Helen Farquhar
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1859 Brackley |
Morte | 3 de xaneiro de 1953 (94 anos) Londres |
País de nacionalidade | Británica |
Q89547790 | - Estudos e coleccionismo de moedas dos Estuardo. - Pioneira como muller numismática. |
Actividade | |
Campo de traballo | Numismática británica |
Ocupación | historiadora |
Premios | |
- 1911: Medalla Sanford Saltus, da BNS. - 1931: Medalla da RNS. - 1950: Membro honorario da British Numismatic Society. | |
Lista
|
Helen Laura Farquhar, nada en Brackley (Northamptonshire) en 1859 e finada en Londres o 3 de xaneiro de 1953, foi unha numismática e historiadora británica, membro fundador da Sociedade Numismática Británica en 1903, da que chegou a ser vicepresidenta.[1][2]
Farquhar, citada adoito como H. L. Farquhar, foi unha das primeiras mulleres do mundo en contar cun corpus propio de publicacións en materia numismática.[3]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Farquhar criouse no barrio londiniense de Chelsea xunto cos seus pais, Harvie Morton Farquhar e Louisa Harriet Ridley-Colbourne. O pai, descendente de familia nobre, era o xerente da compañía Messrs Herries, Farquhar & Co, posteriormente absorvida por Lloyds Bank.[4][5]
Farquhar foi unha intelectual moi prolífica e o seu arquivo está hoxe conservado nos Arquivos Nacionais do Reino Unido, na Welllcome Collection, de Londres, e no Museo Británico.[6][7]
A especialidade das súas investigacións foi a numismática británica e, destacadamente, as emisións monetarias dos Estuardo, sobre as que publicou abundantemente no British Numismatic Journal entre 1905 e 1930.[8]
Ao longo da súa vida foi tamén compondo unha importante colección de moedas, medallas e insignias, principalmente do período dos Estuardo, que lle foron doadas antes do seu falecemento ao Departamento de Moedas e Medallas do Museo Británico.[9][10]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- 1911: Medalla Sanford Saltus, da British Numismatic Society.[11][1][12]
- 1931: Medalla da Royal Numismatic Society (primeira muller en recibila).[13][1]
- 1950: Membro honorario da British Numismatic Society.[1]
Publicacións
[editar | editar a fonte]A totalidade dos artigos numismáticos elaborados por H. L. Farquhar foron publicados no British Numismatic Journal (BNJ), órgano da Sociedade Numismática Británica, e en The Numismatic Chronicle (THC), da Real Sociedade Numismática de Londres.[1][3][14][15]
British Numismatic Journal
[editar | editar a fonte]- (1905): "Portraiture of the Stuarts on the Royalist Badges". BNJ Nº 2. Páxinas 243-290.
- (1906): "Patterns and medals bearing the legend IACOBVS III or IACOBVS VIII". BNJ Nº 3. Páxinas 229-270.
- (1907): "Portraiture of our Tudor monarchs on their coins and medals". BNJ Nº 4. Páxinas 79-143.
- (1908): "Portraiture of Our Stuart Monarchs on their Coins and Medals". BNJ Nº 5. Páxinas 145-262.
- (1909): "Portraiture of Our Stuart Monarchs on their Coins and Medals. Part II: James II". BNJ Nº 6. Páxinas 213-285.
- (1910): "Portraiture of our Stuart monarchs on their coins and medals. Part III: William and Mary". BNJ Nº 7. Páxinas 199-267.
- (1911): "Portraiture of our Stuart monarchs on their coins and medals, Part IV: William III". BNJ Nº 8. Páxinas 207-273.
- (1912): "Portraiture of our Stuart monarchs on their coins and medals: Part V, William III, continued". BNJ Nº 9. Páxinas 237-294.
- (1913-1914): "Portraiture of our Stuart monarchs on their coins and medals. Part VI: Anne". BNJ Nº 10. Páxinas 199-266.
- (1915): "Portraiture of our Stuart monarchs on their coins and medals. Part VII: Anne continued". BNJ Nº 11. Páxinas 219-287.
- (1916): "Royal charities. Part I: angels as healing-pieces for the king's evil". BNJ Nº 12. Páxinas 39-135.
- (1917): "Royal charities. Part II: touchpieces for the king's evil". BNJ Nº 13. Páxinas 95-163.
- (1918): "Royal charities. Part III (continuation of) touchpieces for the king's evil. James II to William III". BNJ Nº 14. Páxinas 89-120.
- (1919-1920): "Royal charities. Part IV (conclusion of) Touchpiece's for the king's evil". BNJ Nº 15. Páxinas 141-184.
- (1921-1922): "Royal Charities (Second Series)". BNJ Nº 16. Páxinas 195-228.
- (1921-1922): "A series of portrait plaques in thin silver, struck in Stuart times, technically called shells or clichés". BNJ Nº 16. Páxinas 229-246.
- (1923-1924): "Royal Charities (Second Series) Part II". BNJ Nº 17. Páxinas 133-164.
- (1923-1924): "An Emergenc Coinage in Ireland". BNJ Nº 17. Páxinas 165-169.
- (1923-1924): "Some portrait-medals struck between 1745 and 1752 for Prince Charles Edward". BNJ Nº 17. Páxinas 171-225.
- (1925-1926): "The Shrewsbury Medal". BNJ Nº 18. Páxinas 125-134.
- (1927-1928): "Royal Charities (Second Series) Part IV". BNJ Nº 19. Páxinas 109-129.
- (1929-1930): "Royal Charities (Second Series) Part V". BNJ Nº 20. Páxinas 215-150.
The Numismatic Chronicle
[editar | editar a fonte]- (1916): "Silver Counters of the Seventeenth Century". TNC Nº 16. Páxinas 133-193.
- (1917): "Concerning some Roettiers Dies". TNC Nº 17. Páxinas 126-165.
- (1928): "A Lost Coinage in the Channel Islands". TNC Nº 8. Páxinas 199-212.
- (1930): "The Forlorn Hope Medal of Charles I". TNC Nº 10. Páxinas 316-329.
- (1932): "Thomas Simon, "One of our Chief Geavers"". TNC Nº 12. Páxinas 274-310.
- (1936). "New light on Thomas Simon". TNC. Nº 16. Páxinas 210-234.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Taffs, H. (1953). Páxina 101.
- ↑ "History". British Numismatic Society.
- ↑ 3,0 3,1 "Contents of the British Numismatic Journal. Volumes 1 to 80. (1903-2010)". British Numismatic Society.
- ↑ Xenealoxía de Helen Laura Farquhar.
- ↑ "Herries, Farquhar & Co (1770-1893) Arquivado 04 de abril de 2019 en Wayback Machine.". Lloyds Banking Group.
- ↑ "Correspondence with Miss Helen Farquhar". The National Arvhives.
- ↑ "Farquhar, Miss Helen". Wellcome Library.
- ↑ Taffs, H. (1953). Páxina 102.
- ↑ Taffs, H. (1953). Páxina 103.
- ↑ "Collection online: Miss Helen Farquhar". The British Museum.
- ↑ "Sanford Saltus Gold Medal". British Numismatic Society.
- ↑ Proceedings of the British Numismatic Society. Session 1912. Páxina 429-430.
- ↑ "The Society’s Medal". Royal Numismatic Society.
- ↑ "Digital British Numismatic Journal Arquivado 03 de abril de 2019 en Wayback Machine.". British Numismatic Society.
- ↑ "The Numismatic Chronicle". The Royal Numismatic Society.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Taffs, H. (1953). "Miss Helen Farquhar, F.R.Hist.S.". The British Numismatic Journal. 27. Páxinas 101-103.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]