Gran Premio de Bélxica de 1998
Nome oficial | LVI Foster's Belgian Grand Prix |
---|---|
Tipo | Gran Premio de Bélxica |
Deporte | automobilismo |
Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1998 |
Distancia do evento | 44 |
Localización e Datas | |
Localización | Circuíto de Spa-Francorchamps (Provincia de Liexa) 50°26′14″N 5°58′17″L / 50.437222222222, 5.9713888888889 |
Lonxitude | 7,003 km |
País | Bélxica |
Data | 30 de agosto de 1998 |
Competición | |
Primeiro posto | Damon Hill |
Pole position | Mika Häkkinen |
Volta máis rápida | Michael Schumacher |
O Gran Premio de Bélxica de 1998 (oficialmente LVI Foster's Grand Prix de Belgique) foi unha carreira de motor de Fórmula Un celebrada o 30 de agosto de 1998 no Circuíto de Spa-Francorchamps, Spa. Foi a décimo terceira carreira do Campionato do Mundo de Fórmula 1 de 1998 da FIA, disputada sobre 44 voltas. A carreira gañouna Damon Hill pilotando para o equipo Jordan, co compañeiro de Hill, Ralf Schumacher, terminando en segundo lugar e Jean Alesi no terceiro posto. O equipo Sauber, logrou o seu último podio da súa carreira na F1.
Informe
[editar | editar a fonte]Carreira
[editar | editar a fonte]A carreira disputouse por completo baixo un clima extremadamente chuvioso e na primeira volta David Coulthard perdeu o control do seu McLaren, causando unha colisión múltiple que implicou a trece pilotos, o que levou a que a carreira detivérase. Logo dun atraso de máis dunha hora para despexar a pista, reiniciouse de novo, aínda que sen catro dos pilotos implicados no incidente. No reinicio, o líder do campionato e pole sitter Mika Häkkinen trompeou co seu McLaren na primeira curva e foi golpeado polo Sauber de Johnny Herbert, forzando aos dous a retirarse da carreira. Hill tomou o liderado, pero foi superado na volta oito por Michael Schumacher. Schumacher acadou máis de 30 segundos de vantaxe sobre Hill na volta 24 cando chegou a altura de Coulthard. Despois de ser instruído sobre a radio do equipo para deixalo pasar, Coulthard desacelerou, pero mantívose na trazada principal da pista, debido ao spray detrás de Coulthard Schumacher non tiña visión, golpeou á parte traseira do McLaren e causou un dano fatal no seu Ferrari. Coulthard inicialmente retirouse debido aos danos no seu propio automóbil, pero finalmente volveu á carreira e terminou sétimo.
Hill entón herdou o liderado de novo, co seu compañeiro de equipo de Jordan Ralf Schumacher detrás del. Nas últimas etapas da carreira, o mozo Schumacher estaba collendo a Hill. Inicialmente o equipo informou a Hill sobre o ritmo do seu compañeiro e insinuou que o deixase pasar. Hill, no entanto, declarou claramente que non abandonaría, dicindo ao propietario do equipo Eddie Jordan, que ou competia polo primeiro posto e arriscábanse a perdelo todo, por unha posible colisión ou mantiñan posicións e lograban un dobrete para o equipo. As ordes de equipo foron finalmente, esixir que ambos pilotos mantivesen as súas posicións ata o final. Hill acadou a primeira vitoria na F1 para o equipo Jordan (o segundo para os motores de Mugen Motorsports) despois de 126 carreiras, logrand a súa 22ª vitoria. Resultaría ser a súa última vitoria na F1.
Post-carreira
[editar | editar a fonte]Unha semana despois da carreira, Schumacher e Coulthard tiveron unha reunión privada de media hora e apareceron dándose a man compromenténdose a unirse para ter pautas máis claras nos adiantamentos. Schumacher máis tarde dixo: "Está claro que [Coulthard] non fixo nada de malo en Spa."[1]
En 2003, David Coulthard admitiu por primeira vez que o accidente en Spa era culpa súa: "A realidade é que freei para deixar que me pasase, pero freei forte e levantouse un gran spray na trazada da carreira. Nunca debería facelo. Nunca máis o farei."[2]
Clasificación
[editar | editar a fonte]Cualificación
[editar | editar a fonte]Carreira
[editar | editar a fonte]Posicións logo da carreira
[editar | editar a fonte]- Texto en grosa indica quen aínda ten probabilidades teóricas de converterse en campión do mundo.
|
|
- Nota: só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.
Carreira anterior: Gran Premio de Hungría de 1998 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 1998 |
Carreira seguinte: Gran Premio de Italia de 1998 |
Carreira anterior: Gran Premio de Bélxica de 1997 |
Gran Premio de Bélxica | Carreira seguinte: Gran Premio de Bélxica de 1999 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Allsop, Derek (11 de setembro de 1998). "Motor Racing: Coulthard 'cleared' by Schumacher". The Independent.
- ↑ "Crash was my fault, Coulthard admits - smh.com.au". www.smh.com.au. Consultado o 22 de outubro de 2017.
- ↑ 3,0 3,1 Os pilotos Jarno Trulli e Olivier Panis estiveron involucrados no accidente do inicio, pero o muleto de Prost foi preparado para Trulli. Panis non fixo o reinicio.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 Barrichello, Panis, Salo e Rosset están todos listados como "Non tomou a saída" nos resultados oficiais, a pesar de ter comezado na primeira saída antes da suspensión da carreira. Os regulamentos da época eran tales que, no caso de que se producise unha parada na primeira volta, ese comezo sería considerado nulo e a segunda saída produciríase como se nunca existise a primeira. Como estes catro pilotos non fixeron a segunda saída, clasifícanse como NTS.
- ↑ "1998 Belgian Grand Prix". formula1.com. Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2014. Consultado o 24 de decembro de 2015.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio de Bélxica de 1998 |