Karlsruhe
Epónimo | Carlos Guillerme de Baden-Durlach | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | Alemaña | ||||
Estado federado | Baden-Württemberg | ||||
Rexión administrativa | Rexión de Karlsruhe | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 309.964 (2023) (1.787,36 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 173,42 km² | ||||
Bañado por | Río Rin, Alb e Pfinz (en) | ||||
Altitude | 121 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 17 de xuño de 1715 | ||||
Organización política | |||||
• Oberbürgermeister (pt) | Frank Mentrup (2013–) | ||||
Membro de | Kommunalverband für Jugend und Soziales Baden-Württemberg (en) Aliança Climática (pt) (2011–) Alcaldes pola Paz (2014–) Kommunale Informationsverarbeitung Baden-Franken (en) (–2018) Zweckverband 4IT (en) (2018–) | ||||
Orzamento | 1.485.604.697 € (2022) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 76229, 76131, 76137, 76133, 76135, 76139, 76149, 76199, 76185, 76187, 76189, 76227 e 76228 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 0721 | ||||
Código NUTS | DE122 | ||||
Clave de rexión en Alemaña | 082120000000 | ||||
Número de municipio alemán | 08212000 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | Vinnytsia (2023–) | ||||
Sitio web | karlsruhe.de | ||||
Karlsruhe é unha cidade do sueste de Alemaña cunha poboación de 307.755 habitantes, no Bundesland de Baden-Württemberg, localizada preto da fronteira con Francia.
Fundada en 1715 coma o Pazo de Karlsruhe, arredor da cidade construíronse dous dos máis altos tribunais en Alemaña, o Tribunal Constitucional Federal (Bundesverfassungsgericht) cuxas decisións teñen forza de lei, e o Tribunal Federal de Xustiza (Bundesgerichtshof), o máis alto tribunal de apelacións en materia de dereito civil e dereito penal. Polo tanto é considerada o berce da xustiza en Alemaña.
Historia
[editar | editar a fonte]A cidade foi fundada en 1715 polo Markgraf (marques) Carlos Guillerme de Baden-Durlach, converténdose en 1806 na residencia do Gran Ducado de Baden no marco da Confederación do Rin. En 1918, coa Revolución de Novembro a cidade convértese en capital do estado libre de Baden, perdendo o seu estatuto de cidade libre tralo final da segunda guerra mundial en 1945 Karlsruhe perde o seu estatuto de cidade libre.
En 1950 instálase en Karlsruhe a corte de casación da RFA e é incorporada ao novo estado de Baden-Württemberg en 1952. En 1977, o fiscal federal xeral Siegfried Buback é asasinado pola Fracción do Exército Vermello na cidade.
Economía
[editar | editar a fonte]Esta cidade, coma o resto de Baden-Württemberg, posúe un dos máis altos niveis de riqueza económica na Unión Europea (UE).
Lugares de interese
[editar | editar a fonte]- Castelo de Karlsruhe.
- Castelo de Gottesaue.
- Castelo Turmberg.
- Pirámide de Karlsruhe.
- Igrexa da Cidade.
- Pazo do Príncipe Max.
Museos
[editar | editar a fonte]- Zentrum für Kunst und Medientechnologie (ZKM)
- Staatliche Kunsthalle Karlsruhe.
- Badisches Landesmuseum im Schloss Karlsruhe.
- Staatliches Museum für Naturkunde.
- Majolika-Manufaktur.
Educación
[editar | editar a fonte]A cidade conta con varios centros de educación superior: Universidade de Karlsruhe (TH), Hochschule für Musik Karlsruhe, HS Karlsruhe, PH Karlsruhe, Hochschule für Gesltaltung Karlsruhe (HfG) e Akademie der Künste Karlsruhe (AKKA). Destaca tamén o Federal Research Institute of Nutrition and Food Max Rubner.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Barrios
[editar | editar a fonte]- Innenstadt-Ost
- Innenstadt-West
- Südstadt
- Südweststadt
- Weststadt
- Nordweststadt
- Oststadt
- Mühlburg
- Daxlanden
- Knielingen
- Grünwinkel
- Oberreut
- Beiertheim-Bulach
- Weiherfeld-Dammerstock
- Rüppurr
- Waldstadt
- Rintheim
- Hagsfeld
- Durlach
- Grötzingen
- Stupferich
- Hohenwettersbach
- Wolfartsweier
- Grünwettersbach
- Palmbach
- Neureut
- Nordstadt
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Castelo de Karlsruhe
-
Castelo de Gottesaue
-
Igrexa da Cidade
-
Igrexa da Cidade
-
Staatliche Kunsthalle