Saltar ao contido

Giovanni Trapattoni

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaGiovanni Trapattoni

(2013) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento17 de marzo de 1939 Editar o valor en Wikidata (85 anos)
Cusano Milanino, Italia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura175 cm Editar o valor en Wikidata
Peso73 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista (–1972), adestrador de fútbol Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaItalia Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoCentrocampista Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1959–1971   Juventus FC 274(3)
1971–1972 SSD Varese Calcio 10(0)
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1960–1964   Italia 17(1)
  Adestrador Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1975–1976   A.C. Milan
1976–1986   Juventus FC
1986–1991   Inter de Milán
1991–1994   Juventus FC
1994–1995 FC Bayern München
1995–1996   Cagliari Calcio
1996–1998 FC Bayern München
1998–2000   ACF Fiorentina
2000–2004   Italia
2004–2005 Sport Lisboa e Benfica
2005–2006 VfB Stuttgart
2006–2008 Fußball Club Red Bull Salzburg (pt) Traducir
2008–2013   Irlanda Editar o valor en Wikidata
Participou en
2012Eurocopa de Fútbol Polonia/Ucraína 2012
2004Eurocopa de Fútbol Portugal 2004
1962Mundial de Fútbol Chile 1962
1960Xogos Olímpicos de 1960 Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm1146405 Discogs: 2642242 FIFA: 59125 UEFA: 150165569 Editar o valor en Wikidata

Giovanni Trapattoni, nado en Cusano Milanino, Milán, o 17 de marzo de 1939, é un exfutbolista e exadestrador italiano.

Coñecido tamén polo diminutivo de Trap, está amplamente considerado como un dos mellores adestradores italianos de tódolos tempos.[1] É o técnico italiano con máis títulos a nivel de clubs e un dos adestradores con máis títulos en todo o mundo.[2] Gañou sete veces a Serie A italiana (máis que ningún outro adestrador), e conquistou ademais as primeiras divisións de Alemaña, Portugal e Austria, sumando un total de dez ligas nacionais. É un dos únicos seis adestradores que conseguiron gañar polo menos unha liga de primeira división en catro países diferentes, xunto co iugoslavo Tomislav Ivić, o austríaco Ernst Happel, o portugués José Mourinho, o belga Eric Gerets e o seu compatriota Carlo Ancelotti.[3] A estes súmanse sete títulos oficiais a nivel internacional, o que o converte no sexto técnico mundial e cuarto en Europa por número de trofeos conseguidos nesta categoría.

Os seus anos como futbolista transcorreron principalmente no Milan, onde integrou o eixo do equipo durante case quince anos e, baixo as ordes de Nereo Rocco, gañou dous títulos de liga, unha Copa Italia, dúas Copas de Europa, unha Recopa de Europa e unha Copa Intercontinental.[4] Pechou a súa carreira como futbolista no Varese.[4] Vestiu ademais en 17 ocasións a camiseta da selección italiana, coa que participou nos Xogos Olímpicos de 1960 e no Mundial de 1962.

Trala súa retirada fíxose inmediatamente adestrador, triunfando de xeito precoz. Conseguiu a maioría dos seus éxitos no banco da Juventus, equipo que dirixiu de xeito ininterrompido desde 1976 ata 1986 -o ciclo máis longo da historia do fútbol profesional italiano-[5] e de novo dende 1991 ata 1994. Co club do Piemonte logrou seis títulos da Serie A e dúas Copas de Italia, ao tempo que se converteu no único adestrador da historia en gañar todas as competicións de clubs organizadas pola UEFA.[6] Xunto co seu coetáneo Luigi Radice, foi introdutor do innovador sistema de xogo chamado zona mista.[7] É un dos poucos homes que gañou a Copa de Europa, a Recopa de Europa e a Copa Intercontinental tanto de xogador como de adestrador. É o segundo adestrador con máis títulos da Copa da UEFA, con 3, só superado polos 4 do vasco Unai Emery.

Dirixiu tamén a selección italiana de 2000 a 2004, e ocupou o mesmo posto na selección irlandesa de 2008 a 2013. Cos italianos participou no Mundial de 2002 e na Eurocopa de 2004 e cos irlandeses estivo a piques de lograr a clasificación para o Mundial de 2010, despois de perder un polémico partido contra Francia. Si conseguiu a clasificación de Irlanda para a Eurocopa de 2012, 24 anos despois da súa anterior participación.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
A cascina Guarnazzola ("La Bernasciola" en lombardo occidental) en Cusano Milanino, onde naceu e viviu Trapattoni.

Foi o quinto fillo de Francesco, un obreiro que inmigrara desde Barbata,[8] na Bassa Bergamasca, e de Romilde Bassani, unha labrega. Criouse durante a segunda guerra mundial e nas dificultades da sucesiva posguerra en Cusano Milanino,[9] onde a súa familia vivía xunto con outras 11 familias nunha cascina, típica construción agrícola do norte de Italia.[10] En 1945 comezou a escola primaria en Milanino, traballando como mozo dos recados nas vacacións de verán e, mentres tanto, comezou a xogar ao fútbol no oratorio San Martino di Cusano.[10]

Nos seguintes anos alternou a súa formación como futbolista co traballo de aprendiz de tipógrafo.[10][9]

Como futbolista

[editar | editar a fonte]
Comezos no Milan
[editar | editar a fonte]

Deu os seus primeiros pasos como futbolista no Frassati de Niguarda e despois entrou na canteira do US Cusano Milanino, equipo da súa vila natal.[11] En 1956, durante un encontro fronte aos xuvenís do Milan, chamou a atención do adestrador e exfutbolista rossonero Mario Malatesta, que inmediatamente lle deu a oportunidade de realizar unha proba co equipo. Superada esta, foi traspasado xunto a Gilberto Noletti, a cambio de 600.000 liras.[11] Deste xeito, Giuanìn emprendeu a súa primeira viaxe ao estranxeiro para disputar un torneo en Estrasburgo coa camisola do Milan. O equipo de Malatesta, que contaba con outros futuros campións como Trebbi, o propio Noletti e Salvadore, gañou o Torneo de Viareggio en 1959, repetindo título en 1960.

Coa súa actividade competitiva cada vez máis intensa, cedeulle o seu posto como tipógrafo ao seu irmán Antonio.[12] O 29 de xuño de 1958 debutou co primeiro equipo na Copa de Italia, da man do adestrador Luigi Bonizzoni, nunha vitoria por 4-1 contra o Como. Poucos días despois o seu pai morreu dun infarto, polo que pensou en deixar o fútbol para coidar da súa nai, pero Malatesta aseguroulle un soldo suficiente para manter a familia.[12] Para o seu debut na Serie A tivo que esperar ata o 24 de xaneiro de 1960, na vitoria por 3-0 sobre o SPAL,[13] na que foi despregado como lateral dereito.[12] O seu primeiro gol coa camiseta negra e vermella chegou o 16 de abril de 1961, durante o partido que gañaron en San Siro por 2-1 ante a Roma.[14]

Ese mesmo ano volveu ter como adestrador a Nereo Rocco, co que xa estivera durante os Xogos Olímpicos de 1960 en Roma. O adestrador triestino converteuno nun piar do seu Milan, co que conseguiu dous scudettos en dous períodos distintos (1961/62 e 1967/68), outras tantas Copas de Europa (1962/63, 1968/69), unha Recopa de Europa (1967/68) e unha Copa Intercontinental (1969). Foi titular nas dúas finais da Copa de Europa, derrotando na primeira delas o Benfica de Mário Coluna e Eusébio e na segunda o Ajax de Cruyff. Sen Rocco no banco, Trap tivo menos protagonismo no equipo; porén, gañou a Copa de Italia 1966/67, sumando ao seu palmarés o único título que lle faltaba.

A súa aventura como xogador do Milan rematou en 1971, despois de 14 tempadas e 351 partidos, cifras que o sitúan no 17º lugar da clasificación histórica do club en número de encontros. Marcou un total de 6 goles, un deles na ida da Copa Intercontinental de 1963 ante o Santos de Pelé, que finalmente gañou o trofeo.[15]

Trapattoni (agachado, segundo dende a esquerda) no Milan campión de Italia na tempada 1961/62.

Tras deixar o equipo rossonero, no verán de 1971 fichou polo Varese, co que xogou unha única tempada, disputando 13 encontros e colgando a continuación as botas, aos 33 anos.[16]

Selección italiana

[editar | editar a fonte]

Foi convocado por Nereo Rocco para representar a Italia nos Xogos Olímpicos de 1960 en Roma. O equipo chegou a semifinais, onde foron eliminados por Iugoslavia.[13]

Ese mesmo ano debutou coa selección absoluta nun partido amigable contra Austria no estadio San Paolo de Nápoles.[17] Tamén contra Austria marcou o seu único gol coa nazionale, en 1963. Un ano antes, viaxou coa selección a Chile para disputar o Mundial de 1962. Con todo, non puido debutar no Mundial debido a unha grave lesión no ligamento tibial.[18]

O seu partido máis lembrado coa camiseta azul foi o amigable que disputaron Italia e o Brasil no estadio de San Siro de Milán o 12 de maio de 1963. Trapattoni gañou fama nese encontro por ter anulado a Pelé, que acabou pedindo o cambio no minuto 26, entrando no seu lugar Quarentinha, ao que o defensa italiano conseguiu marcar tamén con éxito. Con todo, anos despois tanto Pelé como Trapattoni recoñeceron que o brasileiro xogara con problemas físicos e que só saltara ao campo uns minutos para cumprir co seu contrato.[19]

Trapattoni (de branco), xunto ao dianteiro do Bologna, Luís Vinício, e o gardameta do Milan, Giorgio Ghezzi, en 1961.

Como adestrador

[editar | editar a fonte]

A súa carreira de adestrador comezou inmediatamente cando rematou a de futbolista. No verán de 1972 volveu ao club do que fora bandeira como futbolista, o Milan, facéndose cargo dos xuvenís,[20] ao mesmo tempo que formaba parte do persoal do primeiro equipo, ás ordes do tándem formado por Nereo Rocco e Cesare Maldini.[21] Debido a unha indisposición de Maldini,[22] nas últimas catro xornadas exerceu como segundo adestrador de Rocco,[23] e despois de que este sufrise unha sanción, Trapattoni dirixiu por primeira vez o equipo o 20 de maio de 1973.[24] Foi o domingo do chamado "fatal Verona", no que o Hellas derrotou sorprendentemente ao Milan por 5-3, impedíndolle gañar un scudetto que parecía feito.

Trapattoni (de pé, primeiro pola dereita) coa selección italiana momentos antes dun partido contra Israel en 1961.

Na tempada seguinte foi enviado inicialmente ao estranxeiro para estudar aos opoñentes do Milan na Copa da UEFA.[25] Coa dimisión primeiro de Rocco e despois de Maldini, o 8 de abril de 1974, con apenas trinta e cinco anos e regresando de Mönchengladbach de observar o Borussia Mönchengladbach,[26] Trapattoni fíxose cargo do Milan como interino,[27] debutando dous días despois nas semifinais da Copa da UEFA ante o propio Borussia.[28] Conseguiu a vitoria e guiou o equipo ata a final, onde perdeu fronte o Magdeburgo. Malia a esperanza de ser confirmado con carácter definitivo para a seguinte campaña,[20] o club acabou por contratar a Gustavo Giagnoni, polo que Trapattoni quedou como segundo adestrador.[29]

O 2 de outubro de 1975 foi chamado de novo para dirixir o Milán, no medio dunha reorganización corporativa que supuxo a saída de Giagnoni e o regreso de Rocco como director técnico.[30] Rocco quería a Trapattoni ao seu carón para o resto da tempada 1975/76, na que Trapattoni considerou a súa primeira experiencia real como adestrador.[31] Rematou o campionato na terceira posición e tampouco desta volta foi renovado para a seguinte tempada pola directiva rossonera, que preferiu asinar a Giuseppe Marchioro.[20] O capitán Gianni Rivera pediulle que permanecese no persoal do club, pero Trapattoni negouse xa que pretendía traballar como primeiro adestrador dun equipo.[32]

As vitorias autárquicas (1976-1980)
[editar | editar a fonte]

En maio de 1976, cando estaba a un paso de fichar pola Atalanta,[33] foi inesperadamente contratado pola Juventus.[34] Giampiero Boniperti, presidente do club, afirmou que fora "conquistado polas ideas claras e a concreción" de Trapattoni.[20][29] O técnico permaneceu no club do Piemonte durante as seguintes dez tempadas, no que foi chamado a Década de Ouro, dada a cantidade de títulos que chegaron a Turín neste período.[35] Este ciclo converteuse no máis lonxevo da historia do fútbol profesional italiano e colocou á aquela Juventus entre os mellores equipos da historia do fútbol.[5][7] O seu éxito debeuse en boa parte a un esquema táctico innovador que tiña en Trapattoni a un dos máximos impulsores, a chamada zona mixta, que tamén influíu nos éxitos da selección italiana dirixida por Enzo Bearzot.[36]

Trapattoni e Pelé, nun partido amigable entre Italia e o Brasil en 1963.

Trap levou consigo dende o Milan ao seu pupilo Benetti, co obxectivo de ter un home forte no medio campo, mentres que para elevar a calidade do ataque fichou a Boninsegna do Inter de Milán. Con todo, a revelación do equipo foi o lateral Cabrini, que comezou a destacar durante a tempada 1976/77. Baixo a batuta de Trapattoni, a Juventus gañou esa tempada a liga, despois dunha dura loita co Torino, vingando a derrota sufrida a tempada anterior, e conseguindo así o 17º scudetto do club,[37] despois de rematar con 51 puntos dos 60 posibles, un máis que o Torino.[38] Tamén triunfou en Europa, gañando a Copa da UEFA ante o Athletic de Bilbao, o que supuxo o primeiro título continental para as vitrinas do club.[39]

Un ano despois a Juventus de Trapattoni repetiu o título de campioa de Italia, superando por cinco puntos ao equipo revelación, o Vicenza de Paolo Rossi, mentres que no contexto europeo quedou ás portas da final da Copa de Europa, tras caer na semifinais ante o Club Brugge de Ernst Happel. O conxunto de Trapattoni comezaba a adoptar o seu estilo característico cun equipo equilibrado no que destacaban xogadores experimentados como Zoff, Cuccureddu, Furino, Benetti, Boninsegna ou Bettega, e no que medraban tamén elementos prometedores como Scirea, Tardelli, Gentile ou Cabrini.

Trapattoni (en primeiro plano) celebra a vitoria do Milan na Recopa de Europa 1967/68 con Lodetti, o adestrador Rocco e Cudicini.

O bienio seguinte representou unha freada do ciclo trapattoniano no club da ribeira do Po. Na tempada 1978/79 o equipo gañou só a Copa de Italia, a sexta na historia do club, vencendo 2-1 na prórroga da final ao Palermo. Peor lle foi na seguinte campaña, na que a Juventus pasou medio campionato de liga nos postos de descenso, ata que Trapattoni conseguiu reverter a difícil situación grazas a unha excelente segunda volta que lle valeu un inesperado segundo posto, por detrás do Inter. Pero a eliminación nas semifinais da Copa de Italia e da Recopa de Europa, ante Torino e Arsenal respectivamente, condenaron ao técnico á que foi a única tempada da Década de Ouro pechada sen ningún título.

Cara á segunda estrela (1980-1982)
[editar | editar a fonte]

Despois de que o fútbol italiano reabrise as súas fronteiras aos futbolistas estranxeiros no verán de 1980, Boniperti xestionou a fichaxe da estrela irlandesa do Arsenal, Liam Brady, a quen Trap outorgou inmediatamente a camiseta número dez. Este contribuíu de xeito destacado á consecución do 19º título de liga para o club turinés.

A campaña 1981/82 non parecía comezar do mellor xeito para o técnico lombardo: no partido de oitavos de final da Copa de Europa ante o Anderlecht, ademais de quedar eliminado antes do previsto, un choque entre o porteiro belga Munaron e Bettega provocoulle a este último unha grave lesión de xeonllo que o afastou dos terreos de xogo durante toda a tempada. Privado do seu dianteiro centro titular, o conxunto piemontés protagonizou unha pechada loita polo primeiro posto coa Fiorentina, que rematou satisfactoriamente, coa conquista da segunda estrela, que foi cosida no peito das camisolas brancas e negras, ao gañar o club a súa 20ª liga.

Nos últimos partidos do campionato reapareceu, despois de dous anos de descualificación, o atacante Paolo Rossi, que, xunto coas novas fichaxes Michel Platini e Zbigniew Boniek, formaría un destacado tridente ofensivo nas tempadas seguintes.

Éxitos con Platini (1982-1986)
[editar | editar a fonte]
Trapattoni e Sandro Mazzola loitando por un balón nun derbi entre o Milan e o Inter na tempada 1969/70.

A renovada Juventus de Trapattoni partía como favorita na tempada 1982/83. Con todo, os problemas físicos de Platini entre outros motivos, impediron que o equipo conseguise o título, indo este a parar ás vitrinas da Roma de Liedholm e Falcão. Trapattoni buscou resarcirse na Copa de Europa, onde acadou a súa primeira final, pero volveu encontrarse con Ernst Happel, que acabou gañando a final de Atenas, desta vez á fronte do Hamburgo. Rematou a tempada gañando a súa segunda Copa de Italia, tras remontar o 2-0 adverso da ida cun 3-0 no partido de volta no Comunale. Foron os últimos encontros de Dino Zoff, símbolo do club e da selección italiana, que colgou as luvas aos 41 anos, sendo substituído polo mozo Stefano Tacconi.

Na súa segunda tempada no campionato italiano, e xa sen problemas físicos, Platini demostrou finalmente a súa clase. Os esquemas de Trapattoni, que destacaban o papel do creador de xogo, levaron a Platini ao máis alto da clasificación de goleadores, con 20 tantos, imprescindibles para conseguir o 21º scudetto da Juventus e o quinto para o adestrador, que se converteu no técnico con máis títulos da historia, superando os 4 que conseguira Carlo Carcano medio século antes.[40] Ese mesmo ano Trapattoni gañou tamén a Recopa de Europa, vencendo na final de Basilea ao Porto.

Os diferentes problemas aos que se tivo que enfrontar o técnico durante a tempada 1984/85, entre eles o cansazo de Platini trala Eurocopa de 1984, e as distintas lesións de Brio, fixeron que a Juventus quedase prematuramente fóra da loita polo título de liga, que gañou por sorpresa o Verona. Trapattoni apostou entón todo por Europa e o 16 de xaneiro de 1985 gañou a primeira Supercopa de Europa da historia da Juventus, vencendo ao Liverpool por 2-0 a partido único en Turín. En maio volveu derrotar o equipo londiniense na final da Copa de Europa disputada no estadio de Heysel de Bruxelas, un triunfo que con todo quedou eclipsado polos incidentes previos ao partido que se saldaron coa morte de 39 espectadores.

Na última tempada da Década de Ouro, Trapattoni gañou en Toquio a Copa Intercontinental ante Argentinos Juniors, converténdose no primeiro e único adestrador capaz de gañar todas as grandes competicións confederais de clubs. Ao contrario que na tempada anterior, centrouse moito máis na recuperación do título nacional, comezando coa cifra récord de oito vitorias nas primeiras oito xornadas, e alcanzando tamén o récord de puntos na primeira volta (26). A Roma protagonizou unha gran segunda volta, dando lugar a un emocionante final de liga, que rematou coa vitoria da Juventus. Foi o sexto título de liga para o técnico e o último do seu primeiro ciclo no club piemontés, que se pechou con 13 títulos en 10 tempadas.

As dificultades (1986-1988)
[editar | editar a fonte]
Giovanni Trapattoni no Aeroporto de Ámsterdam-Schiphol dous días antes da final da Recopa de Europa 1973/74.

Xa ao final da tempada 1985/86, Trapattoni anunciara a súa inminente marcha da Juventus.[41] Isto foi aproveitado polo presidente do Inter de Milán Ernesto Pellegrini, que se adiantou ao seu homólogo do Milan, Silvio Berlusconi,[42] e conseguiu a fichaxe do técnico para a tempada 1986/87.[43][44] Trap converteuse así no segundo técnico, despois de József Viola, en ter sentado nos bancos dos tres grandes do fútbol italiano.[45] A primeira campaña de Trapattoni no Inter estivo marcada pola lesión de Rummenigge que impediu aos milaneses seguir o ritmo do Napoli de Maradona, que se converteu en campión de Italia, por diante de Juventus e Inter.[46] Na Copa da UEFA o equipo caeu eliminado en cuartos de final a mans do IFK Göteborg,[47] que finalmente se proclamou campión.[46]

A súa segunda tempada en Milán resultou aínda peor, cun final de liga mediocre e unha prematura eliminación na Copa da UEFA ante o Espanyol.[48] Os pobres resultados obtidos enfadaron á afección, e o propio Pellegrini comezou a manifestar as súas dúbidas respecto ao técnico.[49] Aínda que Trapattoni contaba con importantes xogadores en todas as posicións -como Zenga baixo os paus, Bergomi e Ferri en defensa, Passarella e Mandorlini no medio do campo e Altobelli, Scifo e Serena no ataque-, o equipo practicaba naquel momento un xogo pobre e desaxustado, coa súa consecuente falta de resultados. Pellegrini decidiu manter a Trapattoni á fronte do equipo,[50] pero tentando remediar a situación cun grande investimento no mercado de fichaxes.[46]

O scudetto dos récords (1988-1989)
[editar | editar a fonte]

No mercado de fichaxes do verán de 1988 o Inter reforzouse con futbolistas de primeiro nivel. As principais novidades no equipo de Trapattoni foron o lateral Brehme e o centrocampista Matthäus, aos que se uniron nomes como Berti, Ramón Díaz e Bianchi.[46] Con estes novos elementos, o conxunto lombardo adquiriu unha impresionante solidez.[46] Na liga, despois de deixar pronto fóra da loita aos veciños do Milan, o único equipo capaz de manter o ritmo dos nerazzurri parecía ser o Napoli, pero a súa resistencia quedou debilitada na segunda volta, grazas ás numerosas vitorias do equipo milanés, que culminaron co 2-1 inflixido no choque directo entre ambos en San Siro o 28 de maio de 1989, que deu matematicamente o título aos anfitrións. Foi o 13º campionato de liga para o Inter, nove anos despois do anterior, e o sétimo da carreira de Trapattoni.[46]

O equipo construído polo técnico esa tempada pasou á historia como o Inter dos récords, pois foi batendo un récord tras outro, ata gañar o título a falta de cinco xornadas, con 58 dos 68 puntos posibles, un récord nunca superado na época dos dous puntos por vitoria.[51]

Triunfos nas copas (1989-1991)
[editar | editar a fonte]

A tempada 1989/90, a pesar da chegada de Klinsmann que, xunto cos seus compatriotas Matthäus e Brehme, formou un trío alemán que debía ser a resposta ao trío neerlandés do Milan,[52] pronto descarrilou debido á inesperada eliminación na Copa de Europa a mans do Malmö FF sueco.[53] A desfeita europea ante os suecos foi unha pesada carga para a moral dos homes de Trapattoni que, nas semanas seguintes, acabaron abdicando na defensa do título de liga. Con todo, o equipo nerazzurro gañou a Supercopa de Italia, derrotando por 2-0 á Sampdoria,[54] sendo este o único trofeo italiano que lle faltaba ao adestrador.

Na última tempada de Trapattoni no Inter o equipo competiu dignamente en todas as competicións.[52] Na liga produciuse unha apertada loita coa Sampdoria, e a pesar de perder o choque directo de decembro en Marassi por 3-1, o equipo de Trap fíxose co título simbólico de campión de inverno. Con todo, na segunda volta foi a Sampdoria quen demostrou un mellor ritmo, alcanzando aos milaneses e superándoos no decisivo enfrontamento directo de maio de 1991, cun 0-2 en Milán, que ademais de romper o histórico irmandamento entre as dúas afeccións foi o preludio do primeiro scudetto para o club xenovés.[52]

O Inter de Trapattoni atopou a súa redención na Copa da UEFA, na que o equipo alcanzou a final a través dun camiño no que destacou o dobre enfrontamento en oitavos de final co Aston Villa, equipo inglés contra o que perderon na ida por 2-0, antes de protagonizar unha remontada e vencer 3-0 no partido de volta en Milán.[52] Na final enfrontáronse á Roma, á que adestraba Ottavio Bianchi. No partido de ida en San Siro o Inter conseguiu a vitoria por 2-0, vantaxe que foi suficiente para lograr o título tras perder pola mínima no partido de volta no Olímpico de Roma.[55] Foi a segunda Copa da UEFA para Trapattoni, 14 anos despois da que gañara coa Juventus, e a primeira para o Inter de Milán, que gañaba así un título europeo 26 anos despois do anterior.[55] Con este epílogo vitorioso, o técnico abandonou o banco do Inter ao final da tempada.

Volta á Juventus

[editar | editar a fonte]

Para a tempada 1991/92 regresou á Juventus, coa tarefa de revivir os éxitos do club despois do ano infrutuoso de Luigi Maifredi.[56][57] O adestrador conseguiu resultados inmediatamente, alcanzando o segundo posto do campionato, detrás do Milan invicto de Fabio Capello, e a final da Copa de Italia, onde caeu ante o Parma de Nevio Scala.[57]

Trapattoni (dereita) en 1974, na súa primeira experiencia no banco do Milan, saíndo de San Siro co capitán e excompañeiro seu Gianni Rivera.

A campaña seguinte, coa Vecchia Signora reforzada coas chegadas de Möller, Vialli e Ravanelli,[57] culminou coa conquista da Copa da UEFA, tras derrotar na final a dobre partido ao Borussia Dortmund, grazas en boa parte ao excelente estado de forma de Roberto Baggio. Con este título Trapattoni converteuse no primeiro adestrador con tres Copas da UEFA, marca que se mantivo vixente durante case tres décadas, ata que foi igualada e superada por Unai Emery.[58] O club piemontés logrou nesa tempada 106 goles, 32 deles na Copa da UEFA.[57]

Na súa última tempada no banco da Juventus, Trapattoni este fixo debutar a Alessandro Del Piero, que sería capitán e símbolo do club durante os seguintes vinte anos.[57] A pesar diso, aquela tempada 1993/94 foi un ano amargo para o técnico, que se sentiu criticado e atacado pola súa propia afección, por unha proposta futbolística considerada demasiado defensiva e aburrida.[57] Deste xeito, o equipo acabou de novo subcampión de liga, a tres puntos do Milan, e Trapattoni viuse obrigado a despedirse do club, xunto co histórico presidente Boniperti, cun balance de 14 títulos en 13 tempadas en Turín, cifra que non foi nunca superada por ningún outro adestrador da Juventus.[57]

Bayern de Múnic

[editar | editar a fonte]

Na tempada 1994/95 viviu a súa primeira experiencia fóra de Italia, tras aceptar a oferta do vixente campión de Alemaña, o Bayern de Múnic.[59] Comezou o seu periplo alemán perdendo a Supercopa de Alemaña ante o Werder Bremen adestrado por Otto Rehhagel e,[59] a pesar da chegada posterior de reforzos como Kahn, Sutter e Papin, os equipo bávaro foi eliminado na primeira rolda da Copa de Alemaña a mans do modesto Vestenbergsgreuth.[59]

As primeiras e inevitables críticas da prensa sumáronse aos seus problemas co líder do equipo, Lothar Matthäus, ao que Trapattoni xa adestrara no Inter de Milán, e que dende entón se reconvertera con éxito en defensa central pero que, segundo o técnico, faría mellor papel no centro do campo.[59] Tras perder tamén as opcións de gañar a Bundesliga, o Bayern de Múnic tentou redimirse na Liga de Campións onde realizou un bo papel ata que caeu nas semifinais ante o Ajax de Louis van Gaal.[59] A falta de resultados deportivos, así como algúns motivos familiares, fixeron que o seu contrato non fose renovado.[59]

No verán de 1995 o adestrador regresou a Italia, aceptando unha oferta do Cagliari.[59] Chegou a Sardeña co obxectivo de continuar o bo traballo de Óscar Tabárez, que o ano anterior levara o equipo a loitar pola zona UEFA da táboa. A súa chegada encheu de entusiasmo a a illa e elevou as expectativas do ambicioso dono Massimo Cellino de dar un salto de calidade.[59] A pesar dun inicio complicado, o equipo chegou á metade do campionato alcanzando os obxectivos do inicio de tempada,[59] pero unha baixada de rendemento na segunda volta complicou a situación. A derrota por 4-1 en Turín ante a Juventus foi o último partido da breve experiencia de Trapattoni en Cagliari.[59] O adestrador dimitiu en febreiro de 1996,[60] acusando duramente a Cellino de terse burlado del, ao mesmo tempo que asumiu a responsabilidade por ter enganado á afección ao apuntar abertamente á clasificación europea.

Regreso ao Bayern de Múnic

[editar | editar a fonte]
Trap en 2011, na súa etapa como seleccionador de Irlanda.

Despois dun intento de Silvio Berlusconi de levalo de volta ao banco do Milán,[59] recibiu unha segunda oferta do Bayern de Múnic para a tempada 1996/97.[59] Decidido a redimir a súa primeira e mediocre experiencia en Baviera, e cun cadro de xogadores renovado con futbolistas como Klinsmann, Basler e Rizzitelli, Trapattoni construíu un equipo capaz de impoñer o ritmo na Bundesliga durante todo o torneo.[59] Co Borussia Dortmund de Ottmar Hitzfeld, vixente campión, distraído no seu camiño na Liga de Campións, o técnico italiano só atopou a resistencia do Bayer Leverkusen que deu batalla ata a penúltima xornada, cando o Bayern deixou o título sentenciado.[59]

En xullo o equipo de Trapattoni gañou tamén a Copa da Liga de Alemaña.[59]

A campaña 1997/98 comezou cunha derrota ante o Kaiserslautern, que acababa de ascender á Bundesliga e que con Otto Rehhagel como adestrador deu a sorpresa conquistando o título por diante do Bayern.[59]

Na Liga de Campións o equipo bávaro caeu eliminado nos cuartos de final ante o Borussia Dortmund, tendo como único consolo da tempada a Copa de Alemaña, na que Trapattoni gañou o 20º título da súa carreira como adestrador.[59] Ao remate da competición abandonou definitivamente Múnic.[59]

Fiorentina

[editar | editar a fonte]

No verán de 1998 volveu a Italia para sentar no banco da Fiorentina.[61] Apoiado no tridente ofensivo formado por Rui Costa, Edmundo e Batistuta, o equipo protagonizou un gran comezo de tempada,[62] que non se viu afectado pola pronta e polémica eliminación na Copa da UEFA, da que o equipo foi descualificado polo sucedido ante o Grasshoppers no campo neutral de Salerno, onde algúns afeccionados locais lanzaron unha carta bomba sobre o terreo de xogo, o que provocou a suspensión do partido.[62] Na liga, a Fiorentina acabou a primeira volta como campioa de inverno, pero na segunda volta a grave lesión do goleador, capitán e líder do equipo, Batistuta, así como a marcha de Edmundo, acabou cos soños do equipo, que só puido ser terceiro e clasificarse para a Liga de Campións.[62] Alcanzou ademais a final da Copa de Italia, pero o título foi para o Parma de Alberto Malesani, grazas ao maior valor dos goles visitantes.[62]

Na segunda campaña do técnico en Florencia, o conxunto violeta comezou ben na Liga de Campións, conseguindo o pase á segunda fase de grupos, pero caeu eliminado nesta, ao quedar por detrás do Manchester United de Alex Ferguson, vixente campión, e do Valencia de Héctor Cúper, futuro finalista do torneo. Menos emocionantes foron as actuacións da liga, que rematou co obxectivo mínimo de clasificarse para a Copa da UEFA, deixando un ambiente en xeral insatisfeito. Deixou o club ao remate da tempada.[63][64]

Trapattoni en 2013, dirixindo un partido da selección irlandesa ante Austria.

Selección italiana

[editar | editar a fonte]

Trala polémica dimisión presentada polo adestrador da selección italiana, Dino Zoff, despois das críticas recibidas de parte de Silvio Berlusconi polo epílogo da final da Eurocopa de 2000, a FIGC ofreceulle a Trapattoni dirixir o combinado nacional.[65] Debutou en Budapest o 3 de setembro de 2000, empatando 2-2 contra Hungría no primeiro partido de clasificación para o Mundial de 2002,[18] clasificación que Italia conseguiu de xeito invicto.[66] Na fase final do Mundial, con todo, a selección non cumpriu as expectativas. Conseguiu pasar por pouco a fase de grupos, pero foi eliminada en oitavos de final por Corea do Sur, nun encontro marcado polas numerosas polémicas e disputas relacionadas co traballo do árbitro ecuatoriano Byron Moreno. Xa antes do torneo, Trapattoni fora obxecto de críticas pola súa decisión de non convocar a Roberto Baggio.[67]

Tralo Mundial, continuou no banco da selección, á que clasificou para a Eurocopa de 2004. Pero unha vez máis a fase final resultou ser un fracaso, caendo Italia eliminada xa na fase de grupos, prexudicada ademais por un polémico empate entre Suecia e Dinamarca. Ao remate do torneo, o técnico decidiu abandonar a selección, sendo substituído por Marcello Lippi.[68]

Benfica, Stuttgart e Salzburgo

[editar | editar a fonte]

Trala súa saída da selección italiana, no mesmo verán de 2004 chegou a un acordo co Benfica portugués.[69] Aínda que a rápida eliminación na Copa da UEFA ameazou con facelo abandonar prematuramente o banco lusitano, Trapattoni levou inmediatamente o club lisboeta a gañar a Primeira Liga, a número 31 da historia do club, once anos despois da anterior.[70] O equipo chegou tamén á final da Taça de Portugal, na que perdeu ante o Vitória de Setúbal por 2-1. Ansioso por cambiar de aires, ao final da tempada rescindiu prematuramente o contrato que o unía co Benfica.

Aínda que alegou como motivo da súa despedida querer regresar a Italia, en xuño de 2005 volveu optar por Alemaña, reclamado por un ambicioso Stuttgart, decidido a loitar na cúspide.[71] Nesta ocasión a aventura en terras alemás non foi tan memorable como a anterior en Múnic, pois foi despedido o 9 de febreiro de 2006, co equipo na parte media da clasificación.[72]

No verán de 2006 foi contratado polo Salzburg austríaco, para exercer a dobre función de adestrador e director técnico, e levou consigo ao seu antigo pupilo Lothar Matthäus como segundo adestrador.[73] Grazas en boa parte a un equipo formado por xogadores de calidade como Linke, Kovač ou Zickler, proclamouse campión da Bundesliga de Austria con cinco xornadas de antelación, con récord histórico de puntos.[74] Foi o primeiro título de liga na historia do club e o décimo para Trapattoni en catro países diferentes (Italia, Alemaña, Portugal e Austria), marca que comparte con Tomislav Ivić, Ernst Happel, José Mourinho, Eric Gerets e Carlo Ancelotti.[73] Na súa segunda e última tempada en Salzburgo o adestrador non logrou repetir o éxito, acabando na segunda posición, por detrás do Rapid Viena.

Selección irlandesa

[editar | editar a fonte]

En maio de 2008 foi nomeado adestrador da selección irlandesa e levou como axudantes a Marco Tardelli e a Liam Brady, ambos antigos xogadores seus na Juventus a principios dos 80.

Na fase de clasificación para o Mundial de 2010, a selección irlandesa quedou encadrada no mesmo grupo que Italia, polo que o 1 de abril de 2009, no estadio San Nicola de Bari, Trapattoni enfrontouse á súa antiga selección, adestrada por Marcello Lippi, nun partido que acabou con empate a un gol. O 10 de outubro de 2009, no Croke Park de Dublín, empatou de novo ante Italia, por 2-2, conseguindo así matematicamente o segundo lugar no grupo que garantía o pase á repesca.[75] Nesta, perdeu na casa ante Francia por 0-1 e foi eliminada na prórroga do partido de volta (1-1), cun polémico gol de William Gallas tras unha asistencia de Thierry Henry, que controlara o balón coa man.[76]

Trapattoni (dereita) en 2013 no banco da selección irlandesa co seu axudante Tardelli.

En decembro de 2010 aceptou, xunto co seu persoal, unha rebaixa salarial, necesaria para evitar lastrar o orzamento da federación, rebaixado por mor da crise económica de 2008-2013.[77] Ese mesmo ano dirixiu tamén nun partido amigable a selección de fútbol do Vaticano.[78]

Na fase de clasificación para a Eurocopa de 2012, Irlanda rematou segunda do Grupo B con 21 puntos, por detrás de Rusia, grazas a unha vitoria por 2-1 no último partido contra Armenia. Os Boys in Green víronse así obrigados a afrontar de novo a repesca, esta vez ante Estonia, para acceder á fase final do campionato. Esta vez, con todo, os irlandeses impuxéronse con claridade en Talín e a continuación empataron en Dublín, conseguindo así, despois de 24 anos, a clasificación para unha Eurocopa. En 2011 proclamouse campión da Copa das Nacións, superando a Gales, Irlanda do Norte e Escocia. Na fase final da Eurocopa, Irlanda entrou no Grupo C, xunto con España, Italia e Croacia. Aínda que quedou eliminada tras perder contra os tres equipos, Trapattoni foi confirmado outros dous anos no banco da selección.

O 11 de setembro de 2013, tras dúas derrotas no grupo de clasificación para o Mundial de 2014 ante Suecia e Austria, que complicaban o pase, acordou coa federación irlandesa a rescisión do seu contrato.[79]

Despois da retirada

[editar | editar a fonte]

Trala súa retirada traballou como comentarista e analista de fútbol en Mediaset Premium e na Rai.[80] En setembro de 2015 publicouse o seu libro autobiográfico Non dire gatto, escrito en colaboración con Bruno Longhi.[81] No verán de 2018 foi nomeado presidente de honra do San Venanzo, equipo modesto do municipio homónimo de Umbría.[82]

Características técnicas

[editar | editar a fonte]
Trapattoni xogando para o Milan.

Empregado principalmente no papel de mediocampista defensivo,[1] ten xogado tamén como defensa, en ocasións como lateral.[4] Hábil goleador,[4] como futbolista é lembrado por ter marcado de xeito eficaz a algúns dos mellores futbolistas da súa época. Entre as súas actuacións máis destacadas está a do 22 de maio de 1963, cando anulou a Eusébio durante a final da Copa de Europa de 1962/63 en Wembley, que lle valeu ao Milan e ao fútbol italiano a súa primeira Copa de Europa.[83]

Adestrador

[editar | editar a fonte]

Unha vez iniciada a súa carreira como adestrador, converteuse nun dos teóricos e máximos intérpretes da zona mista, un esquema táctico que combinaba as características de dúas filosofías de fútbol opostas, o catenaccio italiano e o fútbol total neerlandés.[1] Con este xogo "á italiana" os defensas, durante a fase de cobertura, mantiñan unha estreita marcaxe ao home, mantendo a presenza do líbero para marcar a acción, mentres que nas posicións avanzadas os xogadores estaban colocados en zona, podendo así moverse e intercambiarse.[84][85] Así foi como os equipos adestrados por Trapattoni entre os anos 1970 e 1990 mostraron o seu centro do campo como o seu buque insignia, de difícil lectura para os adversarios, no que se exaltaba o papel do creador, con liberdade para saír da zona defensiva e levar o xogo ata a ofensiva para finalizar a acción.[84][86] Proba disto foi o alto número de goles marcados por xogadores como Michel Platini e Roberto Baggio, no primeiro e segundo período de Trap na Juventus, ou por elementos todocampistas como Lothar Matthäus durante os cinco anos do adestrador no Inter de Milán.[85]

Influenciado principalmente por Nereo Rocco, que o adestrou en tres períodos diferentes durante os seus case quince anos de carreira no Milan,[87] Trapattoni distinguiu nos bancos polos seus coñecementos estratéxicos, pola súa minuciosidade nos detalles, a habilidade na lectura dos partidos, o uso dos cambios e as súas notables habilidades de motivación cara aos seus xogadores.[1]

Afirmou que ter xogado como centrocampista facilitou que chegase a ser un bo adestrador, xa que "xogando no medio enténdese mellor a dinámica de todas as posicións".[88]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Durante os Xogos Olímpicos de 1960 en Roma coñeceu a Paola Miceli.[9] A parella casou en 1964 en Grottaferrata e o padriño foi o exministro Alberto Folchi.[89] Tiveron dous fillos: Alberto e Alessandra.[9]

Palmarés

[editar | editar a fonte]

Como xogador

[editar | editar a fonte]
Milan

Como adestrador

[editar | editar a fonte]
Juventus
Inter de Milán
Bayern de Múnic
Benfica
Red Bull Salzburg
Selección irlandesa
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Lo Presti, Salvatore. "TRAPATTONI, Giovanni". treccani.it (en italiano). Consultado o 19 de maio de 2022. 
  2. "Buon compleanno alla leggenda azzurra Giovanni Trapattoni che compie 82 anni!" (en italiano). 17 de marzo de 2021. Consultado o 19 de maio de 2022. 
  3. "Trapattoni climbs another mountain". FIFA (en inglés). 7 de maio de 2007. Arquivado dende o orixinal o 10 de novembro de 2012. Consultado o 19 de maio de 2022. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 "Giovanni TRAPATTONI". magliarossonera.it (en italiano). Consultado o 19 de maio de 2022. 
  5. 5,0 5,1 Tavella & Ossola 1997, p. 477.
  6. "Trapattoni wants Italy deal". BBC (en inglés). 30 de marzo de 2004. Consultado o 19 de maio de 2022. 
  7. 7,0 7,1 SKY Sports 5 (18 de outubro de 2014). Football's Greatest Teams - Juventus. 
  8. "Il Trap cittadino onorario di Barbata" (en italiano). 6 de maio de 2016. Consultado o 19 de maio de 2022. 
  9. 9,0 9,1 9,2 9,3 "Tanti auguri Giovanni Trapattoni, un mito del nostro calcio" (en italiano). 17 de marzo de 2019. Consultado o 19 de maio de 2022. 
  10. 10,0 10,1 10,2 Trapattoni & Longhi 2015, pp. 14-22.
  11. 11,0 11,1 Claudio, Gregori (6 de outubro de 1998). "Fischia, che infanzia". La Gazzetta dello Sport (en italiano). Consultado o 19 de maio de 2022. 
  12. 12,0 12,1 12,2 Trapattoni & Longhi 2015, pp. 28-30.
  13. 13,0 13,1 "I settanta anni di un grande protagonista". golcalcio.it (en italiano). Arquivado dende o orixinal o 20 de xullo de 2009. Consultado o 19 de maio de 2022. 
  14. "12 aprile 1961: Giovanni Trapattoni segna il suo primo gol con la maglia del Milan" (en italiano). 16 de abril de 2022. Consultado o 19 de maio de 2022. 
  15. "Intercontinental Club Cup 1963". rsssf.com (en inglés). Consultado o 19 de maio de 2022. 
  16. "Giovanni Trapattoni, una vita da vincente" (en italiano). 17 de maio de 2017. Consultado o 19 de maio de 2022. 
  17. "Italia - Austria 1 - 2". Federación Italiana de Fútbol (en italiano). Consultado o 19 de abril de 2022. 
  18. 18,0 18,1 Bagnati, Giuseppe (30 de marzo de 2009). "La mitica storia del Trap. Leggende, gaffe e trofei". La Gazzetta dello Sport (en italiano). Consultado o 19 de maio de 2022. 
  19. Bottura, Luca (11 de agosto de 2000). "Pelé smonta una leggenda, ma anche stavolta Trapattoni lo anticipa". Corriere della Sera (en italiano). Arquivado dende o orixinal o 7 de xullo de 2012. Consultado o 19 de maio de 2022. 
  20. 20,0 20,1 20,2 20,3 "Il secondo inizio di Trapattoni" (en italiano). 17 de marzo de 2019. Consultado o 19 de maio de 2022. 
  21. Lajolo, Guido (20 de maio de 1972). "Rocco (confermato) non vuole illudersi". La Stampa (en italiano). p. 10. Consultado o 19 de maio de 2022. 
  22. Costa, Franco (27 de abril de 1973). "Una squadra alla deriva". La Stampa (en italiano). p. 17. Consultado o 19 de maio de 2022. 
  23. Bernardi, Bruno (30 de abril de 1973). "Rocco: "Per noi un grosso punto"". La Stampa (en italiano). p. 10. Consultado o 19 de maio de 2022. 
  24. Lajolo, Guido (18 de maio de 1973). "Invasione rossonera a Verona". La Stampa (en italiano). p. 12. Consultado o 19 de maio de 2022. 
  25. Trapattoni & Longhi 2015, p. 84.
  26. Trapattoni & Longhi 2015, p. 86.
  27. Lajolo, Guido (8 de abril de 1974). "Il bluff di Buticchi: Giagnoni non verrà". La Stampa (en italiano). p. 9. Consultado o 19 de maio de 2022. 
  28. Costa, Franco (11 de abril de 1974). "Il ciclone era il Milan". La Stampa (en italiano). p. 10. Consultado o 19 de maio de 2022. 
  29. 29,0 29,1 Caroli, Angelo (23 de maio de 1976). "La Juventus ha scelto Trapattoni". La Stampa (en italiano). p. 18. Consultado o 19 de maio de 2022. 
  30. Gandolfi, Giorgio (30 de setembro de 1975). "Giagnoni annuncerà oggi il suo addio ai rossoneri". La Stampa (en italiano). p. 12. Consultado o 19 de maio de 2022. 
  31. Gandolfi, Giorgio (8 de outubro de 1975). "Trapattoni, com'è difficile allenare". La Stampa (en italiano). p. 14. Consultado o 19 de maio de 2022. 
  32. Trapattoni & Longhi 2015, pp. 94-95.
  33. Trapattoni & Longhi 2015, p. 99.
  34. Caroli, Angelo (4 de agosto de 1976). "Signora, perché?". La Stampa (en italiano). p. 10. Consultado o 19 de maio de 2022. 
  35. "Fischia ancora il Trap, numero (8)1 della panchina" (en italiano). 17 de marzo de 2020. Consultado o 19 de maio de 2022. 
  36. Tavella & Ossola 1997, p. 415.
  37. Cavallero, Ferruccio (23 de maio de 1977). "Una stagione da non dimenticare". La Stampa (en italiano). p. 11. Consultado o 19 de maio de 2022. 
  38. Gandolfi, Giorgio (23 de maio de 1977). "Mai nessuno a quota 51 punti". La Stampa. p. 10. Consultado o 19 de maio de 2022. 
  39. Bernardi, Bruno (19 de maio de 1977). "Juventus, la Coppa Uefa finalmente!". La Stampa (en italiano). p. 18. Consultado o 19 de maio de 2022. 
  40. Caroli, Angelo (8 de maio de 1984). "Trap, un uomo chiamato scudetto". La Stampa (en italiano). p. 13. Consultado o 19 de maio de 2022. 
  41. Perrone, Massimo (7 de marzo de 1986). "Trapattoni parla d'addio: "Non lo faccio per soldi"". la Repubblica (en italiano). p. 33. Consultado o 19 de maio de 2022. 
  42. Mocciaro, Gaetano (15 de xaneiro de 2016). "Trapattoni: "Avevo firmato con l'Inter quando mi chiamò Berlusconi"" (en italiano). Consultado o 19 de maio de 2022. 
  43. Audisio, Emanuela (18 de abril de 1986). ""Meno male che arriva Trapattoni", in , 18 aprile 1986, p. 39.". la Repubblica (en italiano). p. 39. Consultado o 19 de maio de 2022. 
  44. Brera, Gianni (26 de xullo de 1986). "Pochi acquisti ma il migliore è Trapattoni". la Repubblica (en italiano). p. 17. Consultado o 19 de maio de 2022. 
  45. "Pioli al Milan: l'ex Inter è l'ottavo ad aver allenato entrambe le squadre" (en italiano). 7 de outubro de 2019. Consultado o 19 de maio de 2022. 
  46. 46,0 46,1 46,2 46,3 46,4 46,5 Pinoli, Maurizio. "Pellegrini, Trapattoni e lo scudetto dei record (1984-1989)" (en italiano). Arquivado dende o orixinal o 19 de maio de 2022. Consultado o 19 de maio de 2022. 
  47. Brera, Gianni; Granello, Licia (19 de marzo de 1987). "Addio all'Europa, con rabbia, in la Repubblica, 19 marzo 1987, p. 19.". la Repubblica (en italiano). p. 19. Consultado o 19 de maio de 2022. 
  48. Gianni, Mura (10 de decembro de 1987). "L'Inter perde l'ultima chance". la Repubblica (en italiano). p. 23. Consultado o 19 de maio de 2022. 
  49. "Ma Trapattoni piace ancora?". la Repubblica (en italiano). 19 de maio de 1988. p. 24. Consultado o 19 de maio de 2022. 
  50. Mura, Gianni (8 de decembro de 1988). "Inter massima follia il Bayern la condanna, in , 8 dicembre 1988, p. 37.". la Repubblica (en italiano). p. 37. Consultado o 19 de maio de 2022. 
  51. Mura, Gianni (30 de maio de 1989). "Il fenomeno Giovanni, in , 30 maggio 1989, p. 2.". la Repubblica (en italiano). p. 2. Consultado o 19 de maio de 2022. 
  52. 52,0 52,1 52,2 52,3 Pinoli, Maurizio. "La prima Supercoppa Italiana e la prima Coppa Uefa (1989-1991)" (en italiano). Arquivado dende o orixinal o 19 de maio de 2022. Consultado o 19 de maio de 2022. 
  53. Perucca, Bruno (28 de setembro de 1989). "L'Inter cade nella trappola svedese". La Stampa (en italiano). p. 19. Consultado o 19 de maio de 2022. 
  54. Perucca, Bruno (30 de novembro de 1989). "Inter, una coppa per tirar su il morale". La Stampa (en italiano). p. 19. Consultado o 19 de maio de 2022. 
  55. 55,0 55,1 Granello, Licia (23 de maio de 1991). "Bella Roma, peccato". la Repubblica (en italiano). p. 30. Consultado o 19 de maio de 2022. 
  56. Ferrara, Benedetto (2 de xullo de 1991). "Juve - Inter, match infinito, in , 2 luglio 1991, p. 44.". la Repubblica (en italiano). p. 44. Consultado o 19 de maio de 2022. 
  57. 57,0 57,1 57,2 57,3 57,4 57,5 57,6 Ferreri, Vincenzo. "Il secondo ciclo di Trapattoni (1991-1994)". wattpad.com (en italiano). Consultado o 19 de maio de 2022. 
  58. Sannucci, Corrado (19 de maio de 1993). "Juve pronta a far festa". la Repubblica (en italiano). p. 39. Consultado o 19 de maio de 2022. 
  59. 59,00 59,01 59,02 59,03 59,04 59,05 59,06 59,07 59,08 59,09 59,10 59,11 59,12 59,13 59,14 59,15 59,16 59,17 "Trapattoni l’emigrante" (en italiano). 21 de marzo de 2019. Consultado o 19 de maio de 2022. 
  60. Zasso, Gino; Perrone, Roberto (14 de febreiro de 1996). "Trapattoni, un esonero mascherato". Corriere della Sera (en italiano). p. 41. Arquivado dende o orixinal o 1 de xullo de 2012. Consultado o 19 de maio de 2022. 
  61. Calamai, Luca; Da Ronch, Alessio (22 de maio de 1998). "Trapattoni riparte a razzo". La Gazzetta dello Sport (en italiano). Consultado o 19 de maio de 2022. 
  62. 62,0 62,1 62,2 62,3 Montalbano, Pier F. "STORIE VIOLA – 98/99, la stagione del grande sogno infranto" (en italiano). Consultado o 19 de maio de 2022. 
  63. Calamai, Luca; Da Ronch, Alessio (18 de maio de 2000). "Firenze ormai è una polveriera". La Gazzetta dello Sport (en italiano). Consultado o 19 de maio de 2022. 
  64. Da Ronch, Alessio; Bartolozzi, Bruno (17 maggio 2000). "Firenze, saluti e baci Trap e Bati vanno via" (en italiano). Consultado o 19 de maio de 2022. 
  65. "Giovanni Trapattoni è il nuovo ct azzurro, su repubblica.it, .". la Repubblica (en italiano). 6 de xullo de 2000. Consultado o 19 de maio de 2022. 
  66. "Una Lituania da corsa rovina la festa azzurra" (en italiano). 1 de setembro de 2001. Consultado o 19 de maio de 2022. 
  67. "Crac Italia, la stampa estera "Non é stato un complotto"" (en italiano). 19 de xuño de 2002. Consultado o 19 de maio de 2022. 
  68. Antonelli, Diego (23 de xuño de 2004). ""Lippi, l'Italia è diversa dal club"". La Gazzetta dello Sport (en italiano). Consultado o 19 de maio de 2022. 
  69. "Benfica, ecco Trapattoni. "Sono qui per vincere"". la Repubblica (en italiano). 5 de xullo de 2014. p. 56. Consultado o 19 de maio de 2022. 
  70. Scevola, Gian Piero (23 de maio de 2005). "Trapattoni: «Il Benfica non mi molla più»" (en italiano). Consultado o 19 de maio de 2022. 
  71. Cardone, Giulio (16 de xuño de 2005). "Trapattoni torna in Germania: Stoccarda". la Repubblica (en italiano). p. 56. Consultado o 19 de maio de 2022. 
  72. "Trapattoni esonerato dallo Stoccarda, dura solo 7 mesi l'avventura tedesca". la Repubblica (en italiano). 9 de febreiro de 2006. Consultado o 19 de maio de 2022. 
  73. 73,0 73,1 "Trapattoni porta il Red Bull Salisburgo a vincere il suo primo scudetto" (en italiano). 2 de xullo de 2019. Consultado o 19 de maio de 2022. 
  74. "Incredibile Trap: scudetto anche in Austria". la Repubblica (en italiano). 29 de abril de 2007. p. 58. Consultado o 19 de maio de 2022. 
  75. "Gilardino, gol Mondiale. L'Italia è già in Sud Africa". La Gazzetta dello Sport (en italiano). 10 de outubro de 2009. Consultado o 19 de maio de 2022. 
  76. "Henry dà una mano alla Francia. Trap, eliminazione amarissima". La Gazzetta dello Sport (en italiano). 18 de novembro de 2009. Consultado o 19 de maio de 2022. 
  77. "Republic manager Giovanni Trapattoni accepts pay cut" (en inglés). 1 de decembro de 2010. Consultado o 19 de maio de 2022. 
  78. "Trapattoni, seleccionador del Vaticano". ABC (en castelán). 7 de outubro de 2010. Consultado o 20 de maio de 2022. 
  79. "Irlanda, Trapattoni lascia la panchina. "Ma non smetto con il calcio"". la Repubblica (en italiano). 11 de setembro de 2013. Consultado o 19 de maio de 2022. 
  80. "Rai: l’Italia raccontata da Trapattoni" (en italiano). 28 de xullo de 2015. Consultado o 19 de maio de 2022. 
  81. Fontana, Mattia ("Non dire gatto", Trapattoni come non l'avete mai visto, su , 2 ottobre 2015.). "19 de maio de 2022". Eurosport (en italiano). Consultado o 19 de maio de 2022. 
  82. "Trapattoni diventa presidente onorario del San Venanzo" (en italiano). 1 de setembro de 2018. Consultado o 19 de maio de 2022. 
  83. Sconcerti, Mario (2019). "Gli 80 anni di Trapattoni, l’ultimo allenatore ragazzo". Corriere della Sera (en italiano). Consultado o 19 de maio de 2022. 
  84. 84,0 84,1 "Trapattoni, l'alfabeto del Trap: dal compleanno ai social network" (en italiano). 17 de marzo de 2019. Consultado o 19 de maio de 2022. 
  85. 85,0 85,1 "3-5-2, che passione!!" (en italiano). 16 de outubro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 29 de novembro de 2014. Consultado o 19 de maio de 2022. 
  86. "Analisi Tattica: la Juventus di Giovanni Trapattoni" (en italiano). 28 de xuño de 2019. Consultado o 19 de maio de 2022. 
  87. Horncastle, James (6 de agosto de 2013). "Greatest Managers, No. 12: Trapattoni" (en inglés). Consultado o 19 de maio de 2022. 
  88. Licari, Fabio (5 de febreiro de 2014). "Juventus, Trapattoni ricorda: "Mi rivedo in Conte"". La Gazzetta dello Sport (en italiano). Consultado o 19 de maio de 2022. 
  89. Trapattoni & Longhi 2015, pp. 64-65.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]