Saltar ao contido

Gran Premio de Bélxica de 1998

Modelo:Competición deportivaGran Premio de Bélxica de 1998
Nome oficialLVI Foster's Belgian Grand Prix Editar o valor en Wikidata
TipoGran Premio de Bélxica Editar o valor en Wikidata
Deporteautomobilismo Editar o valor en Wikidata
Parte deCampionato Mundial de Fórmula 1 de 1998 Editar o valor en Wikidata
Distancia do evento44 Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
LocalizaciónCircuíto de Spa-Francorchamps (Provincia de Liexa) 50°26′14″N 5°58′17″L / 50.437222222222, 5.9713888888889 Editar o valor en Wikidata
Lonxitude7,003 km Editar o valor en Wikidata
PaísBélxica Editar o valor en Wikidata
Data30 de agosto de 1998 Editar o valor en Wikidata
Competición
Primeiro postoDamon Hill Editar o valor en Wikidata
Pole positionMika Häkkinen Editar o valor en Wikidata
Volta máis rápidaMichael Schumacher Editar o valor en Wikidata

O Gran Premio de Bélxica de 1998 (oficialmente LVI Foster's Grand Prix de Belgique) foi unha carreira de motor de Fórmula Un celebrada o 30 de agosto de 1998 no Circuíto de Spa-Francorchamps, Spa. Foi a décimo terceira carreira do Campionato do Mundo de Fórmula 1 de 1998 da FIA, disputada sobre 44 voltas. A carreira gañouna Damon Hill pilotando para o equipo Jordan, co compañeiro de Hill, Ralf Schumacher, terminando en segundo lugar e Jean Alesi no terceiro posto. O equipo Sauber, logrou o seu último podio da súa carreira na F1.

A carreira disputouse por completo baixo un clima extremadamente chuvioso e na primeira volta David Coulthard perdeu o control do seu McLaren, causando unha colisión múltiple que implicou a trece pilotos, o que levou a que a carreira detivérase. Logo dun atraso de máis dunha hora para despexar a pista, reiniciouse de novo, aínda que sen catro dos pilotos implicados no incidente. No reinicio, o líder do campionato e pole sitter Mika Häkkinen trompeou co seu McLaren na primeira curva e foi golpeado polo Sauber de Johnny Herbert, forzando aos dous a retirarse da carreira. Hill tomou o liderado, pero foi superado na volta oito por Michael Schumacher. Schumacher acadou máis de 30 segundos de vantaxe sobre Hill na volta 24 cando chegou a altura de Coulthard. Despois de ser instruído sobre a radio do equipo para deixalo pasar, Coulthard desacelerou, pero mantívose na trazada principal da pista, debido ao spray detrás de Coulthard Schumacher non tiña visión, golpeou á parte traseira do McLaren e causou un dano fatal no seu Ferrari. Coulthard inicialmente retirouse debido aos danos no seu propio automóbil, pero finalmente volveu á carreira e terminou sétimo.

Hill entón herdou o liderado de novo, co seu compañeiro de equipo de Jordan Ralf Schumacher detrás del. Nas últimas etapas da carreira, o mozo Schumacher estaba collendo a Hill. Inicialmente o equipo informou a Hill sobre o ritmo do seu compañeiro e insinuou que o deixase pasar. Hill, no entanto, declarou claramente que non abandonaría, dicindo ao propietario do equipo Eddie Jordan, que ou competia polo primeiro posto e arriscábanse a perdelo todo, por unha posible colisión ou mantiñan posicións e lograban un dobrete para o equipo. As ordes de equipo foron finalmente, esixir que ambos pilotos mantivesen as súas posicións ata o final. Hill acadou a primeira vitoria na F1 para o equipo Jordan (o segundo para os motores de Mugen Motorsports) despois de 126 carreiras, logrand a súa 22ª vitoria. Resultaría ser a súa última vitoria na F1.

Post-carreira

[editar | editar a fonte]

Unha semana despois da carreira, Schumacher e Coulthard tiveron unha reunión privada de media hora e apareceron dándose a man compromenténdose a unirse para ter pautas máis claras nos adiantamentos. Schumacher máis tarde dixo: "Está claro que [Coulthard] non fixo nada de malo en Spa."[1]

En 2003, David Coulthard admitiu por primeira vez que o accidente en Spa era culpa súa: "A realidade é que freei para deixar que me pasase, pero freei forte e levantouse un gran spray na trazada da carreira. Nunca debería facelo. Nunca máis o farei."[2]

Clasificación

[editar | editar a fonte]

Cualificación

[editar | editar a fonte]
Pos Piloto Construtor Tempo diferenza
1 8 Finlandia Mika Häkkinen McLaren-Mercedes 1:48.682
2 7 David Coulthard McLaren-Mercedes 1:48.845 +0.163
3 9 Damon Hill Jordan-Mugen-Honda 1:49.728 +1.046
4 3 Alemaña Michael Schumacher Ferrari 1:50.027 +1.345
5 4 Eddie Irvine Ferrari 1:50.189 +1.507
6 1 Jacques Villeneuve Williams-Mecachrome 1:50.204 +1.522
7 5 Italia Giancarlo Fisichella Benetton-Playlife 1:50.462 +1.780
8 10 Alemaña Ralf Schumacher Jordan-Mugen-Honda 1:50.501 +1.819
9 2 Alemaña Heinz-Harald Frentzen Williams-Mecachrome 1:50.686 +2.004
10 14 Francia Jean Alesi Sauber-Petronas 1:51.189 +2.507
11 6 Austria Alexander Wurz Benetton-Playlife 1:51.648 +2.966
12 15 Johnny Herbert Sauber-Petronas 1:51.851 +3.169
13 12 Italia Jarno Trulli Prost-Peugeot 1:52.572 +3.890
14 18 Rubens Barrichello Stewart-Ford 1:52.670 +3.988
15 11 Francia Olivier Panis Prost-Peugeot 1:52.784 +4.102
16 16 Pedro Diniz Arrows 1:53.037 +4.355
17 19 Países Baixos Jos Verstappen Stewart-Ford 1:53.149 +4.467
18 17 Finlandia Mika Salo Arrows 1:53.207 +4.525
19 21 Xapón Toranosuke Takagi Tyrrell-Ford 1:53.237 +4.555
20 20 Ricardo Rosset Tyrrell-Ford 1:54.850 +6.168
21 22 Xapón Shinji Nakano Minardi-Ford 1:55.084 +6.402
22 23 Esteban Tuero Minardi-Ford 1:55.520 +6.838
Pos Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos
1 9 Damon Hill Jordan-Mugen-Honda 44 1:43:47.407 3 10
2 10 Alemaña Ralf Schumacher Jordan-Mugen-Honda 44 +0.932 8 6
3 14 Francia Jean Alesi Sauber-Petronas 44 +7.240 10 4
4 2 Alemaña Heinz-Harald Frentzen Williams-Mecachrome 44 +32.243 9 3
5 16 Pedro Diniz Arrows 44 +51.682 16 2
6 12 Italia Jarno Trulli Prost-Peugeot 42 +2 voltas[3] 13 1
7 7 David Coulthard McLaren-Mercedes 39 +5 voltas 2
8 22 Xapón Shinji Nakano Minardi-Ford 39 +5 voltas 21
Ret 5 Italia Giancarlo Fisichella Benetton-Playlife 26 Colisión 7
Ret 3 Alemaña Michael Schumacher Ferrari 25 Colisión 4
Ret 4 Eddie Irvine Ferrari 25 Trompo 5
Ret 23 Esteban Tuero Minardi-Ford 17 Caixa de cambios 22
Ret 1 Jacques Villeneuve Williams-Mecachrome 16 Trompo 6
Ret 21 Xapón Toranosuke Takagi Tyrrell-Ford 10 Trompo 19
Ret 19 Países Baixos Jos Verstappen Stewart-Ford 8 Motor 17
Ret 8 Finlandia Mika Häkkinen McLaren-Mercedes 0 Colisión 1
Ret 6 Austria Alexander Wurz Benetton-Playlife 0 Colisión 11
Ret 15 Johnny Herbert Sauber-Petronas 0 Colisión 12
NTS 18 Rubens Barrichello Stewart-Ford 0 Colisión[4] 15  
NTS 11 Francia Olivier Panis Prost-Peugeot 0 Colisión[3],[4] 14
NTS 17 Finlandia Mika Salo Arrows 0 Colisión[4] 18 ;
NTS 20 Ricardo Rosset Tyrrell-Ford 0 Colisión[4] 20
Fonte:[5]

Posicións logo da carreira

[editar | editar a fonte]
  • Texto en grosa indica quen aínda ten probabilidades teóricas de converterse en campión do mundo.
  • Nota: só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.


Carreira anterior:
Gran Premio de Hungría de 1998
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 1998
Carreira seguinte:
Gran Premio de Italia de 1998
Carreira anterior:
Gran Premio de Bélxica de 1997
Gran Premio de Bélxica Carreira seguinte:
Gran Premio de Bélxica de 1999
  1. Allsop, Derek (11 de setembro de 1998). "Motor Racing: Coulthard 'cleared' by Schumacher". The Independent. 
  2. "Crash was my fault, Coulthard admits - smh.com.au". www.smh.com.au. Consultado o 22 de outubro de 2017. 
  3. 3,0 3,1 Os pilotos Jarno Trulli e Olivier Panis estiveron involucrados no accidente do inicio, pero o muleto de Prost foi preparado para Trulli. Panis non fixo o reinicio.
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 Barrichello, Panis, Salo e Rosset están todos listados como "Non tomou a saída" nos resultados oficiais, a pesar de ter comezado na primeira saída antes da suspensión da carreira. Os regulamentos da época eran tales que, no caso de que se producise unha parada na primeira volta, ese comezo sería considerado nulo e a segunda saída produciríase como se nunca existise a primeira. Como estes catro pilotos non fixeron a segunda saída, clasifícanse como NTS.
  5. "1998 Belgian Grand Prix". formula1.com. Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2014. Consultado o 24 de decembro de 2015. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]