Saltar ao contido

Kunashir

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaKunashir
(ru) Кунашир
(ja) 国後島 Editar o valor en Wikidata
Imaxe
Tipoilla
territorio disputado Editar o valor en Wikidata
Parte deGreater Kuril Ridge (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Situado na entidade xeográficaGreater Kuril Ridge (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaYuzhno-Kurilsky District, Rusia (en) Traducir, Hokkaido, Xapón (en) Traducir, Hokkaido, Xapón (en) Traducir e Kunashiri, Xapón (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 44°04′N 145°46′L / 44.07, 145.77
Bañado porMar de Ojotsk e Océano Pacífico Editar o valor en Wikidata
Características
Altitude1.819 m Editar o valor en Wikidata
Dimensións30 (ancho) × 123 (lonxitude) km
Punto máis altoTyatya (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata  (1.819 m Editar o valor en Wikidata )
Superficie1.489,27 km² Editar o valor en Wikidata
Historia
Cronoloxía
7 de febreiro de 1855 Tratado de Shimoda (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
BNE: XX6072704

Illa Kunashir (ruso: Кунаши́р; xaponés: 国後島, Kunashiri-tō; ainu: クナシㇼ ou クナシㇽ, Kunasir), posiblemente significando a "illa negra" ou a "illa herbosa" en Ainu é a illa máis meridional das illas de Kuriles, un arquipélago actualmente baixo control de Rusia, entre as cales catro (entre elas a illa Kunashiri) son reclamados polo Xapón (ver disputa das Illas Kuriles).

Atópase entre o estreito da Illa Kunashir, Catherine, Izmena, e Kuril Sur. A illa de Kunashir é visible desde a próxima illa xaponesa de Hokkaido, da cal está separada polo estreito de Nemuro.

A illa Kunashir está formada por catro volcáns que eran illas separadas pero que se uniron desde entón por áreas baixas con lagos e augas termales. Todos estes volcáns seguen activos: Tyatya (1.819 m), Smirnov, Mendeleev (Rausu-yama), e Golovnin (Tomari-yama).[1]

A illa está formada por rochas volcánicas e cristalinas. O clima é continental húmido con precipitacións moi fortes especialmente no outono e un forte atraso estacional con temperaturas máximas en agosto e setembro. A vexetación componse principalmente de abetos, piñeiros, abies, e bosques mixtos Caducifolios con lianas e arbustos de bambú. As montañas están cubertas de bidueiros e piñeiros anano de Siberia, flores herbáceas ou rochas espidas.

En xullo de 2001 atopáronse carballos centenarios (Quercus crispula) na illa de Kunashiri.[2]

En 1789 a illa Kunashir foi un dos escenarios da batalla de Menashi-Kunashiri na cal o pobo Ainu se rebelou contra os comerciantes e colonos xaponeses.

O navegante ruso Vasily Golovnin intentou cartografar e explorar a illa en 1811, pero foi detido polas autoridades xaponesas e pasou dous anos en prisión.

O 1 de setembro de 1945, ou un día antes de que os documentos de rendición da segunda guerra mundial fosen asinados o 2 de setembro de 1945, de acordo coas decisións tomadas na Conferencia de Yalta, a Unión Soviética adquiriu as Illas Kuriles. O goberno xaponés afirma que os Territorios do Norte non eran parte das Illas Kuriles, debido a razóns históricas. Isto ocorreu despois de que a Unión Soviética renunciara ao Pacto de Neutralidade Soviético-Xaponés en abril de 1945 e declarara a guerra ao Xapón o 9 de agosto de 1945 (oficialmente, o pacto mantívose en vigor ata o 13 de abril de 1946).

Volcán Mendeleyev
Sulfuric River, Illa Kunashir

Asentamentos

[editar | editar a fonte]

O establecemento máis grande na illa de Kunashir é Yuzhno-Kurilsk (Centro administrativo do ditrito Yuzhno-Kurilsky).

Economía

[editar | editar a fonte]

A principal actividade económica é a industria pesqueira. A illa ten un porto á beira de Yuzhno-Kurilsk.

Transporte

[editar | editar a fonte]

A illa é atendida polo aeroporto de Yuzhno-Kurilsk Mendeleyevo.

Poboación

[editar | editar a fonte]

Despois do terremoto de 1994 nas Illas Kuriles, aproximadamente un terzo da poboación da illa de Kunashir foise e non regresou. En 2002, a poboación da illa era de aproximadamente 7.800 habitantes. A poboación total das disputadas illas Kuriles nese momento era de aproximadamente 17.000 habitantes.[3]

  1. Volcanoes
  2. Palaeogeography, Palaeoclimatology, Palaeoecology
  3. Yuzhno-Kurilsk Journal; Between Russia and Japan, a Pacific Tug of War — The New York Times, 2002

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]