundo. Do Cumio. p. 189 (D3). ISBN 978-84-8289-328-0. 
  3. "Toquio". Diciopedia do século 21 3. Do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 2054-2055. ISBN 978-84-8288-942-9. 
  4. "Toquio". Enciclopedia Galega Universal 16. Ir Indo Edicións. 1999-2002. p. 107. ISBN 84-7680-288-9. 
  5. 5,0 5,1 "Toquio [Tokyo]". Diccionario enciclopédico galego universal 57. La Voz de Galicia. 2003-2004. p. 105. ISBN 84-7680-429-6. 
  6. Goretti Sanmartín Rei et al. Servizo de Normalización Lingüística, Universidade da Coruña, ed. Criterios para o uso da lingua (PDF). ISBN 84-9749-199-8. 
  7. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para monorraíl.
  8. Fernández y Fernández, José Armando (dir. e coord.) (1996). "Tokyo". Atlas de Galicia e de España. Grupo Anaya. pp. 26–27 F33; 28–29 F33. ISBN 84-207-6594-5. A Real Academia Galega acordou informar favorablemente e respaldar como correctas as solucións lingüísticas ofrecidas no Atlas de Galicia e de España do Grupo Anaya, tanto no que se refiere ó tratamento da toponimia galega, como no que se refiere á adaptación dos topónimos foráneos á lingua galega [sic]. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]