Manuel Carreira Vérez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 31 de maio de 1931 Vilarrube, España |
Morte | 3 de febreiro de 2020 (88 anos) Salamanca, España |
Relixión | Catolicismo |
Educación | Universidade de Washington - ciencias físicas, cosmoloxía (1966–1970) Cleveland State University (en) - ciencias físicas, astronomía (1962–1966) Cleveland State University (en) (1961–1962) West Baden Springs Hotel (en) - teoloxía (1957–1961) Universidade Pontificia Comillas - filosofía (1954–1957) Universidade Católica de América Universidade de Salamanca |
Actividade | |
Ocupación | profesor universitario (2002–2015), profesor universitario (2000–2002), profesor universitario (1970–2000), astrofísico, sacerdote católico |
Membro de | |
Orde relixiosa | Compañía de Xesús |
Premios | |
| |
Manuel María Carreira Vérez, nado en Vilarrube (Valdoviño) o 31 de maio de 1931 e finado en Salamanca o 3 de febreiro de 2020,[1] foi un teólogo, filósofo e astrofísico galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nado en Valdoviño, pasou grande partre da súa infancia en Vilalba. Ingresou na Compañía de Xesús en 1948. Estudou na Universidade de Salamanca lingas clásicas e filosofía na Universidade Pontificia Comillas. No 1957 marchou ós EEUU, licenciándose anos máis tarde en Teoloxía. Ordenouse sacerdote no 1960, en West Waden (EEUU) e continuou a estudar física en Cleveland, doutorándse no 1971 en Washington cunha tese sobre os raios cósmicos titorada por Clyde Cowan. Dende ese ano, ensina Física e Astronomía en Washington e Cleveland, e Filosofía da Natureza na Universidade Pontificia de Comillas en Madrid, dividindo o ano escolar entre ámbolos dous países.[2] Durante quince anos foi membro da directiva do Observatorio Vaticano, onde impartiu cursos e traballou no desenvolvemento de técnicas fotográficas para Astronomía. Asemade, asesorou á NASA e ten publicados varios libros.[3]
Inventou un soporte para prismáticos, polo que se lle concedeu unha patente nos Estados Unidos, e un sistema óptico pregado, referenciado na edición de outubro de 2002 da revista Sky and Telescope.
Obras
[editar | editar a fonte]- Reason, Science & Revelation (2014) con Julio A. Gonzalo.
- Metafísica de la materia: Núcleos temáticos de Filosofía de la Naturaleza, materia no viviente (2001) ISBN 978-84-8468-034-5.
- El hombre y el Universo ¿Somos fruto del azar? (2009) ISBN 978-84-92456-76-5
- En torno al Darwinismo (2010) ISBN 978-84-936889-7-4
Premios e distincións
[editar | editar a fonte]Medalla Castelao outorgada pola Xunta de Galicia en 1999.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Redacción (2020-02-05). "Fallece el P. Carreira, gran astrofísico español que refutó el ateismo de Hawking". www.elcorreodemadrid.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 06 de febreiro de 2020. Consultado o 2020-02-06.
- ↑ "Manuel María Carreira Vérez Galegos". galegos.galiciadigital.com. Consultado o 2020-02-06.
- ↑ El Progreso, 06/02/2020
- ↑ "Decreto del DOG nº 117 de 21/06/1999 - Xunta de Galicia". www.xunta.gal. Consultado o 2020-02-06.