Faramir
Faramir | |
---|---|
Personaxe de O Señor dos Aneis | |
Faramir | |
Creador(es) | J. R. R. Tolkien |
Información | |
Raza | Dúnedain |
Sexo | Masculino |
Nacemento | 2983 T. I. |
Título | Senescal de Gondor Señor de Emyn Arnen |
Familia | Finduilas (mai) Denethor II (pai) Boromir (irmán) |
Cónxuxe | Éowyn |
Fillos | Elboron |
Residencia | Minas Tirith Emyn Arnen |
Nacionalidade | Gondoriano |
Perfil en IMDb |
Faramir é un personaxe da novela O Señor dos Aneis escrita por J. R. R. Tolkien. É o fillo máis novo de Denethor II, Mordomo de Gondor, e de Finduilas de Dol Amroth. O seu irmán máis vello é Boromir.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Faramir é moi distinto ao seu irmán: para el o coñecemento e a sabedoría prevalecen sobre a forza e o poder. É xunto a Aragorn o único humano que resiste á tentación do Anel, o que o fai aínda máis admirable. Gran condutor de homes, era reverenciado e amado polo seu pobo, así como todos canto o coñeceron.
Admiraba ao seu irmán (estaban moi unidos) e ansiaba o amor do seu pai, que sentía pouco amor por el e prefería ao seu irmán, o cal case o leva á morte na Guerra do Anel. Foi enviado polo seu pai a defender o posto de Osgiliath, o cal resultou case suicida. Regresou moribundo a Minas Tirith, tras ser atacado polos Nazgûl.
Denethor de súpeto sente remorsos por lle escatimar o seu agarimo ao seu único fillo vivo (pois Boromir morrera pouco antes) e desesperación pola aparente caída do seu reino, e decide inmolarse xunto ao seu fillo, a quen cre morto.
Pipin, arrepiado, avisa a Gandalf, quen chega a tempo para salvar a Faramir, aínda que non a Denethor. Posteriormente é levado ás Casas da Saúde e curado por Aragorn con axuda da herba athelas.
Cando Aragorn subiu ao trono de Gondor, recoñeceu en Faramir a un gran mandatario, leal e xusto. Ademais de ratificalo como Mordomo do Reino e Capitán de Gondor, concedeulle o título de Príncipe de Ithilien.
Durante a súa estadía nas Casas da Saúde, coñeceu a Éowyn, Señora de Rohan e irmá de Eomer, Rei dos Rohirrim e entre eles floreceu o verdadeiro amor. Terminada a Guerra do Anel, casou con ela e xuntos tiveron un fillo chamado Elboron. Finalmente residiron en Emyn Arnen.
Pipin, por agarimo e admiración ao Mordomo de Gondor, chama Faramir ao primeiro fillo que ten xunto á súa esposa Diamante de Quebra Longa, o cal logo casaría con Riciños de Ouro, filla de Samsagaz Gamllí e Rosiña Cotón.
Faramir comparte co propio Tolkien e con Christopher, o fillo máis novo deste, un soño recorrente de temática atlántida. No soño unha grande onda arrasa e afunde baixo a auga un país, que no mundo de Tolkien será Númenor, patria orixinaria dos Dúnedain.
O personaxe de Faramir é interpretado na saga de Peter Jackson polo actor David Wenham; na trama cinematográfica non manexan o carácter do personaxe da mesma forma que no libro: móstrase como un máis dos que sucumbe á ambición de poder que irradia o Anel Único, e non como o mostrou Tolkien no libro, onde é un dos que logra resistirse ao poder do anel.
A Galipedia ten un portal sobre: Terra Media |