8 de abril
Aparencia
<< | Abril | >> | ||||
Lu | Ma | Mé | Xo | Ve | Sá | Do |
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 |
8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 |
15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 |
22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 |
29 | 30 | |||||
2024 Todos os días |
O 8 de abril é o 98º día do ano do calendario gregoriano e o 99º nos anos bisestos. Quedan 267 días para finalizar o ano.
Acontecementos
[editar | editar a fonte]- 217 - Asasinato do emperador romano Caracalla polo prefecto da súa Garda Pretoriana e sucesor, Marcus Opellius Macrinus.
- 1820 - Descóbrese a Venus de Milo na illa exea de Milos.
- 1904 - Francia e o Reino Unido asinan a Entente Cordial.
- 1939 - España retírase da Sociedade de Nacións.
- 1940 - Tropas alemás invaden Noruega e ocupan Dinamarca.
- 1953 - O líder Mau Mau Jomo Kenyatta, condenado polas autoridades británicas de Kenya.
- 1957 - Exipto reabre o Canal de Suez para o tráfico marítimo.
- 1977 - Sábado de Gloria, queda legalizado o Partido Comunista de España, por decisión persoal de Adolfo Suárez.
- 1986 - O actor Clint Eastwood é elixido alcalde de Carmel-by-the-Sea (California).
Nacementos
[editar | editar a fonte]- 563 a.C. - Gautama Buddha, líder relixioso indio (- 483).[1]
- 1320 - Pedro I "o xusticeiro", rei de Portugal (m. 1367).
- 1605 - Filipe IV de España.
- 1798 - Ramón de la Sagra, biólogo e anarquista galego (m. 1871).
- 1875 - Alberte I, rei de Bélxica (m. 1934).
- 1878 - Dionizy Kajetanowicz, presbítero católico armeno-polaco.
- 1892 - Mary Pickford, actriz canadense e fundadora de estudios cinematográficos (m. 1979).
- 1892 - Alfredo Somoza Gutiérrez, político galego (m. 1951).
- 1893 - Vicente Gómez Paratcha, avogado e diplomático galego (m. 1961).
- 1908 - Ida Kar, fotógrafa rusa de orixe armenia (m. 1974).
- 1909 - John Fante, escritor estadounidense (m. 1983).
- 1911 - Emil Cioran, filósofo e ensaísta romanés (m. 1995).
- 1929 - Jacques Brel, cantautor belga (m. 1978).
- 1930 - Carlos Hugo de Borbón-Parma, pretendente carlista á coroa de España (m. 2010).
- 1936 - Manuel Aramburu, pintor galego.
- 1938 - Kofi Annan, ex-Secretario Xeral das Nacións Unidas.
- 1940 - Chicho Sánchez Ferlosio, cantautor español (m. 2003).
- 1955 - Barbara Kingsolver, novelista estadounidense.
- 1962 - Ramón Mariño Paz, escritor e lingüista galego.
- 1968 - Patricia Arquette, directora de cine estadounidense.
- 1969 - Dulce Pontes, cantante de fado portuguesa.
- 1992 - Zulema González, árbitra internacional de fútbol galega
Mortes
[editar | editar a fonte]- 217 - Caracalla, emperador romano (n. 186).
- 632 - Cariberto II, rei de Aquitania.
- 1492 - Lourenzo de Medici, "O Magnífico", gobernante de Florencia e patrón das artes.
- 1835 - Wilhelm von Humboldt, lingüista, diplomático e filósofo alemán (n. 1767).
- 1848 - Gaetano Donizetti, compositor de óperas italiano (n. 1797).
- 1913 - Modesto Domínguez Hervella, matemático e enxeñeiro galego (n. 1827).
- 1931 - Erik Axel Karlfeldt, poeta sueco (n. 1864).
- 1936 - Robert Bárány, médico austríaco de orixe húngara.
- 1937 - Casto Sampedro Folgar, avogado e historiador galego (n. 1848).
- 1950 - Vatslav Nizhinskii, bailarín nado en Kíiv (n. 1890).
- 1958 - Ethel Turner, escritora británica.
- 1970 - Julius Pokorny, estudoso das linguas celtas.
- 1973 - Pablo Picasso, pintor español.
- 2003 - José Couso Permuy, xornalista ferrolán asasinado en Iraq por tropas estadounidenses.
- 2009 - Henri Meschonnic, escritor e tradutor francés (n. 1932).
- 2013 - Sara Montiel, actriz e cantante española (n. 1928).
- 2013 - Margaret Thatcher, política británica (n. 1925).
Festas e celebracións
[editar | editar a fonte]- Día Internacional do Pobo Xitano. A data conmemora o primeiro Congreso Mundial romaní/xitano celebrado en Londres o 8 de abril de 1971, no que se instituíu a bandeira e o himno xitano [2] [3].
Outros
[editar | editar a fonte]- Santoral: Santos Gastón, Amancio e Dionisio
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Cousins 1996.
- ↑ "El pueblo gitano celebra su día internacional", en La Voz de Galicia, supl. La Voz de la Escuela 8.04.2015 (en castelán)
- ↑ "Día Internacional del Pueblo Gitano" (en castelán). Consultado o 28.11.2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Cousins, LS (1996). "The dating of the historical Buddha: a review article". Journal of the Royal Asiatic Society. 3 (Indology) 6 (1): 57–63. doi:10.1017/s1356186300014760. Arquivado dende o orixinal o 26 de febreiro de 2011. Consultado o 28 de maio de 2016.