Saltar ao contido

Modesto Seara

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaModesto Seara

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento11 de setembro de 1931 Editar o valor en Wikidata
Allariz, España Editar o valor en Wikidata
Morte2022 Editar o valor en Wikidata (90/91 anos)
EducaciónUniversidade Complutense de Madrid Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónacadémico Editar o valor en Wikidata
Premios

BNE: XX944787 BUSC: seara-vazquez-modesto-1931

Modesto Seara Vázquez, nado o 11 de setembro de 1931 en Allariz e finado o 26 de decembro de 2022, foi un político e xurista galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Realizou estudos en dereito na Universidade Central de Madrid, e obtivo o título de licenciado en 1955. Viaxou a Londres en 1957 e tamén a París, onde cursou o doutoramento en dereito internacional na Universidade da Sorbona. En 1959 presentou a tese Études de Droit Interplanetaire, unha das primeiras obras sobre o dereito do espazo exterior.

Logo de doutorarse marchou a México, onde foi profesor da Universidade Nacional Autónoma de México[1]. A finais do século XX empezou a crear unha rede de universidades públicas no estado de Oaxaca, da que acabou por ser reitor. A rede, o Sistema de Universidades Estatais de Oaxaca (SUNEO) comprende a Universidade Tecnolóxica da Mixteca, a Universidade do Mar, a Universidade do Istmo, a Universidade da Serra Sur, a Universidade da Sierra Juárez, a Universidade do Papaloapan e a Universidade da Cañada. Ese de reitor era o posto que tiña en 2011, cando recibiu a Medalla Castelao.

Foi académico das Relacións Internacionais, destacou polas súas achegas no campo do Dereito do espazo exterior, dereito internacional e o estudo das Relacións Internacionais.

Premios e distincións

[editar | editar a fonte]

En 2011 foi recoñecido pola Xunta de Galicia coa Medalla Castelao.

  1. Barro, Senén. "Elogio a los años". www.elcorreogallego.es (en castelán). Consultado o 2021-03-07. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]