Saltar ao contido

Plutón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Plutón
Imaxe de Plutón captada pola misión New Horizons o 14 de xullo de 2015.
Descubrimento
DescubridorClyde William Tombaugh
Data18 de febreiro de 1930
Designacións
Designación de planetoide(134340) Pluto
Pronunciación[pluˈton]
Nomeado por
Plutón (Πλούτων)
Símbolo e
Características orbitais
Época J2000
Afelio49,305 UA
Perihelio29,658 UA
39,482 UA
Excentricidade0,2488
90.560 días
4.743 km/s
14,53 graos
Inclinación17,16 °
Lonxitude do nodo ascendente
110,299 °
Argumento do perihelio
113,834 °
Satélites coñecidos5
Características físicas
Diámetro medio
2.376,6 ± 1,6 Km
Raio medio
1.188,3 ± 0.8 km
Achatamento< 1 %
1,774443 × 107 km²
Volume(7,057 ± 0,004) × 109 km³
Masa(1,303 ± 0,003) × 1022 kg
Densidade media
1,854 ± 0,006 g/cm³
0,620 m/s²
1,212 km/s
−0,44
0,06" a 0,11"
Atmosfera
Presión atmosférica na superficie
0,1 Pa (2015)
Composición por volumeNitróxeno, metano, monóxido de carbono

Plutón (símbolos: ⯓[1] e ♇[2]) é un planeta anano do Sistema solar. Foi descuberto o 18 de febreiro de 1930 por Clyde William Tombaugh (1906-1997) dende o Observatorio Lowell en Flagstaff (Arizona). Consideróuselle planeta ata que a Unión Astronómica Internacional modificou a definición de planeta o 24 de agosto de 2006.

A súa órbita é moi excéntrica, e durante 20 dos 249 anos que tarda en percorrela, está máis cerca do Sol ca Neptuno.

A órbita de Plutón tamén é a máis inclinada, 17º. Por iso non hai perigo de que se encontre con Neptuno. Cando as órbitas se cruzan, fano na proximidade dos seus extremos verticais, de xeito que hai unha grande distancia entre ambas.

A máxima aproximación (perihelio) foi en setembro de 1989. Plutón estivo máis próximo do sol ca Neptuno ata o mes de marzo de 1999. Non volverá cruzar a órbita de Neptuno para estar máis próximo do sol ca este ata setembro do 2226.

Satélites

[editar | editar a fonte]

Plutón ten 5 lúas: Hydra, Cérbero, Nix, Estixia e Caronte, esta última a máis grande das cinco e a máis interior. Caronte ten 1.192 km de diámetro e está a 19.640 km do planeta.

Imaxe do descubrimento de Estixia tomada polo Hubble, podemos ve-la lúa dentro dun círculo, e o resto de lúas coas súas órbitas marcadas (excepto Caronte). Na imaxe, tanto a Plutón coma Caronte, foille reducido moito o seu brillo, para así poder aprecia-lo resto das lúas do sistema.

Co tempo, a gravidade freou as rotacións de Caronte e Plutón, polo que agora se presentan sempre a mesma cara mutuamente (rotación sincrónica. A rotación desta parella é única no Sistema Solar. O seu centro de masas está nun punto no espazo entre ambos corpos, máis achegado a Plutón, que ten 7 veces máis masa ca Caronte. Adoita dicirse que constitúen un planeta dobre.

As órbitas das lúas de Plutón son practicamente circulares e planas, "perfectamente aniñadas ... un pouco coma as bonecas rusas",[3] e as catro lúas máis pequenas, Hydra, Estixia, Nix e Cérbero, forma parte dunha secuencia notable de quasi-resonancias de 1:3:4:5:6.[4]

Imaxes da lúa P4 obtidas polo Hubble

Cérbero (lúa)

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Cérbero (lúa).

O 20 de xullo do 2011, Mark Showalter do instituto SETI anunciou o descubrimento da cuarta lúa de Plutón, oficialmente bautizada como Cérbero. Foi descuberta polo Hubble Space Telescope durante unhas observacións en busca dalgún posible anel planetario que puidese posuír o planeta anano. Estímase que ten entre 13 e 34 km de diámetro e orbita entre Nix e Hydra.[5]

Cérbero foi detectado nunha foto tomada o 28 de xuño do 2011 polo telescopio Hubble. E foi confirmada a súa existencia en imaxes tomadas posteriormente polo propio Hubble, concretamente os días 3 e 18 de xullo do mesmo ano.[5]

Estixia (lúa)

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Estixia (lúa).

Estixia (lúa) tamén coñecido coma S/2012 (134340)[6][7][8] é quinta lúa confirmada de Plutón, que foi descuberta o 26 de xuño do 2012, case xusto un ano despois do descubrimento de Cérbero, que foi a cuarta lúa descuberta no sistema de Plutón. Estimase que a lúa ten un diámetro de entre 10 a 25 km, e un período orbital de 20,2 ± 0,1 días.[9]

Posible orixe do sistema de satélites de Plutón

[editar | editar a fonte]

O sistema de lúas ó redor de Plutón é inesperadamente complexo e podería se-lo resultado dunha colisión no pasado distante entre Plutón e outro obxecto de tamaño considerable do cinto de Kuiper.[3] As lúas formaríanse a partir dos restos espallados trala colisión, moi posiblemente un evento destas características tería conducido ós obxectos que colisionaron, a unha perda da meirande parte dos xeos volátiles, tales coma os do nitróxeno ou do metano.[10] As lúas de Plutón poderían se-la fusión dos cascallos xurdidos a partir dun evento destas características, semellante á teoría do Big Splash, esta teoría formula que a creación da lúa terrestre foi a partir dunha gran colisión. As resonancias orbitais podería actuar coma fendas para recolle-los materiais espallados dentro do sistema de Plutón.[4]

Atmosfera

[editar | editar a fonte]
A sonda espacial da NASA, New Horizons, capturou esta imaxe de alta resolución, mellorada e colorada de Plutón no 14 de xullo de 2015.

Plutón ten unha fina atmosfera, formada por nitróxeno, metano e monóxido de carbono, que xea e cae sobre a superficie cando se vai afastando do Sol. A NASA preparou a misión “Pluto-Kuiper Express” para que chegase a Plutón o ano 2008, antes que xease a atmosfera (un par de naves pequenas e rápidas a menos de 15.000 km do planeta), mais finalmente a misión foi cancelada no ano 2000, por mor dos sobrecustos acumulados.[11]

  1. JPL/NASA (2015-04-22). "What is a Dwarf Planet?". Jet Propulsion Laboratory. Consultado o 2022-01-19. 
  2. John Lewis, ed. (2004). Physics and chemistry of the solar system (2 ed.). Elsevier. p. 64. 
  3. 3,0 3,1 Maugh, Thomas H. II (11-07-2012). "Astronomers find fifth moon at Pluto". Los Angeles Times. Consultado o 11-07-2012. 
  4. 4,0 4,1 Matson, J. (11-07-2012). "New Moon for Pluto: Hubble Telescope Spots a 5th Plutonian Satellite". Scientific American web site. Consultado o 12-07-2012. 
  5. 5,0 5,1 NASA, ed. (20-07-2011). "NASA's Hubble Discovers Another Moon Around Pluto". Consultado o 20-07-2011. 
  6. Rita M. Schulz. "Names for New Pluto Moons Accepted by the IAU After Public Vote". iau.org. Consultado o 2-7- 2013. 
  7. 134340 é o número asignado a Plutón por parte do Centro de Planetas Menores, asignado despois da degradación de Plutón a planeta anano acontecida no ano 2006.
  8. Than, K. (11-09-2006). "Pluto is Now Just a Number: 134340". Space.com. Consultado o 14-07-2012. 
  9. Sanders, Ray (11-07-2012). Phys.org, ed. "Hubble Space Telescope detects fifth moon of Pluto". Consultado o 11-07-2012. 
  10. Nemiroff, R.; Bonnell, J. (16-07-2012). "Fifth Moon Discovered Orbiting Pluto". Astronomy Picture of the Day. Consultado o 17-07-2012. 
  11. "It May Be Now or Never for a Mission to Pluto". New York Times. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]