Gran Premio de Austria de 2014
Nome oficial | Formula 1 Grosser Preis Von Österreich 2014 |
---|---|
Tipo | Gran Premio de Austria |
Deporte | automobilismo |
Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2014 |
Distancia do evento | 71 |
Localización e Datas | |
Localización | A1-Ring (Spielberg) 47°13′11″N 14°45′53″L / 47.219722222222, 14.764722222222 |
Lonxitude | 4,318 km |
País | Austria |
Data | 22 de xuño de 2014 |
Competición | |
Primeiro posto | Nico Rosberg |
Pole position | Felipe Massa |
Volta máis rápida | Sergio Pérez Mendoza |
O Gran Premio de Austria de 2014 (oficialmente Formula 1 Grosser Preis von Österreich 2014) foi unha carreira do Campionato do Mundo Fórmula 1 celebrada no Red Bull Ring en Spielberg, Austria, o 22 de xuño de 2014. Foi a oitava carreira da tempada de Fórmula Un de 2014 e o 28º Gran Premio de Austria, o primeiro que se celebraba desde 2003.
Resumo da carreira
[editar | editar a fonte]Adestramentos libres
[editar | editar a fonte]Nico Rosberg foi o máis rápido na FP1 cun crono de 1:11.295.[1] O seu compañeiro de equipo Lewis Hamilton foi o máis rápido na FP2 cun crono de 1:09.542.[2] Valtteri Bottas foi o máis rápido na FP3.[3]
Eliminatorias
[editar | editar a fonte]Felipe Massa converteuse no primeiro piloto á parte de Lewis Hamilton e Nico Rosberg en lograr a pole position nesta tempada cun tempo de volta de 1:08.759 na Q3.[4] Ía acompañado na primeira fila polo seu compañeiro de equipo Valtteri Bottas. Esta foi a primeira vez que Williams-Mercedes copou a primeira fila desde que Juan Pablo Montoya e Ralf Schumacher o fixeran no Gran Premio de Alemaña de 2003 en Hockenheim.
Hamilton non puido marcar tempo na Q3; saíu por fóra da pista na súa primeira volta e trompeando na segunda. Sebastian Vettel non logrou cualificar para a Q3, aínda que si que o fixo o seu compañeiro de equipo Daniel Ricciardo.
Carreira
[editar | editar a fonte]Ao principio, Felipe Massa liderou na primeira curva, con Rosberg pasando a Bottas, pero foi superado novamente na seguinte recta. Lewis Hamilton tivo o mellor comezo, pasando do noveno ao quinto posto e superando a Alonso pouco despois.
Sebastian Vettel, unha vez máis, sufriu problemas técnicos: perdeu potencia na segunda volta, foi capaz de continuar, pero cunha volta perdida e, logo de danar o alerón dianteiro, máis tarde retirouse a metade de carreira no gran premio de casa de Red Bull.
Na parte dianteira, os cambios de pneumáticos abriron o camiño para Mercedes; Rosberg pasou aos dous Williams na primeira parada e Hamilton na segunda rolda. Sergio Pérez fixo, unha vez máis, unha boa carreira, cunha estratexia de pneumáticos diferente, levando o composto super brando só nas últimas voltas e desafiando con éxito a Magnussen para o sexto lugar. Mentres tanto, Alonso chegou quinto clasificado, detrás de Felipe Massa, xa que coa velocidade superior do motor Mercedes non había xeito de pasalo.
Durante as últimas voltas, Lewis Hamilton foi reducindo a distancia co seu compañeiro de equipo Rosberg, pero o alemán pasou a bandeira a cadros para lograr a súa terceira vitoria da tempada.[5]
Clasificación
[editar | editar a fonte]Cualificación
[editar | editar a fonte]Pos. | Nº | Piloto | Construtor | Q1 | Q2 | Q3 | Grella |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | 19 | Felipe Massa | Williams-Mercedes | 1:10.292 | 1:09.239 | 1:08.759 | 1 |
2 | 77 | Valtteri Bottas | Williams-Mercedes | 1:10.356 | 1:09.096 | 1:08.846 | 2 |
3 | 6 | Nico Rosberg | Mercedes | 1:09.695 | 1:08.974 | 1:08.944 | 3 |
4 | 14 | Fernando Alonso | Ferrari | 1:10.405 | 1:09.479 | 1:09.285 | 4 |
5 | 3 | Daniel Ricciardo | Red Bull-Renault | 1:10.395 | 1:09.638 | 1:09.466 | 5 |
6 | 20 | Kevin Magnussen | McLaren-Mercedes | 1:10.081 | 1:09.473 | 1:09.515 | 6 |
7 | 26 | Daniil Kvyat | Toro Rosso-Renault | 1:09.678 | 1:09.490 | 1:09.619 | 7 |
8 | 7 | Kimi Räikkönen | Ferrari | 1:10.285 | 1:09.657 | 1:10.795 | 8 |
9 | 44 | Lewis Hamilton | Mercedes | 1:09.514 | 1.09.092 | Sen tempo | 9 |
10 | 27 | Nico Hülkenberg | Force India-Mercedes | 1:10.389 | 1:09.624 | Sen tempo | 10 |
11 | 11 | Sergio Pérez | Force India-Mercedes | 1:10.124 | 1:09.754 | 16[6] | |
12 | 22 | Jenson Button | McLaren-Mercedes | 1:10.252 | 1:09.780 | 11 | |
13 | 1 | Sebastian Vettel | Red Bull-Renault | 1:10.630 | 1:09.801 | 12 | |
14 | 13 | Pastor Maldonado | Lotus-Renault | 1:10.821 | 1:09.939 | 13 | |
15 | 25 | Jean-Eric Vergne | Toro Rosso-Renault | 1:10.161 | 1:10.073 | 14 | |
16 | 8 | Romain Grosjean | Lotus-Renault | 1:10.461 | 1:10.642 | PL[7] | |
17 | 99 | Adrian Sutil | Sauber-Ferrari | 1:10.825 | 16 | ||
18 | 21 | Esteban Gutiérrez | Sauber-Ferrari | 1:11.349 | 17 | ||
19 | 17 | Jules Bianchi | Marussia-Ferrari | 1:11.412 | 18 | ||
20 | 10 | Kamui Kobayashi | Caterham-Renault | 1:11.673 | 19 | ||
21 | 4 | Max Chilton | Marussia-Ferrari | 1:11.775 | 21[8] | ||
22 | 9 | Marcus Ericsson | Caterham-Renault | 1:12.673 | 20 | ||
107% tempo: 1:14.379 | |||||||
Fonte:[9] |
Carreira
[editar | editar a fonte]Posicións logo da carreira
[editar | editar a fonte]
|
|
- Nota: só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Smith, Luke (20 de xuño de 2014). "Rosberg first to tame the Red Bull Ring in Austria practice". motorsportstalk.nbcsports.com. NBC Sports. Arquivado dende o orixinal o 15 de xullo de 2014. Consultado o 21 de xuño de 2014.
- ↑ Smith, Luke (20 de xuño de 2014). "Hamilton hits back to edge out Rosberg in FP2". motorsportstalk.nbcsports.com. NBC Sports. Arquivado dende o orixinal o 15 de xullo de 2014. Consultado o 21 de xuño de 2014.
- ↑ Smith, Luke (21 de xuño de 2014). "Bottas beats the field in final Austrian GP practice". motorsportstalk.nbcsports.com. NBC Sports. Arquivado dende o orixinal o 14 de xullo de 2014. Consultado o 21 de xuño de 2014.
- ↑ Smith, Luke (21 de xuño de 2014). "Massa secures shock pole in Austria at Mercedes’ expense". motorsportstalk.nbcsports.com. NBC Sports. Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2014. Consultado o 21 de xuño de 2014.
- ↑ "Mercedes schlägt auf dem Red Bull Ring zurück". kicker.de (en alemán). kicker.de. 22 de xuño de 2014. Consultado o 23 de xuño de 2014.
- ↑ Sergio Pérez Mendoza recibiu unha penalización de cinco postos por cambiar a súa trazada de carreira e causar unha colisión evitable no Gran Premio do Canadá de 2014
- ↑ Romain Grosjean cualificou 16º, pero saíu desde o pit lane debido a que cambiou a caixa de cambios e a configuración.
- ↑ Max Chilton recibiu unha penalización de cinco posicións por causar unha colisión evitable con Jules Bianchi no Gran Premio do Canadá de 2014.
- ↑ "Formula 1 Grosser Preis von Österreich 2014". Formula1.com. Formula One Administration. 21 de xuño de 2014. Arquivado dende o orixinal o 23 de xuño de 2014. Consultado o 21 de xuño de 2014.
- ↑ "Formula 1 Grosser Preis Von Österreich 2014". Formula1.com. Formula One Administration. 22 de xuño de 2014. Arquivado dende o orixinal o 23 de xuño de 2014. Consultado o 22 de xuño de 2014.
- ↑ "Austrian Grand Prix Live". Yahoo. 22 de xuño de 2014. Consultado o 22 de xuño de 2014.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio de Austria de 2014 |
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
Carreira anterior: Gran Premio do Canadá de 2014 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 2014 |
Carreira seguinte: Gran Premio do Reino Unido de 2014 |
Carreira anterior: Gran Premio de Austria de 2003 |
Gran Premio de Austria | Carreira seguinte: Gran Premio de Austria de 2015 |