Saltar ao contido

John William Ernest Pearce

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJohn William Ernest Pearce
J. W. E. Pearce
Biografía
Nacemento4 de abril de 1864.
Morte25 de xaneiro de 1951 (86 anos)
Londres.
Inglaterra.
País de nacionalidadeReino Unido Reino Unido.
RelixiónAnglicano.
Educación Merton College.
Universidade de Oxford.
Q89547790Estudos de numismática romana.
Actividade
Campo de traballoEnsino e numismática.
Ocupaciónerudito clásico, numismático, mestre Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeIrene Kate Chaplin (1898). Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteAlumni Oxonienses: the Members of the University of Oxford, 1715–1886 (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

John William Ernest Pearce, nado en Bristol, Inglaterra, o 4 de abril de 1864 e finado en Londres o 25 de xaneiro de 1951, foi un profesor de cultura clásica e numismático británico especializado na moeda do Imperio Romano.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Primeiros anos e formación

[editar | editar a fonte]

Pearce naceu en Bristol o 4 de abril de 1864, fillo de Henry Edward Pearce e de Harriet Georgina Hurst. Realizou os seus primeiros estudos na Manchester Grammar School (1876-1881) e posteriormente acadou a bolsa de estudos Langworthy, que lle permitiu ingresar no Merton College, da Universidade de Oxford. Alí cursou Estudos Clásicos entre 1881 e 1885, cando acadou o título de Bachelor of Arts, completado en 1888 co mestrado en Artes.[1] O seu pai emigrara neses anos ao Canadá con toda a familia, excepto John, que ficou en Oxford para non interrompeu os seus estudos universitarios.[2][3]

Logo da súa graduación desenvolveu a súa carreira profesional impartindo docencia de lingua e cultura clásica en diversas institucións de ensino primario e secundario, entre elas o Eastbourne College (Dover), o Dover College e a University College School (Hampstead, Londres).[2][3]

Logo do seu casamento en 1898 con Irene Kate Chaplin, o matrimonio creou e dirixiu a súa propia escola preparatoria para nenos en Merton Court, Kent, no sur de Londres.[2][3]

Nesa época fixo numerosas viaxes por diferentes cidades europeas, con interese eminentemente cultural.[2]

Numismática

[editar | editar a fonte]

A partir da súa xubilación da docencia en 1919 comezou a interesarse polo estudo da numismática romana e a principios dos anos vinte xa colaborou na identificación dos achados monetarios das escavacións do forte romano de Richborough, no condado de Kent. Co tempo foi especializando o seu interese nas cuñaxes imperiais romanas do século IV d. C., e estudou a presenza destas moedas na maioría das grandes coleccións numismáticas do seu país e de toda Europa. Ademais de ser autor de numerosos artigos científicos, o seu coñecemento destas emisións motivou a súa participación no volume IX da obra Roman Imperial Coinage,[4] que cataloga as moedas emitidas desde Valentiniano I a Teodosio I. [2][5]

Durante anos prestou tamén a súa asistencia en entidades como o Departamento de Moedas e Medallas do Museo Británico e o Gabinete Numismático de Viena.[2][5] Foi membro da Royal Numismatic Society a partir de 1925 e tamén da Sociedade de Anticuarios de Londres.[6]

J. W. E. Pearce morreu en Hampstead, Londres, o 25 de xaneiro de 1951, aos 86 anos.[2]

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

Publicacións

[editar | editar a fonte]

Ata a súa xubilación en 1919, as publicacións de Pearce consistiron na edición de clásicos latinos e na redacción de manuais para o ensino da lingua latina:[9]

Cultura clásica

[editar | editar a fonte]
  • (1899). Selections from Ovid's Metamorphoses. Bell & Sons, Londres.
  • (1901). The Agricola of Tacitus (ed). Bell & Sons, Londres.
  • (1902). Dent's first Latin book (con H. W. Atkinson). Londres.
  • (1906). Tales of ancient Thessaly: an elementary Latin reading-book with notes and vocabulary. Blackwood, Edimburgo.
  • (1907). The Roman Pronunciation of Latin (con H. W. Atkinson). Dent, Londres.
  • (1909). Caesar Imperator: an elementary Latin reader with vocabulary and exercises on the text. Dent, Londres.
  • (1913). Cornelia. Latin readings for the second (con E. V. Arnold). Dent, Londres.
  • (1914). The Elegiac Poems of Ovid (ed.). 3 vol. Oxford University Press, Oxford.

Artigos en Numismatic Chronicle

[editar | editar a fonte]

Á parte da súa achega ao volume IX de Roman Imperial Coinage, as contribucións numismáticas de J. W. E. Pearce centráronse na publicación de artigos na revista Numismatic Chronicle, editada pola Royal Numismatic Society.

  1. Foster, J. (1888-1892). "Pearce, John William Ernest". En Alumni Oxonienses: the Members of the University of Oxford, 1715-1886. Parker and Co., Londres. 4 vols.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 "Johnn William Ernest Pearce". Ray-Jones Family (https://family.ray-jones.org.uk)
  3. 3,0 3,1 3,2 "Pearce". Ray-Jones Family (https://family.ray-jones.org.uk).
  4. Mattingly, H.; Sutherland, C. H. V.; Carson, R. A. G. (1951). The Roman imperial coinage. Vol. 9. Valentinian I - Theodosius I. Spink & Son, Londres.
  5. 5,0 5,1 The Times. 30 de xaneiro de 1951.
  6. Carson, R. A. G.; Pagan, H. (1986) A History of the Royal Numismatic Society. RNS, Londres. Páxina 103. ISBN 0 901405 24 8
  7. "The Society’s Medal". Royal Numismatic Society.
  8. "Recipients of the Huntington Medal Award". American Numismatic Society.
  9. "Pearce, J. W. E.". WorldCat Identities.