Corea do Norte
조선민주주의인민공화국 (ko-kp) | |||||
Himno | Aegukka (1948) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Capital | Pyongyang | ||||
Contén a división administrativa | Chagang (pt) Hamgyong Norte (pt) Hamgyong Sul (pt) Hwanghae Norte (pt) Hwanghae Sul (pt) Kangwon (pt) Nampo (pt) Pyongan Norte (pt) Pyongan Sul (pt) Pyongyang Rason (pt) Ryanggang (pt) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 25.490.965 (2017) (211,47 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | Munhwaŏ (pt) lingua coreana | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 120.540 km² | ||||
Bañado por | Mar Amarelo e Mar do Xapón | ||||
Punto máis alto | Monte Paektu (2.744 m) | ||||
Punto máis baixo | Mar do Xapón (0 m) | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 9 de setembro de 1948 | ||||
Evento clave
| |||||
Día festivo | |||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | unipartidismo ditadura familiar (pt) Juche ditadura comunista Estado unitario Estado socialista república | ||||
• Supreme Leader of North Korea (en) | Kim Jong-un (2011–) | ||||
Órgano executivo | Government of North Korea (en) | ||||
• Primeiro ministro | Kim Jae-ryong (2019–) | ||||
Órgano lexislativo | Asemblea Popular Suprema , (Escano: 687) | ||||
Membro de | |||||
Moeda | Won norcoreano | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Dominio de primeiro nivel | .kp | ||||
Prefixo telefónico | +850 | ||||
Código de país | KP | ||||
Páxina web | korea-dpr.com | ||||
Corea do Norte,[1] oficialmente República Popular e Democrática de Corea, é un país asiático que ocupa a metade norte da Península de Corea. Ten fronteira ao norte coa China e con Rusia; ao leste co mar do Xapón; ao sur con Corea do Sur e ao oeste coa baía de Corea. A súa capital e cidade máis poboada é Pyongyang.
É membro da Organización das Nacións Unidas dende 1991, así como do Movemento de Países Non Aliñados e do G77.
Historia
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Historia de Corea do Norte.
A ocupación militar xaponesa de Corea terminou co fin da segunda guerra mundial en 1945. Corea foi entón dividida en dous partes polo paralelo 38: a Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas (URSS) tomou o control da parte Norte, e o exército dos Estados Unidos da parte Sur. Isto conduciu a que en 1948 se establecesen dous gobernos independentes no Norte e no Sur, cada un reclamando a súa soberanía sobre a totalidade de Corea.
As crecentes tensións entre os gobernos do Norte e do Sur desembocaron na Guerra de Corea cando o 25 de xuño de 1950 o exército de Corea do Norte cruzou o paralelo 38 (que actuaba de fronteira) e atacou. A guerra continuou ata o 27 de xullo de 1953, cando o Comité da Organización das Nacións Unidas (ONU), os voluntarios da República Popular da China e Corea do Norte asinaron o armisticio da Guerra de Corea. Unha zona desmilitarizada foi establecida para separar os dous países.
Corea do Norte foi dirixida desde 1948 por Kim Il Sung ata a súa morte o 8 de xullo de 1994. Despois, o 8 de outubro de 1997, o seu fillo Kim Jong-il foi nomeado Secretario Xeral do Partido dos Traballadores de Corea. En 1998, foi nomeado Presidente da Comisión Nacional de Defensa e a súa posición foi declarada como "o cargo máis alto do Estado". Xeralmente as relacións internacionais melloraron. Ata houbo un cume Norte-Sur histórico en xuño de 2000. Con todo, as tensións volveron a facerse visibles coa continuación por parte de Corea do Norte do seu programa de armas nucleares.
Durante o mandato de Kim Jong-il no final da década dos noventa, a economía do país descendeu considerablemente e a escaseza de comida fíxose evidente en numerosas áreas. Segundo algunhas organizacións de axuda, un descoñecido pero gran número de persoas (algunhas cifran o número ao redor dos tres millóns; "The Economist" estima que entre 600.000 e 1 000 000) morreron como consecuencia da fame negra norcoreana de 1995-98, intensificada por un colapso no sistema de distribución de comida. Numerosos norcoreanos penetraron ilegalmente na China á busca de alimentos. Corea do Norte é un dos sitios máis illados do mundo, con severas restricións na entrada ou saída do país. A prensa é controlada polo Estado e organizacións de masas, e a ideoloxía Juche, que consiste en non depender dos demais, é a oficial do goberno.
Nos últimos anos, o seu programa nuclear desatou polémica entre os estados nucleares, particularmente Estados Unidos, polos obxectivos do seu desenvolvemento militar. Mentres que o goberno norcoreano argumenta que o desenvolvemento de armamento nuclear ten unha finalidade disuasiva e de eventual defensa, a administración estadounidense e a Unión Europea consideran ilegal a posesión de material bélico atómico por parte de Corea do Norte.
Situación Política
[editar | editar a fonte]A República Popular Democrática de Corea é unha república socialista baseada na ideoloxía juche.
O máximo órgano do Estado é a Asemblea Popular Suprema, que conta con 687 membros, elixidos por sufraxio universal cada cinco anos. Cando a Asemblea non se atopa reunida, as súas funcións son realizadas polo Comité Permanente, cuxos membros son elixidos pola Asemblea. Actualmente hai tres partidos con representación no Parlamento: o Partido dos Traballadores de Corea, o Partido Socialdemócrata de Corea e o Partido Chondoísta Chongu.[2]
O poder executivo está repartido en tres ramas: o primeiro ministro (xefe de goberno), actualmente Kim Tok-hun, o Presidente do Comité Permanente da Asemblea Popular Suprema, Choe Ryong-hae, e o Presidente da Comisión de Asuntos de Estado de Corea do Norte, Kim Jong-un. Este último é o cargo con máis poder, sendo ademais fillo e neto respectivamente de Kim Il-sung e Kim Jong-il, mencionados no preámbulo da Constitución como "Líderes Eternos da Corea Juche".[3]
Dereitos humanos
[editar | editar a fonte]En materia de dereitos humanos, respecto á pertenza nos sete organismos da Carta Internacional de Dereitos Humanos, que inclúen o Comité de Dereitos Humanos (HRC), Corea do Norte firmou ou ratificou:
Corea do Norte | Status dos principais instrumentos internacionais de dereitos humanos[4] | ||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
CESCR | CCPR | CERD | CED | CEDAW | CAT[5] | CRC | MWC | CRPD | |||||||||
CESCR | CESCR-OP[6] | CCPR | CCPR-OP1 | CCPR-OP2-DP | CEDAW | CEDAW-OP[7] | CAT | CAT-OP | CRC | CRC-OP-AC | CRC-OP-SC | CRPD | CRPD-OP[8] | ||||
Pertenza | |||||||||||||||||
Firmado e ratificado, firmado pero non ratificado, nin firmado nin ratificado, sen información, accedeu a firmar e ratificar o órgano en cuestión, pero tamén recoñece a competencia de recibir e procesar comunicacións individuais por parte dos órganos competentes. |
División Administrativa
[editar | editar a fonte]A Corea do Norte está subdividida en 9 provincias, 3 cidades controladas directamente polo goberno central e algunhas outras rexións especiais.
Listaxe | Cidade | Provincia | Pob. | Listaxe | Pyongyang Hamhung Congjin | |||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | Pyongyang | Cidade de Pyongyang | 3.255.288 | |||||||
2 | Hamhung | Hamgyong do Sur | 768.551 | |||||||
3 | Chongjin | Hamgyong do Norte | 667.929 | |||||||
4 | Nampho | Pyongan do Sur | 366.815 | |||||||
5 | Wonsan | Kangwon | 363.127 | |||||||
6 | Sinuiju | Pyongan do Norte | 359.341 | |||||||
7 | Tanchon | Hamgyong do Sur | 345.875 | |||||||
8 | Kaechon | Pyongan do Sur | 319.554 | |||||||
9 | Kaesong | Hwanghae do Norte | 308.440 | |||||||
10 | Sariwon | Hwanghae do Norte | 307.764 | |||||||
Datos do censo de 2008[9] |
Xeografía
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Xeografía de Corea do Norte.
Corea do Norte atópase na metade norte, a partir do paralelo 38, da península de Corea. Está bordeada por dous mares, ao occidente polo mar Amarelo e a baía de Corea; e ao oriente polo Mar do Leste. O seu terreo presenta numerosas serras e montañas, separadas por profundos e estreitos vales. Na costa oeste predominan as chairas. O punto máis alto do país é o pico do monte Paektu coñecido en Corea do Norte como "Paektu-san", a 2774 msnm. Entre os ríos máis importantes atópanse o Tumen e o Yalu, os cales forman a fronteira norte con China.
O clima local é tépedo, sendo a época con máis precipitacións o verán, durante unha estación de choivas denominada jangma. Os invernos poden ser moi fortes.
A cidade máis grande de Corea do Norte é a súa capital, Pyongyang (ou P'yŏngyang). Outras cidades a destacar son: Kaesŏng, no sur; Sinuiju, no noroeste; Wŏnsan e Hamhung no leste; e Ch'ŏngjin no nordeste.
O territorio é montañoso, con cordilleiras cubertas por bosques ao leste, sobre o litoral do Mar do Xapón.
Economía
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Economía de Corea do Norte.
Corea do Norte ten unha economía dirixida ó estilo soviético. As relacións económicas co estranxeiro son mínimas e o país recibe axuda alimentaria da ONU. Relatos de fame en masa son comúns.
Cultura
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Cultura de Corea do Norte.
En Corea do Norte a cultura tradicional é especialmente protexida. O nivel de alfabetización é case total (99% homes e 99% mulleres). A liberdade relixiosa é un dereito constitucional en Corea do Norte. As relixións máis comúns son o budismo, o confucianismo, o chondokio (que combina elementos budistas e cristiáns), e nas rexións interiores, cultos chamánicos tradicionais. É unha cultura moi variada canto ás súas culturas descendentes da China.
Deportes
[editar | editar a fonte]Os deportes máis practicados no país son o judo e o tenis de mesa (a xogadora Kim Hyang foi subcampioa nos Xogos Olímpicos de Atenas 2004).
A mellor participación de Corea do Norte nos Xogos Olímpicos foi en Barcelona '92, onde o combinado nacional conseguiu nove medallas malia que ningún dos seus atletas foi campión olímpico. Nos de Pekín 2008 lograron tamén unha boa participación, gañando dúas medallas de ouro, unha de bronce e tres de prata.
O 17 de xuño do 2009, a selección de fútbol logrou a súa clasificación á Copa Mundial de Fútbol de 2010 celebrada en Suráfrica, a que foi a súa segunda participación neste evento, logo de empatar sen goles contra Arabia Saudita en Riad, eliminando a Irán e levando os sauditas á repesca.[10] No campionato quedou eliminada na primeira fase de grupos, tras perder contra Brasil, Portugal e Costa do Marfil (0-3).
Turismo
[editar | editar a fonte]O número de turistas que visitan Corea do Norte cada ano é moi pequeno, aínda que aumentou durante os últimos anos e espérase que aumente moito máis a curto prazo.[11][12] A construción da estación de esquí de Masikryong forma parte do plan para o aumento do turismo.
Viaxar desde o estranxeiro pode resultar complicado; existen poucos países con representación diplomática norcoreana e só algunhas axencias autorizadas poden organizar viaxes.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para norcoreano.
- ↑ "A Asemblea Popular Suprema na Unión Interparlamentaria" (en inglés). Consultado o 28 de xuño de 2019.
- ↑ "Constitución de Corea do Norte". en.wikisource.org (en inglés). Consultado o 28 de xuño de 2019.
- ↑ Oficina do Alto Comisionado para os Dereitos Humanos. "Status by country" (en inglés). Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos. Arquivado dende o orixinal o 14 de agosto de 2013.
- ↑ Convención contra la Tortura y Otros Tratos o Penas Crueles, Inhumanos o Degradantes (Resolución) (en castelán). Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos. 10 de decembro de 1984. 39/46. Arquivado dende o orixinal o 7 de marzo de 2013.
- ↑ Protocolo Facultativo del Pacto Internacional de Derechos Económicos, Sociales y Culturales (PDF) (Resolución) (en castelán). Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos. 10 de decembro de 2008. A/RES/63/117. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 9 de febreiro de 2014.
- ↑ Protocolo Facultativo de la Convención sobre la eliminación de todas las formas de discriminación contra la mujer (Resolución) (en castelán). Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos. 6 de outubro de 1999. A/54/4. Arquivado dende o orixinal o 7 de marzo de 2013.
- ↑ Protocolo facultativo de la Convención sobre los derechos de las personas con discapacidad (Resolución) (en castelán). Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos. Arquivado dende o orixinal o 2 de agosto de 2014.
- ↑ Estatísticas das Nacións Unidas; censo de 2008 da República Popular de Corea
- ↑ "Corea del Norte clasificó al Mundial tras 44 años". www.ambito.com. Consultado o 2020-02-05.
- ↑ "North Korea welcomes increase in tourism" (en inglés). 20 de febreiro de 2013. Consultado o 13 de abril de 2019.
- ↑ "North Korea plans to increase tourism tenfold by 2017... and to welcome TWO MILLION visitors a year by 2020" (en inglés). 2 de xuño de 2015. Consultado o 13 de abril de 2019.
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Corea do Norte |