Rafael Catalá Polo
(2017) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 21 de xuño de 1961 (63 anos) Madrid, España |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
20 de maio de 2019 – 31 de maio de 2019 – María Jesús Bonilla Domínguez → Lexislatura: XIII lexislatura de España Circunscrición electoral: Cuenca | |
Ministro de Fomento de España | |
19 de xullo de 2016 – 4 de novembro de 2016 ← Ana Pastor Julián – Íñigo de la Serna → | |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
8 de xullo de 2016 – 21 de maio de 2019 Lexislatura: XII lexislatura de España Circunscrición electoral: Cuenca Electo en: Eleccións xerais de España de 2016 | |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
29 de decembro de 2015 – 19 de xullo de 2016 Lexislatura: XI lexislatura de España Circunscrición electoral: Cuenca Electo en: Eleccións xerais de España de 2015 | |
Ministro de Xustiza de España | |
29 de setembro de 2014 – 7 de xuño de 2018 ← Soraya Sáenz de Santamaría – Dolores Delgado → | |
Q57819959 | |
23 de decembro de 2011 – 23 de setembro de 2014 ← Víctor Morlán (pt) – Julio Gómez Pomar (en) → | |
Secretary of State for Justice (en) | |
26 de xullo de 2002 – 18 de abril de 2004 ← José María Michavila (pt) – Luis López Guerra (pt) → | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade Complutense de Madrid |
Actividade | |
Ocupación | político, funcionario, avogado |
Empregador | Aena Codere (en) |
Partido político | Partido Popular |
Participou en | |
18 de agosto de 2020 | En defensa do reinado de Xoán Carlos I |
Premios | |
Rafael Catalá Polo, nado en Madrid o 21 de xuño de 1961,[1] é un político e alto funcionario español. Foi ministro de Xustiza entre 2014 e 2018.
Biografía
[editar | editar a fonte]Formación e carreira profesional
[editar | editar a fonte]Licenciado en Dereito pola Universidade Complutense de Madrid, en 1985 ingresou por oposición no Corpo Superior de Administradores Civís do Estado.
Durante a súa carreira administrativa exerceu os postos de Subdirector Xeral de Ordenación e Política de Recursos Humanos no Ministerio de Sanidade e Consumo (1988-1992). En 1992 incorpórase a AENA, Organismo no que exerce como Director de Planificación e Desenvolvemento de Recursos Humanos, Director de Relacións Laborais e Director de Administración e Servizos de Navegación Aérea. Tamén exerceu ata o ano 2011 como secretario xeral de Codere, empresa do sector do xogo.[2]
Carreira política
[editar | editar a fonte]Tras a vitoria electoral do Partido Popular, en 1996, o Consello de Ministros nomeouno Director Xeral da Función Pública do Ministerio de Administracións Públicas, daquela encabezado por Mariano Rajoy.
En xaneiro de 1999 foi nomeado Director Xeral de Persoal e Servizos do Ministerio de Educación e Cultura, e entre maio de 2000 e xullo de 2002 foi Subsecretario do Ministerio de Facenda. Entre os anos 2002 e 2004 foi Secretario de Estado de Xustiza no Departamento que dirixía José María Michavila.
Tras as eleccións xerais de 2004 ocupouse da xerencia do Hospital Ramón y Cajal de Madrid. Ademais dende 2005 foi director do máster de Administración Pública de Esade e membro do Consello Social da UNED.[3]
O 23 de decembro de 2011 o Consello de Ministros nomeouno Secretario de Estado de Planificación e Infraestruturas do Ministerio de Fomento,[4] a proposta da súa titular Ana Pastor Julián.
Tras a dimisión presentada por Alberto Ruiz-Gallardón, o 23 de setembro de 2014 foi sinalado como sucesor para ocupar o cargo de ministro de Xustiza.[5] O seu nomeamento foi publicado o 29 de setembro de 2014,[6] día en que tomou posesión do cargo.[7]
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Rafael Catalá Polo". Ministerio de Xustiza de España. Arquivado dende o orixinal o 01 de xullo de 2014. Consultado o 14 de outubro de 2014.
- ↑ ABC, ed. (23 de decembro de 2011). "Rafael Catalá, novo Secretario de Estado de Planificación e Infraestruturas". Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2015. Consultado o 26 de decembro de 2011.
- ↑ "Rafael Catalá Polo, secretario de Estado de Planificación e Infraestruturas de Fomento"..
- ↑ Onda Cero. "Rafael Catalá: "Temos 25 millóns de vivendas en España e só 1.800.000 son en aluguer"". Arquivado dende o orixinal o 19 de outubro de 2014. Consultado o 27 de xuño de 2015.
- ↑ El Mundo. "Rafael Catalá, novo ministro de Xustiza en substitución de Gallardón".
- ↑ BOE. "Real Decreto 829/2014, de 28 de setembro, polo que se nomea Ministro de Xustiza a don Rafael Catalá Polo." (PDF).
- ↑ Casa Real española. "Xuramento ou promesa ante a Súa Maxestade o Rei do novo ministro de Xustiza, Rafael Catalá Polo".
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Predecesor: Fernando Díez Moreno |
Subsecretario de Facenda de España 2000-2002 |
Sucesor: Francisco Uría Fernández |
Predecesor: José María Michavila |
Secretario de Estado de Xustiza de España 2002-2004 |
Sucesor: Luis López Guerra |
Predecesor: Víctor Morlán |
Secretario de Estado de Infraestruturas, Transporte e Vivenda de España 2011-2014 |
Sucesor: Julio Gómez Pomar |
Predecesor: Alberto Ruiz-Gallardón (en funcións, Soraya Sáenz de Santamaría) |
Ministro de Xustiza de España 2014-2018 |
Sucesor: Dolores Delgado |
Predecesor: Ana Pastor Julián |
Ministro de Fomento de España en funcións 2016-2016 |
Sucesor: Íñigo de la Serna |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Rafael Catalá Polo |
- Políticos do PP
- Personalidades da política da Comunidade de Madrid
- Ministros do Goberno de España da XII Lexislatura
- Ministros de Xustiza de España
- Nados en Madrid
- Nados en 1961
- Alumnos da Universidade Complutense de Madrid
- Deputados no Congreso dos Deputados (XIII Lexislatura)
- Deputados no Congreso dos Deputados (XI Lexislatura)
- Deputados no Congreso dos Deputados (XII Lexislatura)