Saltar ao contido

Rafael Catalá Polo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaExcelentísimo Señor Editar o valor en Wikidata
Rafael Catalá Polo

(2017) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento21 de xuño de 1961 Editar o valor en Wikidata (63 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Deputado no Congreso dos Deputados
20 de maio de 2019 – 31 de maio de 2019 – María Jesús Bonilla Domínguez →

Circunscrición electoral: Cuenca

Ministro de Fomento de España
19 de xullo de 2016 – 4 de novembro de 2016
← Ana Pastor JuliánÍñigo de la Serna →
Deputado no Congreso dos Deputados
8 de xullo de 2016 – 21 de maio de 2019

Circunscrición electoral: Cuenca

Deputado no Congreso dos Deputados
29 de decembro de 2015 – 19 de xullo de 2016

Circunscrición electoral: Cuenca

Ministro de Xustiza de España
29 de setembro de 2014 – 7 de xuño de 2018
← Soraya Sáenz de SantamaríaDolores Delgado →
Q57819959 Traducir
23 de decembro de 2011 – 23 de setembro de 2014
← Víctor Morlán (pt) TraducirJulio Gómez Pomar (en) Traducir →
Secretary of State for Justice (en) Traducir
26 de xullo de 2002 – 18 de abril de 2004
← José María Michavila (pt) TraducirLuis López Guerra (pt) Traducir → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade Complutense de Madrid Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, funcionario, avogado Editar o valor en Wikidata
EmpregadorAena
Codere (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Popular Editar o valor en Wikidata
Participou en
18 de agosto de 2020En defensa do reinado de Xoán Carlos I Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm7484859 Editar o valor en Wikidata

Rafael Catalá Polo, nado en Madrid o 21 de xuño de 1961,[1] é un político e alto funcionario español. Foi ministro de Xustiza entre 2014 e 2018.

Biografía

[editar | editar a fonte]

Formación e carreira profesional

[editar | editar a fonte]

Licenciado en Dereito pola Universidade Complutense de Madrid, en 1985 ingresou por oposición no Corpo Superior de Administradores Civís do Estado.

Durante a súa carreira administrativa exerceu os postos de Subdirector Xeral de Ordenación e Política de Recursos Humanos no Ministerio de Sanidade e Consumo (1988-1992). En 1992 incorpórase a AENA, Organismo no que exerce como Director de Planificación e Desenvolvemento de Recursos Humanos, Director de Relacións Laborais e Director de Administración e Servizos de Navegación Aérea. Tamén exerceu ata o ano 2011 como secretario xeral de Codere, empresa do sector do xogo.[2]

Carreira política

[editar | editar a fonte]

Tras a vitoria electoral do Partido Popular, en 1996, o Consello de Ministros nomeouno Director Xeral da Función Pública do Ministerio de Administracións Públicas, daquela encabezado por Mariano Rajoy.

En xaneiro de 1999 foi nomeado Director Xeral de Persoal e Servizos do Ministerio de Educación e Cultura, e entre maio de 2000 e xullo de 2002 foi Subsecretario do Ministerio de Facenda. Entre os anos 2002 e 2004 foi Secretario de Estado de Xustiza no Departamento que dirixía José María Michavila.

Tras as eleccións xerais de 2004 ocupouse da xerencia do Hospital Ramón y Cajal de Madrid. Ademais dende 2005 foi director do máster de Administración Pública de Esade e membro do Consello Social da UNED.[3]

O 23 de decembro de 2011 o Consello de Ministros nomeouno Secretario de Estado de Planificación e Infraestruturas do Ministerio de Fomento,[4] a proposta da súa titular Ana Pastor Julián.

Tras a dimisión presentada por Alberto Ruiz-Gallardón, o 23 de setembro de 2014 foi sinalado como sucesor para ocupar o cargo de ministro de Xustiza.[5] O seu nomeamento foi publicado o 29 de setembro de 2014,[6] día en que tomou posesión do cargo.[7]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]
Predecesor:
Fernando Díez Moreno
Subsecretario de Facenda de España

2000-2002
Sucesor:
Francisco Uría Fernández
Predecesor:
José María Michavila
Secretario de Estado de Xustiza de España

2002-2004
Sucesor:
Luis López Guerra
Predecesor:
Víctor Morlán
Secretario de Estado de Infraestruturas,
Transporte e Vivenda de España

2011-2014
Sucesor:
Julio Gómez Pomar
Predecesor:
Alberto Ruiz-Gallardón
(en funcións, Soraya Sáenz de Santamaría)
Ministro de Xustiza de España

2014-2018
Sucesor:
Dolores Delgado
Predecesor:
Ana Pastor Julián
Ministro de Fomento de España
en funcións

2016-2016
Sucesor:
Íñigo de la Serna