Patrick Bruun
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (fi) Patrick Magnus Bruun 17 de abril de 1920 Helsinqui, Finlandia |
Morte | 30 de xuño de 2007 (87 anos) Turku. Finlandia |
Catedrático historia | |
1968 – 1983 | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Finlandesa. |
Educación | Universidade de Helsinqui. |
Q89547790 | Estudos de numismática romana. |
Actividade | |
Campo de traballo | Numismática. |
Ocupación | historiador |
Empregador | Åbo Akademi |
Familia | |
Cónxuxe | - Kyllikki Forssell. - Eva Ulli Margareta Aminoff. |
Fillos | Christer Bruun |
Pais | Magister Otto Bruun e Elsa Bruun |
Irmáns | Kettil Bruun |
Premios | |
- (1974): Jeton de Vermeil (SFN). - (1980): Medalla da Royal Numismatic Society. - (1989): Medalla Huntington (ANS). - (1992): Medalla Gunnar Holst. | |
Patrick Magnus Bruun, nado o 17 de abril de 1920 en Helsinqui e finado o 30 de xuño de 2007 en Turku, foi un numismático finlandés especialista na moeda da Antiga Roma.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Patrick Bruun era fillo de Otto Bruun e de Elsa Maria Inberg, e irmán do sociólogo Kettil Brunn.[2] Graduouse en 1953 na Universidade de Helsinqui coa tese titulada The Constantinian Coinage of Arelate.[1]
De 1952 a 1957 foi redactor cultural do xornal finlandés Nya Pressen, e entre 1957 e 1960 ocupou nese medio o posto de secretario de redacción.[1]
Durante case dúas décadas (1956-1972) exerceu a docencia universitaria de Numismática Romana na Universidade de Helsinqui, cunha interrupción entre 1965 e 1968, cando foi director do Institutum Romanum Finlandiae, en Roma.[1]
En 1968 foi chamado a ocupar a cátedra de Historia Xeral en Åbo Akademi, a universidade en lingua sueca con sede en Turku, onde exerceu a docencia ata 1983 e na que tamén exerceu o cargo de vicerreitor entre 1969 e 1975.[1]
O interese principal das súas investigacións foi sempre a moeda romana, sinaladamente a da Antigüidade tardía. En 1966 saíu á luz o sétimo volume de Roman Imperial Coinage (RIC), de cuxa edición se responsabilizou Bruun, que abrangue as emisións monetarias do período entre Constantino I e Licinio (313-337 d. de C.).[1]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Canto á súa vida persoal, Patrick Bruun casou dúas veces, a primeira en 1945 coa actriz finlandesa Kyllikki Forssell, da que se divorciou en 1950, e a segunda (1953-1992) con Eva Ulli Margareta Aminoff.[2][3]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]Bruum foi nomeado membro correspondente do Instituto Alemán de Arqueoloxía (1979) e membro de honra da Sociedade Numismática Finlandesa (1989) e da Sociedade de Anticuarios de Londres (1990).[4]
Premios
[editar | editar a fonte]- (1974): Jeton de Vermeil, da Société française de numismatique.[5]
- (1980): Medalla da Royal Numismatic Society, de Londres.[6]
- (1989): Medalla Huntington, da American Numismatic Society, de Nova York.[7]
- (1992): Medalla Gunnar Holst, da Fundación Numismática Gunnar Holst (Gunnar Holst Stiftelse för Numismatik), de Gotemburgo, Suecia.
Publicacións
[editar | editar a fonte]Esta é unha escolma das monografías máis representativas de Patrick Bruun publicadas ao longo da súa traxectoria académica:[8][9]
- (1953). The Constantinian Coinage of Arelate. Helsingfors, Helsinqui.
- (1961). Studies in Constantinian Chronology. American Numismatic Society, Nova York.
- (1966). The Roman Imperial Coinage. Vol. 7: Constantine and Licinius, A.D. 313–337. Spink, Londres.
- (1987). Die spätrömische Münze als Gegenstand der Thesaurierung. Mann, Berlín. ISBN 978-3786113805
- (1991). Studies in Constantinian Numismatics. Papers from 1954 to 1988. Institutum Romanum Finlandiae, Roma.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 "Bruun, Patrick". Uppslags-verket Finland.
- ↑ 2,0 2,1 "Patrick Magnus Bruun". Geni.com
- ↑ Ellonen, Leena (ed.) (2008). Suomen professorit 1640–2007. Professoriliitto, Helsinqui. Páxina 88. ISBN 978-952-99281-1-8
- ↑ "Patrick Magnus Bruun". Institute for Advanced Study. Princeton.
- ↑ "Médaille et jeton de vermeil". Société Française de Numismatique (SFN).
- ↑ "The Society’s Medal". Royal Numismatic Society.
- ↑ "Recipients of the Huntington Medal Award". American Numismatic Society.
- ↑ "Bruun, Patrick". WorldCat Identities.
- ↑ "Bruun, Patrick Magnus 1920-2007 Arquivado 09 de maio de 2021 en Wayback Machine.". Digital Library Numis.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Westman, R. (1991). Patrick Bruun. En Engman, M. (ed.). Historiens Studium vid Åbo Akademi. Åbo Akademis förlag, Åbo. Páxinas 219-243. ISBN 951-9498-94-X
- Nados en 1920
- Nados en Helsinqui
- Finados en 2007
- Numismáticos de Finlandia
- Historiadores de Finlandia
- Galardoados coa medalla Huntington
- Galardoados coa medalla da Royal Numismatic Society
- Galardoados coa medalla Gunnar Holst
- Alumnos da Universidade de Helsinqui
- Profesores da Universidade de Helsinqui
- Profesores de Åbo Akademi
- Galardoados co Jeton de Vermeil
- Membros da Sociedade de Anticuarios de Londres